Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A7 |
Coñecer e valorar as necesidades nutricionais das persoas sás e con problemas de saúde ao largo do ciclo vital, para promover e reforzar pautas de conduta alimentaria saudable. |
A8 |
Identificar os nutrientes e os alimentos en que se encontran. |
A9 |
Identificar os problemas nutricionais de maior prevalenza e seleccionar as recomendacións dietéticas adecuadas. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B9 |
Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica. |
B13 |
Toma de decisións. |
B15 |
Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C9 |
CB1.- Que os estudantes demostraran posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parta da base da educación secundaria xeral, e sólese atopar a un nivel que, si ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda dun campo de estudo. |
C10 |
CB2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Describir os diferentes grupos de alimentos e as súas características nutricionais |
A8
|
B1 B2 B4 B9
|
C1
|
Describir as modificacións das necesidades nutricionaos nas diferentes etapas do ciclo vital |
A7 A8 A9
|
B2 B4 B9 B13
|
C1 C6 C7 C9 C10
|
Identificar as técnicas, guías e procedementos do diagnóstico nutricional e realizar a valoración do estado nutricional |
A7 A8 A9
|
B1 B2 B4 B9 B13 B15
|
C1 C6 C7
|
Describir as bases fisiológicas e fisiopatológicas da nutrición nas persoas sanas e nas enfermas |
A7 A8 A9
|
B1 B4
|
C1 C6 C7
|
Describir os principios básicos da dietética aplicada a nivel terapéutico e para utilizar os códigos das dietas |
A7 A8 A9
|
B1 B2 B4 B9 B13 B15
|
C1 C6 C7 C9 C10
|
Identificar as indicacións, vías da administración e complicación da nutrición enteral e parenteral, así coma describir os coidados de enfermaría necesarios |
A7 A8 A9
|
B1 B2 B4 B9 B13 B15
|
C1 C6 C7 C9 C10
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
BLOQUE I. PRINCIPIOS DA NUTRICIÓN.
1. Conceptos xerais: Concepto de Alimentación, Nutrición, Bromatoloxía e Dietética. Bases evolutivas da Nutrición.
2. Esquema xeral da Nutrición Humana. Requerimentos Nutricionais, Inxestas Dietéticas de Referencia. Obxectivos Nutricionais e Guías Dietéticas.
3. Composición corporal. Necesidades de enerxía.
4. Proteínas.
5. Lípidos.
6. Hidratos de carbono. Fibra alimentaria. Alcohol
7. Vitaminas hidrosolubles e liposolubles.
8. Minerais.
9. Auga e electrolitos.
BLOQUE II. BROMATOLOXÍA: ALIMENTOS E HIXIENE ALIMENTARIA
10. Os alimentos como fonte de enerxía e nutrintes. Grupos de alimentos. Hábitos Alimentarios. Métodos para a avaliación da inxesta de alimentos.
11. Hixiene alimentaria e Toxicoloxía dos alimentos.
12. Alimentos funcionais e alimentos transxénicos.
BLOQUE III. NECESIDADES NUTRICIONAIS E CICLO VITAL
13. Nutrición perinatal
14. Nutrición infantil.
15. Nutrición escolar e adolescencia.
16. Nutrición na terceira idade.
BLOQUE IV. NUTRICIÓN APLICADA. PAPEL DOS NUTRINTES NA PREVENCIÓN DE ENFERMiDADES.
17. Nutrición clínica. Planificación das dietas hospitalarias. Organización das Unidades de Nutrición no Hospital.
18. Nutrición nas enfermidades cardiovasculares.
19. Nutrición na salud dos osos.
20. Dietoterapia nas situacións de malnutrición: obesidade e desnutrición.
21. Atención nutricional na anorexia e bulimia.
22. Atención nutricional na diabetes.
23. Atención nutricional no paciente oncolóxico
BLOQUE V. NUTRICIÓN ARTIFICIAL
24. Nutrición enteral
25. Nutrición parenteral
|
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Estudo de casos |
A7 A8 A9 B1 B4 C1 C6 C9 C10 |
10 |
10 |
20 |
Presentación oral |
B15 C7 |
4 |
4 |
8 |
Proba mixta |
B2 |
2 |
60 |
62 |
Sesión maxistral |
B9 |
17 |
17 |
34 |
Aprendizaxe colaborativa |
A7 B1 B2 B15 C1 C6 C9 C10 |
6 |
6 |
12 |
Análise de fontes documentais |
A7 B1 B4 C6 |
2 |
4 |
6 |
Traballos tutelados |
B13 C9 C10 |
2 |
4 |
6 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Estudo de casos |
Estudio de casos (habitualmente en grupo) utilizando as modalidades de resolución de problemas e comprensión.
|
Presentación oral |
Actividade na que os estudantes expoñen verbalmente o contido/ resultados dos traballos tutelados e os estudos de casos. |
Proba mixta |
Proba escrita con 50 preguntas tipo test y 5 preguntas de resposta curta.
