Study programme competencies |
Code
|
Study programme competences / results
|
A5 |
INTERVENCIÓN NO PATRIMONIO EDIFICADO: aptitude ou capacidade para intervir nos edificios de valor histórico, coordinar estudos históricos e arqueolóxicos sobre eles, elaborar os seus plans directores de conservación e redactar e executar os proxectos de restauración e rehabilitación. |
A9 |
CRÍTICA ARQUITECTÓNICA: aptitude ou capacidade para analizar morfolóxica e tipoloxicamente a arquitectura e a cidade e para explicar os precedentes formais e programáticos das solucións proxectuais. |
A14 |
CONTROL DE EXECUCIÓN DE OBRA GROSA: aptitude ou capacidade para analizar, controlar a calidade e definir condicións de mantemento e medidas de intervención nos sistemas de obra grosa, cerramento, cuberta e demais obra grosa, así como nos de obra civil asociados a eles. |
A15 |
CONSERVACIÓN DE OBRA PESADA: aptitude ou capacidade para analizar, controlar a calidade, definir as condicións de mantemento e reparar as estruturas de edificación, as cimentacións e a obra civil. |
A16 |
PROTECCIÓN DO PATRIMONIO EDIFICADO: aptitude ou capacidade para realizar tarefas de catalogación monumental, definir medidas de protección de edificios e conxuntos históricos e redactar plans de delimitación e conservación destes últimos. |
A34 |
FUNCIÓNS PRÁCTICAS E SIMBÓLICAS: comprensión ou coñecemento dos métodos de estudo dos procesos de simbolización da ergonomía e das relacións entre o comportamento humano, o entorno natural ou artificial e os obxectos, de acordo cos requirimentos e a escala humanos. |
A36 |
SOCIOLOXÍA CULTURAL: comprensión ou coñecemento das implicacións que nas funcións e responsabilidades sociais do arquitecto ten as necesidades, valores, normas de conduta e de organización e patróns espaciais e simbólicos determinados pola pertenza a unha cultura. |
A39 |
RESTITUCIÓN GRÁFICA: comprensión ou coñecemento das técnicas de medición e levantamento gráfico de edificios e de ámbitos urbanos e naturais en todas as súas fases, dende o debuxo de apuntamentos á restitución científica. |
A41 |
BASES ARTÍSTICAS: comprensión ou coñecemento da estética e a teoría das artes e da producción pasada e presente das belas artes e as artes aplicadas susceptibles de influír nas concepcións arquitectónicas, urbanísticas e paisaxísticas. |
A43 |
HISTORIA XERAL DA ARQUITECTURA: comprensión ou coñecemento da historia xeral da arquitectura, tanto en si mesma como na súa relación coas artes, as técnicas, as ciencias humanas, a historia do pensamento e os fenómenos urbanos. |
A44 |
BASES DA ARQUITECTURA OCCIDENTAL: comprensión ou coñecemento das tradicións arquitectónicas, urbanísticas e paisaxísticas da cultura occidental e dos seus fundamentos técnicos, climáticos, económicos, sociais e ideolóxicos. |
A45 |
BASES DA ARQUITECTURA NATIVA: comprensión ou coñecemento das tradicións arquitectónicas, urbanísticas e paisaxísticas de carácter nacional, local e vernáculo e dos seus fundamentos técnicos, climáticos, económicos, sociais e ideolóxicos. |
A46 |
BASES DA ARQUITECTURA NON OCCIDENTAL: comprensión ou coñecemento das tradicións arquitectónicas, urbanísticas e paisaxísticas do mundo non occidental, os seus fundamentos técnicos, climáticos, económicos, sociais e ideolóxicos e as súas semellanzas e diferencias coas propias da cultura occidental. |
A48 |
SOCIOLOXÍA E HISTORIA URBANAS: comprensión ou coñecemento das relacións entre o medio físico e o medio social e as bases da teoría e a historia dos asentamentos humanos, da socioloxía, da economía urbana e da estadística como fundamentos dos estudos territoriais e urbanísticos. |
A58 |
MATERIAIS DE CONSTRUCCIÓN: comprensión ou coñecemento das características físicas e químicas, os procedementos de fabricación e homologación, a análise patolóxica e as aplicacións e restricións de uso dos materiais empregados en obra estrutural, civil, grosa e acabada. |
A59 |
