Identifying Data 2017/18
Subject (*) Career guidance Code 652511217
Study programme
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 2nd four-month period
First Optativa 4.5
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinador
Espiñeira Bellon, Eva Maria
E-mail
eva.espineira@udc.es
Lecturers
Espiñeira Bellon, Eva Maria
E-mail
eva.espineira@udc.es
Web http://http://www.educacion.udc.es/index.php?pagina=asignatura&codigo=652511217&grupo=
General description A orientación profesional conta con importantes implicacións para a intervención escolar e sociolaboral. Caracterizarase o seu desenvolvemento institucional, planificaranse e avaliaranse intervencións aplicables a diferentes contextos e persoas destinatarias, tendo en conta unha actitude crítica e transformadora ante diferentes enfoques (xénero, TICs,...).

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Planificar programas, proxectos e servizos de intervención para a mellora dos membros da comunidade educativa, aplicables a diferentes contextos e grupo destinatario.
A4 Capacidade para coordinar, facilitar e impulsar a utilización de medios e recursos didácticos e multimedia favorecedores de atención á diversidade
A6 Dominar o marco lexislativo que regula o funcionamento das diversas institucións e adoptar un marco teórico de referencia que ampare os criterios de selección dos diferentes instrumentos e estratexias de diagnóstico, intervención e avaliación.
A7 Potenciar a xustiza curricular mediante o uso de estratexias didácticas respectuosas coa diversidade social, cultural e ambiental, analizando criticamente a experiencia histórica de exclusión educativa, e elaborando as adaptacións do currículo que garantan unha perspectiva inclusiva da educación
A12 Comprender a necesidade de incorporar o enfoque de xénero e deseñar propostas de orientación profesional que integren esta dimensión
B3 Capacidade de resolución de problemas
B4 Capacidade de aplicar coñecementos na práctica psicopedagóxica
B6 Traballar de forma autónoma e con iniciativa
B8 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional
B10 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos más amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B11 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B13 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Comprender as bases teóricas, conceptuais e legais da orientación profesional e valorar as súas implicacións para a intervención. AJ6
Caracterizar o desenvolvemento institucional da orientación profesional e analizar a súa situación actual. AJ6
BC3
BC4
BC6
BC10
BC11
BC13
CC4
Analizar as funcións sociopolíticas da orientación profesional e reflexionar sobre as posibilidades e características dunha orientación profesional para o cambio que incida nunha práctica non discriminatoria. AJ7
AJ12
Planificar e avaliar intervencións aplicables a diferentes contextos e destinatarios. AJ1
AJ4
AJ12
BC4
Coñecer os distintos ámbitos de aplicación das TICs na orientación profesional e saber utilizalas. BC10
BC11
CC3
CC6
Comprender a necesidade de incorporar o enfoque de xénero e deseñar propostas de orientación profesional que integren a dimensión de xénero. AJ7
AJ12
BC3
BC6
BC8
Adquirir unha actitude crítica e transformadora ante as problemáticas da orientación profesional. AJ7
CC4
CC6

Contents
Topic Sub-topic
Tema. 1. Delimitación conceptual e bases teóricas da Orientación Profesional. 1.1. Procesos, contextos, persoas destinatarias e denominacións.
1.2. Principios de intervención e ideas forza.
1.3. Modelos de intervención.
1.4. Áreas de intervención.
Tema 2. Orientación profesional con enfoque de xénero: finalidades e pautas para a súa integración. 2.1. A influenza do xénero na toma de decisións académicas e profesionais.
2.2. Radiografía das desigualdades de xénero no sistema educativo e no mercado laboral.
2.3. Normativa legal e enfoque de xénero na OP: evolución e situación actual.
2.4. Finalidades, obxectivos e contidos da OP con enfoque de xénero.
2.5. Análise e deseño de programas e actividades de OP que incorporan a perspectiva de xénero.
Tema 3. A orientación profesional no sistema educativo. 3.1. Desenvolvemento insitucional e situación actual.
3.2. Orientación para a transición da escola ao traballo.
3.2. Análise e deseño de programas e servizos de orientación profesional.
Tema 4. A orientación profesional con persoas desempregadas. 4.1. Principais fitos e tendencias no desenvolvemento institucional da OP no ámbito laboral.
4.2. Colectivos con especiais dificultades de inserción laboral.
4.3. Itinerarios personalizados de inserción como metodoloxía de intervención.
4..4 A OP no proceso de acreditación de competencias.

Tema 5. TICs e Orientación Profesional. 5.1. Ámbitos de utilización de Internet e da web 2.0.
5.2. Posibilidades de utilización dalgunhas ferramentas da web 2.0.
5.3. As competencias dixitais dos profesionais da orientación profesional.


Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Supervised projects A1 A6 A7 A12 B3 B4 B6 B10 B13 C6 3 18 21
Document analysis A12 B6 B11 B13 C4 C6 3 10.5 13.5
Guest lecture / keynote speech A6 B11 B13 C3 C4 C6 3 18 21
Case study A1 A4 A6 A7 A12 B3 B4 B6 B8 B10 B11 B13 C3 C4 C6 3 12 15
Long answer / essay questions A6 B3 B4 B10 B11 3 12 15
ICT practicals A4 B3 B4 B6 B10 C6 C3 3 9 12
 
Personalized attention 15 0 15
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Supervised projects Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos/das estudantes, baixo a tutela do profesorado e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos/polas estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos/das estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesorado-titor.

