Study programme competencies |
Code
|
Study programme competences / results
|
A2 |
Ampliar o concepto de literatura, a través da súa relación coas TICS, os medios de comunicación, o cine, as artes, no marco da diversidade cultural |
A7 |
Coñecer as principais correntes teóricas que integraron e integran a reflexión sobre a literatura e a cultura, así como os seus antecedentes |
A8 |
Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e os seus cambios de paradigma |
A9 |
Aplicar as técnicas de análise cultural respetando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos |
A10 |
Analizar e interpretar textos, aplicando diferentes modelos teóricos e xenéricos |
A12 |
Ser capaz de desenvolver un enfoque orixinal e creativo na investigación avanzada no ámbito dos estudos literarios e culturais |
A14 |
Adquirir a capacidade de xestionar ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais |
B3 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro |
B4 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións(TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida |
B5 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común |
B6 |
Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñibles para resolver problemas cos que deben enfrontarse |
B7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe |
B8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade |
B10 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma |
C1 |
Adquirir capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva |
C2 |
Traballar de maneira interdisciplinar en entornos diversos |
C3 |
Demostrar un compromiso ético coas desigualdades |
C4 |
Promover o entendemento intercultural desde a comprensión da diversidade |
C5 |
Integrar coñecementos de campos de estudos diversos |
C6 |
Aplicar coñecementos e habilidades na resolución de problemas en entornos novos o non familiares en contextos interdisciplinares |
C7 |
Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntesise, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador |
C9 |
Desenvolver habilidades de xestión da información para propósitos académicos e de investigación |
Learning aims |
Learning outcomes |
Study programme competences / results |
Coñecer a categoría de xénero e a súa relevancia no estudo das creacións culturais, artísticas e literarias, tendo en conta o contexto histórico no que se producen e os cambios que a adoción desa perspectiva conlevou.
|
AC2 AC7 AC8 AC9 AJ1 AR3
|
BC3 BJ1 BJ2 BJ4 BJ7
|
CC2 CC3 CC4 CC5 CC6 CR1
|
Ser capaz de aplicar á perspectiva de xénero a algunhas producións significativas da literatura española atendendo aos distintos aspectos implicados |
AC7 AC8 AC9 AJ1 AR1 AR3
|
BC3 BJ1 BJ2 BJ3 BJ5 BJ7
|
CC1 CC2 CC4 CC5 CC6
|
Ser quen de producir textos escritos, debidamente elaborados e ordenados, nos que se apliquen os coñecementos adquiridos, se ofreza unha síntese, se contrapoñan pontos de vista ou teorías..., sempre cunha visión críica e reflexiva |
AC2 AC8 AC9 AJ1 AR1 AR3
|
BC3 BJ2 BJ3 BJ4 BJ5 BJ7
|
CC1 CC2 CC3 CC4 CC5 CC6 CR1 CR3
|
Contents |
Topic |
Sub-topic |
Muller e literatura na Idade Media
|
Cuestions previas: a invisibilidade da muller na época. Textos a favor e en contra das mulleres. Mulleres e voces de muller na literatura medieval. Mulleres escritoras. |
3. A muller e o Cancioneiro |
A imaxe da muller nos textos. Lectoras e consumidoras de poesía. A muller como destinataria dos poemas. A muller escritora: nomes silenciados e mulleres con voz.
|
Introdución
|
A perspectiva de xénero nos estudos culturais. Importancia do contexto histórico. A súa aplicación á análise literaria.
