Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A5 |
Aprendizaje de los conceptos y de las técnicas estadísticas aplicadas a la sociedad humana. |
A7 |
Conocimiento y dominio de la metodología de las ciencias sociales y de sus técnicas básicas y avanzadas (cuantitativas y cualitativas) de investigación social; con especial atención a los aspectos de muestreo y de los programas informáticos de aplicación. |
A16 |
Conocimientos y habilidades técnicas para la produción y el análisis de los datos cuantitativos y cualitativos. |
A26 |
Saber elegir las técnicas de investigación social (cuantitativas y cualitativas) pertinentes en cada momento. |
B3 |
Capacidad de análisis y síntesis. |
B5 |
Capacidad de gestión de la información. |
B7 |
Conocimientos de informática relativos al ámbito de estudio. |
B21 |
Aprendizaje autónomo. |
C3 |
Utilizar las herramientas básicas de las tecnologías de la información y las comunicaciones (TIC) necesarias para el ejercicio de su profesión y para el aprendizaje a lo largo de su vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
A/o alumna/o será capaz de definir e distinguir os conceptos básicos da estatística aplicada ás ciencias sociais e poderá identificar os principais niveis de medición das variables |
A5 A26
|
B3 B5 B21
|
|
A/o alumna/o coñecerá as principais técnicas de presentación de distribucións univariables, tanto en formato de táboas como gráficamente, e será capaz de seleccionar as ferramentas descritivas univariables máis adecuadas dependendo do nivel de medición das variables. |
A5 A16 A26
|
B3 B5 B21
|
|
A/o alumna/o coñecerá as principais técnicas de presentación de distribucións bivariables, tanto en formato de táboas de continxencia como gráficamente, e será capaz de calcular e interpretar as distintas porcentaxes dunha táboa de continxencia. |
A5 A16 A26
|
B3 B5 B21
|
|
A/o alumna/o coñecerá as principais medidas de asociación entre variables, será capaz de calculalas, interpretalas e seleccionar as máis adecuadas dependendo do nivel de medición das variables. |
A5 A16 A26
|
B3 B5 B21
|
|
A/o alumna/o será capaz de utilizar ferramentas informáticas aplicadas ás ciencias sociais (especialmente o paquete SPSS) a un nivel básico para poder levar a cabo as tarefas de presentación e resumo dunha distribución univariable así como dunha distribución bivariable coas súas correspondentes táboas de continxencia e medidas de asociación. |
A5 A7 A16 A26
|
B3 B5 B7 B21
|
C3
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
TEMA 1: Introdución e conceptos básicos. |
Aplicación da estatística ás ciencias sociais. Conceptos básicos. Tipos de variables e niveis de medición. |
TEMA 2: Presentación e representación de distribucións. |
Presentación de distribucións univariables: frecuencias absolutas, frecuencias relativas e porcentaxes. Formas básicas de representación gráfica: gráfico de sectores, gráfico rectangular, diagrama de barras e histograma. Outras formas de representación gráfica. |
TEMA 3: Características dunha distribución univariable. |
Medidas de posición centrais: media, mediana e moda. Medidas de dispersión: rango, varianza e desviación típica. Medidas de forma: asimetría e curtose. |
TEMA 4: Estatística descritiva bivariable. |
Distribucións bivariables. Presentación e análise de táboas bivariables. Independencia e asociación. Características dunha asociación de dúas variables. Medidas de asociación para variables nominais e ordinais. |
TEMA 5: Regresión e correlación simple. |
Concepto de covarianza. Diagrama de dispersión e curva de axuste. Concepto e tipos de correlación. Coeficiente de correlación de Pearson. Matriz de correlacións. A ecuación de regresión e o seu axuste polo método de mínimos cadrados. Cálculo dos coeficientes de regresión. O coeficiente de determinación e a súa interpretación. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A5 |
1 |
0 |
1 |
Prácticas de laboratorio |
A7 B7 C3 |
16 |
24 |
40 |
Proba obxectiva |
A5 A7 A16 A26 B3 B5 B7 B21 C3 |
7 |
42 |
49 |
Sesión maxistral |
A5 A7 A16 A26 B3 |
18 |
36 |
54 |
|
Atención personalizada |
|
6 |
0 |
6 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Cuestionario cunha serie de preguntas iniciais para coñecer a composición do grupo e o nivel xeral de formación do alumnado, ademais do interese e motivación fronte á materia. |
Prácticas de laboratorio |
Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan de maneira efectiva a través da realización de actividades de carácter práctico, fundamentalmente exercicios. Nalgúns casos estas prácticas levaranse a cabo utilizando ferramentas informáticas. |
Proba obxectiva |
Probas de carácter periódico, para valorar a correcta comprensión e aplicación dos contidos da materia, compostas por exercicios breves e cuestións curtas e/ou de resposta múltiple. Nalgúns casos requirirase a utilización de ferramentas informáticas. |
Sesión maxistral |
Exposición oral por parte do profesor dos aspectos fundamentais da materia. As exposicións complementaranse co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
Sesión maxistral |
|
Descrición |
A atención personalizada é unha actividade académica que ten como finalidade atender as necesidades e consultas do alumnado, de forma individual ou en pequeno grupo, relacionadas co estudo e temas vinculados coa materia. Esta actividade desenvolverase de forma presencial (directamente na aula e nos momentos que o profesor ten asignados ás tutorías de despacho).
