Identifying Data 2017/18
Subject (*) Planning and management of destinations and touristic products in the coastal space and cruises Code 615524014
Study programme
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos(plan 2016)
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 2nd four-month period
First Optativa 3
Language
Spanish
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Economía
Empresa
Coordinador
Dominguez Feijoo, Gerardo
E-mail
g.dominguez@udc.es
Lecturers
Dominguez Feijoo, Gerardo
E-mail
g.dominguez@udc.es
Web
General description A Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos constitúe un dos procesos "clave' no desenvolvemento sustentable de calquera actividade e/ou destinación turística.
Nesta materia o alumno ten a oportunidade de pór en práctica, os métodos e as ferramentas da Planificación, Xestión e Comercialización de destinos e produtos turísticos no espazo litoral e de cruceiros.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 CE1 - Que os estudantes coñezan os principios da planificación e a xestión sustentable
A5 CE6 - Saber manexar o capital social, entendendo o destino turístico como sistema e relacionar axentes implicados no desenvolvemento do produto turístico
A6 CE8 - Planificar novos destinos e produtos turísticos
A7 CE9 - Remodelar destinos turísticos maduros para adaptalos ás novas esixencias da demanda e ao desenvolvemento sustentable das comunidades receptoras
A11 CE2 - Diagnosticar necesidades e oportunidades e identificar as potencialidades e ameazas do turismo para o desenvolvemento integral das sociedades receptoras
A12 CE7 - Capacidade para interpretar os cambios sociais e como afectan as innovacións nos produtos e ao comportamento do consumidor
B2 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B3 CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B5 CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
B9 CG4 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
B10 CG5 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse
B11 CG6 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida
C1 CT1 - Resolver problemas de forma efectiva
C2 CT2 - Comunicarse de xeito afectiva nunha contorna de traballo
C3 CT3 - Trabajar de forma autónoma con iniciativa
C4 CT4 - Traballar de forma colaborativa
C9 CT9 - Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razonamiento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos habilidades e destrezas

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Comprender o proceso de estructuración do produto turístico, a súa planificación e a súa xestión AJ1
AJ5
AJ6
AJ7
AC2
AC3
BC2
BC3
BC5
BC9
BC10
BC11
CC1
CC2
CC3
CC4
CC9
Estudar as características, do turismo de litoral para comprender os mecanismos de planificación, xestión e comercialización dos produtos turísticos no espazo litoral. AJ1
AJ5
AJ6
AJ7
AC2
AC3
BC2
BC3
BC5
BC9
BC10
BC11
CC1
CC2
CC3
CC4
CC9
Estudar as características do turismo de cruceiros e litoral para comprender os mecanismos de planificación, xestión e comercialización dos produtos turísticos de cruceiros. AJ1
AJ5
AJ6
AJ7
AC2
AC3
BC2
BC3
BC5
BC9
BC10
BC11
CC1
CC2
CC3
CC4
CC9

Contents
Topic Sub-topic
1. CONCEPTOS XERAIS a) DESTINO TURÍSTICO E PRODUTO TURÍSTICO
b) PLANIFICACIÓN DESTINO TURÍSTICO
c) PLANIFICACIÓN PRODUTO TURÍSTICO
2. TURISMO DE LITORAL a) ASPECTOS PREVIOS, CONCEPTOS E DEFINICIÓNS
b) PLANIFICACIÓN E XESTIÓN DE DESTINOS E PRODUTOS NO ESPAZO LITORAL
3. TURISMO DE CRUCEIROS a) ASPECTOS PREVIOS, CONCEPTOS E DEFINICIÓNS
b) PLANIFICACIÓN E XESTIÓN DE DESTINOS E PRODUTOS DE CRUCEIROS

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A1 A11 A5 A12 A6 A7 B2 B3 B11 C1 17 15 32
Problem solving A5 A6 B2 B3 B5 B9 4 10 14
Supervised projects A11 A12 A6 A7 B2 B5 B10 C3 C4 0 25 25
Oral presentation B3 C9 C2 1 2 3
 
Personalized attention 1 0 1
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Exposición oral dos contidos que conforman o marco teórico da materia, complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Concretamente na MODALIDADE PRESENCIAL consiste en clases teóricas para a presentación dos contidos da materia; así como, a discusión de temas de interese actual relacionados coa materia e/ou a realización de pequenos exercicios/probas de coñecemento teórico/prácticos ... Na MODALIDADE ON-LINE trátase de diverso material teórico/práctico sobre os contidos da materia a disposición dos alumnos para a súa lectura; así como, a discusión de temas de interese actual relacionados coa materia mediante foros/debates on-line e/ou a realización de pequenos exercicios/probas de coñecemento teórico/prácticos, ..
Problem solving Técnica mediante a que ha de resolverse unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución.
Concretamente, tanto na MODALIDADE PRESENCIAL como na MODALIDADE ON-LINE, consiste na realización dun problema/exercicio final de coñecementos sobre o contido da materia ao que haberá que dar resposta xustificada a unha serie de preguntas curtas.
Supervised projects Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Concretamente, tanto na MODALIDADE PRESENCIAL como na MODALIDADE ON-LINE, consiste na realización e/ou exposición presencial/virtual dun traballo proposto polo alumno/profesor de forma individual e/ou en grupo sobre algún dos contidos da materia.
Todos os alumnos deberán realizar a exposición pública dos seus traballos.
Oral presentation Os alumnos de modalidade presencial realizarán a exposición oral do seu traballo. Dita presentación será valorada na nota final. Os alumnos de modalidade a distancia entregarán a presentación en power point e acordarase con eles, por parte dos profesores, un foro de debate virtual.

