Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A27 |
Capacidade para o deseño e xestión de procedementos de experimentación aplicada, especialmente para a determinación de propiedades termodinámicas e de transporte, e modelado de fenómenos e sistemas no ámbito da enxeñaría química, sistemas con fluxo de fluídos, transmisión de calor, operacións de transferencia de materia, cinética das reaccións químicas e reactores. |
B4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como leigo |
B6 |
Ser capaz de concibir, deseñar ou poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación con rigor científico para resolver calquera problema formulado, así como de comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a un público tanto especializados como leigo dun xeito claro e sen ambigüidades |
B7 |
Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas |
B8 |
Deseñar e realizar investigacións en ámbitos novos ou pouco coñecidos, con aplicación de técnicas de investigación (con metodoloxías tanto cuantitativas como cualitativas) en distintos contextos (ámbito público ou privado, con equipos homoxéneos ou multidisciplinares etc.) para identificar problemas e necesidades |
C3 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C4 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C6 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecementos sobre balances de materia e enerxía, transferencia de materia, operacións de separación, enxeñaría da reacción química, deseño de reactores e valorización e transformación de materias primas e recursos energéticos. |
A27
|
B4 B6 B7
|
C4 C6
|
Planificación estratéxica e discusión do deseño de reactores |
|
B4 B6 B7 B8
|
C3 C4 C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Os seguintes temas desenvolven os contidos establecidos na ficha da memoria de verificación. |
Cinética química; Parámetros de reacción; Reaccións homoxéneas; Molecularidade e orde de reacción; Predición da velocidade.
Introdución ao deseño de reactores; Reactores ideais; Deseño para reaccións simples; Deseño para reaccións múltiples; Reactores para sistemas homoxéneos.
Efectos da temperatura e da presión.
Catálise. |
1. CINÉTICA QUÍMICA
|
1. SIGNIFICADO DA VELOCIDADE DE REACCIÓN
2. CLASIFICACIÓN DAS REACCIÓNS. VARIABLES QUE AFECTAN Á VELOCIDADE DE REACCIÓN.
3. MODELOS PARA A VELOCIDADE DE REACCIÓN
4. VELOCIDADE DE REACCIÓN E TEMPERATURA
5. CATÁLISE
6. MECANISMOS DE REACCIÓN
7. CINÉTICA DAS REACIÓNS HOMOXÉNEAS. REACCIÓNS SIMPLES E MÚLTIPLES. REACCIÓNS ELEMENTAIS E NON ELEMENTAIS
8. EQUILIBRIO QUÍMICO |
2. REACTORES QUIMICOS
|
1. INTRODUCIÓN AO DESEÑO DE REACTORES: REACTORES IDEAIS
2. OPTIMIZACIÓN DE REACTORES PARA REACCIÓNS SIMPLES
3. DESEÑO DE REACTORES PARA REACCIÓNS MÚLTIPLES
4. EFECTOS DA PRESIÓN E DA TEMPERATURA
5. INTRODUCIÓN AOS REACTORES NON IDEAIS
6. REACTORES PARA SISTEMAS HETEROXÉNEOS
7. CATÁLISE
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A27 |
30 |
15 |
45 |
Solución de problemas |
A27 B7 B6 |
20 |
40 |
60 |
Seminario |
B4 B8 C3 |
10 |
20 |
30 |
Proba mixta |
A27 C4 C6 |
4 |
10 |
14 |
|
Atención personalizada |
|
0 |
0 |
0 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición de contidos con medios audiovisuais e presentacións.
Secuencias de pequenos debates.
Resolución de dúbidas. |
Solución de problemas |
Resolución de problemas prácticos relacionados coa teoría para facilitar a aplicación dos coñecementos ao deseño de reactores. |
Seminario |
Nas sesións de seminario realizaranse actividades onde se avaliará o grao de comprensión dos contidos de cada tema. |
Proba mixta |
Para a avaliación da consecución dos obxectivos da aprendizaxe, realizarase unha proba escrita que pode combinar distintos tipos de preguntas: de resposta múltiple, problemas, etc.
|
Atención personalizada |
|
Descrición |
Atenderase ó alumnado nas horas de titorias indicadas |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A27 C4 C6 |
Probas escritas presenciais |
70 |
Seminario |
B4 B8 C3 |
Resolución presencial de exercicios e entrega de resultados ós profesores |
30 |
|
Observacións avaliación |
A cualificación final de cada alumno será o resultado da ponderación, tal e como se indica máis arriba, das dúas metodoloxías que se empregan na avaliación: seminarios e proba mixta.
Para superar a materia o alumno debe obter unha media ponderada igual ou superior a 5 puntos.
Na proba mixta, que se valorará de 0 a 10 puntos, será necesario obter unha cualificación mínima de 4 puntos para facer a ponderación coa cualificación obtida nos seminarios. Nos posibles casos nos que a media ponderada sexa igual ou superior a 5 pero cunha avaliación na proba mixta inferior a 4, a cualificación final será de 4,5.
Na segunda oportunidade manterase a cualificación obtida nos seminarios durante o cuadrimestre, polo que só é obxecto de mellora a "proba mixta".
No caso dos alumnos de continuidade (que non tiveran superada a materia en cursos anteriores) non se considerará ningunha cualificación de cursos anteriores. É dicir: a súa avaliación abrangue exclusivamente ás actividades deste curso 17-18.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Fogler, H. Scott. (2008). Elementos de ingeniería de las reacciones químicas. Naucalpan de Juárez: Pearson Educación,
Octave Levenspiel (2003). Ingeniería de las reacciones químicas. Reverté
Levenspiel, Octave (1990). Ingeniería de las reacciones químicas . Barcelona : Reverté
Calleja Pardo, G., Martínez, de Lucas, Prats Rico, D. and Rodríguez Maroto, J. M. (). Introducción a la Ingeniería Química. Editorial síntesis
Muñoz Andrés, V. and Maroto Valiente, A. (2013). Operaciones unitarias y reactores químicos.. UNED
Masterton,W. L. and Hurley, C. N. (2003). Química. Principios y Reacciones. ThomsonParaninfo |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
TECNOLOXÍA QUÍMICA/730G04051 | QUÍMICA/730G04005 | ENXEÑARÍA MEDIOAMBIENTAL/730G04017 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|