Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Cirugía Podolóxica 2 Código 750G02030
Titulación
Grao en Podoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Mosquera Fernandez, Abian
Correo electrónico
abian.mosquera.fernandez@udc.es
Profesorado
Mosquera Fernandez, Abian
Correo electrónico
abian.mosquera.fernandez@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral A materia de Cirurxía Podolóxica 2 combina durante o 2º cuadrimestre do 3º curso de grao teoría e práctica co obxectivo xeral de situar o alumnado no marco conceptual das técnicas máis habituais en cirurxía podolóxica e as súas indicacións. A materia pretende achegar o estudantado a unha metodoloxía que lle permita establecer un diagnóstico e un prognóstico certeiros e recoñecer a aparición de complicacións na aplicación das técnicas cirúrxicas propias da súa disciplina.
Dende o punto de vista práctico perséguese que o alumnado desenvolva unhas habilidades básicas.



Competencias do título
Código Competencias do título
A33 Coñecer e obter habilidades na aplicación das técnicas podolóxicas de cirurxía ungueal, de cirurxía podolóxica de partes brandas, de cirurxía ósea e articular do pé.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B8 Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade.
B9 Fomento dunha segunda lingua de interese para a profesión.
B13 Traballo en equipo de carácter interdisciplinar.
B17 Capacidade de motivarse e motivar a outros.
B19 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñece as indicacións e a metodoloxía de aplicación das técnicas podolóxicas de cirurxía ósea e articular do pé. A33
B1
B3
B5
B6
B17
B19
C1
C2
C6
Coñece as técnicas de exploración, diagnóstico e tratamento dos tumores no pé. B1
B3
B5
B6
B13
B19
C1
C3
C6
Coñece, valora e aplica o protocolo preoperatorio e o consentimento informado. B1
B3
B6
B8
B9
B17
B19
C1
C3
C6
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. C2
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. C1
Coñecer e obter habilidades na aplicación das técnicas podológicas de cirurxía ungueal, de cirurxía podológica de partes brandas, de cirurxía ósea e articular do pé. A33
O alumno identifica e diagnostica o nivel de risco dun pé patolóxico, adquire habilidade no manexo das técnicas de estudo e valoración do pé. É capaz de desenvolver o conxunto de tratamentos podológicos de acordo ao nivel de risco presente no pé e en correlación co equipo multidisciplinar A33

Contidos
Temas Subtemas
UNIDADE DIDÁCTICA 1. Introdución á cirurxía osteoarticular do antepé TEMA 1. Conceptos e consideracións básicas en cirurxía osteoarticular
UNIDADE DIDÁCTICA 2. Tumores óseos TEMA 2. Etioloxía e abordaxe cirúrxico da exostose subungueal (DOCENCIA EN INGLÉS)

TEMA 3. Etioloxía e abordaxe cirúrxico do osteocondroma
UNIDADE DIDÁCTICA 3. Alteraciones dixitais TEMA 4. Etioloxía da deformidade dixital

TEMA 5. Tratamento cirúrxico das deformidades dixitais, dixito-metatarsales
UNIDADE DIDÁCTICA 4. Hallux abductus valgus TEMA 6. Fisiopatoloxía da deformidade do hallux abductus valgus

TEMA 7. Avaliación precirúrxica

TEMA 8. Radioloxía e goniometría

TEMA 9. Técnica anestésica

TEMA 10. Disección anatómica da primeira articulación metatarsofalánxica

TEMA 11. Técnicas cirúrxicas distais

TEMA 12. Técnicas cirúrxicas diafisarias

TEMA 13. Técnicas cirúrxicas proximais

TEMA 14. Técnicas cirúrxicas falánxicas

TEMA 15. Procedementos sobre partes brandas

TEMA 16. Artrodese metatarsofalánxica

TEMA 17. Artrodese cuneo-metatarsal

TEMA 18. Artroplastias
UNIDADE DIDÁCTICA 5. Tratamento cirúrxico do hallux rigidus TEMA 19. Implantes e hemiimplantes da primeira articulación metatarsofalánxica
UNIDADE DIDÁCTICA 6. Complicacións postoperatorias en cirurxía do antepé TEMA 20. A infección, complicacións en cirurxía osteoarticular e cirurxía de partes brandas
UNIDADE DIDÁCTICA 7. Fascite plantar TEMA 21. Fisiopatoloxía e abordaxe cirúrxica
UNIDADE DIDÁCTICA 8. Pé plano e pé cavo
TEMA 22. Etioloxía e abordaxe cirúrxico
UNIDADE DIDÁCTICA 9: Artroscopia de pé e nocello TEMA 23. Introdución á artroscopia. Principais indicacións e contra-indicacións.
UNIDADE DIDÁCTICA 10: Cirurxía das anomalías conxénitas e neuromas TEMA 24. Etioloxía e abordaxe cirúrxico