|
Planning |
Methodologies / tests |
Competencies / Results |
Teaching hours (in-person & virtual) |
Student’s personal work hours |
Total hours |
Introductory activities |
B10 |
0.5 |
0 |
0.5 |
Guest lecture / keynote speech |
A2 A7 A8 A9 A12 B6 B7 B10 C5 C6 |
7 |
6 |
13 |
Workshop |
A2 A14 A10 A8 A9 A12 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C2 C3 C4 C7 C5 C6 C9 |
6.5 |
5 |
11.5 |
Events academic / information |
A2 A14 A10 A8 A9 A12 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C2 C3 C4 C7 C5 C6 C9 |
0 |
4 |
4 |
Supervised projects |
A2 A14 A7 A10 A9 A12 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C2 C3 C4 C7 C5 C6 C9 |
0 |
27 |
27 |
Workbook |
A2 A14 A7 A10 A8 A9 A12 B4 B5 B6 B10 B3 C1 C2 C7 C5 C6 C9 |
0 |
10 |
10 |
Mixed objective/subjective test |
A2 A7 A10 A8 A9 A12 B5 B6 B7 B10 C1 C2 C4 C7 C5 C6 C9 |
1 |
7 |
8 |
|
Personalized attention |
|
1 |
0 |
1 |
|
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students. |
Methodologies |
Methodologies |
Description |
Introductory activities |
Proba inicial sobre os coñecementos previos relacionados coa materia, así como intereses, morivación... Preténdese obter información para artellar unha docencia que favoreza a aprendizaxe significativa. |
Guest lecture / keynote speech |
Nas sesións expositivas o ritmo da clase recaerá fundamentalmente na profesora, que tratará de familiarizar ao estudante cos contidos abordando de maneira sintética os aspectos e problemas que descoñece; a tal efecto, procurará ofrecer panorámicas xerais de carácter introductorio, que se completarán con bibliografía. Para que o alumnado se implique nestas sesións, buscarase a súa intervención (preguntas-respostas, interpelacións...). |
Workshop |
Combinación de diversas metodoloxías e probas (practicas guiadas, exposicións, análise de fontes documentais, discusións dirixidas, exercicios de comentario, de completar, etc.) a través das que o alumnado desenvolve tarefas aplicando os coñecementos adquiridos sobre distintos aspectos do programa, sempre co apoio e supervisión da profesora. Nalgún caso, pode solicitarse que cumplimente algún exercicio ou tarefa na casa para traballalo posteriormente na aula. Unha ou máis desas tarefas poderá(n) ser recollida(s) pola profesora para a avaliación. |
Events academic / information |
De ser posible, asistirán a algunha conferencia que desenvolva algún aspecto do programa, no marco das actividades dalgún proxecto ou grupo de investigación que se celebren durante o curso 2017-2018.
|
Supervised projects |
Cada estudante deberá preparar un breve traballo sobre algún aspecto do programa que a profesora lle asignará seguindo as pautas que se establezan para a súa presentación no seu momento. Na primeira fase, o alumno haberá preparar un breve guión que debe discutir coa profesora, ao que debe aterse para a súa realización. |
Workbook |
Ademais dalgúns textos literarios de lectura obrigatoria, a profesora proporcionará artigos e estudios que axuden a asimilar ou completar a información das sesións maxistrais; poderá tamén marcarse algunha lectura máis, que o estudante levará a cabo fóra da aula, para participar nas actividades do obradoiro (resumo, esquema, debate, breve presentación dalgún texto ou tema...). |
Mixed objective/subjective test |
Ao final do curso, na data fixada pola Facultade, o alumno realizará unha proba dedicada a verificar a adquisición das competencias da materia, para o cal se lle plantexarán preguntas e exercicios de diverso tipo. Se requerirá, ademáis, que alcance un nivel de expresión acorde co dun posgrao universitario. |
Personalized attention |
Methodologies
|
Workbook |
Workshop |
Mixed objective/subjective test |
Supervised projects |
|
Description |
O alumno poderá, sempre que sexa preciso, requerir a atención personalizada da profesora, tanto para resolver dúbidas xurdidas na preparación da proba mixta, como nas sesións dedicadas ao obradoiro ou nas lecturas, mais nunca pode suplir as explicacións que non ten seguido por se ausentar da aula inxustificadamente. No que atinxe á realización do traballo, deberá acudir a titorías na primeira fase para presentar o guión, mais despois é recomendable que consulte as dúbidas ou problemas que se lle planteen no proceso de elaboración. |
|
Assessment |
Methodologies
|
Competencies / Results |
Description
|
Qualification
|
Events academic / information |
A2 A14 A10 A8 A9 A12 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C2 C3 C4 C7 C5 C6 C9 |
Os estudantes asistirán a algún evento ou conferencia das que se celebren no marco dalgún proxecto ou grupo de investigación e farán unha recensión completa da mesma; valorarase a comprensión da exposición e que saiban dar conta dela de modo completo e organizado. No caso de que non se poda contar con esta posibilidade, buscarase algunha outra actividade.
|
20 |
Workshop |
A2 A14 A10 A8 A9 A12 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C2 C3 C4 C7 C5 C6 C9 |
Valoraranse a participación nas aulas, así como os exercicios e actividades que o alumno leve a cabo nas distintas sesións, atendendo á súa capacidade crítica e ás súas achegas. |
15 |
Mixed objective/subjective test |
A2 A7 A10 A8 A9 A12 B5 B6 B7 B10 C1 C2 C4 C7 C5 C6 C9 |
En cada unha das oportunidades (final de cuadrimestre e xullo), realizarase unha proba mixta na que, a través de preguntas e exercicios varios, o alumno demostrará ter acadadi os coñecementos e competencias previstas.