SISTEMAS CONSTRUTIVOS CONVENCIONAIS: comprensión ou coñecemento das características físicas, os procedementos de fabricación e homologación, os tratamentos e acabados, a organización dimensional, os métodos de montaxe e a análise patolóxica dos compoñentes construtivos convencionais na obra estrutural, civil, grosa e acabada. |
A61 |
FUNDAMENTOS LEGAIS: comprensión ou coñecemento do marco legal do desempeño profesional no relativo á saúde, a seguridade e o benestar públicos e á regulamentación civil, administrativa, urbanística, da edificación e da industria. |
B1 |
Learn how to learn |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo. |
B8 |
Visión espacial. |
B9 |
Creatividade. |
B10 |
Sensibilidade estética. |
B11 |
Capacidade de análise e síntese. |
B12 |
Toma de decisións. |
B13 |
Imaxinación. |
B14 |
Habilidade gráfica xeral. |
B15 |
Capacidade de organización e planificación. |
B17 |
Cultura histórica. |
B18 |
Razoamento crítico. |
B19 |
Traballo nun equipo de carácter interdisciplinar. |
B22 |
Traballo en colaboración con responsabilidades compartidas. |
B23 |
Capacidade de xestión da información. |
Learning aims |
Learning outcomes |
Study programme competences / results |
Unha vez superada esta asignatura, xunto con tódalas demáis, o alumno debe haber adquirido as seguintes competencias:
1. Aptitude para crear proxectos de restauración arquitectónica que comportan unha fase importante dos procesos de patrimonialización cultural dun Ben Cultural (edificio, ben urbano ou territorio) que satisfagan á súa vez as esixencias estéticas e as técnicas.
2. Coñecemento adecuado da historia e das teorías da arquitectura, da conservación da arquitectura, da cidade e do territorio histórico, así como das artes, tecnoloxía e ciencias humanas relacionadas.
3. Coñecemento das belas artes como factor que pode influir na calidade da concepción arquitectónica.
4. Coñecemento adecuado do urbanismo, a planificación e as técnicas empregadas no proceso de planificación da cidade histórica e do territorio histórico.
5. Capacidade de comprender as relacións entre as persoas e os edificios e entre estes e o seu entorno, así como os valores patrimoniais que estes soportan e a necesidade de relacionar os edificios e os espacios situados entre eles en función das necesidades e da escala humanas.
6. Capacidad de comprende-la profesión de arquitecto e o seu papel na sociedade, en particular elaborando estudios, informes ou proxectos tendo en conta os factores sociais e os valores patrimoniais e culturais.
7. Coñecemento dos métodos de investigación e preparación do proxecto de restauración.
8. Comprensión dos problemas da concepción estructural, de construcción e de enxeñería vencellados cos proxectos de edificios con valores históricos e patrimonial-culturais, coa cidade histórica ou co territorio histórico.
9. Coñecemento adecuado dos problemas físicos e das distintas técnicas e tecnoloxías, así como da función dos bens inmobles, de forma que se dote a estes de condicións internas de comodidade e de protección funcionais e culturais en consonancia e compatibilidade cos usos históricos reportados polo Ben arquitectónico.
10. Capacidade de concepción para satisfacer os requisitos dos usuarios dos bens inmobles respectando os límites impostos polos factores presupostarios, pola normativa da construcción e polas boas prácticas de intervención no patrimonio edificado, a cidade e o territorio histórico.
11. Coñecemento apropiado das industrias, organizacións, regulamentacións, normativas e procedementos metodolóxicos para plasmar os proxectos nos Bens e para integrar os planos na planificación. |
A5 A9 A14 A15 A16 A34 A36 A39 A41 A43 A44 A45 A46 A48 A58 A59 A61
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B17 B18 B19 B22 B23
|
|
Contents |
Topic |
Sub-topic |
HISTORIA E CRITERIOS DE RESTAURACIÓN ATA 1950 |
1 Introducción ao concepto de Patrimonio.
2 A Escola Arqueolóxica de Roma e a Escola Inglesa da Conservación do Patrimonio Arquitectónico, dúas alternativas á Restauración Estilística.
