Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A20 |
Coñecer e implementar as axudas técnicas á comunicación. |
A23 |
Coñecer, aplicar e valorar criticamente as técnicas pedagóxicas, así como os recursos metodolóxicos e didácticos para o ensino da linguaxe. |
A32 |
Utilizar tecnoloxías da información e da comunicación. |
B1 |
Acceso, selección e xestión das fontes de información relevantes para a práctica profesional. |
B13 |
Coñecer e manexar as novas tecnoloxías da comunicación e da información. |
B23 |
Traballar de forma colaborativa. |
B24 |
Traballar en equipo e, de ser o caso, de forma interdisciplinar. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer e analizar de forma crítica o papel das TIC na sociedade da información e na educación en particular, como recurso para o desenvolvemento das capacidades lingüísticas e o acceso a aprendizaxe. |
A20 A23 A32
|
B1 B13 B23
|
C6 C8
|
Atender á diversidade na selección, produción e aplicación dos recursos tecnolóxicos para a intervención nos procesos de adquisición e desenvolvemento da linguaxe. |
A20 A23 A32
|
B1 B13 B23 B24
|
C6 C8
|
Coñecer diferentes ferramentas de software para a produción de materiais multimedia como recursos na prevención e intervención dos diferentes trastornos da linguaxe. |
A20 A23 A32
|
B1 B13 B23 B24
|
C3 C6 C8
|
Seleccionar e avaliar recursos TIC educativos para a prevención e intervención dos diferentes trastornos da linguaxe e a comunicación no desenvolvemento das habilidades lingüísticas. |
A20 A23 A32
|
B1 B13 B23 B24
|
C3 C6 C8
|
Adaptar os recursos tecnolóxicos atendendo as características individuais na intervención dos procesos de adquisición e desenvolvemento da linguaxe e a comunicación. |
A20 A23 A32
|
B1 B13 B23 B24
|
C3 C6 C8
|
Deseñar e producir recursos multimedia para a intervención nos procesos de adquisición e desenvolvemento da linguaxe. |
A20 A23 A32
|
B1 B13 B23 B24
|
C3 C6 C8
|
Coñecer ferramentas de traballo colaborativo para a produción de recursos educativos multimedia e proxectos que permitan favorecer a adquisición e desenvolvemento da linguaxe. |
A20 A23 A32
|
B1 B13 B23 B24
|
C3 C6 C8
|
Desenvolver dinámicas de traballo colaborativo a través da rede no deseño e produción de materiais educativos para favorecer o desenvolvemento da linguaxe con tecnoloxías da información e a comunicación. |
A20 A23 A32
|
B1 B13 B23 B24
|
C3 C6 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
MÓDULO I: Novas tecnoloxías e atención a diversidade. |
1. Novas tecnoloxías e sociedade da información.
2. Enfoques educativos no uso das TIC.
3. Novas tecnoloxías e accesibilidade.
4. Atención a diversidade con medios tecnolóxico-didácticos.
|
MÓDULO II: Creación de contidos e elaboración de recursos multimedia para a avaliación e intervención logopédica. |
1. Selección e avaliación de recursos multimedia para a intervención logopédica.
2. Programas de software libre, gratuíto e comercial para a elaboración de recursos multimedia.
3. Creación de contidos multimedia para a atención á diversidade e o tratamento das dificultade e alteracións da linguaxe.
|
MÓDULO III: Recursos e ferramentas na rede para a intervención logopédica. |
1. Recursos e redes sociais para compartir produtos multimedia para a avaliación e intervención nos procesos de adquisición da linguaxe.
2. Ferramentas para a xestión, creación e publicación de contidos.
3. Cooperación e colaboración na rede entre profesionais da logopedia.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A20 A23 A32 B13 |
6 |
12 |
18 |
Discusión dirixida |
A20 A23 A32 B1 C6 C8 |
1 |
2 |
3 |
Prácticas a través de TIC |
A20 A23 A32 B1 B13 B23 B24 C3 |
26 |
58 |
84 |
Proba oral |
A20 A23 A32 B1 B13 B23 B24 C3 |
1 |
4.5 |
5.5 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Na actividade de sesión maxistral traballaranse os contidos que conforman o marco teórico mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.
Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas.
|
Discusión dirixida |
Mediante esta dinámica abordaranse diversas temáticas orientadas a que o alumnado reflexione sobre a importancia das TIC na sociedade e na intervención logopédica en particular. Analizaranse os distintos factores que inciden na súa integración para desenvolvemento da intervención profesional, co obxecto de favorecer a construción dunha visión crítica das diferentes formas de abordar o traballo coas TIC nos seus diferentes ámbitos de intervención como logopedas. |
Prácticas a través de TIC |
En torno aos diferentes temas proporase a realización de pequenos traballos de grupo baseados en prácticas a través de TIC. Estas actividades iniciaranse na aula e deberán ser completados mediante o traballo autónomo do alumnado, atendendo as indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada do profesor aos diferentes grupos.
