Identifying Data 2017/18
Subject (*) On Books and Editions Code 613584105
Study programme
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 1st four-month period
First Obligatoria 3
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Letras
Coordinador
Tato Garcia, Cleofe
E-mail
cleofe.tato@udc.es
Lecturers
Tato Garcia, Cleofe
E-mail
cleofe.tato@udc.es
Web
General description Historia do libro: estudo da transmisión textual manuscrita, impresa e dixital. Teoría e práctica de edición de texto: estudo de métodos e fases da edición textual.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A5 Adquirir as habilidades necesarias para analizar e investigar os mecanismos dos procesos de comunicación
A7 Coñecer as principais correntes teóricas que integraron e integran a reflexión sobre a literatura e a cultura, así como os seus antecedentes
A8 Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e os seus cambios de paradigma
A9 Aplicar as técnicas de análise cultural respetando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos
A14 Adquirir a capacidade de xestionar ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais
B4 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións(TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida
B5 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
B6 Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñibles para resolver problemas cos que deben enfrontarse
B7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe
B10 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C1 Adquirir capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva
C2 Traballar de maneira interdisciplinar en entornos diversos
C3 Demostrar un compromiso ético coas desigualdades
C5 Integrar coñecementos de campos de estudos diversos
C6 Aplicar coñecementos e habilidades na resolución de problemas en entornos novos o non familiares en contextos interdisciplinares
C7 Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntesise, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador
C8 Adquirir a capacidade de concebir e deseñar proxectos de investigación con rigor académico
C9 Desenvolver habilidades de xestión da información para propósitos académicos e de investigación

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Coñecer a materialidade do libro ao longo da historia e ser quen de ofrecer unha breve descrición bibliográfica AC5
AC7
AC8
AR3
BJ1
BJ2
BJ3
BJ4
BJ7
CC5
CC6
CR1
Coñecer os principais fundamentos da crítica textual e ser quen de aplicalos nos supostos que se seleccionen para seren estudiados AC5
AC7
BJ7
CC1
CC2
CR3
Ser quen de producir textos escritos, debidamente elaborados e ordenados, nos que se apliquen os coñecementos adquiridos, se ofreza unha síntese, se contrapoñan pontos de vista ou teorías..., sempre cunha visión críica e reflexiva. AC5
AC7
AC9
AR3
BJ1
BJ2
BJ3
BJ4
BJ7
CC1
CC2
CC3
CC5
CC6
CR1
CR2
CR3

Contents
Topic Sub-topic
Tema 1. A materialidade do libro 1.1. A transmisión textual manuscrita e impresa
1.2. Do libro medieval ao libro electrónico
Tema 2. A edición de textos 2.1. Introdución
2.2. Diferentes tipos de edición
2.3. Procesos na edición de textos
2.4. Os complementos (Introdución, aparato crítico, notas, material adicional)
Tema 3. Aplicacións bibliográficas 3.1. A descripción normalizada do manuscrito e o libro antigo

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Introductory activities B10 1 0 1
Guest lecture / keynote speech A7 A9 B6 B7 B10 C7 C5 C6 6.5 12 18.5
Workshop A5 A14 A7 A9 B4 B5 B6 B7 B10 C1 C2 C5 C8 C9 6.5 15 21.5
Events academic / information A8 A5 B5 B6 B7 B10 C1 C2 C3 C7 C5 C6 C9 0 13 13
Workbook A7 B5 B6 B10 C1 C2 C7 C5 C9 0 11 11
Mixed objective/subjective test A7 A8 A9 B10 B5 C1 C3 C7 C5 C6 C8 1 8 9
 
