Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A33 |
Coñecer e obter habilidades na aplicación das técnicas podolóxicas de cirurxía ungueal, de cirurxía podolóxica de partes brandas, de cirurxía ósea e articular do pé. |
A35 |
Coñecer e empregar as técnicas de exploración, diagnóstico e tratamentos dos tumores no pé. Coñecer e saber tratar as complicacións e efectos secundarios derivados da aplicación das técnicas de cirurxía podolóxica e quiropodolóxicas. |
A36 |
Integrar e aplicar na práctica clínica podolóxica os coñecementos adquiridos durante la carrera, nas Clínicas podolóxicas universitarias e centros acreditados. |
A37 |
Protocolizar e aplicar o método clínico en podoloxía. |
A38 |
Realizar a historia clínica podolóxica e rexistrar a información obtida. |
A39 |
Desenvolver as técnicas de exploración física. |
A40 |
Desenvolver a habilidade de realizar as actividades radiolóxicas propias da podoloxía. |
A41 |
Interpretar os resultados das probas complementarias e a racionalización do seu uso. |
A42 |
Emitir un diagnóstico e pronóstico. |
A43 |
Deseñar o plan de intervención integral ou tratamento podolóxico. |
A44 |
Deseñar planes de intervención específicos para o tratamento do pé de risco: diabético, neurolóxico e vascular. |
A45 |
Desenvolver a capacidade de establecer protocolos, executalos e avalialos. |
A46 |
Desenvolver a habilidade e destreza no uso do instrumental, material e maquinaria empregados para a confección e aplicación de tratamentos podolóxicos. |
A47 |
Aplicar as medidas de resucitación e reanimación en casos de emerxencia. |
A48 |
Desenvolver as habilidades sociais para a comunicación e o trato co paciente e outros profesionais. |
A49 |
Establecer intercambio de información cos distintos profesionais e autoridades sanitarias implicadas na prevención, promoción e protección da saúde. |
A50 |
Prescribir, administrar e aplicar tratamentos farmacolóxicos, ortopodolóxicos, físicos e quirúrxicos. |
A51 |
Elaborar e interpretar informes clínicos. |
A52 |
Avaliar os resultados obtidos do proceso de atención podolóxica. |
A53 |
Adquirir capacidade na xestión clínica dos servizos de podoloxía. |
A54 |
Manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes. |
A55 |
Garantir a calidade asistencial na práctica da podoloxía. |
A60 |
Integrar os coñecementos, habilidades, destrezas, valores e actitudes adquiridos durante o itinerario curricular do alumno. |
A62 |
Adquirir habilidades de traballo en equipo como unidade na que se estruturan de forma uni ou multidisciplinar e interdisciplinar os profesionais e demais persoal relacionados coa prevención, avaliación diagnóstica e tratamento podolóxico. |
A64 |
Identificar e integrar a práctica profesional desde o respecto á autonomía do paciente; describir os elementos propios do manexo da documentación clínica con especial atención ós aspectos de confidencialidade; identificar os criterios básicos de xestión clínica, economía da saúde e uso eficiente dos recursos. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo. |
B11 |
Coñecementos de informática relativos ó seu ámbito de estudo. |
B12 |
Capacidade de xestión da información. |
B14 |
Implicación na calidade e busca da excelencia. |
B16 |
Capacidade de organización e planificación do tempo e o traballo. |
B17 |
Capacidade de motivarse e motivar a outros. |
B18 |
Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia. |
B19 |
Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica. |
B21 |
Habilidades interpersonais. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
O alumno/a integra e aplica na práctica clínica podológica os coñecementos adquiridos durante todos os seus estudos nas clínicas podológicas universitarias e centros acreditados. |
A36 A60
|
B19
|
|
Protocoliza e aplica o método clínico en podoloxía |
A37
|
|
|
Realiza a historia clínica podolóxica e rexistra a información obtida. |
A38
|
|
|
Desenvolve as técnicas de exploración física. |
A39
|
|
|
