Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Ampliación de hidrostática e hidrodinámica Código 730496020
Titulación
Mestrado Universitario en Enxeñaría Naval e Oceánica (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Miguez Gonzalez, Marcos
Correo electrónico
marcos.miguez@udc.es
Profesorado
Miguez Gonzalez, Marcos
Correo electrónico
marcos.miguez@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo desta materia é ampliar os coñecementos de hidrostática e á hidrodinámica naval, así como o modo de facer os cálculos de arquitectura e hidrodinámica naval, dos alumnos procedentes dos Graos en Propulsión e Servizos do Buque ou con coñecementos moderados nestas temáticas.

Competencias do título
Código Competencias do título
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
B6 Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
B7 Falar ben en público
C1 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Capacidade para a comprensión dos fundamentos nos que se basean tanto a hidrostática como a hidrodinámica do buque, incluíndo a realización de todos os cálculos relacionados con ambos campos e a capacidade para analizar os resultados obtidos. BM1
BM2
BM4
BM5
BM6
BM7
CM1

Contidos
Temas Subtemas
OS TEMAS SEGUINTES DESENVOLVEN OS CONTIDOS DESCRITOS NA MEMORIA DE VERIFICACIÓN DO TÍTULO, QUE SON: CÁLCULO DE ÁREAS, VOLUMES, MOMENTOS.
AMPLIACIÓN DE CONCEPTOS RELACIONADOS COA ESTABILIDADE EN ESTADO INTACTO E TRAS AVARÍAS.
EXPERIENCIA DE ESTABILIDADE.
PROCESOS DE TRASNFERENCIA (VARADAS).
AMPLIACIÓN DE RESISTENCIA AO AVANCE.
CÁLCULO DE PROPULSORES CONVENCIONAIS.
CAVITACIÓN.
Hidrodinámica. Ampliación de Resistencia ó avance - Descomposición da resistencia ó avance.
- Métodos teóricos e experimentais de análisie de resistencia ó avance.
- Ensaios en canle de experiencias.
- Resistencia por formación de ondas.
Hidrodinámica. Cálculo de propulsores. Cavitación. - Teorías de funcionamiento do propulsor.
- Ensaios experimentais.
- Cavitación.
- Series sistemáticas.
Hidrodinámica. Cálculo de propulsores. Proxecto de hélices - Cálculo a diámetro óptimo.
- Cálculo a revolucións óptimas.
Hidrostática. Ampliación de estabilidade en estado intacto. Estabilidade transversal - Estabilidade transversal a pequenos e grandes ángulos.
- Estabilidade dinámica.
- Criterios de estabilidade en estado intacto.
- Experiencia de estabilidade
Hidrostática. Ampliación de estabilidade en estado intacto. Estabilidade lonxitudinal - Modificacións no trimado do buque pola variación da condición de carga.
Hidrostática. Ampliación de Varadas accidentais e controladas - Varada en dique seco.
- Varada en dique flotante.
- Varada involuntaria.
Hidrostática. Ampliación de Estabilidade tras avarías - Cálculo do equilibrio lonxitudinal do buque tras avaría.
- Cálculo do equilibrio transversal do buque tras avaría.
- Criterios reglamentarios de estabilidade do buque tras avarías. Coñecementos teóricos e aplicación práctica.
Hidrostática. Fenómenos dinámicos - Fenómenos dinámicos relacionados coa estabilidade. Resonancia paramétrica, pérdida de estabilidade, surf riding, situación buque - morto, aceleracións excesivas.
Hidrostática. Ampliación de Francobordo e arqueo - Francobordo. Convenio de Liñass de Carga de 1966. Protocolo de 1988.
- Arqueo. O Convenio de Arqueo de Buques de 1969.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral B5 15 25 40
Proba obxectiva B2 B5 B6 3 0 3
Solución de problemas B2 B6 8 10 18
Prácticas de laboratorio B2 C1 3 10.5 13.5
Presentación oral B4 B7 1 5 6
Traballos tutelados B1 B4 B7 C1 6 22 28
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación e desenvolvemento dos temas teóricos e prácticos citados no apartado de contidos
Proba obxectiva Unha proba obxectiva que consistirá nun examen teórico e práctico dos contidos da asignatura.
Solución de problemas Ao longo do curso proporanse unha serie de problemas das distintas partes de asignatura, co obxectivo de complementar a formación teórica incluida nas sesións maxistrais.

Prácticas de laboratorio Ao longo do curso realizarase unha práctica de laboratorio, que será de obrigada asistencia, e trala cal será necesario entregar unha memoria, na que se abordará un problema relacionado con ditas prácticas. A realización e entrega en prazo desta memoria, cuxo obxectivo, extensión e datas de entrega publicaranse na web (Moodle) da asignatura e faranse públicas nas clases presenciais, é tamén obrigatoria para superar a asignatura.
Presentación oral Presentación do traballo tutelado fronte o resto de alumnos e o docente da materia
Traballos tutelados Ao longo do curso será proposto un traballo tutelado, de caracter individual ou en grupo relacionado con algunha das partes en que se divide a asignatura.
Este será de caracter obrigatorio, e será imprescindible a realización e presentación pública do mesmo para superar esta materia.
A presentación pública terá lugar nas horas lectivas do horario da materia, podendo acordar cos alumnos, en casos excepcionáis e sempre a criterio do profesor, outros horarios de defensa.
Os detalles das datas/prazos dos traballos, así como o seu contido e o seu caracter individual ou en grupo, publicaranse na web (Moodle) da asignatura e se farán públicas nas clases presenciais.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Solución de problemas
Prácticas de laboratorio
Descrición
Atención personalizada na realización dos problemas de cada unha das partes da asignatura, para a realización da memoria das prácticas e para a realización do traballo tutelado.

Este apartado é tamén de aplicación a aqueles alumnos con dispensa de asistencia a clase e que precisen de atención fora do horario de clases e/o titorías.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B1 B4 B7 C1 A calificación do traballo tutelado representará un máximo dun 55% sobre a nota da asignatura, sempre e cando a calificación das probas obxectivas sexa superior a un 4, como se pode apreciar no apartado de "Proba obxectiva".

O desenvolvemento do traballo tutelado planificarase nunha serie de entregas; as datas destas entregas publicitaranse a principio de curso, nas clases presenciais e na plataforma Moodle da asignatura. Todos aqueles alumnos que non respeten estas datas de entrega, terán unha penalización dun 20 % da cualificación de cada entrega retrasada (ou na entrega derradeira se só se establece unha data de entrega). Esto é de aplicación tamén a aqueles alumnos que se presenten na convocatoria de segunda oportunidade ou na adiantada.
55
Solución de problemas B2 B6 A solución de problemas non se incluirá na evaluación do alumno 0
Presentación oral B4 B7 A cualificación da presentación oral dos traballos tutelados, así como a participación na avaliación das presentacións do resto de alumnos, supoñerá un máximo dun 10 % da nota final.

No caso de que esta presentación non se programe (o que se definirá ó comezo de curso e se publicará no Moodle da asignatura), a nota dos traballos tutelados incrementarase ata ó 65%.

Aqueles alumnos que non entreguen o traballo tutelado en plazo para a súa avaliación na convocatoria ordinaria, e non realicen a presentación oral, terán unha calificación de 0 puntos neste apartado.
10
Proba obxectiva B2 B5 B6 A proba obxectiva da asignatura terá unha parte teórica e unha práctica.

A nota final da proba obxectiva obterase do seguinte modo:

Nota proba obxectiva (máx. 10 puntos) = 0.5 * Parte Teórica (máx. 10 puntos) + 0.5* Parte Práctica (máx. 10 puntos)

Será necesario obter máis de 4 Puntos tanto na parte Teórica como na Práctica da proba obxectiva para poder superar a asignatura.

Será necesario obter máis de 4 puntos na cualificación final da proba obxectiva para poder superar a asignatura.

A cualificación máxima desta proba obxectiva será dun 25 % da nota final do alumno.
25
Prácticas de laboratorio B2 C1 A asistencia ás prácticas de laboratorio, así como a realización e entrega en data da memoria de prácticas, é imprescindible para superar a asignatura.

A cualificación da memoria das prácticas de laboratorio representará un máximo dun 10% sobre a nota da asignatura, a condición de que a cualificación das probas obxectivas sexa superior a un 4, como se pode apreciar no apartado de "Proba obxectiva"

10
 
Observacións avaliación
Dado
que a asistencia ás clases non se evalúa dentro da asignatura, os
requisitos que aqueles alumnos con dispensa de asistencia a clase terán
que cumprir, tanto en primeira como en segunda oportunidade, serán os
mesmos requisitos que aqueles sen esta dispensa, con excepción de non
ser necesaria a realización da presentación oral do traballo tutelado,
nin a asistencia ás prácticas de laboratorio, nin a memoria destas
prácticas.



Con todo, na data do exame correspondente, estes alumnos deberán
realizar un exame de prácticas, cuxa cualificación corresponderase cun 10 %
do total, e deberán responder a unha serie de preguntas sobre o
traballo tutelado, que contabilizarán cun 10 % do total.

Fontes de información
Bibliografía básica JOSÉ DANIEL PENA AGRAS (). DOCUMENTACIÓN VARIA. Moodle
JOSÉ MARÍA DE JUAN GARCÍA AGUADO (). ESTÁTICA DEL BUQUE. EUP / UDC
JOSÉ ANTONIO BAQUERO (). INTRODUCCIÓN A LA PROPULSIÓN DE BUQUES. E.T.S.I.N. (U.P.M.)
JOSE ANTONIO ALAEZ ZAZURCA (). INTRODUCCIÓN A LA TEORÍA DEL FUNCIONAMIENTO DE LA HÉLICE. E.T.S.I.N. (U.P.M.)
JOSÉ ANTONIO BAQUERO (). RESISTENCIA AL AVANCE. E.T.S.I.N. (U.P.M.)
JOSE ANTONIO ALAEZ ZAZURCA (). RESISTENCIA VISCOSA DE BUQUES. CANAL DE EXPERIENCIAS HIDRODINÁMICAS DE EL PARDO
JOSE ANTONIO ALAEZ ZAZURCA (). TEORÍA DEL BUQUE. E.T.S.I.N. (U.P.M.)
JOSÉ ANTONIO ALAEZ ZAZURCA (). TEORÍA DEL BUQUE I. E.T.S.I.N. (U.P.M.),

Bibliografía complementaria (). PRINCIPLES OF NAVAL ARCHITECTURE. S.N.A.M.E.
HARVALD (). RESISTANCE AND PROPULSION OF SHIPS.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Hidrodinámica naval avanzada/730496002
Traballo fin de mestrado/730496023

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías