Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A8 |
Coñecer os fundamentos do proceso de avaliación e diagnóstico. |
A9 |
Coñecer e aplicar os modelos, técnicas e instrumentos de avaliación. |
A10 |
Realizar a avaliación das alteracións da linguaxe nos trastornos específicos do desenvolvemento da linguaxe: trastorno específico da linguaxe, retrasos da linguaxe, trastornos fonéticos e fonolóxicos; os trastornos da comunicación e a linguaxe asociados a déficit auditivos e visuais, o déficit de atención, a deficiencia mental, o trastorno xeneralizado do desenvolvemento, os trastornos do espectro autista, a parálise cerebral infantil e as plurideficiencias; os trastornos específicos da linguaxe escrita; as discalculias; as alteracións no desenvolvemento da linguaxe por deprivación social e as asociadas a contextos multiculturais e plurilingüismo; os trastornos da fluidez da fala; as afasias e os trastornos asociados; as disartrias; as disfonías; as disglosias; as alteracións da linguaxe no avellentamento e os trastornos dexenerativos; as alteracións da linguaxe e a comunicación en enfermidades mentais; o mutismo e as inhibicións da linguaxe; as alteracións das funcións orais non verbais: deglución atípica, disfagia e alteracións tubáricas. |
A11 |
Redactar un informe de avaliación logopédica. |
A12 |
Realizar unha avaliación tras a intervención. |
A13 |
Coñecer os principios xenerais de la intervención logopédica. |
A14 |
Coñecer as funcións da Intervención logopédica: prevención, educación, reeducación, rehabilitación e tratamento. |
A15 |
Coñecer e aplicar os modelos e as técnicas de intervención. |
A16 |
Coñecer as características diferenciais da intervención logopédica nos ámbitos familiar, escolar, clínico-sanitario e asistencial. |
A17 |
Coñecer e realizar a intervención logopédica nos trastornos específicos do desenvolvemento da linguaxe: trastorno específico da linguaxe, retrasos da linguaxe, trastornos fonéticos e fonolóxicos; os trastornos da comunicación e a linguaxe asociados a déficit auditivos e visuais, o déficit de atención, a deficiencia mental, o trastorno xeneralizado do desenvolvemento, os trastornos do espectro autista, a parálise cerebral infantil e as plurideficiencias; os trastornos específicos da linguaxe escrita; as discalculias; as alteracións no desenvolvemento da linguaxe por deprivación social e as asociadas a contextos multiculturais e plurilingüismo; os trastornos da fluidez da fala; as afasias e os trastornos asociados; as disartrias; as disfonías; as disglosias; as alteracións da linguaxe no avellentamento e os trastornos dexenerativos; as alteracións da linguaxe e a comunicación en enfermidades mentais; o mutismo e as inhibicións da linguaxe; as alteracións das funcións orais non verbais: deglución atípica, disfagia e alteracións tubáricas. |
A18 |
Coñecer e realizar a intervención logopédica en Atención Temperá. |
A19 |
Coñecer e implementar os Sistemas de Comunicación Aumentativa. |
A20 |
Coñecer e implementar as axudas técnicas á comunicación. |
A22 |
Saber deseñar, programar e avaliar a actuación logopédica. |
A25 |
Coñecer a organización de institucións educativas, sanitarias e sociais. |
A26 |
Adquirir un coñecemento práctico para a avaliación logopédica. |
A27 |
Realizar a planificación estratéxica da intervención logopédica. |
A28 |
Adquirir un coñecemento práctico en intervención logopédica (formación práctica en ámbitos escolares, clínico-sanitarios e asistenciais). |
A29 |
Adquirir a formación práctica para o traballo individual, grupal, cooperativo e de mediación con facilitador. |
A30 |
Coñecer a actuación profesional e os contornos onde se desenvolve a práctica. |
A31 |
Adquirir o desenvolvemento os recursos persoais para a intervención: habilidades sociais e comunicativas, habilidades profesionais, avaliación da propia actuación profesional, técnicas de observación, técnicas de dinamización ou toma de decisións. |
A32 |
Utilizar tecnoloxías da información e da comunicación. |
B1 |
Acceso, selección e xestión das fontes de información relevantes para a práctica profesional. |
B2 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B3 |
Apreciar as distintas manifestacións da diversidade. |
B6 |