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral B5 B6 B8 B9 B13 B19 C1 C2 C3 C6 20 27 47
Prácticas de laboratorio B5 B6 B8 B9 B19 C1 9 10 19
Seminario B1 12 15 27
Traballos tutelados B3 B5 B8 3 17 20
Proba obxectiva A33 B17 2 34 36
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As sesións maxistrais desenvolveranse como clases expositivas-participativas con importante apoio audiovisual. Nas sesións maxistrais traballarase con vocabulario en inglés e o tema 2 ("Etioloxía e abordaxe cirúrxica da exóstosis subungueal") será impartido neste idioma e nel o alumno deberá empregar o inglés nas actividades que se desenvolvan na aula. Periodicamente realizaranse controis de asistencia a clase.
A través da plataforma moodle (https://campusvirtual.udc.es/moodle/) ofreceranse materiais para apoiar os contidos básicos do temario así como material para traballar na aula e fóra dela. Tamén se poderá colgar material de apoio na páxina web www.foroactua.com
NOTA:
Según normativa da UDC (http://www.udc.es/comunicacion/novas/2012/05/nota_prensa_20120529.html) aqueles estudantes con matrícula a tempo parcial terán dereito preferente a elixir quenda cando haxa dúas ou máis grupos con horarios diferentes nunha determinada materia e a un réxime de asistencia a clase de carácter flexible.

Prácticas de laboratorio A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatorias na súa totalidade e o seu obxectivo xeral é que o alumno/a desenvolva unhas habilidades básicas no manexo do instrumental cirúrxico e coñeza o protocolo prequirúrgico da Clínica Universitaria de Podoloxía da UDC.
A ausencia a ditas prácticas só estará xustificada no caso de producirse algunha das seguintes causas, debidamente acreditada (con xustificante con data do mesmo día da ausencia que deberá de ser entregado antes de pasados 10 días da ausencia ao profesor da materia), enfermidade ou lesión que incapacite para a realización da práctica, falecemento dun familiar ata o segundo grao, citación xudicial que coincida coa data da práctica, asistencia a unha sesión do Claustro ou do Consello de Goberno da UDC que coincida coa data da práctica, o/a estudante terá dereito a non recuperala ata un máximo de 2 prácticas, un número maior de faltas xustificadas ou a existencia de faltas inxustificadas pode supor o suspenso da materia.
A fin de permitir a formación complementaria do alumno dentro das mesmas tamén poderán recoñecerse como tales prácticas a asistencia a actividades de relevancia e interese para a titulación. Da participación en tales actividades deberase de entregar o certificado de asistencia antes de que pasen 10 días desde a súa celebración e comunicando a intención de asistir con polo menos 10 días de antelación. Entre estas actividades das que se poden recoñecer un máximo de 1 ausencia a prácticas de laboratorio son:
-Congreso nacional de Podoloxía
-Xornadas galegas de Podoloxía
-Congresos internacionais de Podoloxía
-Congreso de estudantes de Podoloxía
-Outras actividades que poidan ser valoradas polo profesor da materia

O alumno deberá asistir á práctica de laboratorio incorporándose ao grupo que lle foi asignado. Realizarase control de asistencia nas que o alumno/a debe de asinar ao comezo da práctica. A firma é a garantía da asistencia do alumno/á a práctica polo que a ausencia desta poderase entender como unha falta á práctica de laboratorio. Calquera falta xustificada debe de documentarse adecuadamente coa causa e datas do día e entregarse ao profesor da materia antes de pasados 10 días desde a ausencia. A puntualidade a prácticas é de obrigado cumprimento polo que as faltas reiteradas de puntualidade serán penalizadas pudiendollegar a supor o suspenso da materia.

