Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Utilizar a terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades. |
A14 |
Demostrar o coñecemento e comprensión de conceptos, principios e teorías relacionadas coa Química. |
A16 |
Adquirir, avaliar e utilizar os datos e información bibliográfica e técnica relacionada coa Química. |
A24 |
Explicar, de xeito comprensible, fenómenos e procesos relacionados coa Química. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Posuír e comprender os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Química, con perspectiva histórica do seu desenvolvemento. |
A1 A14
|
B3
|
C2 C8
|
Ser capaces de reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas científicos, tecnolóxicos ou doutros ámbitos que requiran o uso de coñecementos de Química. |
A16 A24
|
B2 B4
|
C1 C2 C3 C4 C6
|
Ser capaces de aplicar tanto os coñecementos téoricos prácticos adquiridos como a súa capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na busca das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais. |
|
B2 B3 B4 B5 B6
|
C4 C6
|
Ser capaces de comunicar, tanto por escrito coma de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Química tanto a un público especializado como non especializado. |
A24
|
B2 B7
|
C1 C2 C3 C5
|
Ser capaces de estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica. |
|
B1 B2 B3 B4
|
C4 C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Traballo de Fin de Grao |
Antecedentes.
Planificación.
Metodoloxía.
Obtención de resultados.
Elaboración dos resultados.
Discusión dos resultados.
Búsqueda de xeneralidades.
Conclusións.
Redacción dunha memoria científico-técnica baseada no traballo realizado.
Elaboración dunha presentación científico-técnica.
Defensa da memoria e do traballo realizado ante un tribunal. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
B1 B7 |
1 |
0 |
1 |
Investigación (Proxecto de investigación) |
A1 A14 A16 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C2 C4 C5 C6 C8 |
280 |
28 |
308 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
B1 C4 C5 C6 C8 |
2 |
0 |
2 |
Traballos tutelados |
A1 A14 A16 A24 B2 B3 C1 C2 C3 C6 C8 |
1.5 |
45 |
46.5 |
Presentación oral |
A24 B7 C1 C3 |
0.5 |
15 |
15.5 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Actividade onde se lle explica ao estudante en que consistirá o seu Traballo de Fin de Grao, se lle proporciona orientación sobre as fontes bibliográficas que debe manexar, a metodoloxía máis axeitada a empregar e o modo de planificar o seu traballo. |
Investigación (Proxecto de investigación) |
Traballo individual e autónomo do estudante, orientado polo(s) director(es) do traballo.
No desenvolvemento do traballo, o estudante deberá afrontar un problema de índole química de acordo co método científico, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas do traballo realizado. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Asistencia, por recomendación do director ou interese persoal, a eventos científicos e / ou divulgativos organizados na Facultade e relacionados coa temática do Grao en Química. A asistencia a estos eventos deber servir para mellorar as competencias en materia de presentación e defensa do propio traballo. |
Traballos tutelados |
Traballo individual e autónomo do estudante, baixo a tutela do director.
O alumno deberá presentar unha memoria escrita resumindo toda a labor realizada durante o TFG. Dita memoria deberá incluir, como mínimo, unha introdución, unha sección ou capítulo que recolla os obxectivos, antecedentes existentes sobre o tema que se trate, unha parte relativa aos materiais e métodos ou procedementos experimentais, os resultados obtidos, a súa discusión e análise crítico e razoado, as conclusións que se tiren do traballo, e unha bibliografía. Asemade, cando menos un resumo inicial e as conclusións do TFG deberán estar redactadas en inglés. |
Presentación oral |
Exposición e defensa oral do traballo ante un tribunal
A presentación e defensa do TFG farase en acto público.
O estudante disporá de un tempo máximo de 15 minutos para expoñer os obxectivos, a metodoloxía, o contido e as conclusións do seu traballo. Con posterioridade terá que atender ás preguntas, aclaracións, comentarios e suxestións que lle poidan formular os membros do tribunal de avaliación. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Investigación (Proxecto de investigación) |
Presentación oral |
Actividades iniciais |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
O director adicará, como mínimo, o tempo previsto nas normas de PDA da UDC para o seguimento do estudante.
O estudante recibirá indicacións das características do traballo e orientación na súa planificación e no seu desenvolvemento.
O director realizará un seguimento continuado do traballo, incluido a supervisión dos resultados obtidos, a discusión dos mesmos e a extracción de conclusións, e velará polo cumprimento dos obxectivos fixados. Tamén se supervisará a redacción da memoria de TFG e a elaboración da presentación oral da mesma. Valoraranse os avances do estudante e realizaranse propostas de mellora.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Investigación (Proxecto de investigación) |
A1 A14 A16 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C2 C4 C5 C6 C8 |
Avaliación continua por parte do(s) director(es) de todo o proceso de realización do TFG, tendo en conta os diferentes elementos indicados na correspondente plantilla de avaliación elaborada para tal fin.
O 50% da cualificación final do TFG corresponde a avaliación do(s) director(es) do traballo. |
50 |
Presentación oral |
A24 B7 C1 C3 |
O tribunal valorará a presentación oral e a defensa do traballo presentado, de acordo cos distintos elementos indicados na plantilla de avaliación elaborada para tal fin.
