Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
CE1 - Aprender a aprender, por exemplo, cómo, cándo, ónde novos desenvolvementos persoais son necesarios. |
A2 |
CE2 - Auditar unha organización e deseñar planes de consulta (por exemplo lexislación impositiva, inversións, estudo de casos, proxecto de traballo). |
A3 |
CE3 - Comprender detalles do funcionamento empresarial, tamaño de empresas, rexións xeográficas, sectores empresariais, vinculación con coñecemento e teorías básicas. |
A7 |
CE7 - Comprender os principios da lei e vinculalos co coñecemento de negocios e xestión. |
A9 |
CE9 - Comprender os principio éticos, identificar as implicacións para as organizacións empresariais, deseño de escenarios. |
A10 |
CE10 - Comprender e utilizar sistemas contables e financeiros. |
A12 |
CE12 - Definir obxectivos, estratexias e políticas comerciais. |
A14 |
CE14 - Xestionar as operacións da empresa. |
A23 |
CE23 - Uso de instrumentos para a análise de entornos empresariais. |
B1 |
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
B2 |
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
B3 |
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
B4 |
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado. |
B5 |
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B6 |
CG1 - Que os estudantes formados sexan profesionais versátiles, capacitados tanto de iniciar o seu propio negocio como de desempeñar labores de deseño, planificación, organización, xestión, asesoramento e avaliación nas áreas e departamentos contables, financeiros e fiscais de organizacións empresariais, con especial referencia ás pequenas e medianas empresas. |
B7 |
CG2 - Que os estudantes posúan unha elevada capacitación metodolóxica de xestión e tratamento da información que lles proporcione vantaxes competitivas, non só no seu labor profesional, senón nunha sociedade global en permanente transformación. Para iso, o Grao debe estar dotado dun axeitado nivel de interdisciplinariedade, transversalidad e integración nas súas materias. |
B8 |
CG3 - Que os estudantes presten especial atención aos cambios que, tanto en conceptos, coma en metodoloxía ou en aplicacións, implican no mundo empresarial as novas tecnoloxías da información e as comunicacións. Así mesmo deben poder obter e actualizar os coñecementos específicos que teñan como base a aparición de novas leis e regulamentos que afecten ao mundo fiscal, financeiro ou contable. |
B9 |
CG4 - Que os estudantes integren a aprendizaxe na súa vida e no seu labor profesional, a través da metodoloxía de ensino que lles achega o Grao, o cal lles proporciona unha formación básica xeral que servirá como puntal para a formación continua ao longo da vida. |
B10 |
CG5 - Que os estudantes teñan unha perspectiva integral e destreza no manexo dos conceptos, técnicas e ferramentas empregados en cada unha das diferentes áreas funcionáis, con especial referencia ás contables, financeiras e fiscais da empresa; así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización. Todo iso tendo en conta os principios de sustentabilidade e responsabilidade social das mesmas. |
B11 |
CG6 - Que os estudantes saiban identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, realizar asesoramento fiscal e contable, control orzamentario, xestión de tesouraría, auditorías de contas e temas concursais (suspensións de pagamentos e quebras), tomar decisións en condicións de incerteza e avaliar resultados. |
B12 |
CG7 - Que os estudantes sexan capaces de liderar proxectos nas áreas de valoración da empresa, de dirección estratéxica e financeira; deben poder entender a información contable das empresas co fin de obter conclusións e realizar predicións tanto sobre rendementos coma sobre riscos futuros. |
B13 |
CG8 - Que os estudantes identifiquen os requisitos legais da información financeira aos que a empresa debe enfrontarse. |
B14 |
CG9 - Que os estudantes manifesten respecto aos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, o respecto e a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade. |
C1 |
CT1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
CT2 - Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
CT3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
CT4 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
CT5 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
CT6 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
CT7 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
CT8 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer o método contable e o seu output: os estados financeiros |
A1 A2 A3 A7 A9 A10 A23
|
|
C1 C3 C4 C5 C7 C8
|
Rexistrar contablemente, presentar e interpretar calquera transacción económica básica. |
A12 A14
|
B2 B3 B7 B11 B12 B13
|
|
Capacidade para aprender de xeito autónomo, buscando a solución a novos problemas a través da aplicación dos coñecementos adquiridos. |
|
B1 B5 B6 B8 B9 B10
|
|
Capacidade para traballar en equipo de maneira consultiva. |
|
B4 B14
|
C2 C6
|
Habilidade para presentar, discutir e defender puntos de vista diferentes. |
|
B4 B6
|
|
Ter un comportamento ético nos negocios. |
|
|
C4 C5
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Primeira parte: Fundamentos básicos da contabilidade |
Fundamentos básicos da contabilidade |
Tema 1: Introdución á contabilidade.
