Identifying Data 2017/18
Subject (*) Insertion and labour orientation Code 652606612
Study programme
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree Yearly
First Obligatoria 4
Language
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinador
Arza Arza, Neves
E-mail
neves.arza@udc.es
Lecturers
Arza Arza, Neves
E-mail
neves.arza@udc.es
Web
General description A orientación profesional é un campo de actuación do profesorado de FOL. A ausencia de formación neste campo nas titulacións cursadas polo alumnado que accede ó itinerario de FOL explica a necesidade desta materia. A súa finalidade é proporcionar as competencias necesarias para comprender o alcance e importancia da orientación profesional, así como para planificar, desenvolver e avaliar accións de orientación profesional no Ensino Secundario e na Formación Profesional.

Study programme competencies
Code Study programme competences / results
A15 CE-E1)Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
A16 (CE-E2)Coñecer os contidos que se cursan nos respectivos ensinos.
A17 (CE-E3)Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas.
A18 (CE-E4)Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares
A19 (CE-E5)Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
A20 (CE-E6)Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
A21 (CE-E7)Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
A25 (CE-E11)Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences / results
Identificar as atribucións docentes e as funcións do profesorado da especialidade de FOL no campo da orientación profesional e compreder a importancia e necesidade de formación neste campo AJ15
CC7
Caracterizar a evolución e situación actual da orientación profesional no sistema educativo e no ámbito laboral, principalmente, no que fai ós aspectos organizativos, funcionais e profesionais. AJ17
CC7
Analizar o desenvolvemento teórico da orientación, describir e comprender os seus trazos conceptuais, as áreas, os principios e os modelos de intervención da orientación profesional e reflexionar sobre as súas implicacións para a práctica. AJ15
AJ17
AJ19
Identifica-los factores que interveñen na inserción laboral e analiza-la súa relación coas áreas de intervención. AJ19
Analizar a influenza do xénero na toma de decisións académicas e profesionais e na inserción laboral e identificar os indicadores da desigualdade de xénero no sistema educativo e no mercado laboral. AJ19
CC4
Comprender a necesidade de incorporar o enfoque de xénero na orientación profesional e deseñar propostas didácticas nas que se integre. AJ18
AJ20
Analizar as funcións sociopolíticas da orientación profesional reflexionar sobre as posibilidades e características dunha orientación profesional para o cambio que incida nunha praxe non discriminatoria AJ15
AJ19
CC4
Analizar o currículo das materias e módulos da especialidade de FOL tendo como criterios as características conceptuais da orientación profesional, as áreas e modelos de intervención. AJ15
AJ16
Deseñar, seleccionar e valorar programas e materiais de orientación profesional AJ20
AJ21
AJ25
Identificar as posibilidades de utilización das ferramentas da web 2.0 na OP, incorporalas na programación das materias da especialidade e valorar a súa contribución a alfabetización dixital do alumnado AJ16
AJ19
AJ20
CC3
Comprender e utilizar axeitadamente a terminoloxía do campo da orientación e inserción profesional. CC1

Contents
Topic Sub-topic
Tema 1. A orientación profesional:campo de intervención do profesorado de FOL



1.1. A orientación profesional/laboral no currículo dos módulos e áreas que imparte o profesorado de FOL
1.2. A orientación profesional/laboral como función: as atribucións do profesorado de FOL nos departamentos de orientación e nos departamentos de información e orientación profesional.
1.3. A orientación profesional no temario de acceso á especialidade
1.4. Perfil profesional do/a orientador/a laboral
Tema 2. Orientación profesional e orientación laboral
2.1 Delimitación, caracterización conceptual da orientación profesional e da orientación laboral e relacións entre ambas.
2.2. Orientación profesional e empregabilidade.
2.3. Áreas de intervención
2.4. Modelos de intervención
2.5. A orientación na avaliación, recoñecemento e acreditación de competencias
Tema 3. Xénero e orientación profesional
3.1. Conceptos para comprender e explicar as desigualdades de xénero.
3.2. Xénero, proxecto profesional e inserción laboral.
3.2. Radiografía das desigualdades de xénero no sistema educativo e no mercado laboral
3.3. A OP non discriminatoria (tamén non sexista ou para a igualdade de oportunidades) na normativa legal: evolución e situación actual.
3.4. A perspectiva de xénero na OP e xustiza social: conceptualización e pautas para a súa integración.
5.5. Programas e recursos para una OP con enfoque de xénero.
Tema 4. A utilización das tecnoloxías dixitais en orientación profesional 4.1. Algúsn conceptos de partida
4.2. Ámbitos de utilización das TIC en OP
4.3. O desenvolvemento das competencias dixitais: obxectivo da orientación profesional
4.4. Boas prácticas na utilización das tecnoloxías dixitais en OP.
Tema 5. Desenvolvemento e situación actual da orientación profesional e laboral no sistema educativo e no ámbito laboral
2.1. Principais fitos e tendencias no desenvolvemento da OP.
2.2. Organización e funcións da OP no sistema educativo.
2.3. Organización e funcións da OP no ámbito laboral
2.4. A orientación profesional nas políticas de formación e emprego da UE.