Desenvolve a habilidade de realizar as actividades radiolóxicas propias da podoloxía. |
A40
|
|
|
Interpreta os resultados das probas complementarias e a racionalización do seu uso. |
A41
|
B12
|
|
Emite un diagnóstico e prognóstico. |
A42
|
|
|
Deseña o plan de intervención integral ou tratamento podológico. |
A43 A62 A64
|
|
|
Deseña plans de intervención específicos para o tratamento do pé de risco: diabético, neurolóxico e vascular. |
A44 A62
|
|
|
Desenvolve a capacidade de establecer protocolos, executalos e avalialos. |
A45
|
B4 B17
|
|
Desenvolve a habilidade e destreza no uso do instrumental, material e maquinaria empregados para a confección e aplicación de tratamentos podológicos. |
A46
|
|
|
Desenvolve as habilidades sociais para a comunicación e o trato co paciente e outros profesionais. Establece intercambio de información cos distintos profesionais e autoridades sanitarias implicadas na prevención, promoción e protección da saúde. |
A47
|
|
|
Aplica as medidas de resucitación e reanimación en casos de emerxencia. |
A48 A49
|
B7 B21
|
C1
|
Prescribe, administra e aplica tratamentos farmacolóxicos, ortopodológicos, físicos e cirúrxicos. |
A50
|
|
|
Elabora e interpreta informes clínicos. |
A51
|
B7 B12
|
|
Avalía os resultados obtidos do proceso de atención podológica. |
A52
|
B14
|
C4
|
Adquirir capacidade na xestión clínica dos servizos de podoloxía. |
A53
|
B11 B12 B16
|
|
Manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes. |
|
B1 B3 B14
|
C6
|
Garante a calidade asistencial na práctica da podoloxía. |
A55
|
B6
|
C4 C6
|
O alumno/a é capaz de seleccionar información, analizala e avaliala para redactar, expor e defender un informe científico. |
|
B2 B18
|
C3
|
Coñecer e obter habilidades na aplicación das técnicas podológicas de cirurxía ungueal, de cirurxía podológica de partes brandas, de cirurxía ósea e articular do pé. |
A33 A54
|
|
C7 C8
|
|
A33 A35 A54
|
|
C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Na materia Prácticum 3 o alumno/a aplica os coñecementos teóricos adquiridos nas diferentes materias do título á práctica clínica, garantindo un proceso integral de atención podológica ao paciente que inclúa todos os aspectos clínicos, documentais e legais. Por iso, todos os contidos teóricos e teórico-prácticos da titulación impartidos ata o 2º cuadrimestre do 4º curso de grao así como os impartidos simultaneamente son relevantes para a práctica clínica e de obrigado coñecemento, feito que debe ser tido en conta polo alumno/á efectos de que o seu coñecemento e actualización serán elementais para poder desenvolver as prácticas clínicas e garantir a adquisición das competencias formando parte da avaliación continua e final da práctica clínica. |
-Método clínico en podoloxía.
-Historia clínica podolóxica: rexistro da información obtida.
-Técnicas de exploración física.
-Actividades radiolóxicas propias da podoloxía.
-Probas complementarias e a racionalización do seu uso.
-Diagnóstico e prognóstico.
-Plan de intervención integral ou tratamento podolóxico.
-Plans de intervención específicos para o tratamento do pé de risco: diabético, neurolóxico e vascular.
-Protocolos: execución e avaliación.
-Uso do instrumental, material e maquinaria empregados para a confección e aplicación de tratamentos podológicos.
-Medidas de resucitación e reanimación en casos de emerxencia.
-Habilidades sociais para a comunicación e o trato co paciente e outros profesionais.
-Intercambio de información cos distintos profesionais e autoridades sanitarias implicadas na prevención, promoción e protección da saúde.
-Prescrición, administración e aplicación tratamentos farmacolóxicos, ortopodolóxicos, físicos e cirúrxicos.
-Elaboración e interpretación de informes clínicos.
-Avaliación dos resultados obtidos do proceso de atención podolóxica.
-Capacidade na xestión clínica dos servizos de podoloxía.
-Actualización dos coñecementos, habilidades e actitudes.
-Calidade asistencial na práctica da podoloxía.
-Utilización elementos de documentación, estatística, informática e os métodos xerais de análises epidemiolóxicas |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Prácticas clínicas |
A33 A36 A37 A38 A39 A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A48 A50 A51 A52 A53 A55 A60 A62 A64 B2 B3 B4 B6 B7 B11 B14 B16 B17 B18 B19 B21 C1 |
240 |
0 |
240 |
Portafolios do alumno |
A49 B1 B12 C3 C4 C6 C7 C8 |
0 |
50 |
50 |
Proba obxectiva |
A62 A60 A55 A54 A53 A52 A51 A50 A49 A48 A47 A46 A45 A44 A43 A42 A41 A40 A39 A38 A37 A36 A35 A64 |
2 |
6 |
8 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Prácticas clínicas |
As prácticas clínicas consisten na participación gradual e supervisada do alumno no proceso de atención podológica integral cos pacientes reais que sexan atendidos polos diferentes servizos da Clínica Universitaria de Podoloxía e as prácticas externas nos servizos do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol. O alumno participará de forma activa, sempre baixo supervisión, en todo o proceso de atención clínica: a xestión de datos clínicos; a exploración física e a xestión de probas complementarias e interpretación das mesmas; o diagnóstico, a prescrición, indicación, obtención e/ou aplicación dos diferentes tratamentos, así como o seguimento das afeccións tratadas e a súa evolución. Do mesmo xeito participará de forma activa nas sesións clínicas dos servizos. A asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria.
A ausencia a prácticas só estará xustificada no caso de producirse algunha das seguintes causas (recollidas no artigo 12 das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario, aprobada polo Consello de Goberno da UDC), debidamente acreditada (con xustificante con data do mesmo día da ausencia que deberá de ser entregado antes de pasados 3 días da ausencia na administración da CUP), enfermidade ou lesión que incapacite para a realización da práctica, falecemento dun familiar ata o segundo grao, citación xudicial que coincida coa data da práctica, asistencia a unha sesión do Claustro ou do Consello de Goberno da UDC que coincida coa data da práctica, o/a estudante terá dereito a non recuperala ata un máximo de 3 prácticas. Cada ausencia xustificada adicional penalizárase con -0,25 puntos na evaluación contínua no servizo no que se ausentase. Un número maior a 8 de faltas xustificadas ou a existencia de faltas inxustificadas suporá o suspenso da materia.
Calquera suposto que se presente no límite da presente norma poderá ser revisado polo conxunto de profesorado do Prácticum para o curso en vigor, debendo adoptar unha resolución por unanimidade e a condición de que o alumno/a demostrase a adquisición das competencias superando os requisitos de avaliación previstos para o Prácticum 3.
A fin de permitir a formación complementaria do alumno dentro das mesmas tamén poderán recoñecerse como tales prácticas a asistencia a actividades de relevancia e interese para a titulación. Da participación en tales actividades deberase de entregar o certificado de asistencia antes de que pasen 3 días desde a súa celebración e comunicando a intención de asistir con polo menos 10 días de antelación ao profesor que lle corresponda impartir a docencia ese día e ao coordinador da materia. Entre estas actividades das que se poden recoñecer un máximo de 4 ausencias a prácticas son
-Congreso nacional de Podoloxía
-Xornadas galegas de Podoloxía
-Congresos internacionais de Podoloxía
-Congreso de estudantes de Podoloxía
-Outras actividades que poidan ser valoradas polos coordinador da materia
Todo o alumnado debe asistir a prácticas incorporándose ao grupo que lle foi asignado e dado que a asistencia é diaria non existe posibilidade de cambio de prácticas.
Existirán follas de control de asistencia nas que o alumno/a debe de asinar ao entrar en prácticas no mostrador de administración (estarán dispoñibles de 16:00 a 16:15h). A firma é a garantía da asistencia do alumno/á a práctica polo que a ausencia desta poderase entender como unha falta á práctica clínica. Calquera falta xustificada debe de documentarse adecuadamente coa causa e datas do día e entregarse ao persoal de administración da CUP antes de pasados 10 días desde a ausencia. A puntualidade na asistencia a prácticas é de obrigado cumprimento polo que se rexistrará calquera hora de chegada posterior ás 16:15h. As faltas de puntualidade serán penalizadas podendo chegar a supor o suspenso da materia.
Todo procedemento e tratamento será supervisado polo docente responsable de cada práctica. E tras a mesma será este quen estableza o prazo de próximas visitas e/ou revisións.
Durante todas as prácticas o alumno/a deberá de levar pixama e calzado sanitario branco, así como bolígrafo e lentes de protección. Do mesmo xeito deberán de respectarse as normas da CUP (http://www.enfermeriaypodologia.com/podologia/cup/normas-cup/), a lexislación vixente e o Código Deontolóxico de Podoloxía muy especialmente en lo que al secreto profesional se refiere. |
Portafolios do alumno |
Toda a información relativa á elaboración e avaliación do portafolio facilitarase no anexo á guía docente que se entregará ao alumno/ao día da presentación da materia |
Proba obxectiva |
Realizarase un exame final individual no que se avaliará calquera das competencias a adquirir detalladas neste programa. Este exame será de carácter práctico-clínico avaliando tamén os coñecementos teóricos aplicados a práctica e será elaborado en consenso polo conxunto dos profesores que de cada Servizo da CUP. O tipo e planificación do exame detallarase polo menos 15 días antes á data oficial de exame aprobada en Xunta de Facultade.
O exame constará de dous partes unha correspondente ao Servizo de Quiropodoloxía e Cirurxía e outra correspondente ao Servizo de Patoloxía mecánica e tratamentos físicos e ortopodolóxicos para superar o exame e a materia será necesario obter unha cualificación de aprobado en cada unha das partes.
A porcentaxe global de cada apartado de probar obxectiva será: Exame de Quiropodoloxía e Cirurxía (20%); Exame de Patomecánica-Ortopodoloxía (20%) |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Portafolios do alumno |
|
Descrición |
A atención personalizada que se describe en relación a estas metodoloxías concíbese como momentos de traballo co profesor de forma presencial ou virtual.
A forma e o momento en que se desenvolverá a atención personalizada correspondente a cada actividade indicarase ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba obxectiva |
A62 A60 A55 A54 A53 A52 A51 A50 A49 A48 A47 A46 A45 A44 A43 A42 A41 A40 A39 A38 A37 A36 A35 A64 |
Realizarase un exame final individual no que se avaliará calquera das competencias a adquirir detalladas neste programa. Este exame será de carácter práctico-clínico sen esquecer a base da aplicación da teoría á práctica e será elaborado en consenso polo conxunto dos profesores que de cada Servizo da CUP. O tipo e a planificación do exame detallarase polo menos 15 días antes á data de exame.
O exame constará de dous partes unha correspondente ao Servizo de Quiropodoloxía e Cirurxía e outra correspondente ao Servizo de Patoloxía mecánica e tratamentos físicos e ortopodolóxicos para superar o exame e a materia será necesario obter unha cualificación de aprobado en cada unha das partes.
A porcentaxe global de cada apartado de probar obxectiva será: Exame de Quiropodoloxía e Cirurxía (20%); Exame de Patomecánica-Ortopodoloxía (20%) |
40 |
Prácticas clínicas |
A33 A36 A37 A38 A39 A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A48 A50 A51 A52 A53 A55 A60 A62 A64 B2 B3 B4 B6 B7 B11 B14 B16 B17 B18 B19 B21 C1 |
A avaliación da práctica clínica consistirá nunha avaliación do grao de adquisición por parte do alumno das competencias a desenvolver neste Prácticum . A cualificación final obterase da recollida dos coñecementos, habilidades e actitudes que cada profesor recollerá nas prácticas supervisadas do seu Servizo.
A porcentaxe global de cada Servizo é:
-Quiropodoloxía-Cirurxía (19%)
-Patomecánica-Ortopodoloxía (19%)
-Servizo Cámara hiperbárica (2%)
É necesario superar cada apartado (5/10) da avaliación para superar as prácticas clínicas e a materia.
