Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Proxectos de innovación e investigación educativa en formación profesional e orientación laboral Código 652606E3I6
Titulación
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 2
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Arza Arza, Neves
Correo electrónico
neves.arza@udc.es
Profesorado
Arza Arza, Neves
Correo electrónico
neves.arza@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia converxe coas materias do itinerario de FOL. Ten como finalidade a busca, selección e análise de experiencias innovadoras e de investigación na Formación Profesional, especialmente, na orientación profesional e nos módulos da especialidade de FOL.




Competencias do título
Código Competencias do título
A25 (CE-E11)Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
A26 (CE-E12)Analizar críticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade.
A28 (CE-E14)Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación educativas e ser capaz de deseñar e desenvolver proxectos de investigación, innovación e avaliación. .
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Buscar, seleccionar, analizar e deseñar propostas docentes innovadoras para a orientación profesional e para os módulos da especialidade de FOL AP25
AP26
CM3
CM6
CM7
Buscar, seleccionar e analizar un un proxecto de investigación aplicable nos módulos da especialidade e nas funcións orientadoras propias do profesorado de FOL. AP28
CM3
CM7
Comprender e valorar a importancia da innovación e da investigación como ferramentas para a mellora dos procesos de ensino e aprendizaxe e para a propia aprendizaxe profesional. AP25
AP26
CM3
CM6
CM7
CM8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. A innovación e a investigación nos módulos e funcións do profesorado da especialidade de FOL

Ambitos de innovación
Experiencias innovadoras.
Ámbitos de investigación e investigacións realizadas


Tema 2. Proxectos de innovación e investigación en FOL O papel do profesorado de FOL
Proxectos: obxectivos, metodoloxía e instrumentos


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A25 A26 C3 C6 C7 C8 3 15 18
Presentación oral A25 C3 C6 2 2 4
Prácticas a través de TIC C3 1 3 4
Simulación A25 A26 A28 C3 C6 C7 5 15 20
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Busca e análise de experiencias anovadoras e de pesquisas de investigación aplicables a función docente e orientadora do profesorado de FOL
Busca e utilización de bibliografía específica para a fundamentación e deseño dun proxecto de anovación ou pesquisa.
Presentación oral Das experiencias innovadoras analizadas e do proxecto de innovación ou pesquisa deseñados
Prácticas a través de TIC Ampliación do marcador social cos recursos dixitais localizados e seleccionados a través da análise de fontes documentais e da utilización das redes sociais.
Simulación Deseñar un proxecto de innovación utilizando os criterios fixados nunha das convocatorias existentes de premios a innovación na orientación profesional ou na Formación Profesional.

Atención personalizada
Metodoloxías
Simulación
Descrición
A atención personalizada está vencellada principalmente realización dos traballos tutelados (TT). O seu obxectivos é proporcionar a axuda e as orientacións necesarias para unha boa relización dos TT. A atención personalizada está ligada a unha avaliación formativa.

O alumnado con matrícula a tempo parcial terá unha atención personalizada vinculada a modalidade de avaliación específica que se describe no apartado de avaliación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC C3 Ampliación do marcador social creado para as materias do módulo específico cos recursos dixitais localizados na realización das actividades. Os criterios de avaliación son o número de recursos localizados, a calidade da descrición realizada sobre os mesmos e a adecuación das categorías e subcategorías utilizadas para a súa clasificación. 10
Presentación oral A25 C3 C6 O alumnado terá que facer dúas presentacións. Unha sobre as experiencias innovadoras seleccionadas e outra sobre o proxecto de innovación elaborado. A avaliación das presentacións van ser realizadas polo alumnado a partir dunha rúbrica elaborada previamente polo alumnado e que vai ser utilizada para a avaliación das pressentacións de todas as materias do módulo específico.
20
Simulación A25 A26 A28 C3 C6 C7 Consiste no deseño dun proxecto de innovación seguindo as bases e criterios utilizados nas convocatorias públicas de premios a innovación. Os criterios de avaliación van ser os utilizados na convocatoria escollida.
A contribución individual e o funcionamento do grupo de traballa será obxecto de avaliación e coavaliación e reflectírase na cualificación global da actividades.
70
 