Planning
Methodologies / tests Competencies / Results Teaching hours (in-person & virtual) Student’s personal work hours Total hours
Introductory activities 2 0 2
Document analysis A17 A19 A25 C1 C4 5 15 20
Guest lecture / keynote speech A15 A17 A19 6 0 6
Collaborative learning A16 A18 A20 A21 C3 4 8 12
Oral presentation C1 C3 1 1 2
Student portfolio A15 A16 A17 A18 A19 C1 C4 C7 0 13 13
Problem solving A18 A20 A21 C1 C3 C7 7 27 34
ICT practicals C3 1 2 3
Mixed objective/subjective test A19 1 3 4
 
Personalized attention 4 0 4
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Actividade que se realiza ao inicio de cada tema. A súa finalidade é que o alumnado tome conciencia dos seus coñecementos previos e que os utilice na elaboración do cartafol como un recurso para a valoración e reflexión das aprendizaxes construídas na materia.
Document analysis As actividades de análise documental abordan distintas temáticas da materia:
a) Análise do currículo das materias da especialidade e de dous libros de texto (actividade grupal)
b) Análise de programas e actividades de orientación non sexista (actividade grupal)
c) Análise de documentos que permiten profundizar nas temáticas dos temas e dos que se dará conta no portafolios (actividade individual)
d) Busca e análise de experiencias de utilización das TIC en orientación profesional
Guest lecture / keynote speech O método expositivo vai ser utilizado para presentar, explicar e sintetizar algunhas das temáticas que integran o programa da materia. Esta metodoloxía complementase coa análise documental de afondamento.
Collaborative learning A aprendizaxe colaborativa é o principio que ha de rexir nas actividades grupais de análise de fontes documentais e na de resolución de problemas. Vai ser obxecto auto-avaliación e co-avaliación e vai repercutir na cualificación de cada unha das persoas do grupo de traballo.
Oral presentation Presentación grupal dun da resolución de problemas. A presentación vai ser avaliada polo resto do alumnado a partir dunha rúbrica, elaborada e consensuada polo alumnado a partir de varias propostas proporcionadas pola profesora.
Student portfolio Consiste nun informe no que o alumnado da conta das aprendizaxes adquiridas, da súa aplicación no TFM e no período de prácticas e da relación existente co resto das materias do mestrado. No portafolios hai que incluír un mapa conceptual dos contidos da materia.
Problem solving Consiste na resolución dun reto a escoller entre unha proposta de catro,: deseñar unha proposta utilizando a aprendizaxe basada en proxectos, a utilización das tecnoloxías dixitais para abordar unha das temáticas da orientación profesional, a integración do enfoque de xénero, e a curación e difusión de recursos dixitais de interese para o ensino e a aprendizaxe nos módulos da especialidae de FOL.
ICT practicals Consiste na creación dun marcador social para a recompilación de recursos dixitais sobre orientación profesional. Esta actividade é común o resto das materias do itinerario, de xeito que se engrandece coa incorporació dos recursos de todas as materias. Con esta actividade tráballanse as competencias dixitais docentes, principalemnte da área de información.
Mixed objective/subjective test Está orientada á avaliación das aprendizaxes teóricas. Combina preguntas curtas nas que o alumnado ha de analizar, relacionar e valorar contidos abordados na materia.

Personalized attention
Methodologies
Oral presentation
Problem solving
Description
A titoría vai ser grupal e individual, obrigatoria e a demanda. A súa finalidade é apoiar e supervisar o proceso de aprendizaxe individual e grupal.

A resolución de problemas, como se indica na planificación, esixe de apoio personalizado, sendo obrigatoria a asistencia a tres titorías. Na primeira, teñen que dar conta da planificación do traballo e da organización do grupo para que cumpra cos principios do traballo colaborativo. A segunda é de seguimento da tarefa e na terceira teñen que presentar un esbozo de cómo van facer a presentación oral do estudo de caso.

O alumnado con matrícula a tempo parcial terá unha atención personalizada vinculada a modalidade de avaliación específica que se describe no apartado de avaliación.

Assessment
Methodologies Competencies / Results Description Qualification
Mixed objective/subjective test A19 Preguntas curtas nas que se valoran as capacidades de análise, reflexión e relación e adquisición de coñecementos do ámbito da saber facer profesional.
10
Student portfolio A15 A16 A17 A18 A19 C1 C4 C7 Consiste nun informe no que o alumnado descrebe o proceso de aprendizaxe e as aprendizaxes desenvolvidas, valora a súa aplicación para o TFM e para o período do Practicum, establece relacións coas aprendizaxes das materias do mestrado, identifica competencias profesionais e valora as súas necesidades de formación no ámbito da orientación profesional.
Na súa valoración utílizase unha rúbrica que ademais de servir de instrumento de avaliación, orienta na realización do portafolios.
40
Oral presentation C1 C3 Presentación grupal dun dos estudos de caso e da análise dos sesgos sexistas nos libros das materias da especialidade.
A presentación será avaliada polo alumnado, para isto o alumnado ten que elelaborar unha rúbrica, a partir de varios exemplos proporcionadas pola profesora ou localizados polo alumnado.
10
Problem solving A18 A20 A21 C1 C3 C7 Consiste na resolución dun reto a escoller entre unha proposta de catro,: deseñar unha proposta utilizando a aprendizaxe basada en proxectos, a utilización das tecnoloxías dixitais para abordar unha das temáticas da orientación profesional, a integración do enfoque de xénero, e a curación e difusión de recursos dixitais de interese para o ensino e a aprendizaxe nos módulos da especialidae de FOL.
Os criterios de avaliación e d ecualificación daránse a coñecer coa proposta da actividade.
35
ICT practicals C3 Consiste na creación dun marcador social para a recompilación de recursos dixitais sobre orientación profesional. Esta actividade é común o resto das materias do itinerario, de xeito que se engrandece coa incorporació dos recursos de todas as materias. Con esta actividade tráballanse as competencias dixitais docentes, principalemnte da área de información. 5
 
Assessment comments


ACTUALIZACIÓN DO PERFIL PERSOAL

Como máis tardar, na terceira sesión de clase, todo o alumnado ha de pendurar unha foto actual no seu perfil na plataforma de moodel.

CARGA DE TRABALLO

 A realización das tarefas indicadas na guía docente supoñen unha dedicación  de 112 horas de traballo fora da aula. Polo tanto  é imprescindible unha boa planificación e xestión do tempo.

 ASISTENCIA

 A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria. O alumnado con asistencia regular que ocasionalmente non acuda a unha aula deberá de facer individualmente a actividade correspondente.

No caso de non acadar o 80% de asistencia, a cualificación será non presentado na primeira oportunidade. Na oportunidade de xullo haberá una proba con preguntas de carácter teórico e práctico. Tamén se poderá acordar a realización e seguimento  de actividades que reforzen as aprendizaxes máis vinculadas ó saber facer.

As persoas con matrícula a tempo parcial poderán acollerse a unha modalidade de avaliación específica. Para isto, cómpre solicitar unha titoría, antes ou inmediatamente despois do inicio da materia, co obxecto de establecer as actividades de avaliación e o proceso de supervisón e seguemento necesario para superar a materia. Na segunda oportunidade haberá una proba con preguntas de carácter teórico e práctico.

É obrigatorio o uso dunha linguaxe inclusiva. O non cumprimento deste requisito terá consecuencias negativas na cualificación, restando un punto.

REQUIRIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA



A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas tres actividades de avaliación: Cartafol individual (4,5 puntos), actividades grupais (3,5) e proba mixta (2 puntos). Para superar a materia é indispensábel obter a metade da cualificación en cada unha das tres actividades. Cando non se realice algunha das tres actividades a cualificación será non presentado.

Ó rematar as aulas  e na data acordada, cada grupo presentará un dossier grupal coas actividades realizadas en grupo e coas fichas de auto-avaliación, co-avaliación e coa  planificación do traballo grupal.
 Para cualificar as actividades grupais tense en conta auto-avaliación e co-avaliación. O procedemento e criterios para estas modalidades de avaliación serán fixados en colaboración co alumnado.

Na segunda oportunidade deberán de facerse as actividades de avaliación non superadas.
É obrigatorio o uso dunha linguaxe inclusiva. O non cumprimento deste requisito terá consecuencias negativas na cualificación, restando un punto.

FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA

Ausencia de citación de fontes



As citas e referencias a calquera tipo de texto deben declararse,o uso de texto literal ou ideas doutros autores ou autoras parafraseadas sendeclarar a fonte supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14.4 da normativa académica de avaliacións, cualificacións e reclamacións,aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013: “na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"


Os contidos incluídos nos traballos deben estar referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias bibliográficas usando as normas APA 6ª edición. O texto literal debe declararse usando as normas APA 6ªedición. No parafraseo deben figurar as fontes orixe das ideas que se re-elaboran.

Plaxio
O plaxio en calqueira das actividades da avaliación será motivo de suspenso

Falsificación da sinatura

Asinar na folla de asistencia por unha compañeira ou compañeiro ausente será penalizado coa
perda de avaliación continua

Copiar nos exames

O uso indebido de información durante os exames tamén será motivo de suspenso


Normativa académica de avaliacións, cualificacións e reclamacións

 https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf

http://www.ugr.es/~plagio_hum/0401Prevencion.htm

http://www.ugr.es/~plagio_hum/

http://blogbibliotecas.mecd.gob.es/2015/01/22/plagio-academico/


Sources of information
Basic Sultana, Robert (2016). La movilización de los servicios de orientación profesional en torno a una agenda de justicia social: una prioridad para todos. España: Universidad Castilla La Mancha/ Wolters Kluwer
Pérez Boullosa, A. ( 2009). Orientación para la inserción profesional: estrategias y recursos.. Madrid: Biblioteca Nueva
Sanz, Clara e Manzanares, Asunción (2016). Claves sobre la intervención de la orientación profesional en los sistemas de formación profesional. España: Universidad Castilla La Mancha/ Wolters Kluwer
Sanz, Clara e Manzanares, Asunción (2016). El modelo de orientacio´n profesional en cuestión. Revisión de sus referentes teórico-prácticos. . España: Universidad Castilla La Mancha/ wolters Kluwer
Mc Carthy, J. (2016). la dimensión de servicio público de la orientación . España: Universidad Castilla La Mancha/ wolters Kluwer
Cobo, A; Gutiérrez, E. e Planas, A. (2012). La orientación profesional y la búsqueda de empleo. Expereincias innovadoras y técnicas de intervención que facilitan la inserción laboral.. Barcelona: Editorial Grao
Mc Carthy, J. (2016). Laorientación profesional y las habilidades para la gestión de la carrera. Una perspectiva internacional. España: Universidad Castilla La Mancha/ wolters Kluwer
Echeverría, Benito (coord) (2008). Orientación profesional. Barcelona: Editorial UOC
Sánchez García, María Fe (). Orientación profesional y personal. Madrid: UNED

Para cada un dos temas    vaíse proporcionar  bibliografía específica e complementaria para cada un dos temas. En moodel tamén se recompilan aquelas fontes electrónicas de interese para cada un dos  temas e que poden  incorporarse ó marcador social.

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

Débese facer un uso sostenible dos recursos e a promoción da prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidad nos comportamentos persoais e profesionais.

En coherencia cos principios enunciados,  os   traballos impresos que se teñan que entregar non utilizarán plásticos, estarán  impresos a dobre cara e  empregarán  papel recicaldo. 



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.