Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes. |
A2 |
Comprender os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa e os seus ámbitos de actuación, valorando as súas implicacións. |
A4 |
Distinguir os estadios evolutivos das persoas, e interpretar as súas implicacións educativas. |
A5 |
Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa. |
A9 |
Deseñar e desenvolver proxectos, programas e servizos nos diferentes campos de intervención profesional promovendo a participación e o desenvolvemento comunitario. |
A11 |
Observar, analizar, interpretar procesos de mediación social, cultural e educativa. |
A12 |
Mediar en situacións de risco e conflito. |
A14 |
Identificar e emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional. |
A15 |
Elaborar e xestionar medios e recursos para a intervención socioeducativa. |
A17 |
Formar axentes de intervención socioeducativa e comunitaria. |
B1 |
Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información. |
B2 |
Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa. |
B4 |
Deseñar e impulsar espazos socioeducativos en contextos de diversidade atendendo á igualdade de xénero, á equidade e respecto aos dereitos humanos, favorecendo o empoderamento das persoas e colectivos ubicados en situacións de desvantaxe social. |
B5 |
Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión. |
B6 |
Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer o obxecto de estudo da disciplina, a súa definición e os seus antecedentes históricos. |
A1 A2
|
|
|
Comprender as distintas perspectivas teóricas nas que se basea o estudo do desenvolvemento ao longo do ciclo vital. |
A2 A11
|
|
C1 C8
|
Coñecer as distintas etapas que conforman o ciclo vital e os procesos de desenvolvemento ao longo do mesmo. |
A4
|
B2
|
C1 C6
|
Identificar e comprender os cambios, desaxustes e conflitos que poden xurdir desde a concepción até a morte do individuo. |
A5 A12 A14 A15
|
B4
|
C4 C7
|
Valorar a importancia da contorna socio-cultural nos procesos de desenvolvemento. |
A2 A5 A9
|
B4
|
C4
|
Acadar inquietudes éticas en relación ás implicacións socioeducativas dos coñecementos adquiridos |
A17
|
B5
|
C4
|
Acadar hábitos de estudo, de análise crítica e de discusión que promovan a construción activa do coñecemento por parte do alumnado. |
|
B1 B6
|
C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Introdución á Psicoloxía do desenvolvemento |
Concepto de desenvolvemento
Obxecto da Psicoloxía do desenvolvemento
Ámbitos, etapas e contextos de desenvolvemento
Factores determinantes do desenvolvemento
Evolución histórica da Psicoloxía do desenvolvemento |
Perspectivas teóricas na Psicoloxía do desenvolvemento |
Modelos e paradigmas na Psicoloxía do desenvolvemento
Principais orientacións teóricas na Psicoloxía do desenvolvemento:
- Teorías psicoanalíticas
- Teorías da aprendizaxe
- Teorías cognitivas
- Teorías sociobiolóxicas
- Teorías contextuais |
O desenvolvemento na infancia |
Desenvolvemento físico na primeira infancia, na nenez temperá e na infancia media e tardía
Desenvolvemento cognitivo na primeira infancia, na nenez temperá e na infancia media e tardía