Cada pregunta tipo test terá 5 posibles respostas. Por cada 4 non acertadas, restarase unha acertada. O test puntuará o 60% da nota do exame. As preguntas curtas o 40%. |
Sesión maxistral |
Actividade na que o profesor expón de maneira oral e con medios audiovisuais contidos teóricos do programa e a orientación bibliográfica dos mesmos.
|
Aprendizaxe colaborativa |
Actividade que desenvolverá a participación dos alumnos nun tema de actualidade sobre o que o profesor establecerá diferentes estratexias a defender nunha sesión presencial con interpelación dos diferentes grupos de traballo |
Análise de fontes documentais |
Actividade na que os estudantes de forma autónoma realizarán unha busca e síntese de información presentando un protocolo de revisión da evidencia dun tema proposto polo profesor. |
Traballos tutelados |
Actividade na que os estudantes de forma autónoma afondan ou relacionan coñecementos expostos polo profesor.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Análise de fontes documentais |
Estudo de casos |
Presentación oral |
Traballos tutelados |
Aprendizaxe colaborativa |
|
Descrición |
A atención personalizada ten como finalidade atender as consultas do alumnado relacionadas co estudo e/ou temas vinculados coa materia. Farase de xeito individualizado, ben presencial ou a través do correo electrónico.
A atención persoalizada relacionada cos traballos tutelados ten como finalidade orientar ós estudantes na realización dos traballos. O seguimento poderase realizar en pequenos grupos, ben de maneira presencial ou a través do correo electrónico.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Análise de fontes documentais |
A7 B1 B4 C6 |
Farase a presentación escrita dun protocolo de revisión de evidencia e a síntese do desenvolvimiento da mesma |
5 |
Estudo de casos |
A7 A8 A9 B1 B4 C1 C6 C9 C10 |
Consistirá na presentación en grupo (conforme a un índice proposto polo docente) dos resultados sobre a discusión dun artigo.
O artigo podese tratar de recomendacións baseadas na evidencia científica con aplicación práctica na área de nutrición ou un estudo científico orixinal, sobre unha mostra ou poboación.
Valorarase a capacidade de traballar en grupo e o compromiso individual de cada alumno co grupo, cara a obter os mellores resultados de todo o grupo na exposición.
Faranse 2 estudos de casos, a partire de publicacións nacionais ou internacionais, sobre casos clínicos, consensos ou recomendacións, falicitados polo docente.
Os grupos serán establecidos polo docente, cun máximo de 8 alumnos.
Cada estudo puntuarase cun máximo de 5 puntos. Destos 5 puntos, 2 serán obtidos polo grupo, 2 serán da valoración individual, e 1 valorarase segundo a coherencia de presentación e relación entre o grupo.
|
8 |
Presentación oral |
B15 C7 |
Valorarase a participación individual e nos grupos, e a puntuación establecerase segundo se expón no apartado de estudo de casos e traballos tutelados |
2 |
Traballos tutelados |
B13 C9 C10 |
Faranse dous traballos tutelados: un será de grupo e outro será individual.
O grupo será máximo de 8 alumnos, elexidos polos alumnos.
O traballo tutelado en grupo consistirá na valoración de medidas antropométricas dos alumnos do grupo, e a elaboración de Recomendacións ou Plan de Acción. A avaliación farase tendo en conta: que un 40% (6 puntos) corresponde á puntuación ó grupo e un 60% (9 puntos) da puntuación corresponde coa exposición individual de cada alumno. Máxima puntuación do traballo de grupo: 15 puntos
A avaliación do traballo tutelado en grupo, farase tendo en conta os seguintes apartados: Intoducción, obxectivos, método, resultados e discusión, conclusións. Farase una descripción e sintesis da información dos contidos ou temas relativos ós artigos localizados
O traballo tutelado individual consistirá na elaboración dunha dieta semanal individualizada para a situación clínica que describa o docente para cada alumno. Será unha dieta semanal e cos menús axeitados aos alimentos da nosa terra.
Para a súa elaboración deberá ter en conta as necesidades enerxéticas, e as características clínicas dos pacientes que se lle adxudiquen. Deberá ser presentado nunha exposición antes de rematar as clases maxistrais. Máxima puntuación traballo individual: 10 puntos.
Deberá ser presentado antes de rematar as clases maxistrais.
|
15 |
Proba mixta |
B2 |
A proba consistirá en 50 preguntas test e 5 preguntas curtas. O test contará un 60% na nota do exame, e as preguntas curtas representarán o 40%.
As respostas falladas no test, restarán puntos. De xeito que de cada catro fallos restarase unha acertada. As preguntas curtas non restarán puntuación.
Facilitarase a realización dunha proba escrita de avaliación coa metade da materia. Será voluntaria. Os alumnos que a superen cun 65%, poderán eliminar a materia. No caso de non conseguir o 65% terán que presentarse á totalidade da materia no mes de xuño.
A puntuación obtida no exame voluntario da metade da materia contará un 30% para a valoración conxunta da nota de exame global da materia.
Os alumnos que eliminen materia no primeiro exame, por conseguir 65% ou máis no exame, terán que aprobar polo menos cun 50% o exame de xuño para superar a materia.
Os alumnos que no exame de xuño non superen ou consigan o 50%, terán que presentarse en segunda oportunidade (xullo) á totalidade da materia. Non se gardará a nota do primeiro exame no caso de non superar o exame de xuño.
O 65% da puntuación da materia corresponderá ao exame, e o 35% aos traballos tutelados, presentación oral e estudos de casos.
Os alumnos que non presenten os dous traballos tutelados e os estudos de casos, terán que obter unha puntuación do 65% no exame final de xuño e en segunda oportunidade (xullo) (test e preguntas curtas) para "aprobar" a materia de Nutrición.
Os alumnos que non realicen os traballos tutelados ou estudos de casos durante o curso, e desexen presentalos para a súa valoración na segunda oportunidade (xullo) ou na convocatoria de adianto de oportunidade (decembro), deberán comunicar cunha antelación mínima de 1 mes antes do exame, por correo electrónico ao profesor o seu interese de facer os traballos, e presentarán os traballos que o profesor indíquelles, con data límite de entrega dos mesmos o día do exame escrito.
En todo caso, para calquera convocatoria, incluída a segunda oportunidade (xullo) e o adianto de oportunidade, os alumnos non poderán conseguir unha puntuación maior do 80% na asignatura si non presentan a totalidade dos traballos tutelados e dos estudos de casos correspondentes ao ano en curso, segundo as solicitudes do docente.
O exame para calquera convocatoria será de preguntas curtas e preguntas test, contando negativo as respostas non acertadas no test, de forma que de cada catro mal, deducirase unha acertada. O test contará un 60% e as preguntas curtas un 40%.
Nas convocatorias extraordinarias deberá superar o exame cunha cualificación mínima do 50%.
O alumno poderá presentarse ao "adianto de oportunidade" (decembro), e o exame será de tipo test e pregunta curta. O test resta negativo, de forma que de catro preguntas falladas, restarase unha acertada. Terá que superar o exame cun 50%. Para alcanzar máis puntuación do 80% terá que presentar todos os traballos tutelados e Estudos de caso do ano en curso que lle sinale o profesor. De tal modo que contactará co profesor un mes antes do exame para informarse dos traballos e estudos que o profesor indíquelle que ha de presentar. Deberá presentalos o día da proba de adianto de oportunidade.
|
65 |
Aprendizaxe colaborativa |
A7 B1 B2 B15 C1 C6 C9 C10 |
Valorarase a capacidade de comunicación do alumno no grupo e a sea relación cos diferentes grupos participantes. |
5 |
|
Observacións avaliación |
Valorarase a participación e asistencia a clase, así como a relación entre os alumnos nos grupos que facilite a cohesión das exposicións de cada grupo.
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Sistemas da información e comunicación en ciencias da saúde/661G01004 | Fisioloxía/661G01105 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Fundamentos de Enfermaría/661G01107 |
|
Materias que continúan o temario |
|
|