Para a realización destes traballos tomaranse como referencia tanto os materiais básicos da materia así como outros complementarios. Basearanse no traballo con distintos recursos na rede, programas de software libre, gratuíto e comercial, de ferramentas de autor e da pizarra dixital, para a creación de recursos multimedia e ferramentas na rede. Finalmente, a través da exposición na aula, cada grupo compartirá os traballos realizados cos demais grupos. |
Proba oral |
A proba oral constituirá unha actividade final da materia con carácter avaliativo a través da que o alumnado deberá realizar a presentación dos traballos realizados a través das sesións de prácticas TIC facendo un tratamento global e integrado dos coñecementos adquiridos, de acordo co conxunto de contidos abordados en torno ás diferentes dinámicas de traballo. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas a través de TIC |
|
Descrición |
A atención personalizada que se describe para estas metodoloxías concíbese como momentos de traballo presencial co profesor para a atención e seguimento do traballo realizado por cada grupo. Implican unha participación obrigatoria para o alumnado. A forma e o momento en que se desenvolverá indicarase en relación a cada actividade ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia.
---------------------------------------------------
Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212 Este alumnado desenvolverá a súa actividade coa asistencia e participación nas dinámicas que se recollen nos apartados de “Metodoloxías” e “Atención personalizada” descrita para as “Prácticas a través de TIC”, a través dos grupos de traballo que se conformen na materia. A actividade farase atendendo ás observacións da avaliación sobre a flexibilidade de asistencia-participación e os requisitos para superar a materia. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba oral |
A20 A23 A32 B1 B13 B23 B24 C3 |
Esta proba centrarase na presentación oral dos traballos desenvolvidos en torno aos traballos realizados nas prácticas TIC. Valorarase:
- Relevancia e organización dos contidos expostos.
- Coordinación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes).
- Nivel de comprensión dos contidos básicos.
- Claridade expositiva.
|
30 |
Prácticas a través de TIC |
A20 A23 A32 B1 B13 B23 B24 C3 |
En relación ás Prácticas TIC valorarase:
- A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
- A profundidade do contido.
- O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas educativas.
- O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
- A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
- A organización e presentación.
|
70 |
|
Observacións avaliación |
1. SITUACIÓNS: A) Alumnado con dedicación completa: Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%: a) Elaboración dos traballos (Prácticas TIC) en pequeno grupo (70%). b) Presentación oral das prácticas de grupo (30%). B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/2012): Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%: a) Elaboración dos traballos (Prácticas TIC) en pequeno grupo (70%). b) Presentación oral das prácticas de grupo (30%). 2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
Asistir e participar regularmente nas actividades da clase. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (Prácticas TIC e Proba oral). Entregar e expoñer as prácticas na data que se indique. A convocatoria de xullo e extraordinaria estarán sometidas aos mesmos criterios que a convocatoria de xuño.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Alcantud Marín, F. y Soto Pérez, J.
(coords.) (2003). Tecnologías de ayuda en personas con trastornos de
comunicación. Valencia: Nau Llibres. Area Moreira, M. (2004). Los medios
y las tecnologías en la educación. Madrid. Pirámide. Chacón Medina, A. (2007). La
atención a la diversidad con medios tecnológico-didácticos. En Nuevas Tecnologías
para la educación en la era digital. Ortega. Iza Mikeleiz, M (2002). Recursos
tecnológicos en logopedia. Archidona: Ediciones Aljibe. Nova Escola Galega (2007).
Competencia dixital e ferramantas TIC. Revista Galega de Eduacación, nº 38. Sánchez Montoya, R (2002).
Ordenador y discapacidad. Guía práctica de apoyo a las personas con
necesidades educativas especiales. Madrid: CEPE. Toledo Morales, P. (2002 ).
Accesibilidad en la red. Diseños de web para todos. Archidona:Ediciones
Aljibe. Toledo, Morales P. (2001).
Accesibilidad, informática y discapacidad. Sevilla. Mergablum. |
Bibliografía complementaria
|
|
http://www.logopediadigital.org/ http://www.logopediadigital.org/revista/ http://www.espaciologopedico.com/ http://w3.cnice.mec.es/recursos2/atencion_diversidad/02_00.htm http://recursostic.educacion.es/observatorio/web/
http://www.discapnet.es/Discapnet/CAstellano/default.htm http://www.sidar.org http://personal2.redestb.es/jamosa/lengua.htm http://www.parasordos.com http://www.ucv.ve/tartamudez.htm http://blog.educastur.es/ticynee/category/logopedia/ http://www.uv.es/bellochc/pdf/pwlogo1.pdf |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
- Asistir ás sesións presenciais.
- Realizar o traballo de forma continua ao longo de todo o curso.
- Levar a cabo un adecuado traballo en equipo e cooperativo.
- Asistir a titorías sempre que se teñan dúbidas.
- Traballar de forma individual e en grupo con todos os documentos, artigos, presentacións e demais recursos de cada bloque.
- Preparar de forma adecuada as presentacións orais.
- Realizar algún curso de manexo de ferramentas informáticas que ofrece a AFI se for preciso.
|
|