Capacidade de adaptarse aos cambios. |
B8 |
Capacidade de observar e de escoitar de forma activa. |
B9 |
Capacidade de organizar e planificar. |
B10 |
Capacidade para motivarse e procurar a calidade na actuación profesional. |
B11 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B12 |
Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo. |
B13 |
Coñecer e manexar as novas tecnoloxías da comunicación e da información. |
B14 |
Destreza e empatía nas relacións interpersoais. |
B15 |
Poñer en valor a súa profesión no contorno en que desenvolve o seu traballo. |
B16 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B17 |
Saber expresarse en público. |
B21 |
Tomar decisións con autonomía e responsabilidade. |
B23 |
Traballar de forma colaborativa. |
B24 |
Traballar en equipo e, de ser o caso, de forma interdisciplinar. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Adquirir un coñecemento práctico para a avaliación logopédica. |
A8 A9 A10 A11 A12 A26
|
B1 B3 B8 B11
|
C1
|
Realizar a planificación estratéxica da intervención logopédica. |
A13 A14 A15 A18 A27
|
B6 B9 B10 B14
|
C3 C6
|
Adquirir un coñecemento práctico en intervención logopédica |
A17 A22 A29
|
B12 B15 B16
|
C4
|
Adquirir a formación práctica para o traballo individual, grupal, cooperativo e de mediación con facilitador. |
A14 A16 A30
|
B6 B12 B15 B23 B24
|
|
Coñecer a actuación profesional e as contornas onde se desenvolve a práctica. |
A16 A18 A25 A28
|
B12 B21 B23
|
C5 C7
|
Adquirir ou desenvolver os recursos persoais para a intervención: habilidades sociais e comunicativas, habilidades profesionais, avaliación da propia actuación profesional, técnicas de observación, técnicas de dinamización ou toma de decisións. |
A29 A31
|
B2 B15 B17 B23 B24
|
C4 C8
|
Utilizar tecnoloxías da información e da comunicación. |
A19 A20 A32
|
B13
|
C3 C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
O proceso de avaliación logopédica |
Explorar, observar, avaliar e emitir un xuízo diagnóstico:
- Aplicación das técnicas de entrevista e recollida de datos aos usuarios, familias e/ou cuidadores. A historia clínica do paciente.
- Aplicación das técnicas observacionais:tipos de rexistros observacionais e a súa aplicación; adaptación e creación de rexistros observacionais atendendo a tipoloxía dos usuarios.
- Aplicación de probas estandarizadas: interpretación dos datos.
- Elaboración de informes de exploración e diagnóstico clínico.
|
O proceso de tratamiento logopédico: programación, implementación e avaliación. |
- Deseño e implementación de programas de tratamento logopédico: Formulación de obxectivos e etapas, elección de técnicas e recursos materiais mais adecuados, rexistro das sesións adicadas o programa de intervención.
- A avaliación do proceso de intervención.
- O deseño do plan de actuación coa familia do usuario: formulación e deseño de obxectivos, pautas de asesoramento e actividades para as familias co obxectivo de que apoien o proceso de intervención.
- O tratamento interdisciplinar: Recoñecemento dos límites das competencias profesionais do logopeda e identificación da necesidade dun tratamento interdisciplinar.
- A elaboración de informes sobre tratamento, portadores de xuízos clínicos e liñas de mellora do proceso de intervención.
|
Recursos materiais empregados na intervención logopédica |
- O uso dos recursos e materiais na intervención logopédica.
- A adaptación do uso do materiais: en función dos obxectivos do programa e das características cognitivas, motoras ou psicolóxicas dos usuarios.
- A creación de materiais en función dos obxectivos do programa, en función das características cognitivas, motoras ou psicolóxicas dos usuarios. |
Reflexión sobre o código deontolóxico da profesión |
- O tratamento dos datos persoais dos usuarios.
- A confidencialidae ou secreto profesional.
- A aplicación de criterios profesionais para o inicio ou finalización do tratamento e a derivación de usuarios.
|
Desenvolvemento dos recursos persoais para a intervención logopédica |
- As habilidades sociais e comunicativas para o establecemento das relacións interpersoais cos usuarios, as súas familias e con outros profesionais implicados no tratamento.
- Avaliación da propia actuación profesional.
