Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Xestionar e administrar unha empresa ou organización de pequeño tamaño, entendendo a súa ubicación competitiva e institucional e identificando as súas fortalezas e debilidades. |
A2 |
Integrarse en calquera área funcional dunha empresa ou organización mediana ou grande e desempeñar con soltura calquera traballo de xestión nela encomendada. |
A3 |
Valorar a partir dos rexistros relevantes de información a situación e previsible evolución dunha empresa. |
A4 |
Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas de empresas e mercados. |
A5 |
Redactar proxectos de xestión ou de áreas funcionais da empresa. |
A6 |
Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido. |
A8 |
Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais. |
A9 |
Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicación en todo a seu desempeño profesional. |
A10 |
Ler e comunicarse no ámbito profesional nun nivel básico en máis dun idioma, en especial en inglés |
A11 |
Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos. |
B1 |
CB1-Comprender coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria general, que apóiandose en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo |
B2 |
CB2-Saber aplicar os coñecementos ao seu traballo dunha forma profesional e posuír as competencias que adoitan desmostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de traballo |
B3 |
CB3-Saber reunir e interpretar datos relevantes da área de estudo para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
B4 |
CB4-Transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
B5 |
CB5-Desenvolver habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
B6 |
CG1-Saber desempeñar labores de xestión, asesoramento e avaliación nas organizacións empresariais |
B7 |
CG2-Saber manexar os conceptos e técnicas empregados nas diferentes áreas funcionais da empresa, así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización |
B8 |
CG3-Saber tomar decisións, e, en xeral, asumir tarefas directivas. |
B9 |
CG4-Saber identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, seleccionar e motivar as persoas, tomar decisións en condicións de - incerteza, alcanzar os obxectivos propostos e avaliar resultados |
B10 |
CG5-Respectar os dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, respectar a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Comprender a importancia da planificación xeral e financeira no proceso de xestión empresarial. |
A1 A4 A5 A6 A8 A11
|
B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B10
|
C5
|
Profundar na lóxica da valoración financeira |
A3 A4 A5 A6 A8 A9 A11
|
B1 B5 B7 B9
|
C8
|
Aprender as bases da modelización no ámbito da planificación financeira, comprendendo as relacións existentes entre os conceptos e e os diferentes estados financeiros previsionais. |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A9 A11
|
B3 B5
|
C5 C6 C7 C8
|
Ser capaz de elaborar, transmitir e defender un plan de empresa a partir dos modelos de planificación financeira e usando as ferramentas informáticas comúns no ámbito empresarial. |
A1 A5 A6 A10
|
B4 B6 B8
|
C1 C4 C5 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
TEMA 1. Creación de valor na empresa e Dirección Baseada no Valor. |
1.1.O obxectivo da planificación financeira: a creación de Valor
1.2.A medida do valor: fluxos de caixa descontados e outras medidas.
