Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A4 |
Coñecer e comprender as bases que aporta a educación física á formación das persoas. |
A6 |
Deseñar e ordenar estratexias e espazos de aprendizaxe que respondan á diversidade social (sexo, xénero, idade, discapacidade, culturas…) e ao respecto dos dereitos que conforman os valores que aporta a educación física e deportiva á formación integral dos cidadáns. |
A7 |
Promover e avaliar a formación de hábitos de actividade física e deporte ao longo do ciclo vital, considerando que a idade, o xénero ou a discapacidade son variables que necesitan da intervención consciente para favorecer a igualdade de oportunidades. |
A8 |
Deseñar, desenvolver, e avaliar os procesos de ensino – aprendizaxe, relativos á actividade física e o deporte, con atención e titorización segundo as características individuais e contextuais das persoas (xénero, idade, discapacidade, culturas, etc.). |
A9 |
Elaborar propostas curriculares para as distintas etapas no marco institucional dun centro educativo, desenvolvendo os elementos da programación didáctica da área de E. Física, con arranxo á lexislación vixente e ao proxecto educativo de centro. |
A10 |
Coñecer os distintos niveis da lexislación educativa e aplicar os fundamentos básicos que promove en canto á Planificación e Programación Didáctica da Educación Física nas etapas educativas. |
A11 |
Posuír o conxunto de habilidades ou competencias docentes que faciliten o proceso de ensino-aprendizaxe na aula de educación física. |
A13 |
Identificar as principais tarefas do profesor de educación física dentro e fóra da aula, resaltando as que fan referencia á súa labor titorial, orientadora e departamental. |
B3 |
Traballar nos diferentes contextos da actividade física e o deporte, de forma autónoma e con iniciativa, aplicando o pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Trabajar de forma colaboradora, desenvolvendo habilidades, de liderado, relación interpersoal e traballo en equipo. |
B7 |
Xestionar a información. |
B11 |
Desenvolver competencias para a adaptación a novas situacións e resolución de problemas, e para a aprendizaxe autónoma. |
B14 |
Comprender e aplicar a lexislación vixente relativa ao marco das actividades físicas e deportivas nos distintos ámbitos: educación, deporte, xestión, lecer e saúde. |
B15 |
Comprender e saber utilizar as importantes posibilidades que a educación física e o deporte teñen para xerar hábitos sociais e valores democráticos (coeducación de xéneros, respecto á diversidade social e cultural, cooperación, competición respectuosa, compromiso co contorno…). |
B17 |
Promover e avaliar actividades de ampliación curricular, referentes á creación de hábitos autónomos de actividade física e deporte. |
B18 |
Comprometerse e involucrarse socialmente coa súa profesión e en concreto, coa situación actual da actividade física e o deporte na educación formal; coa xestión do centro educativo; cos seus compañeiros (traballo cooperativo) e con aqueles aos que educa. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Analizar criticamente todas as circunstancias e feitos que rodean á educación |
A7 A8
|
B3 B4 B7 B11 B15 B18
|
C1 C3 C4 C7
|
Abordar reflexivamente as reformas educativas e as súas implicacións no ámbito das actividades físico-deportivas. |
A6 A8 A10
|
B14
|
C1 C3 C4 C7
|
Comprender as bases da educación e os principios da educación física e o deporte para a formación integral das persoas |
A4 A6
|
B15 B18
|
C1 C3 C4 C7
|
Coñecer e comprender os fundamentos curriculares da educación física formal |
A6 A8 A9 A10 A11
|
B3 B14 B15 B17
|
C1 C3 C4 C7
|
Comprender e aplicar os principios conductuales no contexto educativo, recreativo, da actividade física e a saúde e do adestramento deportivo |
A7 A8 A13
|
B3 B11 B15
|
C1 C3 C4 C7
|
Desenvolver actitudes favorables cara á colaboración interdisciplinar e o traballo en equipo. |
A4
|
B3 B4 B18
|
C1 C3 C4 C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. Conceptos básicos da Pedagoxía da actividade física e do deporte |
-A educación
-A Pedagoxía e as Ciencias da Educación
-A Pedagoxía da actividade física e do deporte
- Introducción aos elementos curriculares
-- O centro educativpo e o profesorado como eixo do fomento de estilos de vida activos no alumnado
|
Tema 2. Teorías críticas da educación e a súa incidencia na escola actua e no contexto da EF e o deporte.
|
- Ideoloxías, curriculum oculto e a súa implicación na EF e no deporte.