AVISO: É requisito imprescindible acudir ás mesmas con bata ou pixama branco, bolígrafo e bloc de notas.
Seminario Nos seminarios traballaranse aspectos específicos do temario mediante o desenvolvemento de actividades en grupos que servirán para profundar nos contidos da materia. Traballarase ademais con textos en inglés e castelán indistintamente. O traballo realizado en cada un dos seminarios reflectirase coa entrega e exposición dunha actividade individual ou en grupo cuxas pautas se darán ao comezo da materia.
A asistencia aos seminarios e a realización das actividades marcadas polo profesor son obrigatorias na súa totalidade e non se poden recuperar ou substituír por outra actividade da materia sendo necesario alcanzar a metade da puntuación total destinada aos seminarios para superar a materia. En caso de non logralo, na convocatoria de xullo o alumno/a deberá responder a 30 preguntas tipo test relacionadas coas diferentes temáticas abordadas nos seminarios da materia.
A ausencia aos seminarios só estará xustificada no caso de producirse algunha das seguintes causas, debidamente acreditada (con xustificante con data do mesmo día da ausencia que deberá de ser entregado antes de pasados 10 días da ausencia), enfermidade ou lesión que incapacite para a realización da práctica, falecemento dun familiar ata o segundo grao, citación xudicial que coincida coa data do seminario, asistencia a unha sesión do Claustro ou do Consello de Goberno da UDC que coincida coa data da práctica, o/a estudante terá dereito a non recuperala ata un máximo de 3 ausencias, un número maior de faltas xustificadas ou a existencia de faltas inxustificadas pode supor o suspenso da materia.
Todo o alumnado debe asistir aos seminarios incorporándose ao grupo que lle foi asignado.
Existirán follas de control de asistencia nas que o alumno/a debe de asinar. A firma é a garantía da asistencia do alumno/á o seminario polo que a ausencia desta poderase entender como unha falta. Calquera falta xustificada debe de documentarse adecuadamente coa causa e datas do día e entregarse ao profesor responsable da materia. A puntualidade na asistencia é de obrigado cumprimento polo que se rexistrarán os atrasos. As faltas de puntualidade serán penalizadas podendo chegar a supor o suspenso da materia.
Traballos tutelados Realizarase e exporá na aula un traballo tutelado obrigatorio en grupo relacionado con algún dos apartados do temario. As pautas para a súa realización así como a data de entrega e exposición detallaranse o día da presentación da materia e anunciarase na plataforma virtual da UDC. Na súa exposición e/ou elaboración valorarase a utilización do inglés.
Na cualificación final de cada un dos alumnos que compón o grupo de traballo tutelado considerarase: Comprensión do tema tratado, rigor científico, capacidade de síntese e de crítica, adecuación e actualización da bibliografía consultada, claridade na exposición e axustarse ao tempo de presentación.
A non realización do traballo tutelado supon o suspenso da materia. Neste caso o alumno deberá responder na convocatoria de xullo a 20 preguntas tipo test relacionadas coa temática do traballo tutelado que lle foi asignado.
Proba obxectiva Realizarase unha proba obxectiva de 60 preguntas tipo test en data aprobada e publicada en calendario académico.
Esta proba poderá incluír cuestións relacionadas cos contidos tratados nas sesións maxistrais, con casos clínicos vistos na aula, coas prácticas de laboratorio, cos seminarios e con aqueles temas de interese que o profesor indique e que deberán ser traballados polo alumnado. O día da súa realización facilitarase a información relativa á puntuación das preguntas. É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar a proba obxectiva.
Cara á metade do cuadrimestre en data que será notificada aos alumnos e publicada con suficiente antelación realizarase unha proba parcial individual dos contidos da materia e daqueles aspectos que indique o profesor que fosen abordados ata ese momento e que ten por obxecto valorar a capacidade de razoamento, creatividade e espírito crítico do alumno. Esta proba parcial constará de 30 preguntas tipo test, forma parte da proba obxectiva e terá carácter liberatorio de maneira que se é superada o alumno non terá que volver examinarse dos contidos avaliados na convocatoria de maio. Esta proba parcial liberatoria ten un valor do 30% sobre o porcentaxe total da proba obxectiva.
É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar a proba parcial. As pautas para a súa realización daranse o día da presentación da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Sesión maxistral
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada que se describe en relación con estas metodoloxías concíbese como momentos de traballo co profesorado de forma presencial ou virtual.
