Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Competencia lectora: comprender unha variedade de textos auténticos procedentes da prensa, obras de ficción, documentos, materiais de promoción ou de publicidade. |
A1 A2 A6 A8 A11 A15
|
B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10
|
C2 C3 C4 C5 C6 C7
|
Escritura: saber redactar un artigo, un ensaio, textos informativos, propostas, queixas, informes e recensións. |
A4 A6 A9 A10 A11 A12
|
B1 B5 B6 B10
|
C1 C2 C3 C7 C8
|
Comprensión auditiva: comprender distintos tipos de discurso auténtico; monólogos, avisos, programas de radio e televisión, relatorios, anécdotas, interaccións entre varios falantes á vez, entrevistas, debates |
A2 A6 A10 A11
|
B8 B9 B10
|
C2 C3 C5 C7
|
Competencias orais: saber desenvolverse oralmente con falantes nativos e non nativos; proporcionar información, expresar e xustificar opinións, realizar comentarios axeitados, expresar acordo e desacordo, comparar, describir e especular. En resumo, os alumnos deben ser capaces de levar a cabo a comunicación eficaz, e de responder plenamente aos estímulos orais. |
A5 A6 A15 A21 A22 A23
|
B4 B5 B6 B8 B10
|
C2 C4 C5 C7 C8
|
Lingua e uso: posuír un vocabulario xeral amplo; coñecer frases e colocacións comúns, matices, verbos con partícula, modos de enlazar oracións; realizar transformacións gramaticais con soltura |
A6 A8 A22 A23
|
B4 B5 B7 B8 B10
|
C2 C4 C5 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
-ESCRIBIR:
Como escribir tanto un ensaio argumentativo coma un ensaio de investigación en estilo MLA
|
Que é o estilo de escritura MLA? Estilo e rexistro; linguaxe formal e informal; connotación e denotación; post-estruturalismo e oposición binaria; puntuación; parágrafo; conectores; o ensaio (e.g. o argumentativo e o de investigación); título; introdución; (hipó)tesis vs. tema; corpo; conclusión; fontes de información (web e imprimidas); lista de obras citadas; as citas no corpo do texto; plaxio; notas ao pé e ao final |
-LER: Como facer exercicios de comprensión lectora |
Que é o pensamento crítico? Diferentes niveis de comprensión dun texto; gramática; vocabulario; estrutura; figuras retóricas; historia e trama; temas; caracterización; inferencia; dedución; análise; alcance e repercusión; significado e interpretación; conclusións; etc. |
-FALAR: Como falar en público; como facer unha presentación oral; como participar nun debate; como comportarse nunha entrevista de traballo |
Tipos de discursos; consellos para loitar contra o medo escénico; uso de pausas, entoación e ritmo na oralidade; linguaxe corporal; cohesión e coherencia; convencer e persuadir; etc.
Contidos léxicos: ampliación do vocabulario, con especial atención a xiros e frases feitas. Temas: diversidade cultural; dereitos humanos; medioambiente; artes plásticas e escénicas; cinema, música e literatura; deporte e saúde. |
-GRAMÁTICA: Repaso e consolidación de estruturas gramaticais importantes.
|
Contidos gramaticales: 1. Repaso e consolidación das distintas categorías: verbos (modal verbs, multi-word verbs, etc.); substantivos, pronombres, artigos e determinantes; adxectivos e adverbios; preposicións e conxuncións. 2. Estruturas gramaticales: voz pasiva; estilo indirecto; oracións condicionais; estruturas de relativo; subordinadas adverbiais; etc.
|
-ESCOITAR: Gravacións audiovisuais en torno á gramática e as entrevistas de traballo
|
Os exercicios auditivos estarán relacionados coa gramática vista en clase. Os/ás estudantes tamén traballaredes con entrevistas de traballo e practicaredes para a proba audio-oral.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A4 A5 A6 A10 A11 A15 A21 A22 A23 B1 C7 C8 |
25 |
25 |
50 |
Seminario |
A8 A12 B4 B7 |
12 |
5 |
17 |
Traballos tutelados |
A9 B6 B9 C2 C3 C6 |
4 |
8 |
12 |
Presentación oral |
B10 C1 |
0.5 |
12 |
12.5 |
Obradoiro |
B5 B8 C4 |
23 |
23 |
46 |
Proba de resposta breve |
A9 A10 C2 |
1 |
3 |
4 |
Proba mixta |
A1 A2 B3 C5 |
2.5 |
4 |
6.5 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Esta sesión completarase con discusiones dirixidas. |
Seminario |
Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema ou dunha lectura. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario. |
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). |
Presentación oral |
Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado expón traballos.
