Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Practicum II Código 652G03032
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Periodo Curso Tipo Créditos
Grado 1º cuatrimestre
Cuarto Obligatoria 30
Idioma
Gallego
Modalidad docente Presencial
Prerrequisitos Para matricularse no Practicum II é necesario ter superados 120 créditos e mais o Practicum I.
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Pedagoxía e Didáctica
Psicoloxía
Coordinador/a
Digon Regueiro, Alba Patricia
Correo electrónico
patricia.digon@udc.es
Profesorado
Arias Rodriguez, Maria Alicia
Arza Arza, Neves
Cruz Lopez, Laura
Cuevas Gonzalez, Lino Manuel
Iglesias Galdo, Ana Maria
López-Cortón Facal, Ana María
Ramos Rodriguez, Xosé
Ríos de Deus, María Paula
Rodríguez Machado, Eduardo Rafael
Rodriguez Romero, Maria del Mar
Serantes Pazos, Araceli
Zapico Barbeito, Mª Helena
Correo electrónico
alicia.arias.rodriguez@udc.es
neves.arza@udc.es
laura.cruz@udc.es
lino.cuevas@udc.es
ana.iglesias@udc.es
ana.lopez-corton@udc.es
jose.ramos@udc.es
paula.rios.dedeus@udc.es
e.rodriguez.machado@udc.es
mar.rromero@udc.es
araceli.serantes.pazos@udc.es
helena.zapico@udc.es
Web http://www.educacion.udc.es/index.php?pagina=practicum
Descripción general CORREO-E: practicum.educacion@udc.es
CRÉDITOS E PRESENCIALIDADE
Dos 30 créditos ECTS da materia (750 horas), 370 son de carácter presencial e 380 horas de carácter non-presencial ou de traballo autónomo.
Das 370 horas de carácter presencial, 350 horas desenvolveranse nas institucións colaboradoras (25 horas semanais), e as 20 horas restantes dedicaranse a sesións informativas e formativas, así coma titorías na Facultade.
O Practicum II constitúe a única materia a cursar no primeiro cuadrimestre do cuarto curso.
CONTEXTUALIZACIÓN
No curso 2009/10 iniciabamos o proceso de implantación duns novos plans de estudo acordes cos requirimentos do Espazo Europeo de Educación Superior, posto en marcha no ano 1999 coa Declaración de Bolonia. Esta declaración salientaba a importancia de reforzar o trinomio investigación-innovación-educación, para o que se propoñía como un fin básico mellorar a formación nos contextos das diferentes prácticas profesionais que a nosa lexislación recolle do seguinte xeito:
“Os títulos de grao teñen como finalidade a obtención por parte do alumnado dunha formación xeral, nunha ou varias disciplinas, orientada á preparación para o exercicio de actividades de carácter profesional” (art. 9.1), de tal maneira que considera a posibilidade de establecer prácticas externas que virían “reforzar o compromiso coa empregabilidade dos futuros graduados e graduadas, enriquecer a formación… [e] proporcionar un coñecemento máis profundo acerca das competencias que necesitará” (preámbulo do RD 1393/2007, de 29 de outubro, de ordenación das ensinanzas universitarias oficiais).

O propósito central da materia denominada Practicum non será só poñer en relación a formación adquirida cos diferentes contextos profesionais propios da educación do século XXI, para facilitar que o estudantado tome conciencia dos aspectos básicos das prácticas profesionais. Tamén se lle asignará un papel chave na formulación de problemas e cuestións importantes necesarias á hora da investigación, co obxecto de situar a práctica profesional no centro da formación e como elemento para ter en conta na organización do currículo. Trátase de que a reflexión sobre a práctica converta esa experiencia en fonte de aprendizaxe, incremente a capacidade de aprender con autonomía e potencie a aprendizaxe reflexiva para avanzar na construción do propio coñecemento, tomar decisións, innovar, buscar recursos e traballar en rede, competencias básicas para as titulacións de grao que responden ás esixencias da educación do século XXI.

