Identifying Data 2017/18
Subject (*) Language and Culture of the Portuguese-Speaking Countries Code 613G02027
Study programme
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Third Optativa 4.5
Language
Galician
Portuguese
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Letras
Coordinador
Lourido Hermida, Isaac
E-mail
isaac.lourido@udc.es
Lecturers
Lourido Hermida, Isaac
E-mail
isaac.lourido@udc.es
Web
General description Estudo dos aspectos xeográficos, históricos, culturais, lingüísticos e identitarios das comunidades de lingua portuguesa

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A18 Ter un coñecemento avanzado da literatura portuguesa.
A20 Coñecer a historia e a cultura das comunidades lusófonas.
A26 Coñecer a variación lingüística da lingua portuguesa.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Demostrar capacidade de analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual A1
A2
A10
Ter capacidade para avaliar, analisar e sintetizar criticamente información especializada A11
Ser capaz de identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os diferentes aspectos destes estudos. A14
Demostrar un coñecemento avanzado das literaturas de lingua portuguesa A18
Saber utilizar os recursos bibliográficos, as bases de dados e as ferramentas de procura de información B1
Adquirir capacidade de autoformación e de autoorganización no traballo B3
B6
Demostrar capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecimento e de exercer o pensamento crítico B7
Demostrar atitudes positivas cara a diversidade e comportarse ética, profisional e responsabelmente, exercendo unha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria B8
B10
C4
Valorizar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade B9
Ser capaz de utilizar as ferramentas básicas propias das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profisión e para a aprendizaxe ao longo da vida C3
Valorizar e relacionar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información disponíbel para resolver os problemas con que deben enfrontarse B5
C6
Ser capaz de aplicar métodos e técnicas de análise lingüística e literaria A1
Demostrar coñecer a historia, a cultura e a variedade lingüística das comunidades lusófonas A20
A26
Ter capacidade para se comunicar de maneira efectiva en calquera contorno B4
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. A15

Contents
Topic Sub-topic
1. QUESTÕES GERAIS E METODOLÓGICAS 1.1. Processos de canonização e de construção sistémica (e identitária).

1.2. A língua portuguesa como norma (inter)sistémica.

1.3. Relações, instituições e políticas linguísticas e culturais na Lusofonia/ Galeguia.
2. PRODUÇÃO E PROCESSOS DE CANONIZAÇÃO NAS LUSOFONIAS 2.1. Aproximação da formação do cânone português.

2.2. Aproximação da formação do cânone brasileiro.

2.3. A presença cultural lusófona na Ásia: Timor Lorosae e Macau.

2.4. Repertórios culturais lusófonos: Sebastianismo, (luso)tropicalismo, negritude, ...
3. LITERATURAS E CULTURAS DOS PALOP 3.1. Histórias, sociedades, culturas e identidades nos PALOP: lusografia/ português/ crioulo(s), oratura/ literatura, ilhas/ arquipélagos/ continente.

3.2. Aproximação da formação do(s) cânone(s) dos PALOP: manuais e histórias literárias.

3.3. Internacionalização da produção literária e cultural dos PALOP: Mia Couto, José Luandino Vieira e Cesária Évora

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Supervised projects A11 A14 A15 A20 B1 B3 B5 B6 B7 B9 C3 C6 6 18 24
Workbook A1 A2 A10 B7 2 10 12
Oral presentation A11 B4 2 10 12
Mixed objective/subjective test A11 A18 A20 A26 B7 2 12.5 14.5
Critical bibliographical A1 B3 B5 B8 C6 2 10 12
Case study A1 B1 B4 B7 B10 C3 C4 C6 8 8 16
Guest lecture / keynote speech A11 A14 A20 B5 B7 B8 C6 10 10 20
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Supervised projects Utilizando metodoloxías con base na "aprendizaxe colaborativa", o alumnado realizará individualmente ou en grupos reducidos un traballo tutelado (focado de preferencia para a pesquisa, a documentación e a elaboración de proxectos) do cal se derivará tamén a correspondente "Presentación Oral". Tanto a eventual composición do grupo como o(s) asunto(s) concreto(s) focado(s) no traballo será(n) acordado(s) co profesor no inicio das sesións.
Workbook Cada alumno/a realizará a lectura de unha serie de monografias, artigos ou capítulos de libro relativos aos contidos focados na materia e recollidas nunha listaxe fornecida polo profesor no inicio das sesións. O número destas lecturas será inferior a seis por alumno/a e, delas, un artigo ou capítulo de libro será obxecto de presentación oral e un libro da recensión bibliográfica.
Oral presentation Cada alumno/a deberá presentar oralmente ao conxunto da turma os resultados do Traballo Tutelado realizado e as principais cuestións focadas nunha das leituras realizadas.