Desenvolvemento lingüístico na primeira infancia, na nenez temperá e na infancia media e tardía
Desenvolvemento socio-emocional na primeira infancia, na nenez temperá e na infancia media e tardía |
O desenvolvemento na adolescencia |
Desenvolvemento físico: adrenarquia e gonadarquia
Desenvolvemento cognitivo: a etapa das operacións formais
Desenvolvemento socio-emocional:
- Autoconcepto e autoestima
- Relacións familiares
- Relacións cos iguais
- Relacións de parella |
O desenvolvemento na etapa adulta |
Cambios físicos na xuventude e na madurez
Desenvolvemento cognitivo na xuventude e na madurez: intelixencia e procesamento da información
Desenvolvemento socio-emocional na xuventude e na madurez: traballo, relacións sociais, matrimonio, fillos. |
O desenvolvemento na vellez |
Cambios físicos na vellez
Desenvolvemento cognitivo: a memoria das persoas maiores
O benestar psicolóxico na vellez |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Aprendizaxe colaborativa |
A1 A4 A14 A15 B1 C4 C6 C7 |
4 |
26 |
30 |
Lecturas |
A1 A2 A17 B5 C4 C6 |
2 |
4 |
6 |
Análise de fontes documentais |
A1 A2 A5 A11 A14 B1 C6 |
2 |
18 |
20 |
Portafolios do alumno |
A1 A2 A4 A5 A9 A14 A15 B1 B4 B6 C4 C7 |
1 |
14 |
15 |
Proba mixta |
A1 A2 A4 A5 A14 A17 C4 |
3 |
30 |
33 |
Resumo |
B1 B2 B5 B6 |
1 |
3 |
4 |
Actividades iniciais |
A1 A5 A14 B6 C7 |
1 |
0 |
1 |
Solución de problemas |
A5 A9 A12 A14 B1 C6 |
1 |
1 |
2 |
Simulación |
A12 A14 A17 B4 B5 B6 C4 |
1 |
1 |
2 |
Prácticas de laboratorio |
A1 A2 A4 A5 A14 |
1 |
1 |
2 |
Discusión dirixida |
A1 A4 A5 A12 A14 B1 B4 B5 B6 C1 C7 |
3 |
3 |
6 |
Glosario |
A1 A2 A4 |
1 |
1 |
2 |
Sesión maxistral |
A1 A2 A4 A5 A17 C6 C7 C8 |
21 |
0 |
21 |
|
Atención personalizada |
|
6 |
0 |
6 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Aprendizaxe colaborativa |
Ao longo do curso o alumnado traballará en diversas actividades en pequeno grupo. O obxectivo desta metodoloxía é favorecer a aprendizaxe colaborativa dos estudantes, incidindo na importancia da planificación e a coordinación conxunta. |
Lecturas |
O profesorado proporá algunhas lecturas para a profundización dalgúns dos contidos da materia. |
Análise de fontes documentais |
Afondarase no estudo de diversos contidos relacionados coa materia a través da análise de documentais audiovisuais e textos escritos. |
Portafolios do alumno |
O alumnado deberá ir elaborando un dosier coas actividades propostas ao longo do curso. Este dosier será individual e deberá entregarse para a súa avaliación ao finalizar o cuadrimestre, nunha data a concretar polo profesorado. |
Proba mixta |
O exame dos contidos abordados nas sesións expositivas consistirá nunha proba mixta que incluirá preguntas tipo test e de resposta curta (preguntas a respostar en poucas liñas, nunha soa palabra, de completar mediante un exemplo, de unir por flechas, etc.). As preguntas tipo test mal respostadas restan. |
Resumo |
Consiste nunha síntese dos principais contidos traballados. É un recurso óptimo para facilitar a comprensión do texto e a concentración persoal sobre o material obxecto de estudo. É tamén unha axuda importante para o repaso e a preparación de exames.
