A calificación de Non Presentado se otorgará a todos aqueles estudantes que non se presenten á proba de resposta múltiple e non teñan presentado o traballo tutelado, na convocatoria oficial. A calificación de Non Apto otorgarase a aqueles estudantes que non acadaran a metade da puntuación en cada unha das metodoloxías sinaladas, é dicir, a lo menos un 1,5 na proba de resposta múltiple, e un 3 no traballo tutelado. O punto restante correspóndese coa asistencia e terá que ser alomenos do 80% das sesións do curso para poder sumar as outras dúas notas.
No caso de non asistir ao 80% das sesións, o estudante só terá dereito a facer a proba final de resposta múltiple, que será máis ampla que a que deben realizar os asistentes e que puntuará sobre 9. Para aprobar a asignatura será preciso conquerir alomenos un 4,5 sobre 9.
Aqueles estudantes con matrícula a tempo parcial seguirán o mesmo sistema de avaliación que os estudantes presenciais; pero coa diferenza de que terán un seguimento coa asistencia a dúas titorías coa profesora.
No caso de non obtener a cualificación de 5 na primeira convocatoria, se conservará a nota do traballo tutelado para a seguinte convocatoria. A partir da terceira convocatoria, xa se deberá ir só á proba de resposta múltiple.