Os materiais utilizados nas exposicións orais (diapositivos, esquemas, etc.) serán disponibilizados para o conxunto do grupo através do Moodle. A calidade da lingua utilizada, os recursos e estratexias expositivas empregados, así como a clareza e arrumazón dos conteúdos vehiculados deben ser tamen levados en conta polo alumnado neste tipo de actividade.
Mixed objective/subjective test Proba escrita que poderá combinar actividades de carácter ensaístico con outras de comentario de textos.
Critical bibliographical O alumnado realizará unha "Recensión bibliográfica" individual dunha lectura (en formato libro) seleccionada entre a listaxe fornecida polo profesor no inicio das sesións. A correspondente recensión pode ser obxecto de comentario nas aulas e será disponibilizada para o conxunto do grupo a través do Moodle.
Case study Comentario e análise crítica de materiais de vario tipo relativos aos conteúdos focados na materia e ás destrezas que é esperado desenvolver.
Guest lecture / keynote speech Apresentación, desenvolvemento e análise de conteúdos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia.

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Workbook
Oral presentation
Critical bibliographical
Description
Ao lado do labor de acompañamento realizado no horario de atendemento marcado polo profesorado da materia, a atención personalizada estará dirixida especialmente (que non unicamente) para o apoio á realización do "Traballo Tutelado". De maneira xeral, cada estudante ou grupo reducido asistirá polo menos a unha sesión de atendemento previa á exposición do traballo.

Para a realización das actividades previstas e a fin de obter unha orientación adecuada, é fundamental que o alumnado comunique de maneira fluída e frecuente tanto os seus progresos como as súas eventuais dificultades. Alén diso, cada estudante poderá realizar toda clase de consultas en relación ao desenvolvemento do proceso de ensino-aprendizaxe, quer no horario de atendemento quer através do correo electrónico.

Esta atención personalizada tamén está contemplada para o alumnado a tempo parcial e con dispensa académica recoñecida, así como para o estudantado matriculado para se examinar na convocatoria de decembro

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects A11 A14 A15 A20 B1 B3 B5 B6 B7 B9 C3 C6 Serán avaliados os conteúdos focados e os resultados do proceso ensino-aprendizaxe canto á consecución dos obxectivos procurados co "Traballo Tutelado". A corrección lingüística, as estratexias e procedementos utilizados tanto para resolver eventuais problemas como para apresentar o traballo serán tamén obxecto de avaliación. 25
Oral presentation A11 B4 Para alén da utilidade da presentación para os propósitos da materia, será avaliada a calidade lingüística, o dominio do conteúdo, a organización e a secuencia expositiva, a clareza e precisión nas exposicións, a interacción co auditorio, o uso do tempo dispoñíbel, a utilización dos recursos tecnolóxicos e, cando for o caso, o traballo en equipa. 10
Mixed objective/subjective test A11 A18 A20 A26 B7 Será obxecto de avaliación a adecuación entre o exposto na proba mixta e os conteúdos presentados e estudados na materia, tanto nas sesións maxistrais e presentacións orais como nas lecturas realizadas e nos estudos de caso analisados. Será tamén levada en conta a capacidade de análise crítica, a corrección lingüística e a clareza expositiva. 40
Critical bibliographical A1 B3 B5 B8 C6 Na recensión bibliográfica será avaliada a capacidade do alumnado para a lectura analítica e crítica, a corrección lingüística, a clareza expositiva (coherencia e cohesión), a capacidade de síntese, a hierarquización de conteúdos e a adecuación de forma e fondo. 10
Case study A1 B1 B4 B7 B10 C3 C4 C6 Será avaliada a participación e o traballo en equipa, a capacidade analítica e crítica, e a adecuación aos obxectivos formulados polos docentes para cada actividade destas características. 15
 
Assessment comments

Todas as actividades deberán ser realizadas e entregadas de acordo cos prazos e os procedementos fixados no cronograma que o profesorado fornecerá ao alumnado no inicio das sesións e pendurará na plataforma Moodle. As actividades entregadas fóra do prazo marcado non serán obxecto de avaliación. Para superar a materia, o alumnado deberá atinxir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Igualmente, na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliábeis.