Pode solicitarse a atención personalizada nas horas presenciais (tanto nas sesións maxistrais como nas prácticas de laboratorio) ou nas horas de tutorías para resolver dúbidas en relación a temas concretos. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas de laboratorio |
A7 B7 C3 |
Coincidindo coas sesións prácticas realizaranse dous tipos de probas evaluables para valorar a correcta comprensión e aplicación dos contidos da materia.
Primeiro tipo: exercicios breves que requirirán cálculos matemáticos e interpretación de resultados. Para a resolución dos exercicios facilitarase unha listaxe de fórmulas básicas, no caso de que sexan necesarias.
Segundo tipo: resolución de supostos prácticos para os que será necesaria a utilización dalgunha ferramenta informática revisada ao longo do curso empregando bases de datos que se facilitarán na proba.
Estímase que se realizará polo menos unha proba evaluable do primeiro tipo por cada tema e polo menos unha proba evaluable do segundo tipo durante o curso. |
50 |
Proba obxectiva |
A5 A7 A16 A26 B3 B5 B7 B21 C3 |
Consistirá nunha proba global na que o alumnado terá que resolver cuestións curtas e/ou de resposta múltiple e exercicios breves que requirirán cálculos matemáticos e interpretación de resultados, para os que estará permitido o uso de calculadora científica ou estándar achegada por cada estudante (non está permitido o uso doutros dispositivos, por exemplo teléfonos móbiles, tabletas, etc.). Para a resolución dos exercicios facilitarase unha listaxe de fórmulas básicas, no caso de que sexan necesarias.
A data de realización desta proba acordarase ao inicio do curso e deberá ser anterior a celebración do exame oficial de primeira oportunidade. |
40 |
Sesión maxistral |
A5 A7 A16 A26 B3 |
Valorase a asistencia e a participación activa durante as sesións maxistrales |
10 |
|
Observacións avaliación |
A planificación exposta nesta guía docente supón a aplicación dun sistema de avaliación continua. A cualificación final obterase promediando as cualificacións das distintas probas realizadas sempre que se acade un mínimo de 3 puntos sobre 10 na proba obsxectiva e nas prácticas de laboratorio. No caso de que non se acaden os mínimos requiridos para superar a materia polo sistema de avaliación continua, o alumnado poderá presentarse a avaliación da asignatura nas convocatorias oficiais de primeira e segunda oporunidade que consistirán nun exame que abarcará toda a materia e estará composto por cuestións curtas e/ou de resposta múltiple e exercicios breves que requirirán cálculos matemáticos e interpretación de resultados, para os que estará permitido o uso de calculadora científica ou estándar achegada por cada estudante (non está permitido o uso doutros dispositivos, por exemplo teléfonos móbiles, tabletas, etc.). Para a resolución dos exercicios facilitarase unha listaxe de fórmulas básicas. Os exames celebrarase nas datas que estableza o centro nos seus calendarios oficiais de primeira e segunda oportunidade. Non se admitirá a participación na proba aos estudantes que non se atopen presentes no momento de comezar a realización da proba. Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica se acordará a principio de curso un calendario específico de tutorías compatible a súa dedicación. Poderán acollerse a evaluación continua acordando o calendario de prácticas obrigatorias a realizar ao longo do curso ou na proba obxectiva global. INSTRUCIÓNS SOBRE A ENTREGA DE TRABALLOS E XUSTIFICANTES DE AUSENCIA.
- As prácticas avaliables han de entregarse en clase no día sinalado. Fóra desta data, os traballos só se recollerán de maneira excepcional e por causas de forza maior debidamente xustificadas. - Non se contempla a celebración de probas extra ou a entrega de traballos adicionais para subir nota. Nembargantes o alumnado que superando a asignatura na evaluación continua non quede satisfeito coa súa nota pode presentarse ao exame oficial na primeria oportunidade, a nota final será a nota máis alta acadada -na evaluación continua ou na proba obxectiva da primeira oportunidade-. - Os xustificantes de ausencia deben entregarse na semana inmediatamente posterior á devandita ausencia, a profesora se reserva a posibilidade de esixir aos estudantes os documentos que corroboren a causa aducida para xustificar a ausencia.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
VISAUTA VINACUA, B. (2007). Análisis estadístico con SPSS 14. Estadística básica. Aravaca: McGraw-Hill/Interamericana
TOMEO PERUCHA, V. y UÑA JUÁREZ, I (2009). Estadística descriptiva. Madrid: Ibergacerceta Publicaciones
RITCHEY, F. J. (2002). Estadística para las Ciencias Sociales. México: McGraw-Hill
SÁNCHEZ CARRIÓN, J. J. (1999). Manual de Análisis Estadístico de los Datos. Madrid: Alianza Editorial
SEISDEDOS BENITO, A. (2009). Manual de socioestadística descriptiva básica. Salamanca: Amarú Ediciones
GARCÍA FERRANDO, M. (2000 ). Socioestadística. Introducción a la Estadística en Sociología. Madrid :Alianza Universidad Textos, nº96 |
|
Bibliografía complementaria
|
BLALOCK, H. M. (1966). Estadística Social. México: Fondo de Cultura Económica
PEÑA, D. y ROMO, J. (1997). Introducción a la Estadística para las Ciencias Sociales. Madrid: McGraw-Hill
GLASS, G. V. y STANLEY, J.C. (1986). Métodos Estadísticos Aplicados a las Ciencias Sociales. México: Prentice-Hall Hispanoamericana |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Estatística aplicada ás ciencias sociais 2/615G01201 |
|
|