O alumnado escollerá unha das tres opcións:
a) Deseño dunha proposta de intervención no campo da orientación profesional que integre a perspectiva de xénero.
b) Selección, almacenaxe e difusión de recursos dixitais para a orientación profesional.
c) Análise e deseño de investigacións no campo da orientación profesional.
Document analysis Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.

A análise de fontes documentais abrangue distintas temáticas:
- Cuestións teóricas sobre a orientación profesional e integración do enfoque de xénero.
- Programas de orientación profesional non sexistas.
- Investigacións no ámbito da orientación profesional
Guest lecture / keynote speech Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Case study Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Long answer / essay questions Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Utilízase para a avaliación diagnóstica, formativa e sumativa. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
ICT practicals Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico (demostracións, simulacións, etc.) a teoría dun ámbito de coñecemento, mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. As TIC supoñen un excelente soporte e canal para o tratamento da información e aplicación práctica de coñecementos, facilitando a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado.

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Case study
Long answer / essay questions
ICT practicals
Description
As metodoloxías sinaladas complementaranse con sesións de titorías (atención personalizada) para consulta de dúbidas e axuda na resolución dos traballos propostos.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects A1 A6 A7 A12 B3 B4 B6 B10 B13 C6 O alumnado escollerá unha das tres opcións:
a) Deseño dunha proposta de intervención no campo da orientación profesional que integre a perspectiva de xénero.
b) Selección, almacenaxe e difusión de recursos dixitais para a orientación profesional.
c) Análise e deseño de investigacións no campo da orientación profesional.
50
Case study A1 A4 A6 A7 A12 B3 B4 B6 B8 B10 B11 B13 C3 C4 C6 O alumnado enfrontarase ante a descrición de situacións específicas que suscitan un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. 30
Long answer / essay questions A6 B3 B4 B10 B11 Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Utilízase para a avaliación diagnóstica, formativa e sumativa. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. 20
 
Assessment comments

ALUMNADO ASISTENTE: considerarase alumnado asistente a aquel que
presente, como máximo un 20% de faltas de asistencia durante o curso;
por iso, o profesorado poderá solicitarlle ao alumnado que asine unha
folla tanto á entrada como á saída. Ata un 20% das clases poderán
desenvolverse mediante charlas, conferencias, asistencia a seminarios
que non teñen por que coincidir co horario habitual das clases, pero que
será necesaria a asistencia para alumnado considerado como presencial. O
alumnado poderá xustificar as súas faltas de asistencia.


Os exemplares da realización dos traballos tutelados e do estudo de casos (80% da
cualificación) enviarase telematicamente e de non ser
posible, non utilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara,
empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un
uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o
medio natural. Débese
ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos
valores da sosenibiliade nos comportamentos persoais e profesionais.O
prazo máximo de entrega será a semana seguinte de finalizar as clases.
O alumnado realizará tamén unha proba escrita da
totalidade dos contidos fixados na guía docente da materia (20% da
cualificación).

ALUMNADO NON ASISTENTE: O alumnado que non forme parte de ningún
grupo,
non realice as prácticas correspondentes (traballo tutelado e estudo de casos) ou non
asista regularmente ás clases, considerase alumnado non asistente. O
alumnado que teña un 20% de faltas de asistencia considerarase non
asistente e deberá presentar a resolución de tarefas asignadas para os traballos tutelados e estudo de casos obrigatoriamente de maneira individual (que
deberán ser avaliadas como aptas dentro do 80% da cualificación) e
realizar unha proba escrita da
totalidade dos contidos fixados na guía docente da materia (20% da
cualificación).

NOTA: A UDC regula a matrícula de estudantes a tempo parcial, criterios
que tamén serán tidos en conta polo profesorado, polo que será necesario
que o alumnado con este tipo de réxime de dedicación, o informe ao
profesorado e concerten a maneira na que se desenvolverá o proceso de
ensino-aprendizaxe.


Sources of information
Basic Álvarez González, M. (2013). Bases teórico-prácticas de la orientación profesional. Madrid: UNED
Cobos Cedillo, A. (2012). La orientación profesional y la búsqueda de empleo. Experiencias innovadoras y técnicas de intervención que facilitan la inserción laboral. Barcelona: Editorial Grao
Martínez Clares, P. (2002). La orientación psicopedagógica: modelos y estrategias de intervención. Madrid: EOS
Izquierdo Rus, T. (2010). Los nuevos retos del mercado laboral: una perspectiva desde la orientación profesional. Úbeda: Editorial Amarantos
Echeverría Samanés, B. (2008). Orientación profesional. Barcelona: Editorial UOC
Santana Vega, L.E. (2013). Orientación profesional. Madrid: Síntesis
Rodríguez Moreno, M.L. (2011). Orientación profesional no sexista: teoría y práctica. Saarbrücken: Editorial Académica Española
Sánchez García, M.F. (2013). Orientación profesional y personal (libro electrónico). Madrid: UNED
Sobrado Fernández, L.M. y Cortés Pascual, A. (2009). Orientación profesional: nuevos escenarios y perspectivas. Madrid: Biblioteca Nueva
Manzanares, A. y Sanz C. (2012). Situación actual y desafíos de la orientación: repensando la orientación en el ámbito educativo. Madrid: Walters Kluwer Educacion

Para cada tema proporcionarase bibliografía e webgrafía específica.

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.