|
Obradoiro |
Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas prácticas. |
Proba de resposta breve |
Proba obxectiva dirixida a provocar o recordo dunha aprendizaxe presentada. Preséntase un enunciado en forma de pregunta para responder cunha frase específica, palabra, cifra ou símbolo. |
Proba mixta |
Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Estamos a disposición dos/as estudantes nos nosos despachos nas horas de titoría, como tamén a través do teléfono e o correo electrónico. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Sesión maxistral |
A4 A5 A6 A10 A11 A15 A21 A22 A23 B1 C7 C8 |
(GRUPOS GRANDES con coordinadora): As clases consistirán en leccións teóricas e práctica tanto oral coma escrita. Antes de vir a clase, os/as estudantes terán que ler NOTICIAS ou ver VÍDEOS que colgaremos en Moodle. Unha vez alí, DEBATERÁN sobre estas noticias/vídeos, organizaranse en grupos e ESCRIBIRÁN un ensaio argumentativo derivado do debate. Os devanditos ensaios serán corrixidos pola profesora e devoltos aos seus autores/as ao longo do curso. Completaremos a práctica da gramática, o vocabulario e a escritura académica con algún XOGO.
Os/as alumnos/as que fagan unha presentación individual voluntaria terán a posibilidade de recibir unha puntuación EXTRA sobre a nota final (ver observacións). |
0 |
Obradoiro |
B5 B8 C4 |
(GRUPOS MEDIANOS E PEQUENOS con lector/a): En parte dos grupos medianos e en todos os talleres, practicaredes as vosas habilidades para falar, escoitar e traballar coa gramática. Prestarase especial atención a cómo realizar un CV e unha entrevistas de traballo. En ocasións, teredes que facer tarefas baseadas en material que estará en MOODLE.
Aqueles/as estudantes que amosen unha participación realmente extraordinaria nas aulas serán eximidos/as de realizar a exame audio-oral.
|
0 |
Traballos tutelados |
A9 B6 B9 C2 C3 C6 |
Teredes que facer dous traballos tutelados:
(1) unha carta de motivación (10%)
(2) un CV profesional (10%)
As pautas necesarias para facer os traballos explicaranse en clase, en Moodle e nas titorías do despacho. |
20 |
Proba de resposta breve |
A9 A10 C2 |
Cara ao final do cuadrimestre, faredes un exercicio na clase da coordinadora. O exercicio avaliará a continuidade con que adquiristes os coñecementos teóricos e se sodes capaces de aplicalos á práctica. |
20 |
Presentación oral |
B10 C1 |
A presentación consiste en facer un VÍDEO-PROXECTO entre 5 e 10 persoas cuxo contido sexa un ANUNCIO ou PROGRAMA para VENDER un PRODUTO ou MÉTODO. Mentres falan, os/as estudantes teredes prohibido ler de calquera tipo de notas. Teredes que preparar o GUIÓN, gravar o VÍDEO e colgalo; o resto das pautas serán explicadas pola coordinadora.
Naturalmente, ínstase o alumnado a que use as titorías ao longo do cuadrimestre para consultar as súas dúbidas sobre este proxecto.
|
10 |
Proba mixta |
A1 A2 B3 C5 |
As partes do exame organizaranse como segue:
-EXAME DE LECTURA con coordinadora (15%): Esta parte consiste nunha proba de comprensión lectora das LECTURAS OBRIGATORIAS LONGAS, que estarán en MOODLE, e que son distintas dos textos breves tratados nos seminarios. As devanditas LECTURAS LONGAS serán explicadas na sesión de grupo grande o penúltimo día de clase.
-EXAME DE ESCRITURA con coordinadora (20%): Teredes que escribir un ensaio argumentativo sobre un tema relevante fixado pola profesora que non foi debatido na clase; este ensaio poñerá a proba as vosas habilidades tanto coa gramática e o vocabulario coma coa escritura tipo MLA. Así pois, debe ter: título, introdución (hipó)tesis, corpo e conclusión.
-EXAME AUDIO-ORAL con lector/a (15%): Entrevista de traballo (en rexistro formal) seguindo as directrices explicadas e practicadas en clase, como tamén os modelos e consellos publicados en Moodle. |
50 |
Seminario |
A8 A12 B4 B7 |
(GRUPOS MEDIANOS con coordinadora): dedicaremos parte destes grupos de exercer a comprensión da lectura de textos curtos que serán colgados en Moodle. Os/as estudantes deben ler estes textos de antelación, e tamén preparar exercicios Moodle, que serán corrixidos na clase e verificados pola profesora ao longo do curso .
Os/as alumnos/as que fagan un traballo individual voluntario poderán ter unha puntuación EXTRA sobre a nota global (ver observacións). |
0 |
|
Observacións avaliación |
- Se a coordinadora
considérao conveniente, poderá haber temas de auto-estudo. Os documentos para
este fin serán facilitados na plataforma virtual. - Para poder superar a materia, hai que sacar polo menos un 5 (sobre 10) EN
CADA UN dos TRABALLOS TUTELADOS, a PROBA DE RESPOSTA BREVE e os EXAMES e polo menos un 5 (sobre 10) na NOTA FINAL. - Os traballos deben entregarse en tempo e
forma. Só aceptaranse entregas con atraso única e exclusivamente se hai unha
causa debidamente xustificada (p. ex. cun xustificante médico). - Os traballos que mostren signos de plaxio
serán cualificados cun 0. - O traballo voluntario
dos/as alumnos/as cualificarase engadindo unha porcentaxe EXTRA sobre a nota
final. Podéis
elexir UNHA destas dúas opcións: OU BEN, UNHA PRESENTACIÓN ORAL INDIVIDUAL: farase
en clase da coordinadora nun evento chamado Talent Show--os detalles serán explicados en clase
(+0.5); OU BEN, UN ENSAIO DE INVESTIGACIÓN INDIVIDUAL sobre unha (ou dous) das lecturas do exame (+0.5); o alumnado interesado nesta tarefa terá que dicirmo ao comezo do curso; fixarei TRES ENTREVISTAS convosco no meu despacho ao longo do
cuadrimestre para discutir sobre o desenvolvemento do voso traballo. Os ensaios
que non fosen supervisados por min desta forma non serán aceptados. Obviamente, devandita porcentaxe extra engadirase á nota final a condición de que esta sexa igual ou superior a 5. - En caso de folga de profesores/ás en días de
clase, se fose necesario, os/as docentes dotarán aos/ás estudantes de material
didáctico a través de Moodle. En caso de folga de alumnos/as, os/as docentes
poderían pedilos aos/ás estudantes a entrega de exercicios con que substituír o
traballo dese/vos día/s. - Xa sexa na primeira ou a segunda oportunidade,
os/as estudantes que non vingan ao exame serán cualificados/ás como Non presentados/ás. - Para a oportunidade de
XULLO, haberá traballos tutelados, proba de resposta breve e probas de exame obligatorias ao igual que en xuño--o vídeo-proxecto tamén será opcional. - Se optades pola
oportunidade de xullo e decidides facer o vídeo-proxecto, aínda que é opcional,
debedes saber que tamén ha de ser gravado e en grupo; con todo, esta vez, o
número de integrantes en cada grupo pode ser menor. Para concretar os detalles,
o alumnado terá que contactar obrigatoriamente coa coordinadora (ou ben no
despacho ou ben por e-mail). -O estudantado ao
que se concedeu a dispénsa académica, segundo especifícase na normativa
universitaria, será avaliado en calquera das dúas oportunidades de acordo cos
criterios aplicados na segunda oportunidade. -Os/as estudantes
que acudan á convocatoria extraordinaria de decembro serán avaliados/as de acordo
cos criterios especificados para a oportunidade de xullo.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
BIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA Collins COBUILD Advanced
Dictionary of English. Collins ELT,
2012. Collins COBUILD
Students’ Dictionary plus Grammar (Book & CD). Collins ELT, 2005. Cunningham, Gillie, Jan Bell, and Theresa Clementson. Face2face Advanced. Student’s Book and DVD Rom. Cambridge University Press, 2013. Downes, Colm. Cambridge English for Job
Hunting. Cambridge University Press, 2008. Hewings, Martin. Advanced Grammar in
Use: a Self-study Reference and Practice Book for Advanced Learners of English;
with Answers and CD-ROM. Cambridge University Press, 2013. ---. Cambridge Grammar for CAE and
Proficiency with Answers and Audio CDs. Cambridge University Press, 2009. Hopkins, Diana, and Pauline Cullens. Cambridge
Grammar for IELTS with Answers: a Self-study Grammar Reference and Practice. Cambridge University Press, 2007. OED. Oxford English
Dictionary. Oxford University Press, 2017, www.oed.com. Accessed 1 July 2016. The
Purdue OWL Family of Sites. The
Writing Lab and OWL at Purdue and Purdue University, 2008, owl.english.purdue.edu/owl. Accessed 1 July 2016. Swan, Michael. Practical English Usage. Oxford University Press, 1996. Vince, Michael. Advanced Language
Practice: English Grammar and Vocabulary. Macmillan, 2009. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|