Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A16 |
Adquirir, avaliar e utilizar os datos e información bibliográfica e técnica relacionada coa Química. |
A18 |
Valorar os riscos no uso de sustancias químicas e procedementos de laboratorio. |
A21 |
Comprender os aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos. |
A23 |
Desenvolver unha actitude crítica de perfeccionamento na labor experimental. |
A24 |
Explicar, de xeito comprensible, fenómenos e procesos relacionados coa Química. |
A25 |
Relacionar a Química con outras disciplinas e recoñecer e valorar os procesos químicos na vida diaria. |
A28 |
Adquirir, avaliar e utilizar os principios básicos da actividade industrial, xestión e organización do traballo. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer os distintos medios de comunicación de resultados e información na Química, ao longo da historia e na actualidade |
A16 A24 A25 A28
|
B3 B7
|
C6
|
Coñecer os métodos de investigación actuais e pasados, e a influencia do entorno no cambio de métodos |
A16 A23 A25
|
|
C6 C7
|
Aprender a utilizar os distintos medios de acceder á información na Química, tanto escrita como audiovisual e on-line |
A16 A24 A25 A28
|
B2 B4
|
C3
|
Coñecer e comprender as distintas vías que levan aos resultados no proceso da investigación química. Coñecer os distintos métodos de publicación de resultados no ámbito científico e profesional. |
A16 A25 A28
|
B3 B5 B7
|
C8
|
Coñecer, aprender e valorar de xeito crítico a ética na investigación e na obtención de resultados. Coñecer, valorar e xulgar as conductas responsables. Observar e correxir erros, neglixencia e mala praxis no traballo cotián |
A18 A21 A23 A25 A28
|
B3 B6 B7
|
C4
|
Coñecer e comprender a relación entre Sociedade, Ciencia e Industria na actualide e ao longo do tempo, incluindo tanto o impulso positivo como as interferencias |
A24 A25 A28
|
B2 B3 B6 B7
|
C4 C5 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
BLOQUE I: Orixe e desenvolvemento da investigación e das teorías |
Tema 1.- "Isto é o que somos" - Unha visión xeral da Historia da Ciencia e a Química
Tema 2.- As revolucións científicas e químicas. Por qué no foron ao mesmo ritmo?
Tema 3.- Os métodos e a práctica da Ciencia |
BLOQUE II: A comunicación de resultados |
Tema 4.- Fontes de información
Tema 5.- Decisións, publicación y evaluación de resultados. Sociedades Científicas
Tema 6.- Conducta responsable en Ciencia
Tema 7.- Propiedade intelectual e Patentes
Tema 8.- Divulgación científica
|
BLOQUE III: Riscos e beneficios da Química e da Industria Química |
Tema 9.- Evolución da interacción Ciencia-Tecnoloxía.
Tema 10.- A Industria Química, será sempre un problema medioambiental?
Tema 11.- Os científicos e a Industria Militar, un casamento polémico. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A16 A18 A21 A25 B6 C4 C7 C8 |
30 |
30 |
60 |
Obradoiro |
A16 A25 C3 C6 |
2 |
3 |
5 |
Seminario |
A16 A23 A24 B2 B3 B4 B7 C3 |
8 |
32 |
40 |
Traballos tutelados |
A16 A18 A21 A23 A24 A28 B2 B3 B5 C5 C6 |
8 |
32 |
40 |
Proba mixta |
A16 A21 A24 A25 B3 B6 C4 C5 C6 C7 C8 |
3 |
0 |
3 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Consistirá na exposición e explicación por parte do profesor dos conceptos fundamentais de cada tema. |
Obradoiro |
Dúas sesións (de 1 hora) serán impartidas por persoal da biblioteca da Facultade de Ciencias, co gallo de explicar os recursos e manexo avanzado na biblioteca. |
Seminario |
Consisten en sesións interactivas (grupo reducido) nas que o profesor plantexa exemplos concretos relacionados coas sesións maxistrales. Realizarase o estudo de casos, e fomentarase o debate entre os alumnos e o manexo de diversa documentación científica.
Tamén se levarán a cabo sesións na aula de informática, para realizar actividades de obtención de información científica usando bases de datos en red. |
Traballos tutelados |
En sesións de grupo reducido o alumno terá que resolver, de forma individual ou grupal, os problemas plantexados polo profesor, que tutelará o seu traballo. Trataranse problemas que relacionan a Química cos medios de comunicación, coa saúde, alimentación, medio ambiente, etc., fomentando o seu debate e discusión. O alumno terá que facer individualmente un informe final, ou presentación oral, do seu traballo.
|
Proba mixta |
Examen final no que se inclúen preguntas tipo test, de resposta breve e de ensaio. Preténdese avaliar os coñecementos adquiridos polos alumnos, así coma a súa capacidade de razoamento, síntese, redacción e espíritu crítico.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Seminario |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Ao longo de tódalas sesións de grupos reducidos potenciarase a tutorización do alumno, axudándolle no plantexamento de dúbidas e a súa resolución.