Para a avaliación continua das prácticas clínicas avaliaranse os seguintes ítems nunha ficha individual por alumno/a:
-Capacidade de expresión e comunicación co paciente, compañeiros e resto do persoal.
-Co paciente valorarase especialmente a capacidade de expresión e comunicación en todo o proceso de atención clínica, desde a anamnesis ata a prescrición terapéutica
-Coñecemento profesional na toma de decisións de exploración, diagnóstico, racionalización das probas complementarias, diagnóstico e manexo terapéutico
-Habilidade na utilización de instrumental, material e maquinaria para a aplicación, administración e fabricación de tratamentos
-Capacidade de iniciativa, traballo, responsabilidade, organización e planificación
-Asistencia, puntualidade, interese e colaboración no traballo. |
40 |
Portafolios do alumno |
A49 B1 B12 C3 C4 C6 C7 C8 |
Avaliaranse todas as actividades individuais ou en grupo que se programaron na planificación e metodoloxía do portafolio. Toda a información relativa á avaliación do portafolio detallareise o día da presentación da materia. |
20 |
|
Observacións avaliación |
Condicións a ter en conta para superar o Prácticum 3:1) É obrigatorio asistir ao 100% das
prácticas clínicas . O alumnado que falte aínda de forma
xustificada a un número de prácticas maior a 8 faltas e aínda que só sexa unha
non xustificada suporá un suspenso debendo de matricularse no
seguinte curso académico. En calquera caso un número de faltas ás prácticas
superior ao 30% suporá automaticamente a cualificación de Non Presentado no
conxunto da materia tanto para a primeira como para a segunda oportunidade,
debendo de matricularse no seguinte curso académico. 2) Para superar a materia será necesario
aprobar cada un dos apartados da avaliación contínua e exame así como
obter unha cualificación global mínima de 5 sobre 10. Os alumnos que non
superen a puntuación mínima ou non se presenten ao exame individual na
convocatoria de xaneiro terán opción a facelo na convocatoria de xullo. Na
avaliación de 2ª oportunidade (mes de xullo) só hai opción ao exame e o
portafolio da materia polo que si avaliación continua está suspensa o alumno/a
estará suspenso debendo de matricularse no seguinte curso académico.
3) Calquera falta grave de disciplina ou
comportamento cos doentes, compañeiros, profesorado ou persoal da CUP, así como
faltas reiteradas ás normas de funcionamento da CUP , do segredo profesional e
da lexislación sanitaria vixente , será sometida a avaliación polo claustro de
profesorado da materia, previo informe da situación desencadeada, e pode supor
o suspenso.
- Falar e permanecer nos corredores ou en recepción. - Utilizar o teléfono
móbil durante as prácticas. - Escoitar música durante as prácticas. - Realizar
fotos ou gravacións con dispositivos que non pertenzan á CUP. - Non rexistrar e
comprobar os datos da historia clínica, rexistralos na recepción ou non
identificar convenientemente ao paciente (por nome e apelidos) ou as tarefas
realizadas por cada alumno/a e profesor responsable. - Non recoller ou
organizar os gabinetes e salas tras o seu uso. - Dar o alta ou cita a un
paciente sen supervisión por parte do docente responsable da atención. -
Ausentarse das prácticas sen unha xustificación e comunicación ao profesor
responsable da práctica. - Comer ou beber nas instalacións da CUP (só se
permite na aula CPI ou cafetaría). - Non portar o cartón identificativo,
indumentaria de prácticas (pixama e calzado sanitario branco), bolígrafo 4
cores , rotulador permanente, rotulador borrable, luvas de kevlar (ou
equivalente), tesoiras multiusos ou lentes, máscara ou máscara de protección. -
Non manter un aseo adecuado incluíndo non manter o pelo recolleito ou curto, as
uñas cortadas e sen pintar así como portar colares, aneis, pendentes longos ou
pulseiras. - Calquera outro incumprimento das normas da CUP ((http://www.udc.es/fep/cup).