3 O século XIX, periodo de gran importancia para o Patrimonio en Francia.
4 Camilo Boito (1836-1914)
5 Lucca Beltrami (1854-1933) e Alfredo D'Andrade (1839-1915). O Método Histórico. A restauración histórica.
6 Alois Rielg (1858-1905). Unha aportación singular e fundamental.
7 As intervencións filolóxicos de Ricardo Velázquez Bosco (1843-1923)
8 Gustavo Giovannoni (1873-1947)
9 A restauración na España do século XX.
10 O Restauro Crítico
11 Os documentos de ámbito internacional. As leis do Estado Español e do Patrimonio Cultural de Galicia. Comentarios. |
A RESTAURACIÓN CONTEMPORÁNEA |
1 Modernidade e Restauración: a negación da historia.
2 Carlo Scarpa: a lectura secuencial do monumento.
3 Lina Bo Bardi: proxecto vs urbanismo.
4 Gae Aulenti: o permanente e o mudable.
5 Herzog and deMeuron: contraste e analoxía
6 Caruso St John / David Chipperfield: a contención como estratexia.
7 OMA, Rem Koolhaas: teoría, ao fin. |
Planning |
Methodologies / tests |
Competencies / Results |
Teaching hours (in-person & virtual) |
Student’s personal work hours |
Total hours |
Directed discussion |
A9 A36 B3 B6 B7 |
20 |
0 |
20 |
Student portfolio |
A5 A14 A34 B4 |
0 |
35.5 |
35.5 |
Document analysis |
A39 A59 A61 B14 B23 |
0 |
16 |
16 |
Collaborative learning |
B5 B19 B22 |
0 |
16 |
16 |
Objective test |
B11 B12 B15 B17 B18 |
2 |
0 |
2 |
Guest lecture / keynote speech |
A15 A16 A41 A43 A44 A45 A46 A48 A58 B1 B2 B8 B9 B10 B13 |
22 |
0 |
22 |
|
Personalized attention |
|
1 |
0 |
1 |
|
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students. |
Methodologies |
Methodologies |
Description |
Directed discussion |
Periodicamente se organizan sesións de crise nas que se confrontan de xeito informal os resultados dos traballos de diversos grupos se ben esta discusión pode estar dirixida por un moderador.
As tutorías individualizadas adícanse a atender as consultas dos estudantes sobre os distintos aspectos da asignatura, xa sexan de teoría ou de resolución de aspectos concretos da práctica, de forma individual. |
Student portfolio |
O alumno desenvolve un traballo persoal no que demostra a súa aptitud para crear estudos e proxectos de intervención no patrimonio cultural a nivel de proxecto básico. |
Document analysis |
Antes de iniciar o desenvolvemento material dos traballos, se procederá á análise das fontes documentais relacionadas co tema proposto mediante a utilización de documentos audiovisuais, bibliográficos, reportaxes documentais, paneis gráficos, fotografías, maquetas, artículos, textos informativos, normativa de aplicación, etc. Os grupos (profesores–alumnos) analizan a documentación dispoñible e a amplían, elaborando una síntese das distintas fontes documentais. |
Collaborative learning |
A clase se organiza en pequenos grupos de traballo, onde os alumnos traballan conxuntamente para resolver as tarefas asignadas polo profesor. Se organiza o grupo para obter a máxima información posible e compartila. |
Objective test |
Exame teórico. |
Guest lecture / keynote speech |
Destinada á introducción conceptual e á exposición de forma oral o gráfica da información aos alumnos. |
Personalized attention |
Methodologies
|
Directed discussion |
|
Description |
A avaliación é un proceso continuo, no que a actividade que en cada unha das sesións do curso desenvolve o estudiante é controlada e rexistrada. Periodicamente e, en todo caso, sempre que o estudante así o requira, infórmaselle da adecuación do nivel acadado polas súas actividades en relación cos obxectivos programáticos da materia.
Establécese un perído ao remate do curso, libre de sesións teóricas e de obradoiros, nos que a atención se desenvolve exclusivamente de xeito individual de forma que cada estudante é orientado cara á consecución dos obxectivos finais da materia ou, no seu caso, á excelencia.