Personalized attention
Methodologies
Guest lecture / keynote speech
Problem solving
Supervised projects
Description

Durante o curso académico realizarase unha atención personalizada e continuada a todos os alumnos matriculados nesta materia, tanto para resolver dúbidas das clases presenciais/online, como para tratar temas relacionados co problema/exercicio final ou o traballo tutelado.

Gerardo Domínguez Feijóo
Universidade da Coruña
Dpto. de Empresa
Área de Organización de Empresas
Teléfono: 981 167 000 ext. 3459
E-mail:g.dominguez@udc.es
Horario tutorías: previa cita con anterioridad por e-mail

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Guest lecture / keynote speech A1 A11 A5 A12 A6 A7 B2 B3 B11 C1 Durante o curso académico realizarase unha A asistencia e participación activa nas clases (15%) é obrigatoria e valórase tendo en conta a involucración do alumnado nas sesións presenciais (modalidade presencial) ou a participación activa e razoada nos foros/chats virtuais ou similares (modalidade online). 15
Problem solving A5 A6 B2 B3 B5 B9 O problema/exercicio final de contido (40%) é obrigatorio e individual e consiste na realización dunha proba de coñecementos sobre o contido da materia á que hai que dar resposta xustificada a unha serie de preguntas curtas. Este exercicio adoita estar dispoñible habitualmente a partir da última clase da materia e, posteriormente, entregarase no prazo máximo de 15 días (1ª oportunidade) ou como mínimo 15 días antes do peche de actas do mes de xullo (2ª oportunidade).
40
Supervised projects A11 A12 A6 A7 B2 B5 B10 C3 C4 A avaliación continua do traballo realizado ao longo do desenvolvemento da materia. O desenvolvemento do traballo representa o 40% da nota final.
Na valoración do traballo teranse en conta os seguintes aspectos Orixinalidade, aplicación dos fundamentos, calidade da redacción e utilización de fontes bibliográficas.
Para superar a materia, é necesario alcanzar unha puntuación mínima do 50% no traballo tutelado.
40
Oral presentation B3 C9 C2 O traballo tutelado será exposto na aula, de modo individual ou en grupo.
Valoraranse os diferentes aspectos da calidade da información manexada, a propia presentación en relación á súa claridade e precisión xunto coa resposta ás preguntas formuladas.
A presentación suporá o 5% da nota final da materia.
5
 
Assessment comments
O traballo tutelado (40%) ten carácter voluntario e, para iso, o alumno ten que elixir antes da última clase se opta pola realización deste traballo que no caso final de non entregalo terá unha repercusión negativa na nota final de dous puntos (-2). Pódese realizar de forma individual (alumnos da modalidade online) ou en grupo de 2-3 persoas (alumnos da modalidade presencial ou tamén alumnos online) e versará sobre un estudo dun caso concreto, unha proposta sobre a creación e o desenvolvemento dun sistema de xestión dun destino e/ou novo produto turístico ou calquera outro tema relacionado coa materia que o alumno considere do seu interese. En calquera caso, ao optar por esta alternativa de avaliación o alumno ten que propor a temática do traballo a realizar e o profesor da materia comunicará a aceptación do mesmo, a súa modificación ou a necesidade dunha nova formulación. A entrega final realizarase durante a segunda quincena do mes de abril (1ªoportunidade) ou como mínimo 15 días antes do peche de actas do mes de xullo
(2ª oportunidade). Posteriormente, facilítase máis información sobre posibles temáticas e unha orientación da estrutura do seu Contido.

É importante ter en conta que as alternativas de avaliación escollidas polo alumno para a primeira oportunidade manteranse tamén para a segunda oportunidade.

Durante a primeira quincena do mes de maio facilitaranse as cualificacións finais provisionais e unha posible data de revisión/discusión das mesmas na segunda quincena (1ª oportunidade); así como,
aproximadamente unha semana antes do peche de actas no mes de xullo (2ª oportunidade).

No entanto, e a pesar do sistema de avaliación proposto anteriormente, ao comezo do curso académico, na presentación da materia, pódese expor outro tipo de repartición porcentual entre as distintas metodoloxías. Por outra banda, poderanse obter cualificacións adicionais en función do exposto no seu momento polo profesor da materia. 

O traballo ten que ser de elaboración persoal/grupal e, en todo caso, poderá conter un resumo de datos, non unha simple copia e pega de datos consultados. Será necesario indicar tamén no propio texto as fontes bibliográficas consultadas e ao final do documento recollelas todas elas no apartado de bibliografía.

O “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia” comunicarán ó inicio do curso a súa situación os profesores da materia, segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC” (Art.3.b e 4.5) e as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (Art. 3 e 8b).

O alumnado nesta situación será evaluado na data aprobada na Xunta de Escola, mediante una proba obxectiva sobre os contidos do paso 3 da Guía, e un traballo a consensuar cos profesores da materia.


Sources of information
Basic

Achegarase ao comezo do curso
Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.