Situacións especiais de avaliación 1) A cualificación de matrícula de honra : dado o
seu carácter graciable, concederase automaticamente ao alumnado que obteña un
10 na cualificación media da materia. De darse o caso de que haxa máis
alumnos/as con esa cualificación que matrículas se poidan outorgar pola cota
oficial establecido, convocarase a todos os alumnos/as para a realización dunha
proba específica de desempate, proba que consistirá en novo exame de
características similares ás da proba obxectiva, exame que se fixará en data e
hora de acordo cos interesados/as 3 días antes da data de actas.
En caso de non existir ningún alumno/a con cualificación de 10, todo o alumnado
que obteña unha cualificación media superior a 9.0, requisito básico para optar
á matrícula de honra, poderán optar á matrícula de honra por acordo do conxunto
de docentes da materia naqueles casos que, cumprindo o requisito mínimo,
puidesen ser merecedores de matrícula pola aptitude e a actitude mostradas
durante o desenvolvemento da materia. 2) Segunda oportunidade: Na 2ª
oportunidade só poderán optar a superar a materia aqueles alumnos/as que
superando a avaliación continua non superasen o exame práctico, ou cando o
sumatorio total das cualificacións non supere a nota mínima para superar o
Prácticum 3 debido á cualificación do Portafolio do alumno/a. Para ambos os
supostos no calendario académico quedará fixada unha data para as novas probas
de exame práctico e/ou nova entrega de actividades de portafolio. 3) Convocatorias de segunda e posteriores
matrículas : Para aqueles alumnos/as que cursen a materia e realicen as prácticas
obrigatorias de forma completa, poden volver cursar toda a materia novamente ou
presentarse só a aquelas partes que non obtivesen unha cualificación mínima de
5 sobre 10. En caso de non realizar a totalidade das prácticas clínicas terá
que cursar a totalidade da materia novamente. 4) Conservaranse de forma automática as cualificacións superadas
de calquera das metodoloxías dentro das 2 oportunidades da mesma
convocatoria. 5) Para os alumnos con matrícula parcial : poderán desenvolver a materia realizando os
diferentes conceptos da materia en dous cursos, sempre realizando as prácticas,
portafolio e exame do mesmo servizo no mesmo curso. Para iso contarase o
primeiro curso en que se curse a materia coa cualificación de N.P. e no segundo
coa cualificación calculada de todos os conceptos no momento de realización dos
mesmos. Deberán de solicitar e aprobarse esta modalidade de avaliación ao
comezo do curso, en caso contrario avaliarase como na modalidade
ordinaria 6) Convocatorias da oportunidade adiantada de avaliación : Para aqueles alumnos/as que solicitasen a
oportunidade adiantada de avaliación, cumpran cos requisitos, concédaselle e
cursen e superen as prácticas clínicas (cuxa cualificación suporá o 40% da materia),
poderán presentarse á proba obxectiva de carácter práctico clínico cuxa
cualificación suporá o 60% da cualificación da materia. 7) Non presentado: aqueles alumnos/as que asistan a menos do 70% das prácticas
clínicas da materia a súa cualificación será automáticamente de Non Presentado
(para calqueira das oportunidades do curso).
8) Alumnos de mobilidade (Erasmus , SICUE, Bilateral): A cualificación
dos alumnos de mobilidade (tanto Erasmus, como SICUE, como Bilateral)
realizarase só pola avaliación continua en caso de suspenso poderán recuperar
no exame da materia. Estes distribuiranse entre todos os grupos de
prácticas. 9)
Mentores ERASMUS e Bilateral: Ao comezo da materia proporase
a todos os alumnos que polo menos obtivesen unha cualificación de notable no
Prácticum 2 priorizando a aqueles alumnos obtivesen unha maior cualificación no
Prácticum 2 e os que en cursos anteriores realizasen unha estancia de
mobilidade noutro país. Dita proposta deberá de realizarse por cada alumno que
estea interesado en participar como mentor dentro da actividade Moodle onde
voluntariamente cada solicitante achegará unha copia do seu expediente e
xustificantes de realizar algunha estancia de mobilidade en cursos anteriores a
fin de que sexa valorado polo conxunto de docentes da materia. A participación
como mentor sumará ata +0,5 á súa cualificación final da materia.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Tendo en conta que todos os contidos teórico-prácticos da titulación son relevantes para o exercicio profesional e, polo mesmo motivo, para as prácticas clínicas, as fontes de información básica e recomendadas por todas e cada unha das materias conforman as fontes de información, consulta e estudo durante a realización das prácticas clínicas comprendidas deste Prácticum. No entanto existen determinadas fontes documentais de gran utilidade para a súa consulta clínica diaria e que concretará o profesorado que supervise as prácticas clínicas dos diferentes servizos da CUP. A modo de exemplo citamos: -Buckup K. Pruebas
clínicas para patología ósea, articular y muscular. 3ª ed.