Personalized attention 1 0 1
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Proba inicial sobre os coñecementos previos relacionados coa materia, así como intereses, morivación... Preténdese obter información para artellar unha docencia que favoreza a aprendizaxe significativa.
Guest lecture / keynote speech Nas sesións expositivas o ritmo da clase recaerá fundamentalmente na profesora, que tratará de familiarizar ao estudante coa crítica textual abordando de maneira sintética os aspectos e problemas que descoñece; a tal efecto, procurará ofrecer panorámicas xerais de carácter introductorio, que se completarán con bibliografía. Para que o alumnado se implique nestas sesións, buscarase a súa intervención (preguntas-respostas, interpelacións...).
Workshop Combinación de diversas metodoloxías e probas (practicas guiadas, solución de problemas, estudo de casos, debates, discusións dirixidas, probas de completar, etc.) a través das que o alumnado desenvolve tarefas aplicando os coñecementos adquiridos sobre distintos aspectos do programa, sempre co apoio e supervisión da profesora. Nalgún caso, pode solicitarse que cumplimente algún exercicio ou tarefa na casa para traballalo posteriormente na aula. Unha ou máis desas tarefas poderá(n) ser collidas pola profesora para a avaliación.
Events academic / information Aproveitaranse os recursos e medios dispoñibles. Así, os alumnos visitarán o Arquivo do Reino de Galicia co obxecto de achegalos de modo directo e práctico á materialidade do libro e ao sistema de catalogación e arquivo. Alén diso, aproveitarase tamén algunha das conferencias sobre edición de textos e crítica textual das que se planifiquen para o curso 2017-2018 no Grupo de Investigación Hispania.
Workbook Ademais das lecturas que a profesora indique para asimilar ou completar información das sesións maxistrais, poderá marcarse algunha lectura máis, que o estudante levará a cabo fóra da aula, para participar nas actividades do obradoiro (resumo, esquema, debate...).
Mixed objective/subjective test Ao final do curso, na data fixada pola Facultade, o alumno realizará unha proba dedicada a verificar a adquisición das competencias da materia, para o cal se lle plantexarán preguntas e exercicios de diverso tipo. Se requerirá, ademáis, que alcance un nivel de expresión acorde co dun posgrao universitario.

Personalized attention
Methodologies
Workbook
Workshop
Mixed objective/subjective test
Description
O alumno poderá, sempre que sexa preciso, requerir a atención personalizada da profesora, tanto para resolver dúbidas xurdidas na preparación da proba mixta, como nas sesións dedicadas ao obradoiro ou nas lecturas, mais nunca pode suplir as explicacións que non ten seguido por se ausentar da aula inxustificadamente.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Workshop A5 A14 A7 A9 B4 B5 B6 B7 B10 C1 C2 C5 C8 C9
Realizaranse diversos obradoiros na aula e valorarase o traballo e a participación dos estudantes; a tal fin, os materiais elaborados nalgúns deles poderán ser obxecto de avaliación. Nalgún caso, o estudiante terá que ler previamente na casa algún texto ou elaborar algún traballo ou exercicio despois do obradoiro (tempo contemplado nas horas non presenciais).
25
Events academic / information A8 A5 B5 B6 B7 B10 C1 C2 C3 C7 C5 C6 C9 Está previsto que os estudantes asistan a un evento divulgativo e a outro científico. Programarase unha visita guiada ao Arquivo do Reino de Galicia, onde deberán seguir as explicacións que se lles faciliten co obxectivo de presentar por escrito un texto no que dean conta dos aspectos principais sobre os que se lle ten informado e, especialmente, daqueles que garden relación co tratado nas sesiós maxistrais e nos obradoiros. Como evento científico, en principio, asistirán a unha conferencia ou seminario a cargo dalgún experto que trate sobre algún tema ou asunto relacionado coa materia (será algunha das actividades planificadaas para o curso 2017-2018); igualmente deberán presentar un resumo da expoción no que demostren non só que asistiron ao seminario senon que foron quen de seguilo de maneira comprensiva.