Competencias del título
Código Competencias del título
A1 Conocer los campos de la educación social y reconocer nuevos ámbitos emergentes.
A3 Analizar las políticas de bienestar social y la legislación que sustentan los procesos de acción socioeducativa.
A5 Identificar y analizar los factores contextuales que afectan a los procesos de intervención socioeducativa.
A7 Aplicar metodologías educativas y dinamizadoras de la acción socioeducativa.
A8 Detectar factores de vulnerabilidad, de exclusión y de discriminación social que dificulten la inclusión social, escolar y laboral de personas y colectivos.
A9 Diseñar y desarrollar proyectos, programas y servicios en los diferentes campos de intervención profesional promoviendo la participación y el desarrollo comunitario.
A12 Mediar en situaciones de riesgo y conflicto.
A14 Identificar y emitir juicios razonados sobre problemas socioeducativos para mejorar la práctica profesional.
A19 Asesorar y supervisar programas, planes, proyectos y centros socioeducativos.
A20 Desarrollar una disposición favorable al trabajo en contornos multiculturales y plurilingüísticos.
A21 Diseñar e implementar procesos de evaluación de programas y estrategias de intervención socioeducativa en diversos contextos.
B2 Redactar y presentar informes técnicos, memorias, reglamentos o cualquier otro documento básico que contribuya a regular la acción socioeducativa.
B3 Generar la cultura profesional colaborativa, fomentando el trabajo en red e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa y responsabilidad.
B4 Diseñar e impulsar espacios socioeducativos en contextos de diversidad atendiendo a la igualdad de género, a la equidad y respeto a los derechos humanos, favoreciendo el empoderamiento de las personas y colectivos ubicados en situaciones de desventaja social.
B5 Capacidad de mostrar actitudes coherentes con las concepciones éticas y deontológicas propias de la profesión.
B6 Adquirir y dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas y propuestas a diversas audiencias.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, en las lenguas oficiales de la comunidad autónoma.
C4 Desarrollarse para el ejercicio de una ciudadanía abierta, culta, crítica, comprometida, democrática y solidaria, capaz de analizar la realidad, diagnosticar problemas, formular e implantar soluciones basadas en el conocimiento y orientadas al bien común.
C7 Asumir como profesional y ciudadano la importancia del aprendizaje a lo largo de la vida.
C8 Valorar la importancia que tiene la investigación, la innovación y el desarrollo tecnológico en el avance socioeconómico y cultural de la sociedad.

Resultados de aprendizaje
Resultados de aprendizaje Competencias del título
Familiarizarse cos diferentes contextos profesionais propios da educación social A1
A5
B3
B5
B6
C1
C4
C7
C8
Identificar e analizar os factores sociais, contextuais e institucionais que afectan aos procesos de acción socioeducativa. A3
A5
A8
A14
A20
A21
B2
B3
B5
B6
C1
C4
C7
C8
Desenvolver unha disposición favorable ao traballo colaborativo e en equipo en contextos profesionais. A20
B3
B5
B6
C1
C4
C7
C8
Deseñar, e der ser posible, desenvolver e avaliar proxectos, programas e accións socioeducativa que promovan a participación e o desenvolvemento comunitario A3
A5
A7
A8
A9
A12
A14
A19
A21
B2
B3
B4
B5
B6
C1
C4
C7
C8
Identificar as esixencias de formación que require o exercicio profesional A1
A3
A5
A14
B6
C4
C7
C8

Contenidos
Tema Subtema
1. Contexto para o que se deseña a proposta socioeducativa.
2. Responsables e grupo destinario da acción socioeducativa.
3. Proposta da acción socioeducativa: obxectivos, actuacións, recursos, avaliacións, resultados,...
4. A Educación Social no ámbito das prácticas.
Estes contidos estarán relacionados e adaptaranse aos seguintes ámbitos:

1. Dinamización cultural-ambiental.
2. Diversidade funcional.
3. Exclusión-inclusión-servizos sociais.
4. Maiores.
5. Menores.
6. Multiculturalidade-Cooperación-Desenvolvemento.
7. Políticas de igualdade-Muller.
8 Saúde-Drogodependencias.

