Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Dominar nun nivel de postgrado os coñecementos, as ferramentas e os procedementos da investigación social e de mercados aplicándoos á solución de problemas e necesidades |
A3 |
Ser quen de deseñar un proceso de investigación de carácter empírico demostrando dominio no uso de técnicas de investigación cuantitativas e/ou cualitativas |
A4 |
Ser quen de discriminar a técnica de investigación axeitada ao problema plantexado |
A8 |
Ter capacidade para traballar críticamente con fontes de datos, metodoloxías e técnicas de investigación científica e ferramentas informáticas proprias da investigación social e de mercados |
A9 |
Ter capacidade para integrar e aplicar as novas tendencias en investigación social e de mercados de xeito rentable e efectivo na empresa, as administracións ou outras organizacións |
B1 |
Posuer e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a cotío nun contexto de investigación |
B6 |
Ser quen de buscar, xestionar, analizar e sintetizar a información, seleccionando aquela que resulta pertinente para a toma de decisións |
B7 |
Ter capacidade creativa, proactiva e emprendedora |
B8 |
Ser quen de integrar as NTICs (Novas Tecnoloxías da Información e as Comunicacións) na tarefa profesional e/ou investigadora |
B9 |
Ter capacidade de analizar críticamente tanto o traballo proprio como o dos compañeiros |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma extranxeiro |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das TIC necesarias para o exercicio da súa profesión e para o aprendizaxe ao longo da vida |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
O/a estudante recordará os fundamentos estatísticos principais das técnicas de análise multivariante presentadas. |
AM1 AM8 AM9
|
|
|
O/a estudante interpretará unha análise de regresión simple e múltiple. |
AM3 AM4 AM8
|
BM1 BM6 BM7 BM8
|
CM3 CM8
|
O/a estudante interpretará unha análise de regresión loxística binaria. |
AM3 AM4 AM8
|
BM1 BM6 BM7 BM8
|
CM3 CM8
|
O/a estudante interpretará unha análise discriminante. |
AM3 AM4 AM8
|
BM1 BM6 BM7 BM8
|
CM3 CM8
|
O/a estudante interpretará unha análise de correspondencias simples e múltiples. |
AM3 AM4 AM8
|
BM1 BM6 BM7 BM8
|
CM3 CM8
|
O/a estudante defenderá, mediante unha presentación oral eficaz, os fundamentos estatísticos aplicados de calquera das técnicas de análise multivariante presentadas. |
AM3 AM8
|
BM7 BM9
|
CM1 CM2
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1-ANÁLISE DE REGRESIÓN MÚLTIPLE |
-Procedemento, deseño e interpretación
-Análise do resume do modelo e da suma de cadrados
-Coeficientes da ecuación de regresión múltiple
-Supostos da análise
-Detección de casos atípicos e de observacións influentes
-Análise da multicolinealidade
-Métodos de inclusión de variables en SPSS
|
2-ANÁLISE DE REGRESIÓN LOXÍSTICA (BINARIA) |
-Selección e transformación de variables
-Probas de axuste global do modelo
-Táboa de clasificación
-Comentario do histograma das probabilidades prognosticadas
-Comentario de casos atípicos
|
3-ANÁLISE DISCRIMINANTE |
-Proba de igualdade das medias dos grupos
-Pesos, cargas e puntuacións discriminantes
-Funcións discriminantes
-Matriz de clasificación e diagnose por caso
|
4-ANÁLISE DE CORRESPONDENCIAS SIMPLES E MÚLTIPLES |
-Procedimento, deseño e interpretación
-Análise das frecuencias marxinais
-Análise dos autovalores e das medidas discriminantes
-Comentario das dimensións
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A3 A9 B1 C8 |
16 |
18 |
34 |
Prácticas a través de TIC |
A8 A4 B6 B7 B8 C3 |
25 |
40 |
65 |
Presentación oral |
B9 C1 C2 |
1.5 |
10 |
11.5 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Sesións destinadas a abordar os aspectos teóricos do temario proposto. |
Prácticas a través de TIC |
É moi importante, para o bo desenvolvemento das prácticas, que o alumnado se familiarice co uso do programa estatístico SPSS, e que teña preparado e estudado o material bibliográfico e de ensino proposto polo profesor. |
Presentación oral |
Cada alumno/a terá que presentar algunha das prácticas propostas ante os demais. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas a través de TIC |
Presentación oral |
|
Descrición |
A atención personalizada ten como obxectivo atender as dúbidas individuais e colectivas do alumnado. No inicio do cuadrimestre, comunicarase o lugar e horario das titorías presenciais (en todo caso, rógase acudir ás mesmas previo aviso por e-mail).