50
Mixed objective/subjective test A7 A8 A9 B10 B5 C1 C3 C7 C5 C6 C8 En cada unha das oportunidades (final de cuadrimestre e xullo), realizarase unha proba mixta na que, a través de preguntas e exercicios varios, o alumno demostrará que acadou os coñecementos e competencias previstas.
Será moi importante tamén que neste exercicio ofrezca unha expresión correcta.
25
 
Assessment comments

Só se aceptarán actividades e exercicios realizados e
entregados na data que se estableza, en soporte de papel e
seguindo as
normas que se precisen en cada caso. Non se poderá
aprobar a materia sen acadar unha calificación mínima en
cada un dos ámbitos contemplados na avaliación; se o estudiante prescinde dalgún dos
instrumentos da avaliación contará cun "Non Presentado". Na segunda oportunidade (xullo),
aplicarase o mesmo sistema de avaliación; no exame, que se celebrará na
data oficial fixada pola Facultade, complementariamente o
alumno dará conta, nese mesmo momento, das demáis actividades e
exercicios que tiver pendentes.

Dase por suposta a
asistencia ás aulas; aquel estudante que conte con dispensa de asistencia recoñecida debe
poñerse en contacto coa profesora ao inicio do curso para establecer o
mecanismo de seguimiento da súa aprendizaxe. Alén diso, se algún
alumno xustifica debidamente a imposibilidade de acudir ao evento
divulgativo ou
científico previstos, a profesora deseñará algunha outra proba ou
traballo coa que se poda subsanar esa parte da evaluación.

A
expresión do
estudante nas distintas probas, exercicios e actividades levadas a
cabo ha ser a que corresponde a unha titulación de posgrao (non só se
tomará en conta, xa que logo, a correción
ortográfica e gramatical). No caso de que a expresión dos
exercicios e traballos realizados fóra da aula non garden relación coa
das probas e exercicios que o estudiante realiza na aula baixo o
control da profesora, para avaliar a expresión tomaranse como
referencia os escritos que aquel ten elaborado sen axuda externa.


Sources of information
Basic (). .
MOLL, Jaime (1994). De la imprenta al lector. Estudios sobre el libro español de los siglos XVI al XVIII. Madrid: Arco Libros
PEDRAZA GRACIA, Manuel José (2003). El libro antiguo. Madrid: Síntesis
DÍAZ, José Simón (1983). El libro español antiguo: análisis de su estructura. Kassel: Reichenberger
LUCÍA MEGÍAS, José Manuel (2012). Elogio del texto digital. Madrid, Fórcola ediciones
BLECUA, Alberto (2012). Estudios de Crítica textual. Madrid, Gredos
ESCOLAR, Hipólito (1984). Historia del libro. Madrid, Fundación Germán Sánchez Ruipérez
FRADEJAS RUEDA, José Manuel (1981). Introducción a la edición de textos medievales castellanos. Madrid: UNED
MILLARES CARLOS, Agustín (1971). Introducción a la historia del libro y de las bibliotecas. México, FUE
PÉREZ PRIEGO, Miguel Ángel (2001). Introducción general a la edición del texto literario. MADRID: UNED
SÁNCHEZ-PRIETO BORJA, Pedro (2011). La edición de textos españoles medievales y clásicos: Criterios de presentación gráfica. San Millán de la Cogolla: Cilengua
BLECUA, Alberto (1983). Manual de crítica textual. Madrid: Castalia
MARTÍNEZ DE SOUSA, José (1987). Pequeña historia del libro. Barcelona: Labor
MOLL, Jaime (1979). Problemas bibliográficos del libro del siglo de Oro . Madrid: RAE
MONTANER FRUTOS, Alberto (1999). Prontuario de bibliografía. Gijón, Trea

Durante o curso proporcionarase máis bibliografía específica con cada tema. Ademáis, a profesora poderá seleccionar diversos textos cos que traballar nos obradoiros.

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Resources for Literature Research/613584106
Methods and Techniques for the Presentation of Research Papers/613584104

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

Entendese que o alumno dispón dunha competencia lingüística acorde ao nivel universitario dunha titulación de posgrao; de calqueira maneira, recoméndase a aqueles estudantes que teñan problemas na expresión (sexan ortográficas, sintácticas ou doutro tipo) que as subsanen.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.