O alumno poderá ser avaliado de dous modos diferentes:
AVALIACIÓN CONTINUA: O traballo do alumno ao longo do curso será avaliado de forma continua a través das seguintes probas:
1) Resolución dos problemas expostos nos seminarios: ata unha puntuación máxima de 2 puntos.
2) Prácticas de laboratorio: puntuación máxima de 1 punto.
3) Probas obxectivas: A materia dividirase en dous bloques e realizarase unha proba por bloque:
3.1) Bloque I (Temas 1-7 e 9): Puntuación máxima 4 puntos e mínima 1.5 puntos.
3.2) Bloque II (Tema 8 e 10-17): puntuación máxima 3 puntos e mínima 1 punto.
A calificación final do alumno que aparecerá nas actas da materia será o suma das calificación obtidas nos apartados anteriores: 1)+2)+3.1)+3.2), sempre e cando ámbalas dúas puntuacións nos apartados 3.1) e 3.2) acaden o valor mínimo indicado para computar na calificación final. No caso contrario a calificación que aparecerá nas actas será a suma dos apartados 1) e 2).
Os alumnos que non acadaran a puntuación mínima nos apartados 3.1) e/ou 3.2) terán unha segunda oportunidade nas convocatorias oficiais de ser evaluados do bloque ou bloques nos que non acadaron o mínimo.
Na segunda oportunidade se manterán as calificacións correspondentes ós apartados 1) e 2). Serán calificados de novo os apartados 3.1) e/ou 3.2)
Os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia poderán seguir a avaliación contínua do seguinte xeito:
1) Se colgarán na plataforma moodle problemas porpostos ao alumnado para a súa resolución e entrega o profesor.
2) As prácticas de laboratorio teñen carácter obrigatorio. O alumno deberá poñerse en contacto co profesor para buscar o xeito de cumplir este requisito.
3) As probas obxectivas poderán facerse na convocatoria de exame oficial (primeira e segunda oportunidade)
AVALIACIÓN ÚNICA CON EXAME FINAL:
Calquera alumno terá dereito a seguir a avaliación final, aínda que inicialmente optase por realizar a avaliación continua. Os alumnos poderán renunciar á avaliación continua, co fin de ser avaliados polo método de avaliación única con exame final, en calquera momento do curso, a condición de que o comuniquen ao profesor por escrito e nunha data anterior á data de convocatoria da convocatoria oficial.
A cualificación final do alumno será resultado da suma das seguintes cualificacións:
1) Proba obxectiva: puntuación máxima sobre 9 puntos. Esta avaliación realizarase coincidindo coas oportunidades oficiais.
2) Prácticas de laboratorio: puntuación máxima sobre 1 punto.
IMPORTANTE: É REQUISITO INDISPENSABLE a realización das prácticas e a entrega da memoria correspondente para a superación da materia, independentemente do método de avaliación aplicado. Aqueles alumnos que non realicen e/ou non entreguen a memoria figurarán coa materia como NON SUPERADA.
Para a obtención da cualificación de non presentado aplicásese o articulo 21 2.b das "NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DÁS CUALIFICACIÓNS DÚAS ESTUDOS DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO" Aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013 e Modificada polo Consello de Goberno do 30 de abril de 2014 (texto refundido)”
Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-II/1 do Código STCW, e recollido no Sistema de Garantía de Calidade, teránse en conta a hora de deseñar e levar a cabo a avaliación.