Será moi importante tamén que neste exercicio ofrezca unha expresión acorde ao nivel dunha titulación de posgrao.
|
20 |
Supervised projects |
A2 A14 A7 A10 A9 A12 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C2 C3 C4 C7 C5 C6 C9 |
Os alumnos prepararán un traballo sobre algún aspecto relacionado coa materia que a profesora determine. Valorarase a aportación que o estudante faga, a organización das ideas, a orixinalidade, a fundamentación científica... Tamén serán tidas en conta as cuestions formais (presentación, expresión, sistema de citas, referencias bibliográficas...).
|
45 |
|
Assessment comments |
Só se aceptarán actividades e exercicios realizados e entregados na data que se estableza, en soporte de papel e seguindo as normas que se precisen en cada caso. Non se poderá
aprobar a materia sen acadar unha calificación mínima en cada un dos ámbitos contemplados na avaliación; se o estudiante prescinde dalgún deses instrumentos contará cun "Non Presentado".
Na segunda oportunidade (xullo), aplicarase o mesmo sistema de avaliación; no exame, que se celebrará na data oficial fixada pola Facultade, complementariamente o alumno dará conta, nese mesmo momento, das demáis actividades e exercicios que tiver pendentes.
Dase por suposta a asistencia ás aulas; aquel estudante que conte con dispensa de asistencia recoñecida debe poñerse en contacto coa profesora ao inicio do curso para establecer o
mecanismo de seguimiento da súa aprendizaxe. Alén diso, se algún alumno xustifica debidamente a imposibilidade de acudir ao evento divulgativo ou científico previsto, a profesora deseñará algunha outra proba ou traballo coa que se poda subsanar esa parte da avaliación.
A expresión do estudante nas distintas probas, exercicios e actividades levadas a cabo ha ser a que corresponde a unha titulación de posgrao (non só se tomará en conta, xa que logo, a correción
ortográfica e gramatical). No caso de que a expresión dos exercicios e traballos realizados fóra da aula non garden relación coa das probas e exercicios que o estudiante realiza na aula baixo o
control da profesora, para avaliar a expresión tomaranse como referencia os escritos que aquel ten elaborado sen axuda externa.
|
Sources of information |
Basic
|
PÉREZ PRIEGO, Miguel Ángel (ed.) (1989). Poesía femenina en los cancioneros. Madrid: Castalia |
Ademáis dos textos contidos nesa antoloxía, a profesora proporcionará unha seleción doutros que facilitará con cada tema. |
Complementary
|
DEYERMOND, Alan (1995). “Las autoras medievales castellanas a la luz de las últimas investigaciones”.
LÓPEZ ESTRADA, Francisco (1984). “Las mujeres escritoras en la Edad Media castellana”.
WHETNALL, Jane (1984). “Lírica femenina in the Early Manuscript Cancioneros”.
LORENZO GRADÍN, Pilar (1997). “Voces de mujer y mujeres con voz en las tradiciones hispánicas medievales”. |
Apúntanse algúns títulos, mais engadiráse outra bibliografía no curso das sesions e a medida que se vaian estudando os textos. Como repertorio bibliográfico, pode empregarse Rafael M. Mérida Jiménez, Mujer y cultura literaria en las letras ibéricas medievales y del renacimiento temprano, Kassel, Reichenberger, 2011. |
Recommendations |
Subjects that it is recommended to have taken before |
|
Subjects that are recommended to be taken simultaneously |
|
Subjects that continue the syllabus |
|
Other comments |
Entendese que o alumno dispón dunha competencia lingüística acorde ao nivel universitario dunha titulación de posgrao; de calquer xeito recoméndase a aqueles estudantes que teñan problemas na expresión (sexan ortográficas, sintácticas ou doutro tipo) que as subsanen. |
|