A atención personalizada obrigatoria (2 horas) programaráse ao longo do periodo de clases, mediante test interactivos que teñen como finalidade evaluar o avance do alumno no acadamento das competencias previstas.
O alumno poderá solicitar tutorías individuais no despacho do profesor, no horario correspondente, que estará publicado na web da Facultade ao comenzo do curso.
No caso específico de alumnos con dedicación parcial, ou dispensa de asistencia, estas metodoloxías serán levadas mediante asistencia online interactiva, email ou moodle, cunha distribución temporal semellante ás clases de grupo reducido programadas. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Seminario |
A16 A23 A24 B2 B3 B4 B7 C3 |
O traballo do alumno nestas sesións é avaliado tendo en conta os resultados de probas escritas e a participación do alumno nos debates e cuestións plantexadas no aula.
|
33 |
Proba mixta |
A16 A21 A24 A25 B3 B6 C4 C5 C6 C7 C8 |
Exame final que inclúe preguntas tipo test, de resposta breve e de ensaio. |
33 |
Traballos tutelados |
A16 A18 A21 A23 A24 A28 B2 B3 B5 C5 C6 |
A avaliación levarase a cabo tendo en conta os seguintes aspectos:
- participación e espíritu crítico demostrado polo alumno ao longo dos debates plantexados na aula.
- capacidade de síntese, razoamento, etc. reflectido nos traballos presentados de forma oral e/ou escrita.
|
34 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia hai dous requisitos básicos: 1) Asistencia regular a tódalas actividades avaliables; os seminarios e as sesións de traballo tutelado
son de asistencia obrigada, agás para os alumnos con dedicación parcial ou dispensa de
asistencia, tal como se indica máis abaixo. 2) Acadar unha cualificación mínima de 4,5 (sobre 10) en cada unha das actividades avaliadas. De non acadar a devandita puntuación mínima nalgunha desas actividades, a cualificación final será de Suspenso (4,0). Para aprobar a materia a cualificación total non poderá ser inferior a 5 (sobre 10). O alumno terá a cualificación de Non Presentado cando participe en
actividades que sumen menos do 33% da cualificación total. Só as cualificacións obtidas nos seminarios e traballos tutelados poden conservarse para a segunda oportunidade, si superan a mínima de 4,5 citada previamente. Se algunha destas dúas probas non acadara ese mínimo, terá que repetirse. A
programación concreta destas probas para a segunda oportunidade depende do número de alumnos convocados, e faráse pública ao rematar a
primeira. A cualificación da proba mixta obtida na segunda oportunidade substituirá á da primeira. Os alumnos avaliados na segunda oportunidade solo poderán optar a
Matrícula de Honra se o número máximo destas para o curso non se
esgotaron na primeira. Non se conservará ningunha nota dun curso a outro. Nos seguintes cursos académicos o proceso de ensinanza-aprendizaxe,
incluida a avaliación, iníciase de novo, o que implica que o alumno
que non supere a materia neste curso deberá realizar todas as
actividades programadas para o novo curso. No caso de alumnos con dedicación parcial, ou dispensa de asistencia, tódalas actividades avaliables poden ser levadas a cabo online, mesmo as prácticas de percura nas bases de datos, e cualificadas do mesmo xeito que se foran presenciais, polo que non é preciso un protocolo xeral específico.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Patricia Fara (2009). Breve historia de la ciencia . Editorial Ariel, Barcelona
W.H. Brock (1998). Historia de la química, serie: Ciencia y Tecnología . Editorial Alianza Editorial, 1998, Madrid
David C. Lindberg. (2002). Los inicios de la ciencia occidental . Editorial Paidós, Barcelona
Committee on Science, Engineering and Public Policy (EEUU) (1995). On Being a Scientist. National Academy Press
P. J. Bowler, I.R. Morus (2007). Panorama general de la ciencia moderna. Editorial Crítica, Madrid
Committee on Science, Engineering and Public Policy (EEUU) (1992). Responsible Science: Ensuring the Integrity of the Research Procces, vol.1.. National Academic Press, Washington
A.F. Chalmers (1993). ¿Qué es cosa llamada ciencia?. Siglo XXI, Madrid |
Páxinas web de utilidade: - http://www.udc.es/biblioteca - http://echa.europa.eu/ - http://ec.europa.eu/index_es.htm - http://www.epo.org |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
- É moi recomendable ter un nivel medio ou avanzado da comprensión de textos en inglés, porque a meirande parte da bibliografía está nese idioma. - Requírense aptitudes de redacción ordenada de documentos, e familiaridade co uso de ferramentas informáticas comúns. E moi importante ter un coñecemento medio ou avanzado do uso dunha aplicación de presentación portátil (Microsoft PowerPoint, OpenOffice Impress ou semellante). |
|