O 50% da cualificación final do TFG corresponde a avaliación do tribunal, na que a avaliación da presentación oral representa o 17.5% e a defensa e discusión dos resultados representa o 15% |
32.5 |
Traballos tutelados |
A1 A14 A16 A24 B2 B3 C1 C2 C3 C6 C8 |
O tribunal valorará a calidade final da memoria presentada, de acordo cos distintos elementos indicados na plantilla de avaliación elaborada para tal fin.
O 50% da cualificación final do TFG corresponde a avaliación do tribunal, na que a avaliación da memoria escrita presentada representa o 17,5%. |
17.5 |
|
Observacións avaliación |
É necesario ter superados 225 créditos do Grao (todas as materias excepto o TFG) para que o alumno poda entregar a
memoria e realizar a defensa do TFG. As instrucción relativas á presentación dos TFG figuran como Anexo IV do Regulamento dos TFG dos títulos de Grao xestionados pola Facultade de Ciencias. Como norma xeral, o estudantado defenderá o TFG presencial e publicamente. Para a defensa pública do TFG, cada estudante disporá dun tempo máximo, sen sobordar os 15 minutos, do que será debidamente informado polo tribunal. Neste tempo deberá expoñer os obxectivos, a metodoloxía, o contido e as conclusións do seu traballo. Con posterioridade terá que atender ás preguntas, aclaracións, comentarios e suxestións que lle poidan formular os membros do tribunal. A cualificación final do Traballo de Fin de Grao é competencia do tribunal. Unha vez realizada a exposición e defensa do TFG, o tribunal deliberará sobre a cualificación que lle corresponde, tendo en conta a avaliación outorgada polo director do traballo. Os criterios do tribunal faranse públicos antes das defensas dos TFG. Para a cualificación final establecerase a media aritmética das cualificacións asignadas ao TFG por cada un dos membros do tribunal. A cualificación outorgarase segundo o sistema establecido pola normativa da UDC. Poderá acceder á mención de matrícula de honra o estudantado que obtiver unha cualificación igual ou superior a 9,0 puntos, segundo o criterio do tribunal avaliador. No caso de o/a estudante obter a cualificación de suspenso, o tribunal faralle chegar un informe coas recomendacións oportunas para a mellora do traballo e a súa posterior avaliación. Enviaráselle(s) copia deste informe á(s) persoa(s) que dirixiron o TFG. A revisión e/ou reclamación das cualificacións finais dos TFG levaranse a cabo de conformidade co previsto na normativa da UDC. A matrícula da dereito ao alumno a
presentarse,exclusivamente, as dúas oportunidades fixadas en cada curso
académico, de conformidade co previsto na normativa académica da UDC. No suposto de que o alumno non supere o TFG na convocatoria anual, deberá matricularse de novo do TFG, pero non será precisa unha nova adxudicación, sempre que exista acordó entre titor e estudante, e así o solicite o estudante. RECOMENDACIÓNS DE ESTILO DA
MEMORIA: · Tipo e tamaño de letra: Times New Roman 12
puntos / Arial 11 puntos (ou similares) · Marxes: superior/inferior: 2,5 cm; esquerdo/dereito:
3 cm · Interlineado: 1,5 · Separación entre parágrafos: 12 puntos · Extensión da memoria: mínimo 35 páxinas-
máximo 50 páxinas (incluindo anexos) ou mínimo 10.000 palabras – máximo 12.000
palabras (esta cifra correspondese con unhas 40-45 páxinas con certa carga gráfica). · Portada:
-
Logotipo
da Universidade da Coruña. -
Facultade
de Ciencias. -
Grao
correspondente. -
Título
do traballo nos 3 idiomas (castelán/galego/inglés) -
Nome
dos directores. -
Nome
do autor do traballo. - Data da convocatoria á que se presenta.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
O director ou directores do traballo proporán a bibliografía específica e adecuada ao traballo a desenvolver polo alumno. |
Bibliografía complementaria
|
R. Holliman, J. Thomas, S. Smidt, E. Scanlon, E. Whitelegg (2009). Practising Science Communication in the Information Age, sections 1-3. Oxford: Oxford University Press
S. Harrad, L. Batty, M. Diamond, G. Arhonditsis (2008). Student Projects in Environmental Science. Chichester: John Wiley & Sons Ltd. |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Tal e como establece a normativa da UDC: "Sen prexuízo do disposto en cada plan de estudos, o alumno que superase 180 créditos, incluídos todos os da primeira metade, poderar realizar a matrícula do traballo de fin de grao no período ordinario de matrícula, ou nos prazos outorgados para ampliación da matrícula nos estudos de grao... O alumno, que teña superados o resto dos crédidtos da súa titulación, poderá defender o devandito traballo na convocatoria correspondente ao período do primeiro cuadrimestre ou na convocatoria correspondente ao período do segundo cuadrimestre e, de ser o caso, na oportunidade de xullo, ou naquela oportunidade que se fixe atendendo ao réxime especial previsto nas instruccións mencionadas" Así, será preciso ter superados 225 créditos do Grao (todas as asignaturas excepto o TFG) para que o alumno poda facer entrega da memoria e proceder á defensa do Traballo de Fin de Grao. |
|