Barcelona: Elsevier; 2007. -Espinás Boquet J, Vilaseca Canals
J. coordinadores. Guía Terapéutica en Atención Primaria (Basada en la
selección razonada de medicamentos). 4ª ed. Barcelona: Sociedad
Española de Medicina de Familia y Comunitaria; 2010. -Dockery
GL. Cutaneous disorders of the lower extremity. 1ª ed. Philadelphia: Saunders; 1997 -Muñoz Calvo B et al, comité
editorial. Cliniguía,
actualización de diagnóstico y terapéutica. 7ªed. España: EvieScience; 2012. -Straus SE, Scoot Richardson W,
Glasziou P, Haynes RB. Medicina
Basada en la evidencia. 3ªed. Madrid: Elsevier; 2006. -Tixa S. Atlas de anatomía palpatoria: tomo 2 miembro
inferior. 2ª ed. Barcelona: Masson; 2006.
-Villa LF. Coordinación.
Medimecum, guía de terapia farmacológica. 15ª ed. España:
Luis F Villa Alcazar; 2010. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Anatomía humana xeral/750G02001 | Anatomía específica do membro inferior/750G02002 | Fisioloxía xeral/750G02003 | Fisioloxía de sistemas/750G02004 | Bioloxía/750G02005 | Psicoloxía/750G02006 | Microbioloxía e parasitoloxía/750G02007 | Patoloxía xeral/750G02008 | Farmacoloxía/750G02009 | Sistemas de Información e Comunicación en Ciencias da Saude/750G02010 | Método científico e Saude Pública/750G02011 | Podología xeral/750G02012 | Biomecánica do membro inferior/750G02013 | Radiodiagnóstico e Radioprotección/750G02014 | Podoloxía Preventiva/750G02015 | Ortopodoloxía 1/750G02017 | Ortopodoloxía 2/750G02018 | Ortopodoloxía 3/750G02019 | Ortesioloxía dixital e calzadoterapia/750G02020 | Patoloxía Podolóxica 1/750G02021 | Patoloxía Podolóxica 2/750G02022 | Podoloxía Física/750G02023 | Dermatoloxía/750G02026 | Quiropodoloxía 1/750G02027 | Quiropodoloxía 2/750G02028 | Cirugía Podolóxica 1/750G02029 | Cirugía Podolóxica 2/750G02030 | Técnicas e procedementos en prevención da infección/750G02032 | Prácticum 1/750G02033 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Terapéutica farmacolóxica/750G02024 | Podoloxía Deportiva/750G02025 | Pe de risco/750G02031 | Prácticum 2/750G02034 |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
O Prácticum consiste na aplicación dos coñecementos teóricos
adquiridos nas  diferentes materias do título á práctica clínica,
garantindo así un proceso integral de atención podológica ao paciente que inclúa
todos os aspectos clínicos, documentais e legais. Por iso, todos os contidos teóricos e
teórico-prácticos da titulación impartidos son relevantes para a práctica clínica e de obrigado
coñecemento, feito que debe ser tido en conta polo alumno que cursa a materia a efectos de que o seu coñecemento e actualización serán
elementais para poder desenvolver as prácticas clínicas e garantir a
adquisición das competencias, formando parte da avaliación continua e final da
práctica clínica. Recoméndase ter coñecementos de inglés. |
|