1.3 Estratexia e creación de valor
1.4 O proceso de planificación financeira
|
TEMA 2. O Estado Previsional de Recursos Xerados |
2.1.Información do Estado Previsional de Recursos Xerados
2.1.1 A orixe dos beneficios e resultados
2.1.2 Os usos do recursos xerados
2.1.2.1 O custo dos recursos financeiros empregados: xuros e dividendos
2.1.2.2 O Autofinanciamento
2.2 A estrutura do Estado Previsional de Recursos Xerados
|
TEMA 3. A planificación do Capital Corrente |
3.1. Introdución
3.2. Políticas de Capital Corrente
3.2.1 existencias
3.2.2 Clientes
3.2.3 Tesouraría e activos líquidos
3.2.4 Financiamento a curto prazo.
3.3. As necesidades netas do capital corrente
3.3.1 O capital corrente real, necesario e diferencial
3.4. A estrutura básica do cadro de necesidades netas de capital corrente |
TEMA 4. O Orzamento de Capital |
4.1. Orzamento de capital: concepto, usos e estrutura
4.2. Orzamento de Investimentos
4.3. O Orzamento de Financiamento
4.4 Implicacións financeiras |
TEMA 5. O Orzamento de Tesouraría |
5.1. Introdución
5.2. Obxectivos, principios e funcións básicas da xestión da tesouraría
5.3. Estrutura
|
TEMA 6. Análise Global e Control do Plan Financeiro |
6.1 Análise global
6.1.1 O Balance e as contas de resultados previsionais
6.1.2 Viabilidade, alisado e revisión.
6.1.3 Plan financeiro e creación de valor
6.2 Control do Plan Financeiro
6.2.1. Tipos de control
6.2.2. Análise das desviacións
6.2.3. Análise de sensibilidade
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A10 A11 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 C1 C4 C5 C6 C7 C8 |
17 |
17 |
34 |
Estudo de casos |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C5 C6 |
25 |
75 |
100 |
Prácticas a través de TIC |
A1 A3 A4 A5 A8 A9 A11 B3 B4 B5 B7 B9 C5 |
4 |
4 |
8 |
Proba mixta |
A1 A3 A4 A6 A8 A9 A10 A11 B1 B2 B3 C1 |
2 |
2 |
4 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Nas sesións maxistrais exporanse os contidos teóricos do temario da materia facendo especial fincapé naqueles asuntos de máis difícil comprensión. Empregaranse tecnoloxías como a presentación eléctrónica, a folla de cálculo... |
Estudo de casos |
Proporase ao alumnado unha colección de casos para que sexan resoltos de maneira individual ou en grupo. Para a resolución deberán empregar como ferramento básica a folla de cálculo. Esta metodoloxía forma parte da avaliación continua. |
Prácticas a través de TIC |
Desenvolvemento e implantación de modelos de análise a través de follas electrónicas. Progamaranse sesións con orientación ao traballo en grupo. |
Proba mixta |
Esta proba consistirá nun conxunto de cuestións de formato diferente sobre os aspectos teóricos, exercicios prácticos e casos vistos durante o desenvolvemento da materia. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Estudo de casos |
Sesión maxistral |
Prácticas a través de TIC |
|
Descrición |
A atención personalizada terá lugar durante o tempo de titorías individuais e en pequeno grupo. Atenderase de forma persoal ou en pequeno grupo a aqueles alumnos/as que precisen clarificar aspectos teóricos expostos durante as sesións maxistrais ou prácticos vinculados á resolución de problemas, ao estudo de casos prácticos ou ás lecturas recomendadas. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Estudo de casos |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C5 C6 |
Os alumnos discutirán e resolverán os casos que os docentes lles propoñan durante o cuadrimestre. Haberá dous casos a través dos que se estruturará a docencia e dos que poderán derivarse minicasos suxeitos a valoración. A avaliación continua centrarase no estudo de casos.
|
40 |
Proba mixta |
A1 A3 A4 A6 A8 A9 A10 A11 B1 B2 B3 C1 |
Os alumnos someteranse a unha proba mixta durante o período oficial de avaliación. Esta proba consisitrá nunha serie de cuestións de formatos diversos orientada a valorar en que medida foron adquirindo os resultados da avaliación que se pretenden nesta materia. |
60 |
|
Observacións avaliación |
O sistema mencionado arriba é común para a primeira e a segunda oportunidades. As condicións de avaliación da Oportunidade Adiantada (art. 19 das Normas de Avaliación, Revisión e Reclamacións das Cualificacións dos Estudos de Grao e Mestrado Universitario) serán específicas para esta oportunidade. Esta será avaliada por medio dunha proba mixta que suporá o 100 % da cualificación final. Esta proba mixta será deseñada de maneira singular e específica para valorar en que medida o/a estudante adquiriu os resultados da aprendizaxe aos que se fai referencia na presente guía. Os estudantes a tempo parcial serán avaliados segundo o sistema descrito.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Arnold, G. (2008). Corporate Financial Management. Prentice Hall, Harlow, 4th Ed.
Asch, D.; Kaye, G.R. (1989). Financial Planning. Modelling Methods and Techniques. Kogan Page, Londres
Berk, J.; DeMarzo, P. (2017). Finanzas Corporativas. Pearson
Morris, J.R.; Daley, J.P. (2009). Introduction to Financial Models for Management and Planning. Chapman & Hall/CRC Finance
Rodríguez, A.; Iturralde, T. (2008). Modelización Financiera Aplicada. Modelos de Planificación Financiera con Excel. Delta Publicaciones, Madrid.
Rodríguez, A. (2009). Planificación Financiera Aplicada. Tórculo Edicións, Santiago de Compostela.
Durbán, S.; Irimia, A.I.; Oliver, M.D.; Palacín, M.J. (2009). Planificación financiera en la práctica empresarial. Ediciones Pirámide, Madrid.
Brealey, R.; Myers, S.; Allen, F. (2010). Principios de Finanzas Corporativas. McGraw-Hill, 9ª Ed.
Fernández, P. (1999). Valoración de Empresas. Gestión 2000 |
|
Bibliografía complementaria
|
Mascareñas, J. (2010). Finanzas para directivos. Pearson, Madrid.
Ruiz, R.J.; Gil, A.M. (2000). La Planificación Financiera de la Empresa. Instituto Superior de Técnicas y Prácticas Bancarias, Madrid
Rodríguez, A.; Barros, F. (2009). Planificación Financiera de Cooperativas. Modelos de Planificación Financiera de Cooperativas con Excel. Centro de Estudios Cooperativos (CECOOP), USC, Santiago de Compostela.
Cibrán, P.; Villanueva, M.; Fernández, M.T. (2008). Planificación Financiera. Teoría y Casos Prácticos. Tórculo Edicións, Santiago de Compostela
Boquist, J.; Milbourn, T.; Thakor, A. (2010). The Value Sphere. The Corporate Executives' handbook for creating and retaining Shareholder wealth. World Scientific, Singapore |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Análise das Operacións Financeiras/611G02004 | Teoría do Investimento/611G02020 | Teoría do Financiamento/611G02021 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|