A forma e o momento en que se desenvolverá a atención personalizada correspondente a cada actividade serán indicados ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario B1 A realización e exposición na aula das actividades relacionadas cos seminarios son obrigatorias na súa totalidade
e non se poden recuperar ou substituír por outra actividade da materia. É necesario obter polo menos unha puntuación de 5 sobre 10 posible na súa realización e exposición.
Na cualificación dos seminarios considerarase: Comprensión do tema tratado, rigor científico, capacidade de síntese e de crítica, adecuación e actualización da bibliografía consultada, claridade na exposición e axustarse ao tempo de presentación.
As pautas para a súa realización e exposición daranse o día de presentación da materia e anunciaranse na plataforma virtual da UDC.
A asistencia aos seminarios e a realización das actividades marcadas polo profesor son obrigatorias na súa totalidade e non se poden recuperar ou substituír por outra actividade da materia sendo necesario alcanzar a metade da puntuación total destinada aos seminarios para superar a materia. En caso de non asistir aos seminarios ou non lograr a puntuación mínima requirida, na convocatoria de xullo o alumno/a deberá responder a 30 preguntas tipo test relacionadas coas diferentes temáticas abordadas nos seminarios da materia.
5
Sesión maxistral B5 B6 B8 B9 B13 B19 C1 C2 C3 C6 A asistencia e participación activa nas sesións maxistrais cualificarase con 0 ou 0,5 puntos en función de que se obteña a presenza e participación na maior parte dos controis periódicos que se realicen ao longo do curso:
-Entre o 70 e o 100% da asistencia e participación activa na aula = 0,5 ptos
-Entre o 50 e o 70% da asistencia e participación activa na aula = 0,25 ptos
-Menos do 50% da asistencia e nula participación na aula = 0 ptos
Para obter a puntuación total é necesario que se dean ambos os requisitos: asistencia e participación activa.
5
Prácticas de laboratorio B5 B6 B8 B9 B19 C1 A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria na súa totalidade (control de asistencia) para superar a materia.
Os 2 últimos días do programa práctico destínanse á realización dunha proba teórico-práctica na que se debe obter polo menos unha puntuación de 5 sobre 10 puntos posibles.
As pautas para a realización desta proba teórico-práctica daranse o día de presentación da materia.
10
Traballos tutelados B3 B5 B8 Realizarase e exporá na aula un traballo tutelado obrigatorio en grupo relacionado con algún dos apartados do temario. As pautas para a súa realización así como a data de entrega e exposición detallaranse o día da presentación da materia e anunciarase na plataforma virtual da UDC. Na súa exposición e/ou elaboración valorarase a utilización do inglés.
Na cualificación final de cada un dos alumnos que compón o grupo de traballo tutelado considerarase: Comprensión do tema tratado, rigor científico, capacidade de síntese e de crítica, adecuación e actualización da bibliografía consultada, claridade na exposición e axustarse ao tempo de presentación.
É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar o traballo tutelado.
As pautas para a súa realización daranse o día da presentación da materia.
A non realización do traballo tutelado pode supor o suspenso da materia. Neste caso o alumno deberá responder na convocatoria de xullo a 20 preguntas tipo test relacionadas coa temática do traballo tutelado que lle foi asignado.
10
Proba obxectiva A33 B17 Realizarase unha proba final obxectiva de 60 preguntas tipo test
Esta proba poderá incluír cuestións relacionadas cos contidos tratados nas sesións maxistrais, con casos clínicos vistos na aula, coas prácticas de laboratorio, cos seminarios e con aqueles temas de interese que o profesor indique e que deberán ser traballados polo alumnado. O día da súa realización facilitarase a información relativa á puntuación das preguntas. É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar a proba obxectiva.
Cara á metade do cuadrimestre (en data que será notificada aos alumnos e publicada con suficiente antelación) realizarase unha proba parcial individual dos contidos da materia e daqueles aspectos que indique o profesor que fosen abordados ata ese momento e que ten por obxecto valorar a capacidade de comprensión, razoamento, creatividade e espírito crítico do alumno. Esta proba parcial constará de 30 preguntas tipo test, forma parte da proba obxectiva e terá carácter liberatorio de maneira que se é superada o alumno non terá que volver examinarse dos contidos avaliados na convocatoria de maio. Supon un 30% do valor total da proba obxectiva.
É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar a proba parcial liberatoria. As pautas para a súa realización daranse o día da presentación da materia.