Para o alumnado co recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica, acordarase a principio de curso un calendario específico de titorías compatible coa súa situación. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas a través de TIC |
A8 A4 B6 B7 B8 C3 |
AVALIACIÓN CONTINUA:
Establécese a través da cualificación conxunta de tres exercicios prácticos que supoñen o 90% do valor da nota final. Dúas destas prácticas, realizadas en grupo, terán un valor unitario máximo de 4,5 puntos. A terceira práctica, realizada individualmente e de carácter voluntario, terá un valor unitario máximo de 0,5 puntos (dito exercicio ten como finalidade mellorar a cualificación final, ou optar a unha matrícula de honra).
Para optar á avaliación continua, hai que entregar as dúas prácticas grupais ao longo do cuadrimestre, as cales terán unha única data de entrega presencial. |
90 |
Presentación oral |
B9 C1 C2 |
A realización das presentacións orais dalgunha das prácticas grupais, suporá o 10% do valor da cualificación final. |
10 |
|
Observacións avaliación |
AVALIACIÓN NON CONTINUA: Consiste na realización dun exame único da materia -fixado nas convocatorias oficiais pertinentes- composto por tres preguntas de carácter teórico e dous exercicios prácticos onde o alumno/a, e a través da utilización do programa estatístico SPSS, amose os seus coñecementos aplicados de, polo menos, dúas técnicas de análise multivariante. Dito exame supón o 100% do valor da cualificación final.
O alumnado que se acolla ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou
dispensa académica de exención de asistencia, terá que presentarse ao éxame único da materia -fixado nas convocatorias oficiais pertinentes-.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Combessie, J.C. (2000): El método en sociología. Madrid. Alianza Editorial Escobar, M. (1999): Análisis gráfico/exploratorio. Cuadernos de estadística. Madrid. Editorial La Muralla Etxebarría, J. (1999): Regresión múltiple. Cuadernos de estadística. Editorial La Muralla. García Ferrando, M. (1994): Socioestadística. Introducción a la estadística en sociología. Madrid. Alianza Universidad Textos. García, E; Gil, J. y Rodríguez, G. (2000): Análisis factorial. Cuadernos de estadística. Madrid. Editorial La Muralla. Hair, J, F. et al. (2007): Análisis multivariante, 5ª ed. Madrid. Prentice Hall. Joaristi, L. y Lizasoain, L. (2000): Análisis de correspondencias. Cuadernos de estadística. Madrid. Editorial La Muralla. Pardo, A. y Ruiz, M.A. (2002): SPSS 11. Guía para el análisis de datos. Madrid. McGraw-Hill. Pérez, César (2009): Técnicas estadísticas multivariantes con SPSS. Madrid. Garceta. _(2009): Técnicas de análisis de datos con SPSS 15. Madrid. Pearson Educación. Valderrey, Pablo (2010): SPSS 17: extracción del conocimiento a partir del análisis de datos. Madrid. Ra-Ma. _(2010): Técnicas de segmentación de mercados. Madrid. Starbook. *Todas as referencias pódense localizar na Biblioteca da UDC. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|