Planificación
Metodologías / pruebas Competéncias Horas presenciales Horas no presenciales / trabajo autónomo Horas totales
Análisis de fuentes documentales A1 A3 A5 0 35 35
Portafolio del alumno A14 B1 B2 B5 B6 C1 C8 0 340 340
Eventos científicos y/o divulgativos A14 B1 B3 B5 B6 C1 C4 C7 C8 10 0 10
Seminario A14 B1 B3 B5 B6 C1 C4 C7 C8 10 0 10
Salida de campo A7 A8 A9 A11 A12 A14 A15 A19 A20 A21 B1 B3 B4 B5 B6 C1 350 0 350
 
Atención personalizada 5 0 5
 
(*)Los datos que aparecen en la tabla de planificación són de carácter orientativo, considerando la heterogeneidad de los alumnos

Metodologías
Metodologías Descripción
Análisis de fuentes documentales Empregaranse documentos bibliográficos relevantes sobre os diferentes contidos a que o Practicum II dá prioridade, como base para a análise e a reflexión sobre a diversidade de experiencias con que se entre en contacto nas institución socioeducativas. É imprescindible entender a relación teoría-práctica e atender aos múltiplos factores que inciden no desenvolvemento da intervención socioeducativa, co obxecto de favorecer a construción dunha visión crítica das distintas formas de interpretar a realidade socioeducativa. O/a Titor/a da Facultade establecerá as lecturas obrigatorias que considere necesarias para o mellor desenvolvemento do Practicum.
Portafolio del alumno Memoria na que o alumnado rexistra e reflexiona sobre as aprendizaxes desenvolvidas durante o periodo de prácticas. Está organizada nos seguintes cinco apartados: Introdución; Deseño da proposta socioeducativa; Diario de Practicum; Referencias; Anexos.
O Diario de Practicum recollerá un mínimo de oito entradas organizadas temáticamente. Cada entrada debe contemplar unha descrición detallada e ordenada da situación obxecto de reflexión, unha análise reflexiva da situación descrita fundamentada nos coñecemento teoríco-prácticos, conclusións e propostas de mellora.
En todo momento garatirase a confidiencialidade das persoas implicadas.
Eventos científicos y/o divulgativos O alumnado asistirán as xornadas formativa do Practicum incluindo a descrición e valoración das mesmas como unha entrada do Diario. A realización deste evento dependerá da existencia do orzamento necesario.
Seminario 1.Sesión informativa inicial (2 horas). Información xeral para comentar e precisar a Guía docente, así como as pautas de carácter xeral, e orientar o alumnado acerca da súa decisión á hora de elixir institución colaboradora. Tamén se explicarán as funcións das diferentes persoas que van a titorizar o Practicum.
2.Selección de institución (2 horas).
3.Tres seminarios de titoría durante o Practicum co profesorado titor da Facultade (6 horas).
- Antes de incorporarse á institución de prácticas o profesorado de Practicum, na data que se establecer, orientará o alumnado que titoriza cando menos sobre as seguintes cuestións: documentos que debe incluír no portafolios, lecturas imprescindibles e datas de entrega dos traballos solicitados, cronograma dos seminarios e calquera outra suxestión que estimar oportuna.
- Durante a realización do Practicum terá lugar a posta en común do traballo realizado ata o momento co fin de revisar a planificación proposta, formular e resolver as posibles necesidades e/ou conflitos percibidos. Trátase de seleccionar e analizar conxuntamente situacións ou procesos representativos do decorrer da práctica profesional. Tamén se comentarán os textos ou documentos seleccionados para este fin.
-Ao finalizar a estadía na institución, de avaliación e reflexión final do practicum.
Salida de campo Constitúen as prácticas pedagóxicas: 350 horas de permanencia na institución socioeducativa durante as cales se realizarán tarefas de observación, análise de casos, colaboración en accións socioeducativas cos profesionais da propia institución, etc. Así mesmo, realízase o deseño dun proxecto de intervención socioeducativa (programación, actividade, plan de mellora, plan de avaliación, etc.) que se desenvolverá e avaliará segundo o determine o titor/a da institución.

Atención personalizada
Metodologías
Salida de campo
Portafolio del alumno
Seminario
Descripción
A atención personalizada concíbese como momentos de traballo presencial co profesorado, polo que implican unha participación obrigatoria para o alumnado.
A forma e o momento en que se desenvolverá indicaranse para cada actividade ao longo do Practicum II e o plan de traballo.
Alén dos seminarios de seguimento do Practicum, o profesorado titor da Facultade estará dispoñible no horario de titorías.
O/a Titor/a da UDC realizará un primeiro contacto obrigatorio, previo á incorporación do alumnado ao centro.
O/a Titor/a da UDC manterá unha fluidez comunicativa co titor/a da institución, de maneira que garante o desenvolvemento adecuado do practicum.
Un dos contactos coa institución terá obrigatoriamente forma de visita.

