AVALIACIÓN DE ESTANCIAS IV:
O primeiro requisito para poder ser avaliado pola realización das estancias IV é, ademáis de estar matriculado na materia- ter superadas as Estancias Clínicas I e II, tal como consta na memoria do Título de Grao.
AVALIACIÓN DAS PRÁCTICAS CLÍNICAS:
- Asistencia:
As competencias que se pretenden acadar coa realización das prácticas clínicas só se poden adquirir en presencia e baixo supervisión de un enfermeiro comunitario, por esta razón a avaliación queda supeditada á asistencia presencial a todas as horas prácticas planificadas, sen contemplarse o conceito de faltas xustificadas, polo que as ausencias debidamente xustificadas deberán recuperarse, sempre que non excedan o 50% das planificadas. A recuperación das prácticas realizárase no período establecido polo profesor antes do peche de actas. As ausencias non xustificadas suporán a calificación de suspenso.
- Competencias de aprendizaxe:
A avaliación e a emisión de unha cualificación numérica pola realización das prácticas clínicas está directamente vinculada á capacidade de alumno para acadar as competencias sinaladas como resultados de aprendizaxe esperados en esta guía. A cualificación será emitida polo profesor da materia -despois de recabar información do enfermeiro titor- mediante unha folla de valoración onde se sinalan os criterios cos que se acadan cada unha de esas competencias ou resultados de aprendizaxe. A puntuación máxima que será posible acadar coa realización das práctics clínicas é de 8 puntos, e será preiso acadar a lo menos 4 para superar esta parte da materia.
AVALIACIÓN DO PROXECTO DE APRENDIZAXE-SERVIZO:
-Asistencia:
Dado que as competencias que é posible acadar mediante a realización de este proxecto na comunidade precisan da titorización dun enfermeiro ou profesor coñecedor da metodoloxía de implementación de intervencións de saúde local mediante a metodoloxía coa que o Ministerio de Sanidade promove a implementación da estratexia de promoción da saúde e prevención no sistema nacional de saúde, é preciso que o alumno acuda a lo menos ao 80% das horas presenciais planificadas, debendo recuperar mediante atención personalizada aquelas ás que non poidese asistir nos horarios en que o profesor ou titor poidesen. A non asistencia ás horas minimas presenciais suporá a calificación de suspenso.
- Actitude persoal:
Dado que o proxecto que se plantexa nesta materia ten vocación de servizo á comunidade e realízase nun entorno real e sen simulación algunha, é imprescindible que o alumno amose unha conducta profundamente respetuosa con todos os actores sociais implicados no proxecto, así como unha disposición de apertura e facilitación constantes de cara a facilitar o traballo intersectorial. Calquer falta de respeto directa e acreditada, a algún-s dos actores sociais involucrados suporá a calificación de suspenso.
- Competencias ou resultados de aprendizaxe:
A avaliación e a emisión de unha cualificación numérica quedará supeditada aos requisitos de asistencia e actitude. Unha vez superados a nota emitirase en relación ás competencias que o alumno acade, os cais xa foron sinalados como resultados de aprendizaxe en esta guía. A nota máxima que é posible acadar con este proxecto é de 2 puntos. O alumno precisará acadar a lo menos 1 punto para poder aprobar esta parte da asignatura.
CONSIDERACIÓNS IMPORTANTES NA AVALIACIÓN DE ESTANCIAS IV:
- O feito de presentarse no centro de saúde para a realización das prácticas clínicas -ben polo tempo completo planificado ou só parte do mesmo- implicará ser avaliado en calquera das probas, o que supón figurar en acta como presentado coa calificación correspondente.
- Para superar a materia o alumnno precisa acadar as notas mínimas sinaladas para cada parte da asignatura.
- O sistema de calificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de calificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional.
Sistema de calificacións:
0-4.9 Suspenso.
5-6.9 Aprobado
7-8.9 Notable.
9-10 Sobresaínte.
9-10 Matricula de Honra (graciable).
AVALIACIÓN EN SEGUNDA OPORTUNIDADE:
- En caso de non superar a materia ben porque non aprobara as prácticas clínicas, ou a execución do proxecto de aprendizaxe-servizo, deberá recuperar a parte suspensa pero gardaráselle a nota da outra parte, extraordinariamente e só con motivo de esta segunda oportunidade, para o ano académico en curso. Caso de non superar a materia nesta segunda oportunidade do curso, teranse por suspensas as dúas partes.
- A recuperación das prácticas clínicas en segunda oportunidade terá lugar no centro de saúde que con motivo de organización se lle poida asignar, a fin de que poidan estar rematadas e avaliadas antes do peche das actas do mes de xullo.
- A realización do proxecto de saúde local en segunda convocatoria será dirixido mediante sesións de atención personalizada polo profesor ou titor no horario en que poidese facelo; e quedará supeditada á existencia de tempo material que permita cumplir os requisitos de horas presenciais e de traballo autónomo que require o proxecto, a partires do momento en que o profesor saiba da solicite de tutorización para presentarse en segunda convocatoria.