A avaliación dos contidos impartidos nas clases maxistrais e
de resolución de problemas da materia representa un 80% da nota global. A
avaliación das prácticas de laboratorio e a través de TIC por medio da proba de resposta breve é o 20%
restante.
Para aprobar a materia esixirase:
1) Proba
mixta: Proba escrita sobre os contidos impartidos nas clases maxistrais e
de resolución de problemas: ter un mínimo de 3,8 puntos sobre 8. O alumno debe demostrar nesta proba un coñecemento básico de todo o contenio da materia.
Para os alumnos que asistan regularmente a clase (mínimo 80% de asistencias), poderían facerse exames parciais e/ou unha avaliación continuada ao longo do curso que podería eximir de parte ou de toda a materia na proba mixta final.
Opcionalmente pódense entregar traballos realizados de forma autónoma polo alumno e propostos polo profesor de teoría.
Poderase valorar positivamente a participación do alumno nos exercicios e
os traballos propostos polo profesor ao longo do curso nas sesións
maxistrais e de resolución de problemas.
Para aprobar a materia deberá chegarse ao 4 sobre 8 na nota final correspondente ás partes de teoría e problemas da materia.
2) Ter un mínimo de 1 punto na proba de resposta breve.
Para os alumnos que asistan regularmente a clase (mínimo 80% de asistencias), podería facerse unha avaliación continuada ao longo do curso que podería eximir de parte ou de toda a materia na proba de resposta breve final.
Poderase valorar positivamente a participación do alumnado nas sesións prácticas e o seu razoamento ante preguntas realizadas polo profesorado durante as mesmas.
Se na proba mixta non se obtivo o 3,8 mínimo, para calcular a nota final a nota de prácticas dividirase por dous.
Se en prácticas non se obtivo o 1 mínimo, para calcular a nota final farase a media xeométrica ponderada.
Os criterios de avaliación contemplados nos cadros A-III/1 e A-III/3 do Código STCW, e recolleitos no Sistema de Garantía de Calidade, teranse en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación.