Fundamentos metodolóxicos e profesionais do ensino das linguas e literaturas galega e castelá en educación secundaria
Código
652608823
Titulación
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
Anual
Primeiro
Obrigatoria
4
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Cano López, Pablo
Correo electrónico
pablo.cano@udc.es
Profesorado
Cano López, Pablo
Muriano Rodríguez, María Montserrat
Correo electrónico
pablo.cano@udc.es
montserrat.muriano@udc.es
Web
Descrición xeral
Con esta materia propoñémonos ofrecer orientacións sobre as vías de acceso ao exercicio profesional e, sobre todo, algúns criterios e modelos para o exercicio dos labores de programación e avaliación, que constitúen a cerna da profesión docente. Non temos, por suposto, a pretensión de receitar remedios específicos para todos e cada un dos problemas profesionais cos que ten que enfrontarse un docente. Se existen «fármacos» tales (cousa improbable, polo demais), nós ignoramos as súas fórmulas... O noso obxectivo é ben máis modesto. Consiste, por así o dicir, en botar a semente da reflexión metodolóxica, tanto máis necesaria canto máis precaria é a posición do docente nas aulas e menos segura a boa disposición do estudantado. Estamos certos de que, se nós logramos plantala, os nosos alumnos serán quen a facer que xermole e prenda, que é, no fin de contas, o que máis importa.
Competencias do título
Código
Competencias / Resultados do título
A20
Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
A21
Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
A24
Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
A27
Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións.
C1
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe
Competencias / Resultados do título
Os/as estudantes deben demostrar coñecemento teórico e dominio práctico dos principios e criterios que presiden o proceso de desenvolvemento e concreción do currículo (con especial atención aos que se refiren ao deseño de unidades didácticas, que e a súa derradeira fase).
AP20 AP21 AP27
CM1 CM3 CM4 CM6
Os/as estudantes deben familiarizarse coas concepcións «modernas» da avaliación, as cales, no canto de a reducir ao mero acto de corrixir e puntuar, prefiren contemplala como unha práctica que precede, acompaña e segue ao proceso de ensinanza-aprendizaxe (e que, por tanto, axuda a planificalo, a xestionalo e, por suposto, a valorar os seus resultados e extraer leccións para o porvir).
AP24
CM1 CM3 CM4 CM6
Os/as estudantes deben achegarse ao problema das adaptacións curriculares, facendo seus os valores que subxacen a elas (respecto da diferenza, consideración por «o outro») e asimilando (reflexiva e mesmo criticamente, de ser preciso) algunhas das pautas e suxestións que para levalas a cabo propoñen os especialistas en orientación educativa.
AP20 AP21 AP27
CM1 CM3 CM4 CM6
Os/as estudantes deben coñecer, grosso modo, as etapas do proceso de selección do persoal docente dos centros de titularidade pública, tomando conciencia dos principios que o presiden (igualdade, mérito, capacidade) e establecendo as oportunas comparacións cos procedementos en uso nos países do noso contorno.
CM1 CM3 CM4
Contidos
Temas
Subtemas
1. CUESTIÓNS PREVIAS
1. 1. A noción de currículum
1. 2. Os niveis de concreción curricular no sistema educativo español.
1. 3. A lingua e a literatura no marco lexislativo do Ensino Secundario en Galicia
2. A PROGRAMACIÓN
2. 1. A programación de aula: que é?, que criterios presiden a súa elaboración?
2. 2. As unidades didácticas: que son?, como se deseñan?, cales son as condicións xerais que deben satisfacer?
3. APROXIMACIÓN METODOLÓXICA E INCORPORACIÓN DA LITERATURA INFANTIL E XUVENIL NA AULA
3. 1. A literatura infantil e xuvenil como parte do currículo?
3. 2. Propostas de animación á lectura nas aulas de Secundaria Obrigatoria e Bacharelato
3. 3. Análise de experiencias reais e os seus resultados
4. A AVALIACIÓN
4. 1. A avaliación
4. 1. 1. Concepto e tipos
4. 1. 2. Obxectivos, criterios e instrumentos
4. 2. Actos: que e como adoitamos avaliar os docentes de Lingua e literatura?
4. 3. Propósitos: que e como debemos avaliar os docentes de Lingua e literatura?
5. APÉNDICE: DE GRADUADO EN LINGUA E LITERATURA A TRABALLADOR DO ENSINO
5. 1. O estatus laboral do docente na escola pública española
5. 2. Vías de acceso ao exercicio profesional
Planificación
Metodoloxías / probas
Competencias / Resultados
Horas lectivas (presenciais e virtuais)
Horas traballo autónomo
Horas totais
Sesión maxistral
A20 A21 A24 A27 C1 C3 C4 C6
6
15
21
Obradoiro
A20 A21 A24 A27 C1 C3 C4 C6
20
55
75
Proba de ensaio
A20 A21 A24 A27 C1 C3 C4 C6
1
1
2
Atención personalizada
2
0
2
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado
Metodoloxías
Metodoloxías
Descrición
Sesión maxistral
Os docentes farán unha presentación breve, mais substanciosa, das cuestións nucleares da materia, esforzándose en todo momento por poñer de manifesto que as disquisicións teóricas non son simples logomaquias, senón que teñen gran relevancia para a planificación do traballo de aula. Que é a teoría de hoxe senón o que fica tras someter a práctica de onte a un proceso —descúlpese a metáfora— de filtrado e refinado?
Obradoiro
Espérase que o alumnado participe de xeito activo nos distintos obradoiros programados na aula, así como, se as houber, naquelas actividades que se leven a cabo fóra dela. A asistencia, imprescindíbel para optar á avaliación desta parte da materia, será controlada por el equipo docente.
Cabe a posibilidade de que, para facilitaren a avaliación do seu labor, os/as estudantes teñan que entregar un portafolio no que quede constancia das súas reflexións sobre os asuntos abordados nos obradoiros.
Proba de ensaio
Nun exercicio que terá lugar en data e hora sinaladas con antelación abonda, os/as estudantes deberán mostrar o seu grado de asimilación das nocións que se lles presentaron e, sobre todo, das pautas que se lles ofreceron ao longo da materia.
Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Descrición
Observación e formación doa alumnado en virtude da súa asistencia e compromiso coa cadeira
Avaliación
Metodoloxías
Competencias / Resultados
Descrición
Cualificación
Obradoiro
A20 A21 A24 A27 C1 C3 C4 C6
Ao dito no apartado de «Metodoloxía» engadimos unha advertencia de obrigada lectura: a quen non asistise regularmente non lle serán valoradas as achegas que puidese facer no marco dos obradoiros.
50
Proba de ensaio
A20 A21 A24 A27 C1 C3 C4 C6
Nada que engadir ao que se dixo no apartado de «Metodoloxía».
50
Observacións avaliación
- Para aprobar a materia cómpre superar todas
as partes (en calquera das dúas oportunidades), polo que será necesario obter
no mínimo o 50% da puntuación en cada unha delas. Na segunda oportunidade, o
alumnado só repetirá as partes suspensas e manterá a cualificación daquelas que
fosen superadas.
- A avaliación dos/as estudantes que non asistan
regularmente ás aulas por teren concedida a dispensa académica (exención de asistencia), así como a daqueles/as que, sen contar con dispensa, se ausenten en máis dun 20% das horas lectivas, farase unicamente a partir da proba de ensaio, tanto na primeira como na segunda oportunidade. A proba que este sector do alumnado deberá superar non ten por que ter o mesmo deseña que a que se lles propoña aos/ás estudantes presenciais.
- Os traballos entregaranse, por defecto, de xeito telemático. De non ser posible, recoméndase que non se utilicen plásticos na encadernación, que se imprima a dobre cara e que se empregue papel reciclado. Cómpre, en suma, facer un uso sustentable dos recursos, a fin de evitar impactos negativos sobre o medio natural. Nos nosos comportamentos persoais e profesionais, debemos abrazar principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade.
Fontes de información
Bibliografía básica
Ballester, J. (2015). La formación lectora y literaria. Barcelona: Graó.
Bordons, G., Díaz –Plaja, A. (coords.), Bastida, A., Civera, I., Delgado, J.F., Diard, P., Gallardo, F., Llunch, G., Manuel, J., Obilols, M.R., Palou, J., Ràfols, J., Rins, S., Romaní, M., Soldevila, Ll., Zayas, F. (2006). Enseñar literatura en secundaria. La formación de lectores críticos, motivados y cultos. Barcelona: Graó.
Cassany, D. et alii (2007). Enseñar lengua (14.ª ed.). Barcelona: Graó.
Guijarro Ruiz, P. e Caro Valverde, M.ª T. (Coords.) (2015). Didáctica de la lengua y educación literaria. Madrid: Pirámide.
Jover, G. (2007). Un mundo por leer . Madrid: Octaedro.
Martín Vegas, R. A. (2009). Manual de didáctica de la lengua y la literatura. Madrid: Síntesis.
