Na 1ª oportunidade: A avaliación realizarase en función das Metodoloxías expostas. A cualificación das metodoloxías realizarase con notas sobre 10 e será condición necesaria para superar a avaliación da 1º oportunidade: non ter ningunha nota inferior ou igual que 3,5 e ter unha asistencia ás actividades presenciais de polo menos o 80%.
A nota final da 1º oportunidade é:
( 0,60 * Proba obxectiva + 0,20 * Presentación oral + 0,10 * Discusión dirixida + 0,10 * Obradoiro ) / (1,4 * Número de notas inferiores ou iguais que 3,5 + N * 1)
onde N=1 para asistencia maior ou igual que o 80% e N=1.5 para o caso contrario.
Na 2ª oportunidade o Alumnos con Dispensa Académica: Realizarase a través dun exame final con 2 módulos: Teoría e Solución de Problemas.
A nota final da 2º oportunidade o Alumnos con Dispensa Académica é:
( 0,5 * Módulo Teoría + 0,5 * Solución Problemas ) / (1,4 * Número de notas inferiores ou iguais que 3,5 + 1)