|
1.1. Actividade económica e necesidade de información.
1.2. Concepto de contabilidade.
1.3. Divisións da contabilidade. |
Tema 2: A información financeira. |
2.1. Usos e usuarios da información financeira.
2.2. Características básicas da información financeira.
2.3. Normativa para a elaboración da información financeira. |
Tema 3: O balance de situación. |
3.1. O patrimonio da empresa.
3.2. Principio de dualidade.
3.3. Elementos patrimoniais: activos, pasivos e neto. |
Tema 4: A conta de resultados e o estado de fluxos de efectivo. |
4.1. Criterio do devengo.
4.2. Resultado do período: ingresos e gastos.
4.3. Fluxo de efectivo: cobros e pagos. |
Tema 5: O método contable. |
5.1. Transaccións económicas e feitos contables.
5.2. A conta.
5.3. Tecnicismos das contas. |
Tema 6: Rexistros contables. |
6.1. Anotacións no libro diario.
6.2. Traspaso do libro diario ó libro maior.
6.3. Balance de comprobación e estados financeiros.
|
Tema 7: O ciclo contable. |
7.1. Rexistro das operacións realizadas no período.
7.2. Axustes por aplicación do devengo.
7.3. Preparación de estados financeiros.
7.3. Peche de contas temporais. |
Segunda parte: Introdución ao rexistro, presentación e interpretación de transaccións básicas. |
Introdución ao rexistro, presentación e interpretación de transaccións básicas. |
Tema 8: Transaccións de existencias comerciais. |
8.1. Compras de existencias.
8.2. Vendas de existencias.
8.3. Custe de produtos vendidos e existencias finais.
8.4. Perdas de valor de existencias. |
Tema 9: Valoración das saídas de existencias. |
9.1. Seguimento individualizado.
9.2. Asuncións acerca do fluxo de custo: FIFO, LIFO, PMP.
9.3. Efecto da asunción do fluxo de custo sobre os estados financeiros. |
Tema 10: Dereitos e obrigas derivados de operacións comerciais. |
10.1. Compra-venda de existencias realizada a crédito.
10.2. Gastos e ingresos pendentes de pago/cobro.
10.3. Gastos e ingresos pagados/cobrados por anticipado.
10.4. Perdas de valor de dereitos derivados de operacións comerciais. |
Tema 11: Inmobilizado. |
11.1. Adquisicións de inmobilizado.
11.2. Perdas de valor de inmobilizado.
11.3. Vendas de inmobilizado. |
Tema 12: Captación de recursos financeiros. |
12.1. Achegas dos accionistas.
12.2. Préstamos e outras débedas.
12.3. Remuneración de accionistas e prestamistas. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A2 A3 A7 A9 A10 B1 B2 |
17 |
34 |
51 |
Discusión dirixida |
B12 B14 C1 C2 C4 C5 C6 |
7 |
21 |
28 |
Obradoiro |
A1 A12 A14 A23 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C3 C7 C8 |
18 |
36 |
54 |
Proba de resposta múltiple |
B10 B11 B13 |
1 |
2 |
3 |
Proba obxectiva |
B10 B11 B13 |
2 |
8 |
10 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición feita polo profesor dos conceptos básicos necesarios para que os alumnos poidan buscar solución ós problemas contables tratados no programa. |
Discusión dirixida |
Preparación dos temas formulados polo profesor e participación na discusión dos mesmos na aula. |
Obradoiro |
Traballo individual e en grupo, guiado polo profesor, para a resolución, presentación e discusión de exercicios e casos prácticos. |
Proba de resposta múltiple |
Durante o curso realizarase una proba tipo test sen previo aviso. |
Proba obxectiva |
Exame final sobre aspectos teóricos e prácticos. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Obradoiro |
Proba de resposta múltiple |
Discusión dirixida |
|
Descrición |
Os problemas contables propostos para a súa resolución na aula teñen por obxecto afianzar a comprensión dos conceptos e da técnica contable. Para isto, o alumno será guiado polo profesor de xeito que poda chegar á solución ou solucións dos problemas que se lle propoñen. Adicionalmente, por medio das titorías, o profesor guiará a preparación das cuestións propostas para discutir na aula e a resolución das tarefas deseñadas para realizar fora da aula. Por último, as titorías en grupo (4 horas ao longo do cuadrimestre) destinaranse a discutir casos prácticos que pola súa complexidade ou variedade de solucións posibles requiren un maior grado de atención personalizada. Os grupos dividiranse en dous (15 alumnos aprox.) para as titorías en grupo. O profesor tratará de fixar as horas para as mesmas, se hai dispoñibilidade de aulas, na franxa horaria inmediatamente anterior ou posterior a aquela na que o grupo teña asignada a súa docencia. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Obradoiro |
A1 A12 A14 A23 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C3 C7 C8 |
Valorarase, a través de presentacións orais ou pequenas probas escritas individuais realizadas na aula, a aprendizaxe fora da aula baseada na resolución dos exercicios e casos prácticos propostos polo profesor. |
50 |
Proba de resposta múltiple |
B10 B11 B13 |
Durante o curso realizarase unha proba tipo test. O alumno que, por calquera razón, non realice a proba terá a cualificación de cero na mesma. |
10 |
Proba obxectiva |
B10 B11 B13 |
A fin de curso, no día e hora fixados polo centro, realizarase un exame dos contidos teóricos e prácticos da materia. |
40 |
|