Evaluación
Metodologías Competéncias Descripción Calificación
Salida de campo A7 A8 A9 A11 A12 A14 A15 A19 A20 A21 B1 B3 B4 B5 B6 C1 O titor/a da institución colaborará na avaliación, valorando a implicación e a actuación do alumnado. 40
Portafolio del alumno A14 B1 B2 B5 B6 C1 C8 Os criterios avaliativos serán:
- Capacidade de relación teoría-práctica, capacidade para relacionar ideas e accións.
- Dominio conceptual e capacidade analítica
- Capacidade de argumentar e fundamentar.
- Expresión escrita propia e claridade expositiva
- Capacidade de descrición de escenarios, situacións e accións.
- Capacidade de autoavaliación e autocrítica.
- Calidade técnica (formulación clara e operativa dos obxectivos, detalle na descrición da metodoloxía e as accións, coherencia entre a análise da realidade, os obxectivos e as actividades planificas...) e caracter inclusivo do proxecto socioeducativo.
- Orixinalidade e carácter innovador do proxecto de acción socioeducativa.
40
Eventos científicos y/o divulgativos A14 B1 B3 B5 B6 C1 C4 C7 C8 Avaliarase cos criterios:
- Asistencia a todas as sesións
- Calidade das achegas á hora de expor contidos nas diferentes sesións así como a pertinencia e madureza das reflexións persoais ao respecto recollidas no Diario.
10
Seminario A14 B1 B3 B5 B6 C1 C4 C7 C8 Avaliándose cos criterios
-Asistencia a todas as sesións
-Calidade das achegas á hora de expor dúbidas, expor ideas enriquecedoras e compartir experiencias de interese, etc.
10
 
Observaciones evaluación

Requisitos para superar a materia:

1. Para aprobar, será necesario superar os seguintes elementos da avaliación: prácticas socioeducativas e portafolios.
2. O portafolios deberá ser subido a Moodle nas datas indicadas.

Elementos de avaliación que se poden recuperar na 2ª oportunidade de avaliación (xullo):
1. As prácticas non poden recuperarse, polo que a cualificación obtida en xuño mantense para xullo. Isto supón que un suspenso en xuño implica a non superación da materia.
2. Os seminarios e xornadas non se poden recuperar, polo que a nota en xuño mantense para xullo.
3. O portafolios pode recuperarse, polo que o alumnado que non o supere en xuño terá ocasión de melloralo en xullo, conservando sempre as cualificacións dos demais elementos avaliados.

Cualificacións:
1. A cualificación final será a suma das puntuacións obtidas en cada elemento avaliado, co seu peso respectivo. O profesorado titor/a da Facultade será o encargado de solicitar a
cualificación do centro de prácticas e de realizar as medias
correspondentes que serán enviadas ao Decanato.
2. No caso de non superar algunha das partes de obrigatoria superación da materia, anota final será a nota de parte non superada.
3. Non realizar as prácticas socioeducativas estando matriculado na materia supón un NP.
4. Non presentar o portafolios tendo as prácticas socioeducativas superadas supón un suspenso.
5. No caso de que os eventos científicos e/ou divulgativos non se realizaran o 10% da cualificación asinada a este apartado se sumará ao portafolio.

Fuentes de información
Básica

Cómpre consultar a listaxe das diferentes materias do mestrado segundo o ámbito elixido e de acordo as indicacións do titor/a

Complementária


Recomendaciones
Asignaturas que se recomienda haber cursado previamente

Asignaturas que se recomienda cursar simultáneamente

Asignaturas que continúan el temario

Otros comentarios

O envío do portafolios será telemático vía Moodle.  De requirir o profesorado titor/a unha copia en papel, non utilizar plásticos, elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores.



(*) La Guía Docente es el documento donde se visualiza la propuesta académica de la UDC. Este documento es público y no se puede modificar, salvo cosas excepcionales bajo la revisión del órgano competente de acuerdo a la normativa vigente que establece el proceso de elaboración de guías