En todo momento do curso os profesores brindan aos estudantes apoio complementario ao docente de xeito individual, en horario coñecido. |
|
Assessment |
Methodologies
|
Competencies / Results |
Description
|
Qualification
|
Student portfolio |
A5 A14 A34 B4 |
Nos traballos propostos, e a efectos da súa calificación, valoraranse aspectos como a coherencia conceptual, o nivel técnico das descripcións, a coherencia documental, a concreción técnica, a aportación personal na busca e elaboración dos datos e a claridade da expresión gráfica utilizada, pero, sobre todo, a correcta aplicación dos criterios desenvolvidos na asignatura en canto ás boas prácticas da conservación e restauración do patrimonio cultural. |
15 |
Guest lecture / keynote speech |
A15 A16 A41 A43 A44 A45 A46 A48 A58 B1 B2 B8 B9 B10 B13 |
Sendo unha materia teórico-práctica, utilizarase o método de avaliación contínua, controlarase a sistencia á clase e unha parte da calificación obterase da actitude e do traballo do estudante ao longo do cuatrimestre; pero debe completarse coa realización de a lo menos un traballo de contido teórico-práctico que permita comprobar que o estudante asimilou os contidos conceptuais e procedimentais propios da asignatura.
Na avaliciaión final do estudante se terá en conta:
-A asistencia á clase e o interese e participación nas sesións presenciais.
-A realización e exposición individual dos exercicios propostos.
-A realización de traballos individuais e/ou en grupo e a súa presentación e defensa individual e/ou en grupo.
-Calquera outra actividade que se detalle na guía docente da asignatura |
5 |
Objective test |
B11 B12 B15 B17 B18 |
Sendo unha materia teórico-práctica, utilizarase o método de avaliación contínua, controlarase a sistencia á clase e unha parte da calificación obterase da actitude e do traballo do estudante ao longo do cuatrimestre; pero debe completarse coa realización de a lo menos un traballo de contido teórico-práctico que permita comprobar que o estudante asimilou os contidos conceptuais e procedimentais propios da asignatura.
Na avaliciaión final do estudante se terá en conta:
-A asistencia á clase e o interese e participación nas sesións presenciais.
-A realización e exposición individual dos exercicios propostos.
-A realización de traballos individuais e/ou en grupo e a súa presentación e defensa individual e/ou en grupo.
-Calquera outra actividade que se detalle na guía docente da asignatura
- Todo esto completa e contextualiza á proba obxectiva: exame escrito sobre a materia teórica impartida. |
80 |
|
Assessment comments |
O alumno debe asistir fundamentalmente ás sesións maxistrais, e presentar os traballos propostos co nivel esixido de calidade cara superar a asignatura. Para aprobar a asignatura, o alumno contará con duas oportunidades (Xuño e Xullo). O profesor, dacordo cos alumnos, poderá optar por dividir o exame en dúas partes. O traballo será entregado en xuño e é indispensable para aprobar a asignatura. Se non se entrega, calificarase ao alumno como Non Presentado. A calificación acadada no traballo (máximo 2) sumarase á obtida nos exames escritos, sempre que en cada un deles se alcade unha puntuación mínima de 1,5 sobre 4. Con puntuacións inferiores, calificarase suspenso, se ben a nota do traballo se gardará para sumala no exame de xullo.
|
Sources of information |
Basic
|
Ceschi, Carlo. (1970). TEORÍA E STORIA DEL RESTAURO. . Mario Buzoni Editore. Roma
Choay, Françoise. (2007). ALEGORÍA DEL PATRIMONIO.. Gustavo Gili. Barcelona
Quatremère de Quincy, Antoine. (1998). CARTAS A MIRANDA. SOBRE EL DESPLAZAMIENTO DE LOS MONUMENTOS DE ARTE DE ITALIA.. Instituto de Patrimonio Cultural. Caracas
Rivera Blanco, Javier. (2008). DE VARIA RESTAURATIONE. TEORÍA E HISTORIA DE LA RESTAURACIÓN ARQUITECTÓNICA . Abada , editores. Madrid
Sanpaolesi, Piero. (1977). DISCORSO SULLA METODOLOGÍA GENERALE DEL RESTAURO DEI MONUMENTI.. Edam. Firenze
Riegl, Alöis. (1999). EL CULTO MODERNO A LOS MONUMENTOS.. Visor. Madrid
González Moreno-Navarro, José Luis. (1993). EL LEGADO OCULTO DE VITRUBIO.. Alianza. Madrid
Macarrón Miguel, Ana Mª. (1995). HISTORIA DE LA CONSERVACIÓN E LA RESTAURACIÓN. . Tecnos. Madrid
Gonzalo M. (2012). HISTORIA DEL ARTE E PATRIMONIO CULTURAL: UNA REVISIÓN CRÍTICA.. Prensas Universitarias. Universidad de Zaragoza.
Martínez Justicia, Mª José. (2000). HISTORIA E TEORÍA DE LA CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN ARTÍSTICA.. Tecnos. Madrid
Macarrón Miguel, Ana Mª e González Mozo, Ana. (1988). LA CONSERVACIÓN E LA RESTAURACIÓN EN EL SIGLO XX.. Tecnos. Madrid
Ruskin, John. (1987). LAS SIETE LÁMPARAS DE LA ARQUITECTURA . . Alta Fulla. Barcelona
Vitrubio Polión, Marco Lucio. (1995). LOS DIEZ LIBROS DE ARQUITECTURA.. Alianza. Madrid
Monterroso Montero, Juan M. (2001). PROTECCIÓN E CONSERVACIÓN DEL PATRIMONIO. PRINCIPIOS TEÓRICOS.. Tórculo Ediciones. Santiago de Compostela
Muñoz Viñas, Salvador. (2003). TEORÍA CONTEMPORÁNEA DE LA RESTAURACIÓN. . Editorial Síntesis. Madrid
Brandi, Césare. (1988-1989). TEORÍA DE LA RESTAURACIÓN .. Alianza Editorial. Madrid |
Aparte destas entradas bibliográficas, cada ano a asignatura incorpora bibliografías específicas que serán suxeridas ós estudantes. |
Complementary
|
Diderot, Denis. (2008). EL SOBRINO DE RAMEAU.. Verticales de bolsillo.
Yourcenar, Marguerite. (1989). EL TIEMPO, GRAN ESCULTOR.. Alfaguara. Madrid
Capitel, Antón. (1988). METAMORFOSIS DE MONUMENTOS E TEORÍAS DE LA RESTAURACIÓN. Alianza. Madrid
González-Varas, Ignacio. (). CONSERVACIÓN DE BENS CULTURALES. TEORÍA, HISTORIA, PRINCIPIOS E NORMAS.. E. Manuales Arte Cátedra.
Humanes Bustamante, Alberto. (1987). CRITERIOS DE INTERVENCIÓN EN EL PATRIMONIO ARQUITECTÓNICO. APROXIMACIÓN A UNA BIBLIOGRAFÍA BÁSICA. JORNADAS SOBRE CRITERIOS DE INTERVENCIÓN EN EL PATRIMONIO ARQUITECTÓNICO.. Madrid, del 19 al 23 de octubre de 1987. Ministerio de Cultura.
Murray, Linda. (1995). EL ALTO RENACIMIENTO E EL MANIERISMO. . Ediciones Destino. Barcelona
Ballart, Josep. (2006). EL PATRIMONIO HISTÓRICO E ARQUEOLÓGICO: VALOR E USO. . Ariel Patrimonio. Barcelona
D´Angelo, Paolo. (1999). LA ESTÉTICA DEL ROMANTICISMO.. Visor. Madrid
Calvo Serraller, Francisco. (1995). LA IMAGEN ROMÁNTICA DE ESPAÑA. ARTE E ARQUITECTURA DEL SIGLO XIX. Alianza. Madrid
Berlin, Isaiah. (2000). LAS RAÍCES DEL ROMANTICISMO.. Taurus. Madrid
Díaz-Fierros Viquiera, Francisco e López Silvestre, Federico, Coordinadores. (2009). OLLADAS CRÍSTICAS SOBRE A PAISAXE.. Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela
(2006). PAPELES DEL PARTAL. REVISTA DE RESTAURACIÓN MONUMENTAL.. Nº 3. Noviembre de 2006. Academia del Partal.
(2008). PAPELES DEL PARTAL. REVISTA DE RESTAURACIÓN MONUMENTAL.. Nº 4. Noviembre de 2008. Academia del Partal.
Rosen, Charles e Zerner, Henri. (1988). ROMANTICISMO E REALISMO. LOS MITOS DEL ARTE DEL SIGLO XIX.. Hermann Blume. Madrid
Ruskin, John. (1999). TÉCNICAS DE DIBUJO. . Laertes. Bacrelona |
|
Recommendations |
Subjects that it is recommended to have taken before |
History of Architecture 1/630G01035 |
|
Subjects that are recommended to be taken simultaneously |
|
Subjects that continue the syllabus |
|
|