- A teoría da reproducción
- As teorías da producción: corrente comunicvativa |
Tema 3. Condicionantes do proceso de ensino-aprendizaxe
|
- Eficacia no proceso de ensino-aprendizaxe no ámbito da educación formal e non formal
- O profesor de EF
- O alumno ben educado fisicamente
|
Tema 4. A Educación física na escola na lexislación actual.
|
-Introdución aos elementos didácticos
-Lexislación educativa
-Proceso de concreción curricular: desde a lei á aula
- Os estilos de comunicación e os estilos de ensino
|
Tema 5.- Atención á diversidade e educación en valores na Educación Física e no deporte en idade escolar
|
- Principios de intervención educativos
-Atención á diversidade individual e social na Educación Física
- Aprendizaxe cooperativo
- Educación en valores
-Valores abordables desde a EF e o deporte en idade escolar
-Experiencias de educación en valores |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Análise de fontes documentais |
A4 A9 A10 A13 B7 C1 C3 |
0 |
8 |
8 |
Foro virtual |
A4 A13 B15 B17 C1 C4 C7 |
0 |
10 |
10 |
Portafolios do alumno |
A4 A6 A7 A8 A9 A10 A11 B3 B4 B7 B11 B14 B15 B18 C1 C3 C4 |
18 |
26 |
44 |
Sesión maxistral |
A4 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A13 B4 B7 B11 B14 B15 B17 B18 C4 |
20 |
20 |
40 |
Proba de ensaio |
A4 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A13 B7 B14 B15 B17 C1 C3 |
5 |
20 |
25 |
Aprendizaxe colaborativa |
A7 A8 A9 B4 B7 C1 C3 |
8 |
12 |
20 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Análise de fontes documentais |
Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como sínteses de contidos de carácter teórico ou práctico. |
Foro virtual |
Espazo de discusión informal destinado aos estudantes para o tratamento dun tema ou problema, que se desenvolve a través dunha contorna virtual de aprendizaxe mediante ferramentas de comunicación asíncrona (foro). |
Portafolios do alumno |
É un cartafol ou archivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas polo profesor, o que permite visualizar o progreso do alumno. O portafolio ou cartafol inclúe todo o que fai o alumno, como: apuntamentos ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumos, probas escritas, autoevaluaciones, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc. |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como Cconferencia o método expositivo ou lección maxistral. Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. |
Proba de ensaio |
Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Utilízase para a avaliación diagnóstica, formativa e sumativa. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. |
Aprendizaxe colaborativa |
Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e o dos outros membros do grupo. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Portafolios do alumno |
Proba de ensaio |
|
Descrición |
As actividades reflexadas son aquelas que demandan a asistencia do alumno as titorías. Nesta materia contemplanse 3 tipos diferentes de titorías:
- En pequeno grupo: son aquelas previstas no horario da materia que poderán utilizarse a indicación do profesorado para revisar actividades que teñana que ver co contido da materia
- Tutorías individualizadas utilizando a plataforma moodle.
- Tutorías personales/grupales no despacho do profesorado.
O alumnado con matrícula a tempo parcial, falará cos docentes para consensuar os criterios de asistencia e avaliación paracada unha das oportunidades. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Foro virtual |
A4 A13 B15 B17 C1 C4 C7 |
Cualificación do Foro (1 puntos): 0,2 por cada intervención.
Cada tema dispondrá dun foro virtual en relación con unha película, artículo ou noticia relacionada co tema |
10 |
Aprendizaxe colaborativa |
A7 A8 A9 B4 B7 C1 C3 |
- As actividades avaliables, terán un valor de 0,25, realizándose 8 actividades de este carácter.
-Elaboración dunha proposta/ proxecto baseada no fomento de estilos de vida activos e saudables no contexto do centro educativo
* Terá un valor final de 2 puntos.
* Se realizará por parellas.
* Incorporará avaliación recíproca e autoevaluación.
|
40 |
Proba de ensaio |
A4 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A13 B7 B14 B15 B17 C1 C3 |
o Se realizarán dos probas, cada unha con un valor 2,5 puntos.
o A primeira se corresponderá cos temas 1 ao 3 e se celebrará unha vez finalizados dichos temas, a segunda con o 4 e 5, coincidirá coa data establecida para o exame final da oportunidade de xaneiro no calendario oficial de exames.
o Se non supera a primeira proba poderá presentarse con toda a materia na proba final de xaneiro.
o Cada proba exixirá unha calificación do 50% para ser superada.
|
50 |
|
Observacións avaliación |
O alumnado poderá elixir entre un sistema de avaliación continua ou de avaliación final. *O alumnado con matrícula a tempo parcial, deberá falar co profesorado para acordar os criterios de avaliación para cada unha das oportunidades. 1. AVALIACIÓN CONTINUA Optar por este sistema de avaliación implica a asistencia polo menos ao 70% das clases presenciais, a entrega de todas as actividades evaluativas (en tempo e forma), a elaboración do portafolio e a realización da proposta/ proxecto. a. Portafolio. ou Non ten valor numérico, a súa entrega será requisito imprescindible para optar á avaliación continua. ou Ao finalizar cada tema, cada estudante presentará unha folla de coevaluación asinada por un compañeiro co contido do seu portafolio. O exame estará no idioma de impartición da materia, se se desexa noutro idioma solicitarase unha semana antes da data de realización" b. Actividades evaluativas. ou Actividades realizadas nas clases interactivas e nas non presenciais. Terán un valor de 0,25 realizándose oito actividades. Podéndose alcanzar ata 2 puntos. c. Proposta/proxecto de intervención ou O produto final, que se incluirá o portafolio, terá un valor de 2 puntos. ou Ao finalizar cada tema, cada parella presentará unha folla de autoevaluación sobre o desenvolvemento do mesmo. d. Foro ou De forma optativa, poderá participar nos foros virtuais propostos, cada participación no foro terá un valor máximo de 0,2 puntos. Poderase optar como máximo a alcanzar 1 punto. e. Probas de ensaio ou Se realizarán dúas probas, cada unha cun valor 2,5 puntos. ou A primeira corresponderase cos temas 1 ao 3 e celebrarase unha vez finalizados devanditos temas, a segunda co 4 e 5, coincidirá coa data establecida para o exame final da oportunidade de xaneiro no calendario oficial de exames. ou Se non se supera a primeira proba poderá presentarse con toda a materia na proba final de xaneiro. ou Cada proba esixirá unha cualificación do 50% para ser superada. Se tras o sumatorio das actividades de avaliación e do produto final do proxecto, o alumno non alcanzase os 2,5 puntos, poderá presentar as actividades e o proxecto mellorados e corrixidos para a oportunidade de xullo. Ao que supere o 2, 5 anteriormente mencionado, pero que suspenda a proba de ensaio, gardaráselle esta nota para a oportunidade de xullo e para futuras convocatorias. Ao que supere só una das probas de ensaio, manteráselle a cualificación para a oportunidade de xullo, pero non para futuras convocatorias. 2. AVALIACIÓN FINAL Optará a ela, o alumnado que perda o dereito á avaliación continua e aquel que así o desexe. Non elaborarán o portafolio, nin se presentarán ás probas parciais, nin estará obrigado a cumprir a asistencia. Han de realizar a proba final na data marcada no calendario oficial de exames e para superar a materia deberá obter ou superar o 70% (7 sobre 10 puntos). Para os alumnos repetidores, que teñan superado en cursos anteriores o antigo portafolio ou as actividades evaluativas máis o proxecto de intervención, poderán presentarse ás probas de ensaio parciais ou poderá facelo ao exame final, Manteráselle o valor de 2,5 o que se sumará ás cualificacións que obteña no final ou nas probas parciais. As probas de ensaio atoparanse non idioma de impartición dá materia, se se desexa noutro idioma solicitarase unha semana antes dá data de realización
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
MINISTERIO DE EDUCACION ((2006)). (BOE n. 106 DE 4/5/2006)Ley Orgánica de Educación .