|
Actividades iniciais |
Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe co fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos do alumnado. |
Solución de problemas |
Nalgunhas das actividades a desenvolver nas sesións interactivas, solicitarase ao alumnado que elabore ideas e estratexias para resolver diversos problemas e situacións relacionadas con algún dos contidos estudados. |
Simulación |
Técnica de dinámica de grupos que ten como obxectivo axudar a desenvolver a perspectiva social e a empatía mediante a representación de diferentes papeis dentro de situacións conflitivas onde interveñen diferentes posturas que teñen que ser combinadas. Utilízase para traballar as relacións interpersoais, o comportamento, os valores e as actitudes. |
Prácticas de laboratorio |
Durante as sesións interactivas, desenvolverase algunha actividade de carácter experimental para analizar os procesos de cambio e maduración cognitiva dos seres humanos. |
Discusión dirixida |
Tanto nas sesións expositivas como nas interactivas o profesorado proporá algunhas situacións controvertidas co obxecto de que o alumnado debata sobre as súas implicacións desde a perspectiva da Educación Social. |
Glosario |
Nalgunhas das actividades propostas durante o curso, pedirase ao alumnado que defina e explique sucintamente algúns dos conceptos chave no estudo do desenvolvemento humano. |
Sesión maxistral |
As sesións maxistrais desenvolveranse nas sesións expositivas con todo o grupo clase. Nelas, o profesorado presentará e explicará mediante power points os conceptos más importantes en cada un dos contidos contemplados no temario. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Portafolios do alumno |
Proba mixta |
|
Descrición |
Tanto a preparación do exame como a realización das actividades que se incluirán no portafolio serán obxecto de atención individualizada ao longo do curso durante as horas de titorías. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Portafolios do alumno |
A1 A2 A4 A5 A9 A14 A15 B1 B4 B6 C4 C7 |
En relación co portafolio valorarase:
- A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
- A profundidade do contido.
- O dominio das aplicacións empregadas na elaboración das propostas educativas.
- A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
- A presentación e a claridade na exposición. |
30 |
Proba mixta |
A1 A2 A4 A5 A14 A17 C4 |
- Nas preguntas tipo test presentaranse varias alternativas de resposta onde só unha delas será a correcta. Penalizaranse aquelas respostas erróneas.
- Nas preguntas de resposta curta valorarase a precisión e a claridade nas respostas. Trátase de amosar que se comprende e se domina o que se pregunta. |
70 |
|
Observacións avaliación |
OPCIÓN A Alumnado con dedicación completa: asistencia/participación nas actividades de clase igual ou superior ao 85%: a) Elaboración e presentación do portafolio (30%). b) Exame escrito (tipo proba mixta) sobre os contidos da materia (70%). OPCIÓN B Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario na Universidade daCoruña" (aprobada en Consello de Goberno de 28 de xuño de 2016): Terá que asistir a unha titoría na que concretar a porcentaxe de asistencia mínima e a metodoloxía de avaliación. OBSERVACIÓNS ADICIONAIS: Para o alumnado que se acolla á opción A: 1. Para superar a materia é necesario obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (dossier e proba mixta). 2. O dossier presentarase antes da data do exame oficial (para presentarse ao exame é condición indispensable ter presentado o dossier). Para todo o alumnado (opcións A e B): 1. A convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de xaneiro. 2. Segundo establecen as "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (aprobada o 19/12/2013 e modificada o 30/04/2014) no Art. 21.2: Considerarase como “Non presentado” (NP) a aquel estudante que, estando matriculado na materia, non concorra ás distintas actividades de avaliación que se establecen para o curso académico. Así, será cualificado como “Non presentado” cando: a) Non complete o proceso de avaliación continua, nas condicións que figure na guía docentes, ou b) Non se presente á proba do período oficial de avaliación.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Papalia, D. E., Olds, S. W. y Feldman, R. S. (2010). Desarrollo humano. . México D. F.: McGraw Hill.
Papalia, D. E., Olds, S. W. y Feldman, R. S. (2009). Psicología del desarrollo. De la infancia a la adolescencia. México D. F.: McGraw Hill.
Giménez-Dasí, M. y Mariscal, S. (2008). Psicología del desarrollo. Desde el nacimiento a la primera infancia.. UNED: McGraw Hill.
Delgado, B. (2008). Psicología del desarrollo. Desde la infancia a la vejez. . UNED: McGraw Hill.
Santrock, J. W. (2006). Psicología del desarrollo. El ciclo vital. . Madrid: McGraw Hill. |
|
Bibliografía complementaria
|
Freire, C., y Ferradás, M. M. (2016). Calidad de vida y bienestar en la vejez. Madrid: Pirámide
Serulnikov, A., y Suárez, R. (2001). Piaget para principiantes. Buenos Aires, Argentina: Era Naciente SRL |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|