O estudantado repetidor, a tempo parcial ou con dispensa académica realizará ou entregará as actividades obrigatorias nunha data concertada previamente cos docentes. Este alumnado deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante e, se non puider asistir ao atendemento, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico no inicio do curso. Aquel alumnado que certifique imposibilidade de asistir ás aulas debe tamén contactar co profesorado da materia.

O alumnado que se apresentar á convocatoria adiantada de decembro terá de contactar previamente co docente responsábel da materia e, para a superar, terá de realizar a proba mixta (5 valores), unha recensión bibliográfica (1 punto), un traballo tutelado (2 valores) e aqueles estudos de caso (2 valores) que lle foren encomendados.

Se houver criterios específicos de avaliación para algunha das tarefas propostas, estes serán oportunamente disponibilizados polos docentes através do Moodle e/ou expostos na sala de aulas. Os docentes fornecerán, igualmente, as oportunas instrucións para o correcto desenvolvemento de cada unha das actividades previstas.

As persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación continuada deberán concorrer á oportunidade de xullo. Para superaren a materia nesta segunda oportunidade, @s alumn@s deberán aprobar (5 valores sobre 10) aquelas probas (orais e/ou escritas) marcadas polo profesorado responsábel da materia e que serán realizadas na data marcada ao efecto pola Facultade de Filoloxía. Igualmente, deberán ser realizadas satisfactoriamente todas aquelas tarefas non superadas na oportunidade anterior xuntamente con aqueles outros traballos que foren agora solicitados.

Será considerado Non Presentado aquel alumno ou alumna que non se presentar á proba mixta ou que non presentar ningunha das actividades previstas neste guía.


Sources of information
Basic

1.ANDERSON, B. (1983). Imagined Communities. Reflections on the Origin and Spread of Nationalism. London: Verso

2.BOSI, Alfredo (1992). Dialética da colonização. São Paulo: Ática

3.BOSI, Alfredo (org.) (1987). Cultura brasileira: temas e situações. São Paulo: Ática

4.BUARQUE DE HOLANDA, Sérgio (1995). Raízes do Brasil. São Paulo: Companhia das Letras

5.CABRAL, Amílcar (1999). Nacionalismo e cultura. Santiago de Compostela: Laiovento

6.CASAS, Arturo (2002). A Teoría crítica dacultura e a planificación dos estudos socioculturais (para lerGonzález-Millán). Anuario de estudiosliterarios galegos, pp. 29-38

7.CRISTÓVÃO, Fernando (dir.) (2005). Dicionário temático da Lusofonia. Lisboa: Texto Editores

8.ENDERS, Armelle (1997). História da África Lusófona. Lisboa: Inquérito

9.EVEN-ZOHAR, Itamar (2010). Papers in Culture Research. Tel Aviv, Unit of Culture Research, Tel Aviv University (acesíbel en http://www.tau.ac.il/~itamarez/

10.FREYRE, Gilberto (1943). Casa Grande & sanzala . Lisboa: Livros do Brasil

11.LEITE, Ana Mafalda (1998). Oralidade & escritsa nas literaturas africanas. Lisboa: Colibri

12.LOURENÇO, Eduardo (1992). O Labirinto da Saudade. Lisboa: Dom Quixote

13.MARTINS, Moisés de Lemos; Helena Sousa e Rosa Babecinhas (eds.) (2006). Comunicação e Lusofonia. Para uma abordagem crítica da cultura e dos media. Lisboa: Campo das Letras

14.MATA, Inocência (2010). Polifonias insulares. Cultura e literatura de São Tomé e Príncipe. Lisboa: Colibri

15.MATTOSO, José (2001-2014). História de Portugal. Lisboa: Círculo de Leitores (vols. V-VIII)

16. MEDEIROS, António (2006). Dois lados de um rio. Nacionalismo e etnografia na Galiza e em Portugal. Lisboa, ICS.

17.MEDINA, João (2006). Portuguesismo(s). Lisboa: Centro de História-Univ. de Lisboa

18.MOTA, Carlos Guillerme (1977). Ideologia da Cultura Brasileira. São Paulo: Ática

19.NATÁRIO, M. Celeste et al (2008). Actas do III Colóquio Luso-Galaico sobre a Saudade. Sintra: Zéfiro