VAZQUEZ GOMEZ, B. Y OTROS ((2001)). Bases educativas de la actividad física y el deporte. Madrid. Síntesis
UREÑA, F. (Coordinador) (2010). La educación física en secundaria basada en competencias.Proyecto curricular y programación.. Barcelona. Inde
MINISTERIO DE EDUCACIÓN (2013). Ley Orgánica 8/2013, de 9 de diciembre, para la mejora de la calidad educativa. BOE nº 295, de 10 de diciembre de 2013.
LLEIXA, T.y OTROS ((2002)). Multiculturalismo y Educación Física. Barcelona. Paidotribo.
XUNTA DE GALlCIA ((2007)). Novos Currículos de Educación Secundaria Obligatoria en la Comunidad Autonoma de Galicia. Santiago: Xunta de Galicia
AYUSTE, A., FLECHA, R., y OTROS ( (1994) ). Planteamientos de la pedagogía crítica. Comunicar y transformar. Barcelona. Graó. |
Esta bibliografía básica puede verse modificada a principio de curso por la aparición de nuevas fuentes de documentación que se consideren interesantes para la materia |
Bibliografía complementaria
|
PRAT, M. y SOLER, S. ( (2003) ). Actitudes, valores y normas en la educación física y el deporte. Barcelona.Inde.
LLEIXA, T. y SOLER,S. ( (2004)). Actividad física y deporte en las sociedades multiculturales. Barcelona. Horsori.
SIEDENTOP, D. ((1998)). Aprender a enseñar. Barcelona. INDE
PUJOLAS, P. ((2001)). Atención a la diversidad y aprendizaje cooperativo en educación obligatoria. Málaga. Aljibe
LOPEZ PASTOR, V., MONJAS,R. Y PEREZ,D. ((2003)). Buscando alternativas a la forma de entender y prácticar la educación física.. Barcelona. Inde.
CARRANZA, M. y MORA, J.M. ((2003)). Educación Física y valores: educando en un mundo complejo.. Barcelona. Graó.
TINNING, R. ( (1990)). Ideology and physical education. Geelong. Deakin University.
SICILIA, A. y FERNÁNDEZ-BALBOA (Coordinadores) ((2005)). La otra cara de la enseñanza. La educación Física desde una perspectiva crítica.. Barcelona. INDE
SANTOS GUERRA, M.A. ((2008)). La pedagogía contra Frankenstein. Y otros textos sobre el desaliento educativo. Barcelona. Graó
CONTRERAS, O. y CUEVAS, R. (coords.) (2011). Las competencias básicas en la educación física.. Barcelona. Inde
PIÉRON, M. ((1999) ). Para una enseñanza eficaz de las actividades físico-deportivas. Barcelona. Inde.
ESCARTÍ, A. (coord.) ((2005)). Responsabilidad personal y social a través de la educación física y el deporte. Barcelona. Graó
IMBERNÓN, F.(coord) ((2005)). Vivencias de maestros y maestras. Compartir desde la práctica educativa. Barcelona. Graó |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Psicoloxía da actividade física e do deporte/620G01011 | Socioloxía da actividade física e do deporte/620G01015 | Proceso de ensino/aprendizaxe da actividade física e do deporte/620G01022 | Planificación do proceso de ensino/aprendizaxe da actividade física e do deporte/620G01035 | Teoría e práctica do adestramento deportivo/620G01037 | Prácticum/620G01040 |
|
|