Pérez-Corbacho, J. (coord.) (2005). Cómo hacer programación didáctica y unidades didácticas: muestra de unidades (castellano, catalán, gallego e inglés) . Granada: Grupo Editorial Universitario.
Prado Aragonés, J. (2011). Didáctica de la lengua y la literatura para educar en el siglo XXI (2.ª ed.). Madrid: La Muralla.
Rodari, G. (2013). Gramática da fantasía: introdución á arte de contar historias (S. Gaspar, trad.) (2ª ed.). Pontevedra: Kalandraka.
Roig Rechou, B. A. (2015). Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega . Vigo: Xerais.
Ruiz Bikandi, U. (Coord.) (2011a). Didáctica de la lengua castellana y la literatura. Barcelona: Graó.
Ruiz Bikandi, U. (Coord.) (2011b). Lengua castellana y literatura. Investigación, innovación y buenas prácticas. Barcelona: Graó.
Sevillano, M.ª L. et alii (2011). Programar en Primaria y en Secundaria. Estrategias y procesos. Madrid: Pearson.
Goberno de España. Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Ley Orgánica 8/2013, de 9 de diciembre, para la mejora de la calidad educativa. Boletín Oficial del Estado, 295 (10-12-2013). Dispoñible en: http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2013-12886.
Goberno de España. Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Real Decreto 1105/2014, de 26 de diciembre, por el que se establece el currículo básico de la Educación Secundaria Obligatoria y del Bachillerato. Boletín Oficial del Estado, 3 (3-1-2015). Dispoñible en: http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2015-37.
Goberno de España. Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Orden ECD/65/2015, de 21 de enero, por la que se describen las relaciones entre las competencias, los contenidos y los criterios de evaluación de la educación primaria, la educación secundaria obligatoria y el bachillerato. Boletín Oficial del Estado, 25 (29-1-2015). Dispoñible en: http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2015-738.
Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. Diario Oficial de Galicia, 120 (29-6-2015). Dispoñible en: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150629/AnuncioG0164-260615-0002_gl.html.
Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Habilitacións: habilitacións para a docencia en centros privados. Dispoñible en: https://www.edu.xunta.es/habilitacions/.
Criaturas. Revista dixital de literatura infantil e xuvenil. Recuperado de http://www.criaturas.gal/.
Ensinar deleitando. Blogue de Montse Muriano Rodríguez sobre didáctica da lingua e a literatura [Blog]. Recuperado de http://ensinardeleitando.blogspot.com.es/
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil). Recuperado de http://www.galix.org/.
González Guerra, A. e Ogando Valcárcel (s. d.). Galego: exercicios e pseudónimos. Recuperado de http://ogalego.eu/.
International Board on Books for Young People. Recuperado de http://www.ibby.org/.
Lomas, C. (1999). Cómo enseñar a hacer cosas con las palabras: teoría y práctica de la educación lingüística. Barcelona: Paidós.
Lomas, C. e Osoro, A. (Comps.) (1993). El enfoque comunicativo en la enseñanza de la lengua. Barcelona: Paidós.
Lomas, C. et alii (1993). Ciencias del lenguaje, competencia comunicativa y enseñanza de la lengua. Barcelona: Paidós.
López Valero, A. e Encabo Fernández, E. (2001). El desarrollo de habilidades lingüísticas: una perspectiva crítica. Granada: Grupo Editorial Universitario.
López Valero, A. e Encabo Fernández, E. (2002). Introducción a la didáctica de la lengua y la literatura: un enfoque sociocrítico. Barcelona: Octaedro.
Mendoza Fillola, A. et alii (1996). Didáctica de la lengua para la Enseñanza Primaria y Secundaria. Madrid: Akal.
Mendoza Fillola, A. (Coord.) (1998). Conceptos clave en didáctica de la lengua y la literatura. Barcelona: S. E. D. L. L. / UB – I. C. E. / Horsori.
Mendoza Fillola, A. (Coord.) (2003). Didáctica de la lengua y la literatura para Educación Primaria. Madrid: Pearson.
Onrubia Goñi, J. (Coord.) (2004). Criterios psicopedagógicos y recursos para atender la diversidad en Secundaria. Barcelona: Graó.
Pérez Esteve, P. e Zayas, F. (2007). Competencia en comunicación lingüística. Madrid: Alianza Editorial.
Serrano, J. y Enrique Martínez, J. (Coords.) (1997). Didáctica de la lengua y la literatura. Barcelona: Oikos-Tau.
Unamuno, V. (2003). Lengua, escuela y diversidad sociocultural: hacia una educación lingüística crítica. Barcelona: Graó.
Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Materias que continúan o temario
Observacións
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías