Identifying Data 2017/18
Subject (*) Macroeconomics Code 611G01017
Study programme
Grao en Economía
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
Second Obligatoria 6
Language
Spanish
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Economía
Coordinador
Rungo , Paolo
E-mail
paolo.rungo@udc.es
Lecturers
Rungo , Paolo
E-mail
paolo.rungo@udc.es
Web
General description "Macroeconomía" é a continuación da materia "Principios de Macroeconomía". Por tanto, a partir das competencias e dos conceptos xa adquiridos, discútense temas e problemas relevantes e actuais, cun nivel de complexidade intermedio. Cobra especial relevancia o estudo da interrelación entre variables macroeconómicas, en particular en economías abertas, mediante a análise crítica de modelos teóricos.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 CE1- Contribuír á boa xestión da asignación de recursos tanto no ámbito privado como no público.
A2 CE2-Identificar e anticipar problemas económicos relevantes en relación coa asignación de recursos en xeral, tanto no ámbito privado como no público.
A3 CE3-Aportar racionalidade á análise e á descripción de calquera aspecto da realidade económica.
A4 CE4-Avaliar consecuencias e distintas alternativas de acción e seleccionar as mellores, dados os obxectivos.
A5 CE5-Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas da economía (internacional, nacional ou rexional) ou de sectores da mesma.
A7 CE7-Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
A8 CE8-Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de cómo funciona a economía.
A9 CE9-Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
A10 CE10-Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicación en todo a seu desempeño profesional.
A11 CE11Leer e comunicarse no ámbito profesional en máis dun idioma, en especial en inglés.
A12 CE12-Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos.
B1 CB1 - Que os estudantes demostren posuir e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que soe encontrar nun nivel que, ainda que se apoia en libros de texto avanzados, inclue tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que se demostran por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da su entorna de traballo.
B3 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da su área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 CG1- Que os estudantes formados se convertan en profesionais capaces de analizar, reflexionar e intervir sobre os diferentes elementos que constitúen un sistema económico
B7 CG2 - Que os estudantes coñezan o funcionamento e as consecuencias dos sistemas económicos, as distintas alternativas de asignación de recursos, acumulación de riqueza e distribución da renda e estean en condicións de contribuír ao seu bo funcionamento e mellora
B8 CG3 -Que os estudantes sexan capaces de identificar e anticipar os problemas económicos relevantes, identificar alternativas de resolución, seleccionar as máis axeitadas e avaliar os resultados aos que conduce.
B9 CG4 -Que os estudantes respecten os dereitos fundamentais e de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez.
C1 CT1-Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 CT2-Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 CT3-Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 CT4-Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 CT5-Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 CT6-Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Entender o concepto de inflación, as súas causas e os seus custos, e a súa relación co nivel de desemprego. A1
A2
A3
A5
A7
A9
A11
B1
B2
B4
B5
B6
C1
C2
C3
C6
Analizar a relación entre tipos de interese reais, tipos de interese nominais, e a inflación. A2
A3
A7
A10
A11
B1
B2
B3
B6
B8
C1
C3
C4
Entender o concepto de tipo de cambio e o papel das políticas económicas e comerciais na súa determinación. A1
A2
A3
A4
A5
A7
A8
A9
B1
B2
B3
B7
B8
C1
C2
Entender as relacións entre variables macroeconómicas e identificar a influencia das expectativas. A1
A2
A3
A4
A5
A8
A12
B1
B2
B4
B5
B6
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Analizar a interrelación entre mercado de bens e mercado de diñeiro nunha economía aberta. A2
A3
A8
B1
B2
B7
C1
C2
Comprender o carácter dinámico dos ciclos de produción e da inflación, e os efectos que a política monetaria e fiscal teñen sobre eles. A1
A2
A3
A5
A8
A11
B1
B2
B4
C1
Entender e discutir o papel das políticas de estabilización. A1
A2
A3
A4
A5
A8
B1
B2
B5
B6
B7
B8
C1
Entender e discutir os problemas de débeda pública e dos déficit orzamentarios. A1
A2
A3
A4
A5
A8
B1
B2
B5
B6
B7
B8
C1
Valorar a Macroeconomía e os modelos económicos de forma crítica A3
A4
A7
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
C6
C8

Contents
Topic Sub-topic
1. A inflación. 1.1 A teoría cuantitativa do diñeiro e a dicotomía clásica.
1.2 A inflación e os tipos de interese.
1.3 Os custos da inflación.
1.4 A relación entre inflación e desemprego.
2. Economías abertas e comercio internacional. 2.1 Fluxos internacionais de capitais e de bens.
2.2 O aforro e o investimento nunha economía aberta.
2.3 Tipos de cambio.
3. Expectativas e demanda agregada. 3.1 Modelo IS-LM con expectativas.
3.2 Reconsideración da economía aberta: modelo de Mundell-Fleming.
3.3 Sistemas de tipo de cambio.
3.4 Diferenza entre tipos de interese entre países.
3.5 Extensións do modelo de Mundell-Fleming.
4. Modelo dinámico de oferta e demanda agregadas. 4.1 Elementos e desenvolvemento do modelo.
4.2 Resolución do modelo e aplicacións.
5. Debates de política macroeconómica. 5.1 Perspectivas sobre a política de estabilización.
5.2 Débeda pública e déficit orzamentario.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Problem solving A1 A2 A3 A4 A5 A7 A8 A9 A10 A11 A12 B2 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C2 C3 C6 30 60 90
Objective test A4 A5 A7 B2 B1 B3 B4 B5 B6 2 20 22
Short answer questions A2 A3 A4 A8 A9 A11 A12 A13 B2 B4 B5 B6 B9 C1 C4 C6 1 5 6
Guest lecture / keynote speech A1 A2 A3 A4 A5 A7 B2 B1 B3 C4 C5 C7 C8 17 0 17
 
Personalized attention 15 0 15
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Problem solving Na aula propóñense problemas que teñen estreita relación con cada un dos temas que se explican nas sesións maxistrais, e que contribúen á súa comprensión.
Objective test A proba obxectiva está deseñada para avaliar os coñecementos alcanzados polo alumno na preparación da materia. O obxectivo fundamental da proba é o de avaliar a capacidade de razoamento nos temas propios de Macroeconomía e a capacidade para entender e actuar ante as cuestións expostas. Os coñecementos teóricos e os desenvolvementos matemáticos e gráficos serán avaliados de maneira adecuada, mediante preguntas abertas. A proba inclúe, ademais, un test a respostas múltiples de coñecementos mínimos da materia.
Short answer questions Durante o curso realizaranse probas de respostas breves relacionadas cos temas de estudo para avaliar de forma continua a aprendizaxe.
Guest lecture / keynote speech As actividades docentes do curso incluirán clases maxistrais, ademais de clases prácticas. A asistencia considérase de fundamental importancia para o correcto seguimento do curso e das actividades propostas polo profesor.

Personalized attention
Methodologies
Problem solving
Description
A atención personalizada ao alumno levará a cabo no despacho da titoría e nas propias aulas. Neste sentido, a atención personalizada débese entender como un labor continuo. Nesta actividade de atención personalizada ao alumno inclúese a acción de titoría en grupos reducidos a razón de 4 horas por cada grupo de 15 alumnos.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Short answer questions A2 A3 A4 A8 A9 A11 A12 A13 B2 B4 B5 B6 B9 C1 C4 C6 As probas de respostas breves realizaranse ao finalizar os temas 1, 2, 3 e 4, e están deseñadas para comprobar a aprendizaxe continua ao longo do curso. 20
Objective test A4 A5 A7 B2 B1 B3 B4 B5 B6 A proba final da materia inclúe un test de coñecementos mínimos de Macroeconomía, preguntas de desenvolvemento do programa e/ou problemas. 70
Problem solving A1 A2 A3 A4 A5 A7 A8 A9 A10 A11 A12 B2 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C2 C3 C6 O profesor propoñerá aos alumnos actividades que se deben desenvolver ao longo do curso (problem sets). Utilizaranse aquelas actividades, como solución de problemas, exposición de resultados, realización de exercicios sobre os contidos, que estime máis adecuados para o seguimento do curso. Valorarase a resolución e a exposición dos problemas na clase, de forma individual ou en conxunto e tamén as solucións dadas aos exercicios propostos. 10
 
Assessment comments
1. Requisitos para aprobar a materia

. É necesario alcanzar unha nota final de, polo menos, 5 puntos sobre 10 para poder conseguir unha cualificación de "aprobado". Ademais, é necesario contestar de forma correcta a 15 preguntas sobre 20 no test de coñecementos mínimos de Macroeconomía. Unha puntuación inferior no test de coñecementos mínimos implica a cualificación final de "suspenso".

2. Sobre a cualificación de "non presentado"

. Corresponde ao alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.

3. Sobre as condicións da avaliación final.

Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.

4. Sobre a avaliación en segunda oportunidade e na oportunidade adiantada

. Os criterios de avaliación establecidos nesta guía son de aplicación a todas as oportunidades. Na segunda oportunidade e na oportunidade adiantada é posible recuperar os puntos da avaliación continua (solución de problemas e probas de resposta breve) mediante preguntas adicionais á proba obxectiva final.

Tempo parcial: Os alumnos que teñan recoñecida a dedicación a tempo parcial, seguirán o mesmo sistema de avaliación que os que están a tempo completo.


Sources of information
Basic Charles I. Jones (2009). Macroeconomía. Barcelona: Antoni Bosh
Olivier Blanchard (2017). Macroeconomía (7.ª edición). Madrid: Prentice Hall
N. Gregory Mankiw (2014). Macroeconomía (8.ª edición). Barcelona: Antony Bosh

Complementary L.-P. Rochon y S. Rossi (2016). An introduction to Macroeconomics: a heterodox approach to economic analysis. UK: Edward Elgar Publishing Limited
Ben Fine y Ourania Dimakou (2016). Macroeconomics: A critical companion. London, UK: Pluto Press


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Principles of Macroeconomics/611G01005

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus
Macroeconomics: Growth and Dynamics/611G01028

Other comments
Recoméndase un alto grao de participación nas clases. Resolver as dúbidas que xurdan nas explicacións do profesor e/ou no estudo persoal, recorrendo se fose necesario á atención personalizada


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.