Observacións avaliación |
A metodoloxía proposta persigue dous obxectivos básicos: i) incentivar ao alumno para que traballe de xeito continuado ao longo do curso e ii) fomentar a autonomía do estudante no proceso de aprendizaxe. Con este fin, ao alumno pídeselle que: a) Semanalmente realice os exercicios e casos prácticos propostos polo profesor. Recoméndase o traballo en equipo para discutir as posible solucións. Ao inicio dunha das dúas sesións de cada semana o profesor presentará aos alumnos un pequeno exercicio, similar aos propostos para realizar fora da aula, que cada alumno deberá resolver de xeito individual no tempo marcado polo profesor. Estas probas escritas recolleranse e de todas elas o profesor valorará catro, elixidas aleatoriamente ao rematar o cuadrimestre. A valoración destas probas suporá o 40% de cualificación final. b)Prepare, en grupo e seguindo as indicacións do profesor, un caso práctico para ser presentado na aula na data marcada polo profesor. Valorarase a dificultade do caso práctico, o rigor na súa resolución e a súa presentación e defensa na aula. A valoración deste caso práctico representará o 10% da cualificación final. c) Prepare, individualmente ou en grupo, as cuestións e exercicios propostas polo profesor para a súa discusión na aula. Valórase, tanto o rigor nos argumentos utilizados, consecuencia da súa preparación previa, como a habilidade para presentar e defender o seu punto de vista fronte ao dos seus compañeiros. Por esta vía o alumno pode compensar con ata 1 punto a cualificación total obtida coa avaliación continua (obradoiro e proba de resposta múltiple), sen superar o máximo que corresponde a esta avaliación (6 puntos). Isto é, dos sete elementos que se teñen en conta na avaliación continua (proba intermedia, catro probas escritas, caso práctico para presentar na aula e participación) elixiranse os seis que presenten as maiores cualificacións. Estudantes en réxime de dedicación parcial. Dadas as peculiaridades da materia, recoméndase aos estudantes aos que lles fora concedido o réxime de dedicación parcial que, de ser posible, traten de asistir asiduamente ás clases e participar nas actividades de avaliación continua. Se isto non fose posible, estes estudantes e só estes estudantes, poderán realizar, en lugar das diferentes probas de avaliación continua, unha única proba mixta encamiñada a avaliar todas as competencias e contidos propios da materia. Esta proba será en parte ou na súa totalidade oral e realizarase antes do remate das clases nunha data concordada entre todos os estudantes que estean nesta situación e o equipo docente da materia. A cualificación obtida nesta proba será considerada como a nota de avaliación continua destes estudantes. Deberán realizar, ademais, o exame final na mesma data e condicións que o resto do alumnado. Os estudantes en réxime de dedicación parcial deben contactar co profesorado da materia antes do 30 de setembro. En canto ao exame final e á cualificación na acta, lémbranse os seguintes acordos da Comisión Permanente da Facultade de Economía e Empresa do 6 de xullo de 2011: Cualificación de non presentado. Corresponde ao alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada. Condicións de realización do exame final. Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información. Avaliación da oportunidade de xullo. Esta deberá realizarse cos mesmos criterios que os utilizados, no seu caso, na avaliación do primeiro ou do segundo cuadrimestre. Por último, no caso de que ao alumno se lle conceda unha oportunidade de "avaliación adiantada", e só nese caso, realizarase unha proba mixta encamiñada a avaliar todas as competencias e contidos propios da materia. A valoración desta proba mixta representará o 100% da cualificación na acta.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Rivero Romero, J., Rivero Menéndez, M. R. y Rivero Menéndez, M.J. (2008). Contabilidad Financiera. Edisofer
Larrán Jorge, Manuel (Coord.) (2009). Fundamentos de Contabilidad Financiera. Pirámide
Arquero Montaño, J. L., Jiménez Cardoso, S.M. y Ruiz Albert, I. (2015). Introducción a la Contabilidad Financiera. Pirámide
Muñoz Merchante, Angel (2014). Introducción a la Contabilidad Financiera. Ediciones Académicas
Solá Tey, Magda y Vilardell Riera, Inmaculada (2009). Introducción a la Contabilidad General. McGraw Hill
Rivero Romero, J., Rivero Menéndez, M. R. y Rivero Menéndez, M.J. (2010). Supuestos de Contabilidad Financiera. Edisofer |
|
Bibliografía complementaria
|
Horngren, C. T.;Harrison, W.T. y Bamber, S.L. (2003). Contabilidad. Pearson
Muñoz Jiménez, José (Coord.) (2008). Contabilidad Financiera. Pearson
Sutton, Tim (2004). Corporate Financial Accounting and Reporting. Prentice Hall
Phillips, F., Libby, P.A. (2006). Fundamentals of Financial Accounting. McGraw Hill
Camacho Miñano, M. M. y Rivero Menéndez, M.J. (2010). Introducción a la Contabilidad Financiera. Pearson |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Análise das Operacións Financeiras/650G01014 |
|
Materias que continúan o temario |
Contabilidade Financeira II/650G01017 |
|
|