- Capacidade de traballo en equipo: técnicas de observación, técnicas de dinamización ou de toma de decisións.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Prácticas clínicas |
A9 A10 A11 A12 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A22 A26 A27 A28 A29 A30 A31 B3 B6 B8 B9 B10 B11 B12 B14 B15 B16 B17 B21 B23 B24 C1 C4 C5 |
35 |
35 |
70 |
Seminario |
B2 B9 B10 B11 B12 B15 B16 B23 C1 C5 C6 C7 C8 |
20 |
40 |
60 |
Estudo de casos |
A9 A10 A11 A12 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A22 A26 A27 A28 A29 B3 B6 B8 B9 B11 B12 B14 B16 B17 B21 B23 B24 C1 |
0 |
8 |
8 |
Traballos tutelados |
A9 A10 A11 A12 A15 A17 A18 A19 A20 A22 A26 A27 A28 A29 A31 A32 B1 B2 B9 B11 B21 B23 C1 C3 |
0 |
30 |
30 |
Análise de fontes documentais |
A8 A13 A14 A25 A30 B1 B2 B9 B10 B15 C4 C5 C6 C7 C8 |
0 |
15 |
15 |
Lecturas |
A8 A13 A14 A25 A30 B1 B2 B9 B10 B15 C4 C5 C6 C7 C8 |
0 |
10 |
10 |
Portafolios do alumno |
A9 A10 A11 A12 A15 A17 A20 A22 A26 A27 A28 A29 A32 B2 B9 B13 C1 C3 |
0 |
24 |
24 |
|
Atención personalizada |
|
8 |
0 |
8 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Prácticas clínicas |
Consistirán básicamente en:
a) Sesións de observación nas que se aplicacarán as técnicas observacionais, e levarase a cabo a adaptación e creación de rexistros observacionais dependendo da patoloxía.
b) Sesións de orientación práctica e supervisada: deseño e implementación de programas de tratamento logopédico, para o que deberán formularse os obxectivos, elexir as técnicas e recursos materiais, rexistro das sesións adicadas o programa de tratamento, avaliación do proceso de intervención, plan de actuación coa familia, elaboración de informes sobre tratamento, realización de xuízos clínicos e liñas de mellora do proceso de intervención. |
Seminario |
Levaránse a cabo 3 seminarios:
1. Seminario de recursos materiais: de 10 horas de duración que abordará o coñecemento e manexo dos recursos e materiais na intervención logopédica
2. Seminario de avaliación: de 5 horas de duración acerca dos diferentes métodos de recollida de información, así como da elaboración dos informes de avaliación.
3. Seminario de intervención: de 5 horas de duración no que se traballarán as habilidades comunicativas para o establecemento das relacións profesionais cos pacientes e as súas familias, a avaliación da propia actuación profesional e tratarase de favorecer ó traballo en equipo a través de dinámicas de grupos.
|
Estudo de casos |
Nos seminarios presentaránse varios estudos de caso nos que se plantearán situacións reais da práctica profesional, e os estudantes deben analizar aspectos relacionados coa avaliación e tratamento para chegar a unha decisión razoada acerca do proceso de intervención. |
Traballos tutelados |
Baixo a tutela do persoal logopeda encargado das prácticas os estudantes irán elaborando as adaptacións de material, os obxectivos da intervención e os informes de avaliación que se incluirán no portafolios. |
Análise de fontes documentais |
Deberá realizarse búsquedas bibliográficas relevantes para a temática tratada tanto nos seminarios como nas actividades prácticas. |
Lecturas |
Os estudantes revisarán algúns textos e documentación escrita que lles permitirá profundizar nalgunhas das patoloxías abordadas nas prácticas. |
Portafolios do alumno |
É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno tanto nos seminarios como nas prácticas clínicas. En canto ao formato:
- Imprescindible índice, numeración de páxinas e bibliografía (normas APA).
- Marxes de 2,5 cm laterais e 3 cm superior e inferior.
- Interliñado 1,5; texto xustificado; letra Time New Roman 12.
- O número de follas do portafolio será entre 50 e 80 páxinas (impreso polas dúas caras), mais o anexo.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Portafolios do alumno |
Seminario |
Análise de fontes documentais |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
O persoal logopeda encargado das prácticas irán guiando a cada alumno/a en cada un dos traballos solicitados durante a realización das prácticas.
O/a titor/a da Facultade realizará o seguimento do traballo do alumndo en coordinación cos/as logopedas encargados/as dos seminarios e das prácticas clínicas.