Observacións avaliación

ASISTENCIA ÁS AULAS 

  • A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria.
  • O alumnado con asistencia regular que non acuda a unha clase na que se realice algunha actividade terá que faceLA individualmente e entregala na seguinte sesión.
  • Se un/ha alumno/a non acada o 80% da asistencia, terá unha cualificación de non presentado na primeira oportunidade. A asistencia xustifícase en base a que unha boa parte das actividades de avaliación desenvolvense na aula. Na oportunidade de xullo realizará un exame teórico e práctico. Tamén se poderá acordar a realización dalgunhas actividades.
  • Aquelas persoas con matrícula a tempo parcial poderán acollerse a unha modalidade de avaliación específica. Para isto, cómpre solicitar unha titoría, antes ou inmediatamente despois do inicio da materia, co obxecto de establecer as actividades de avaliación e o proceso de supervisón e seguemento.

INTEGRIDADE ACADÉMICA: Ausencia de citación de fontes

  • As citas e referencias a calquera tipo de texto deben de declararse. O uso de texto literal ou ideas doutros autores ou autoras parafraseadas sen declarar supón un  suspenso en aplicación do artigo 14.4 da  Normativa académica de avaliacións, cualificacións e reclamacións, aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013, que establece “na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"
  • Os contidos incluídos nos traballos deben estar referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias usando as normas APA 6ª edición. O texto literal debe declararse usando as normas APA 6ª edición. No parafraseo deben figurar as fontes orixe das ideas que se re-elaboran.

PLAXIO

 O plaxio en calquera das actividades da avaliación será motivo de suspenso.

FALSIFICACIÓN DUNHA FIRMA: Asinar na folla de asistencia por un/unha compañeira ou compañeiro ausente será penalizado coa perda de avaliación continua

NORMATIVA ACADÉMICA DE AVALIACIÓNS, CUALIFICACIÓNS E RECLAMACIÓNS

https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf


Fontes de información
Bibliografía básica Instituto de Tecnologías Educativas (). . http://www.ite.educacion.es/
Navas Baena, R. (2010). Investigación e innovación en el aula.. Granada: Ada.
EDUCAWEB (). Premios Educaweb Orientación Académica y Profesional. http://www.educaweb.com/premios/ediciones/
INTEF. Ministerio de Educación, Cultura y Deporte (). Red de buenas prácticas 2.0. http://recursostic.educacion.es/buenaspracticas20/web/es/formacion-profesional/608-buenas-practicas-
Rosa Cobo, C. (2010). Innovación educativa e historia de las relaciones e género. Valladolid: Universidad de Valladolid.
Bibliografía complementaria Victor Cuevas (). Busca tu camino. Blog de orientación. http://victorcuevas.es/orientacion/
EDUCAWEB (2011). El blog como herramienta de orientación profesional . http://static.educaweb.com/pdf/premi/3-edicio/1B.pdf
Victor Cuevas (). El portafolio vocacional. http://victorcuevas.es/orientacion/?page_id=1455
Victor Cuevas (). El uso del blog como herramienta de orientación académica y profesional. http://static.educaweb.com/pdf/premi/3-edicio/2B.pdf
(). Guía de blogs de orientación. http://www.netvibes.com/guia-de-informacion-academica-e-profesional#BLOGS
EDUCAWEB (2010). Premios Educaweb Orientación Académica y Profesional. http://www.educaweb.com/publicaciones/hey/2012/proyectos-ganadores-premios-educaweb-orientacion-acad
(2013). Premios Educaweb. 5ª Edición. http://www.educaweb.com/noticia/2013/01/16/educaweb-premia-proyectos-orientacion-dirigida-adultos-5-


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Débese facer un uso sostenible dos recursos e a promoción da prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidad nos comportamentos persoais e profesionais.

En coherencia cos principios enunciados,  os   traballos impresos que se teñan que entregar non utilizarán plásticos, estarán  impresos a dobre cara e  empregarán  papel  reciclado. 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías