Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A2 |
Utilizar modelos colaborativos de acción socioeducativa que promovan verdadeiras comunidades de aprendizaxe, favorecendo o traballo en contornos multiprofesionais |
A6 |
Desenvolver proxectos educativos de centro e/ou propostas pedagóxicas innovadoras baseadas na xustiza, a democracia e a diversidade. |
A8 |
Redactar, presentar e defender proxectos de investigación e informes, memorias, regulamentos, así como outros documentos básicos que contribúan a organizar a acción escolar e/ou socioeducativa. |
A10 |
Ser capaz de impulsar e desenvolver estratexias que impulsen a cultura de traballo en rede. |
A11 |
Capacidade para fomentar e liderar a creatividade e innovación nas entidades e institucións promovendo proxectos orientados ao cambio de culturas profesionais. |
B2 |
Capacidade de resolución de problemas |
B5 |
Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión |
B7 |
Capacidade para elaborar e defender un discurso ante diferentes audiencias |
B12 |
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación. |
B13 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos más amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. |
B14 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. |
B15 |
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades. |
B16 |
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común |
C6 |
Capacidade de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuizos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclua reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuizos, valorando criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información disponible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Identificar as claves dos procesos de innovación nas institucións |
AP6 AP10 AP11
|
BM2 BM5 BM7 BM12 BM13 BM14 BM15 BM16
|
CM4 CM6 CM7 CM8
|
Recoñecer elementos asociados ás "boas prácticas" nos distintos ámbitos de xestión |
AP6 AP8 AP11
|
BM2 BM5 BM7 BM12 BM13 BM14 BM15 BM16
|
CM4 CM6 CM7 CM8
|
Coñecer procesos de funcionamento de redes comunitarias de aprendizaxe e innovación |
AP2 AP10 AP11
|
BM2 BM5 BM7 BM12 BM13 BM14 BM15 BM16
|
CM4 CM6 CM7 CM8
|
Integrar a racionalidade ética na acción social profesional |
AP2 AP6 AP10
|
BM2 BM5 BM7 BM12 BM13 BM14 BM15
|
CM4 CM6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Ética e política na xestión de organizacións inclusivas |
1.1. Ética aplicada ao ámbito socioeducativo
1.2. Calidade ética das organizacións: tomar decisións prudentes e moralmente xustas |
2. Perspectiva de xénero e innovación |
2.1. O deseño da innovación como proceso de mellora.
2.2. Relacións de xénero e (des)igualdade nas organizacións.
|
3. Dimensións e ámbitos de xestión |
3.1 Xestión e innovación en servizos sociais.
3.2. Xestión e innovación no eido do envellecemento e a solidariedade interxeneracional.
3.3. Xestión e innovación na educación ambiental. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Análise de fontes documentais |
B5 B7 B13 B14 B16 C4 C6 C7 C8 |
0 |
30 |
30 |
Discusión dirixida |
A2 A10 B2 B5 B7 B12 B13 B14 B15 B16 C4 C6 C7 C8 |
10 |
0 |
10 |
Estudo de casos |
A2 A3 A6 A8 B7 B12 B13 B14 B15 B16 C4 C6 C7 C8 |
10 |
0 |
10 |
Seminario |
A2 A10 A11 B2 B5 B7 B12 B13 B14 B15 B16 C4 C6 C7 C8 |
10 |
0 |
10 |
Portafolios do alumno |
A2 A6 A8 A10 A11 B2 B5 B7 B12 B13 B14 B15 C4 C6 C8 |
1.5 |
49 |
50.5 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Análise de fontes documentais |
Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. |
Discusión dirixida |
En base a lecturas previas de carácter obrigatorio, a través das que recoller diferentes argumentacións sobre unha temática. Favorecerase o debate e contraste de opinións fundamentadas, coa finalidade de que o alumnado constrúa unha visión crítica das diferentes formas de interpretar a realidade socioeducativa. |
Estudo de casos |
Consiste na procura e/ou achegamento dunha serie de casos ou experiencias socioeducativas para o seu estudo, análise e discusión á luz dos referentes teóricos da materia. |
Seminario |
Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todas as persoas participantes no seminario. |
Portafolios do alumno |
Dossier ordenado por seccións, debidamente identificadas e paxinadas, no que se recollen os rexistros e/ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado, debidamente apoiados en fontes bibliográficas. Incluiranse aquelas prácticas indicadas polas docentes, referentes aos seminarios. Ademais das prácticas incluirase unha introdución e un apartado de conclusións, no que reflexionar sobre as aprendizaxes desenvolvidas no conxunto da materia, procurando establecer sinerxías entre os contidos traballados.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Portafolios do alumno |
Discusión dirixida |
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Seminario |
A2 A10 A11 B2 B5 B7 B12 B13 B14 B15 B16 C4 C6 C7 C8 |
Valorarase a participación nas sesións presenciais, especificamente no que se refire a:
- Comprensión dos contidos abordados.
- Apoio na documentación traballada.
- Calidade das argumentacións (coherencia lóxica, capacidade explicativa...).
- Creatividade das achegas.
- Capacidade de establecer conexións coa experiencia (exemplificación).
- Problematización e cuestionamento.
- Claridade e corrección lingüística. |
30 |
Portafolios do alumno |
A2 A6 A8 A10 A11 B2 B5 B7 B12 B13 B14 B15 C4 C6 C8 |
Implica un estudo amplo e profundo das cuestións clave abardadas na materia, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. Valoraranse as capacidades de razoamento (argumentación, sinerxías...), síntese, creatividade e orixinalidade, espírito crítico, precisión conceptual e calidade da redacción, empregando unha linguaxe propia do contexto disciplinar. |
70 |
|
Observacións avaliación |
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
CORTINA, Adela (1999). La empresa ante la crisis del estado de bienestar una perspectiva ética. Madrid: Miraguano
DELANTY, gerard (2006). Community Comunidad, educación ambiental y ciudadanía . Barcelona: Grao
VILAR, Jesús (2013). Cuestiones éticas en la educación social: del compromiso político a la responsabilidad en la práctica profesional. Barcelona: UOC
MOGENSEN, Finn; MAYER, Michela; BREITING, Soren; VARGA, Attila (2009). Educacion para el desarrollo sostenible. Tendencias, divergencias y criterios de calidad. Barcelona: Grao
CAMPS, Victoria (2010). El declive de la ciudadanía: la construcción de una ética pública. Boadilla del Monte (Madrid): PPC
HONNETH, Axel (2014). El derecho de la libertad. Esbozo de una eticidad democrática.. Madrid: Katz
PULEO, Alicia (Ed.) (2008). El reto de la igualdad de género. Madrid:Biblioteca Nueva
CORTINA, Adela (2001). Ética aplicada y democracia radical. Madrid: Tecnos
PELEGRI, Xavier (2013). Ética de las organizaciones de servicios sociales . Cuadernos de Trabajo Social, 26 (1), 139-148.
Román, Begoña (2016). Ética de los servicios sociales. Barcelona: Herder
IDARETA, Francisco e BALLESTERO, Alberto (2013). Ética, paternalismo y burocracia en trabajo social.. Portularia, 13(1), 27-35.
VÁZQUEZ RECIO, Rosa (2013). La dirección de Centros: Gestión, ética y política. Madrid: Morata
SÁNCHEZ MARTÍNEZ, Mariano (Dir.) (2007). La evaluación de los programas intergeneracionales. Madrid: IMSERSO
MARTÍNEZ RODRÍGUEZ, Teresa; DÍAZ-VEIGA, Pura; RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, Pilar; SANCHO CASTIELLO, Mayte (2015). Modelo de atención centrada en la persona. Cuadernos prácticos. Donostia: Departamento de Empleo y Políticas Sociales del Gobierno Vasco y Matia Fundazioa
SÁNCHEZ MARTÍNEZ, Mariano; KAPLAN, Matthew e SÁEZ CARRERAS, Juan (2010). Programas intergeneracionales. Guía introductoria. Madrid: IMSERSO
CORTINA, Adela (2015). Razón instrumental, razón moral. . Eidon, 43, 4-15.
DÍAZ-GIBSON, J. y CIVÍS, M (2011). Redes socioeducativas promotoras de Capital Social en la comunidad: un marco teórico de referencia. . Cultura y Educación, 23 (3), 415-429. |
Revistas - Educación Social. Revista de Intervención Socioeducativa.
- Documentación Social.
- Pedagogía Social. Revista Interuniversitaria.
- Revista Galega de Educación.
- ambientalMENTE sustentable.
- RES, Revista de Educación Social.
- Revista Enlace.
- Educational Gerontology Journal.
|
Bibliografía complementaria
|
BERMEJO, Lourdes (Ed.) (2010). Envejecimiento activo y actividades socioeducativas con personas mayores: Guía de buenas prácticas . Madrid: Médica Panamericana
CORTINA, Adela (1994). Ética de la emprsa. Madrid: Trotta
FISCHER, Thomas (ed.) (2008). Intergenerational Learning in Europe. Policies, Programmes & Practical Guidance. University of Erlangen-Nuremberg
CAUSAPIÉ LOPESINO, Purificación (Coord.) (2011). Libro Blanco del Envejecimiento Activo. Madrid: IMSERSO
FANTOVA, Fernando (2005). Manual para la gestión de la intervención social. Madrid: Editorial CCS
HATTON-YEO, Alan (2007). Programas intergeneracionales, solidaridad intergeneracional y cohesión social. En Mariano Sánchez Martínez (Dir.) Programas intergeneracionales. Hacia una sociedad para todas las edades (p. 123-140). Barcelona: La Caixa
FERNÁNDEZ, Tomás e ARES, Antonio (coords.) (2002). Servicios sociales: dirección, gestión y planificación. Madrid: Alianza Editorial
PASCUAL BARRIO, M. Belén e GOMILA GRAU, M. Antònia (2013). Treball comunitari intergeneracional: l’experiència de dos projectes socioeducatius intergeneracionals a Palma. Anuari de L’Envelliment, Illes Balears 2013, pp. 84-102 |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|