Recoméndase a realización de tres titorías para orientar a elaboración do portafolio: inicial, de seguimento e final. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Portafolios do alumno |
A9 A10 A11 A12 A15 A17 A20 A22 A26 A27 A28 A29 A32 B2 B9 B13 C1 C3 |
A avaliar polo profesorado titor da Facultade:
O portafolio terá un peso do 40% na cualificación final:
-Deberase incluir un historia clínica de cada paciente e un breve informe que faga referencia aos datos da avaliación e do tratamento realizado, así como unha valoración persoal
Poderá recollerse en anexos a información que, traballada nos seminarios, se considere pertinente para abordar os casos clínicos.
A asistencia e participación do alumnado na titoría inicial, de seguimento e final terá un peso do 10% na cualificación final.
|
40 |
Prácticas clínicas |
A9 A10 A11 A12 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A22 A26 A27 A28 A29 A30 A31 B3 B6 B8 B9 B10 B11 B12 B14 B15 B16 B17 B21 B23 B24 C1 C4 C5 |
A avaliar polo persoal Logopeda contratado.
Farase unha valoración das capacidades profesionais de cada alumno/a, na que se terá en conta a capacidade de traballo en equipo, de resolver problemas, de aplicar coñecementos, para adaptarse o paciente, e a capacidade de comunicación co paciente e coa familia.
Avaliarase tamén a participación activa nas actividades plantexadas e a actitude do alumno/a.
|
60 |
|
Observacións avaliación |
Para aprobar a materia será necesario superar cada un dos elementos da avaliación (portafolios e prácticas clínicas). O alumnado que suspenda as prácticas clínicas non superará a materia nese curso académico.
Para a segunda oportunidade de avaliación (xullo), consideraranse válidas as cualificacións das actividades que fosen superadas na primeira oportunidade. A cualificación final será a media ponderada das puntuacións obtidas en cada unha das epígrafes. No caso de non superar a materia, a cualificación será acorrespondente á parte non superada.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Acosta, V. y Moreno, A.M. (1999). Dificultades del lenguaje en ambientes educativos. Barcelona: Masson.
Aguado, G. (1999). Trastorno específico del lenguaje: retraso del lenguaje y disfasia. Málaga: Aljibe.
Borrás, S. y Rosell, V. (2005). Guía para la reeducación de la deglución atípica y trastornos asociados. Valencia: Nau Llibres.
Bosch, L. (2004). Evaluación fonológica del habla infantil. Barcelona: Masson.
Brancal, M.F. (2000). Logopedia creativa en personas con Síndrome de Down. Barcelona: Lebón.
Dumont, A. (1999). El logopeda y el niño sordo. Barcelona: Masson.
Gallardo, J.R. y Gallego, J.L. (1993). Manual de logopedia escolar. Granada: Aljibe.
Gallego, J.L. (2005). Enciclopedia temática de logopedia. Archidona: Aljibe.
Garrido, J. (2007). Programación de actividades para educación especial. Madrid: Cepe.
Le Huche, F. (2004). La voz. Barcelona: Masson.
Monfort, M. y Juárez, A. (1999). El niño que habla. Madrid: Cepe.
Moreno, J.M. (2009). Disfonías infantiles: talleres para la prevención. Madrid: EOS Gabinete de orientación psicológica.
Nicolás, J. (2003). Alteraciones del habla en la infancia: aspectos clínicos. Buenos Aires: Panamericana.
Peña Casanova, J. (1988). Manual de logopedia. Barcelona: Masson.
Peralta, M.E. (2002). Reeducación de la deglución atípica funcional en niños con respiración oral. Barcelona: Isep Textos.
Perelló, J. (1980). Alteraciones de la voz. Barcelona: Editorial Científico Médica.
Puyuelo, M. (2000). Evaluación del lenguaje. Barcelona: Masson.
Puyuelo, M. y Arriba, J.A. (2000). La parálisis cerebral infantil: aspectos comunicativos y psicopedagógicos, orientaciones al profesorado y a la familia. Archidona: Aljibe.
Puyuelo, M. (2001). Casos Clínicos de logopedia 2. Barcelona: Masson
Rosell, V. (1993). Programa de estimulación del Lenguaje oral en educación infantil. Granada: Aljibe.
Tulon, C. (2000). La voz: técnica vocal para la rehabilitación de la voz en las disfonías funcionales. Barcelona: Paidotribo.
Zambrana, N., González, T. y Dalva, L. (1998). Logopedia y ortopedia maxilar en la rehabilitación orofacial. Barcelona: Masson.
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Os traballos deben subirse ao Moodle unha vez finalizado o período de prácticas. Se os titores/as solicitan os documentos impresos recomendase non utilizar plásticos, elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores.
|
|