20.PETROV, Petar el al (ed.) (2012). Avanços em comparatismo nas lusofonias. Santiago de Compostela-Faro: AIL-Através Editora

21.PETROV, Petar el al (ed.) (2012). Avanços em literaturas e culturas africanas e em literatura e cultura galegas . Santiago de Compostela-Faro: AIL-Através Editora

22.PETROV, Petar et al (ed.) (2012). Avanços em literatura e cultura brasileiras. Século XX. Santiago de Compostela-Faro: AIL-Através Editora (vol.1 e vol.2)

23.REIS, Roberto (1995). Os retos da diferença. Anotações sobre o discurso cultural brasileiro. Rio de Janeiro: Eds UERJ, pp 59-86

24.ROSAS, Fernando (1998). Portugal na viragem de século - Língua portuguesa: a herança comum. Lisboa: Pavilhão de Portugal - Expo 98 e Assírio e Alvim

25.SALINAS PORTUGAL, Francisco (1990). Entre Próspero e Caliban. Compostela: Laiovento

26.SALINAS PORTUGAL, Francisco (1994). Rosto negro. O contexto das literaturas africanas. Santiago de Compostela: Laiovento

27.SALINAS PORTUGAL, Francisco (2005). Literaturas Africanas en lengua portuguesa. Madrid: Síntesis

28.SODRÉ, Nelson Werneck (1996). Síntese de História da Cultura Brasileira. Rio de Janeiro: Civilização Brasileira

29.THIESSE, Anne-Marie (1999). A criação das identidades nacionais. Lisboa: Temas e Debates

30.TORGAL, Luís Reis et al (2008). Comunidades imaginadas: nação e nacionalismos em África. Coimbra: Universidade de Coimbra

31.UNIVERSIDAD DE CADIZ (). Periférica. Revista para el análisis de la cultura y el territorio. http://www.uca.es/web/actividades/periferica/index_html

32.YURKIEVICH, Saúl (1986). Identidad cultural de iberoamerica en su literatura. Madrid: Editorial Alhambra.

Complementary SARAIVA, António José (1996). A Cultura em Portugal. Lisboa: Gradiva (vols.I-II)
PETROV, Petar el al (ed.) (2012). Avanços em ciências da linguagem. Santiago de Compostela-Faro: AIL-Através Editora
MARTINHO, Ana M. Mão-de-Ferro (2001). Cânones literários e educação. Os casos angolano e moçambicano. Lisboa: Fundação Calouste-Gulbenkian
VENÂNCIO, José Carlos (1996). Colonialismo, antropologia e lusofonias repensando a presença portuguesa nos trópicos. Lisboa: Vega
FEATHERSTONE, M (1995). Cultura de consumo e pós-modernismo. São Paulo: Studio Nobel
PRADO JUNIOR, Caio (1999). Formação do Brasil Contemporâneo. Rio de Janeiro: Brasiliense
CARNEIRO, R. et al (2000). Indústria de conteúdos culturais em Portugal. Lisboa: Grupo Forum-Ministério de Economia
BENDASSOLI, Pedro (coord.) et al (2009). Indústrias criativas no Brasil. São Paulo: Atlas
LOPEZ, Vítor (). Língua (vidas em português). http://www.youtube.com/watch?v=b7cIiiHmFI8
RED BULL MUSIC ACADEMY (2006). Lusofonia, a (R)Evolução. http://www.youtube.com/watch?v=h9hyOBypsBw
BARRETO, António (coord.) e PONTES, Joana (realização)) (2007). Portugal, um Retrato Social. Lisboa: RTP (vols. I-VII)

O profesorado fornecerá ao longo do curso material bibliográfico complementar e outros recursos específicos para cada asunto focado.

As leituras obrigatorias son as seguintes:

1) Xosé Lois García (ed.): Floriram cravos vermelhos: antologia poética de expressão portuguesa em África e Ásia. Corunha: Espiral Maior, 1993.

2) Amílcar Cabral: Nacionalismo e cultura. Santiago de Compostela: Laiovento, 1999.

3) Francisco Salinas Portugal: Entre Próspero e Caliban. Literaturas africanas de lingua portuguesa. Santiago de Compostela:Laiovento, 1999.

Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

Todas as cuestións non contempladas explicitamente neste guía ou as eventuais dúbidas en relación co desenvolvemento da materia serán resolvidas polo profesorado no seu horario de atendemento, nas sesións presenciais ou no correo electrónico que figura no lugar correspondente deste documento.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.