70
 
Observacións avaliación
Para superar a materia é necesario:

Lograr a metade da puntuación en cada unha das metodoloxías que computan na avaliación e que son de realización obrigatoria. Ademais é necesario asistir á totalidade das prácticas de laboratorio e realizar e expor as actividades relacionadas cos seminarios e cos traballos tutelados. En caso de non alcanzar a nota mínima nos seminarios durante o curso académico o alumno deberá presentar na convocatoria de xullo todas as tarefas realizadas nos mesmos durante o curso académico para lograr como máximo a puntuación mínima destes.

Convocatorias de segunda e posteriores matrículas: Para aqueles alumnos/as que cursasen polo menos unha vez a materia e realizado as prácticas obrigatorias de forma completa coa cualificación de apto deben de ter en conta que poden volver cursar toda a materia novamente ou presentarse só a un exame teórico final tendo en conta que a cualificación do exame suporá o 100% da cualificación da materia.

Os alumnos con matrícula parcial: poderán obter a cualificación da materia coa modalidade ordinaria ou modalidade na que a proba obxectiva supón o 80% da cualificación e o outro 20% un exame práctico que se realizará o mesmo día da proba obxectiva ao finalizar a mesma. Nesta modalidade será obrigatorio superar ambas as partes para superar a materia.

Convocatorias da oportunidade adiantada de avaliación: Aqueles alumnos/as que solicitasen a oportunidade adiantada de avaliación, cumpran cos requisitos e concédaselle poderán presentarse á proba obxectiva cuxa cualificación suporá o 100% da cualificación da materia.

A cualificación de non presentado: outorgarase a aqueles alumnos que non se presentan ao exame nin a ningunha das prácticas.

As condicións para a obtención dunha matricula de honra son que o alumno obteña máis dun 90% da cualificación da materia, sexa a mellor cualificación da clase na oportunidade avaliada e a súa achega nos seminarios-talleres e prácticas fose significativa.

NOTA: non se atenderán reclamacións relacionadas coas puntuacións obtidas nas diferentes probas por correo electrónico ou calquera outro medio non presencial.


Fontes de información
Bibliografía básica

1. Banks AS. Mc Glamry's comprehensive textbook of foot and ankle surgery. 3ª ed. Philadelphia: Lippincott-Williams & Wilkins; 2001.

2. Chang TJ. Técnicas en cirugía ortopédica. Pie y tobillo. Madrid: Marban; 2006.

3. Gerbert J. Textbook of bunion surgery. 3ª ed. Philadelphia: WB Saunders company; 2001.

4. Hetherington VJ. Hallux valgus and forefoot surgery. New York: Churchill Livingstone; 1994.

5. Izquierdo Cases JO. Podología Quirúrgica. Madrid: Elsevier; 2006.

6. Mercado OA. Atlas de cirugía del pie. Madrid: Federación española de podólogos; 1995.

7. Kelikian AS. Sarrafian's anatomy of the foot and ankle. 3ª ed. Philadelphia: Lippincott-Williams&Wilkins; 2011. 

8. García Carmona FJ. Patología y cirugía ungueal. Barcelona: Ediciones Mayo; 2008.

9. Guía práctica de protocolos quirúrgicos en Podología. Comisión de formación del Consejo General de Colegios Oficiales de Podólogos; 2009.

10. Fernández Mallo O. Manual para personal del bloque quirúrgico. 2ª ed. Complejo Hospitalario Universitario A Coruña; 2009.

Bibliografía complementaria

1. Coughlin MJ. Pie y tobillo. Madrid: Marban; 2011.

2. Johnson KA. Pie y tobillo. Madrid: Marban; 1998.

3. Kelikian AS. Tratamiento quirúrgico de pie y tobillo. Madrid: McGraw-Hill Interamericana; 2001. 

4. Barouk LS. Reconstrucción del antepie. 2ª ed. Bordeaux: Amolca; 2008.

5. Nunley JA. Advanced reconstruction. Foot and ankle. 2ª ed. Rosemont: American Academy of Orthopaedic Surgeons; 2007.

6. Pfeffer GB. Foot and ankle surgery. Operative techniques. Philadelphia: Saunders Elsevier; 2010.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Anatomía específica do membro inferior/750G02002
Biomecánica do membro inferior/750G02013
Patoloxía Podolóxica 1/750G02021
Patoloxía Podolóxica 2/750G02022
Quiropodoloxía 1/750G02027
Quiropodoloxía 2/750G02028

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Cirugía Podolóxica 1/750G02029

Materias que continúan o temario
Prácticum 1/750G02033
Prácticum 2/750G02034
Prácticum 3/750G02035

Observacións

Recoméndase ter coñecementos de inglés.

Nas sesións maxistrais traballarase con vocabulario en inglés e os temas 2 e 11 (incluidos nas unidades didácticas 2 e 4) serán impartidos nesta lingua e en eles o alumnado deberá empregar o inglés. Ademais o alumnado deberá usar o inglés en polo menos un dos traballos tutelados.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías