Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Dispoñer dos fundamentos teóricos mínimos que permitan a comprensión dos aspectos da química relacionados cos fenómenos eléctricos e magnéticos e os movementos vibratorio e ondulatorio. |
A1 A3 A12 A14 A25
|
|
C1
|
Saber reducir os problemas reais ós seus aspectos máis esenciais e aplicalos ó campo da química |
A14 A15 A27
|
B1 B2 B3 B4 B5 B7
|
C1 C3 C6
|
Aplicar as técnicas básicas de laboratorio, incluindo os cálculos necesarios e expresando os resultados de manera axeitada. Utilizar o material e aplicar as normas básicas de seguridade para traballar nun laboratorio. |
A19 A20 A22 A23 A24
|
B1 B2 B3 B5 B7
|
C3 C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Introdución ó estudio de campos
|
Teoría de campos
Campo gravitatorio |
2. Electricidade |
Campo e potencial eléctricos. Capacidade
Corrente eléctrica e circuitos de corrente continua |
3. Magnetismo |
Campo magnético
Inducción magnética
Circuitos de corrente alterna |
4. Oscilacións e ondas |
Oscilacións
Movemento ondulatorio
|
5. Luz |
Propiedades
Interferencia e difracción
|
Prácticas de Laboratorio
|
Determinacións experimentais de diferentes magnitudes físicas a través de prácticas nas que se traballan os contidos teóricos incluidos no temario: Determinación de resistencias con Puente de Wheatstone, campo magnético en Bobinas de Hemholtz, medidas de corrente, resistencia e diferencia de potencial en circuitos, péndulo simple, determinación da constante dun resorte, difracción de luz nun fío
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A3 A12 A14 A15 A24 A25 A27 B1 B2 B3 C6 |
27 |
67.5 |
94.5 |
Solución de problemas |
A14 A15 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B7 C1 C3 C6 |
9 |
13.5 |
22.5 |
Prácticas de laboratorio |
A19 A20 A22 A23 A24 B1 B2 B3 B5 C3 C6 |
15 |
15 |
30 |
Proba mixta |
A1 A3 A12 A14 A15 A24 A25 B2 B3 C6 |
2 |
0 |
2 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Durante a sesión maxistral o profesor explicará o tema que corresponda incluíndo formatos diferentes (teoría, problemas e exemplos xerais...) facendo fincapé no máis relevante para o alumno, e en aqueles aspectos de máis dificultade. O alumno poderá preguntar todas as cuestión que se lle plantexen durante o deservolvemento da sesión. |
Solución de problemas |
Clase práctica na que se plantexaran e resolverán problemas relacionados cos temas do programa que terán que resolver os estudantes baixo a supervisión da profesora, individualmente ou en grupos. Incluiranse nestas clases actividades que impliquen a participación das alumnas e alumnos, como poden ser saídas ó encerado, entrega de traballos ou exercicios...que contribuirán á avaliación continua. Desta maneira o profesor pode observar as dificultades de comprensión que cada alumno presenta na resolución de problemas. |
Prácticas de laboratorio |
O alumno realizará prácticas de laboratorio para a aplicación dos coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais e de resolución de problemas. Con esta metodoloxía adquiren as habilidades propias dun laboratorio de Física, que inclúe o manexo de instrumentos de medida e o tratamento e análise de datos de propiedades e magnitudes físicas. Disporán do guión da práctica e do material necesario para a súa montaxe e realización, estando atendidos en todo momento polo profesor. |
Proba mixta |
É a proba para a avaliación dos coñecementos que permite á profesora a valoración do nivel de aprendizaxe do estudante. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
Solución de problemas |
|
Descrición |
As horas de atención personalizada (titorías) poñen ó profesor a disposición do alumno de forma personalizada para todas as cuestións que poidan xurdir durante a aprendizaxe da materia. Ademáis o profesor convocará, periódicamente, ós alumnos a titorías coa intención de que reciban a necesaria orientación.
Os alumnos chegan a esta materia con niveis de coñecementos e habilidades moi dispares debido ás diferentes opcións cursadas no bacharelato. As carencias que os alumnos arrastren de cursos anteriores non serán temas para desenvolver nestas horas pero se lle guiará no que debería facer para acadar o nivel que lle permita superar a materia.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas de laboratorio |
A19 A20 A22 A23 A24 B1 B2 B3 B5 C3 C6 |
A realización das prácticas é OBLIGATORIA polo que non se pode aprobar a asignatura sen facelas. A nota máxima que é posible acadar con esta metodoloxía é 1,5 puntos e a nota mínima necesaria para superalas é de 0,7. Serán valoradas en base á participación e entrega de resultados de cada sesión e a unha proba obxectiva que se realizará durante a última sesión. |
15 |
Solución de problemas |
A14 A15 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B7 C1 C3 C6 |
Avaliarase a participación na resolución dos problemas plantexados e poderanse recoller periódicamente exercicios ou cuestións propostos durante as sesións correspondentes. |
15 |
Proba mixta |
A1 A3 A12 A14 A15 A24 A25 B2 B3 C6 |
Exame que computa o 70 % da nota final.
Durante o cuadrimestre realizarase unha proba parcial que permitirá eliminar parte da materia no caso de obter unha nota igual ou superior a 5 (sobre 10). |
70 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia será preciso obter no exame unha nota non inferior ó 5 (sobre 10), e acadar, sumadas as cualificacións de tódalas actividades unha nota mínima de 5 (sobre 10) e calcularase así:exame*0,7+prácticas+resolución de problemas. De non alcanzarse a ditapuntuación mínima en algunha das actividades avaliables, e no caso de que anota final fóse maior ou igual a 5 (sobre 10), a materia figurará como suspensa(4,5). A avaliación dos alumnos na segunda oportunidade seguirá os mesmos criterios que na primeira oportunidade. Os alumnos evaluados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo de éstas para o curso correspondente non se cubriu na primeira oportunidade. As cualificacións das prácticas de laboratorio e dos seminarios de resolución de problemas conservaranse para a segunda oportunidade de xullo. A cualificaciónda proba de xullo substituirá á obtida na proba de xuño. Os alumnos que por razóns xustificadas ou por estar matriculados a tempo parcial non participen nas actividades de avaliación continua voluntarias, poderán facer un traballo equivalente, que consistirá na entrega e explicación durante as sesións de titoría individualizada dos boletíns de problemas e actividades propostas para facer nas sesións de grupo reducido. As prácticas de laboratorio realizaranse segundo o calendario oficial publicado ó principio do cuadrimestre. A realización das prácticas ten carácter obligatorio polo que é necesario facelas e superalas para poder superar a materia. Para obter a cualificación de non presentado, os alumnos non poderán ter participado en actividades que sumenmáis do 25% da cualificación final.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Fidalgo & Fernández (). Física General. Everest
Tippler & Mosca (). Física para la ciencia y la tecnología . Reverté
Sears, Zemansky, Young & Freedman (). Física Universitaria . Addison Wesley Longman |
|
Bibliografía complementaria
|
Lea & Burke (). Física, la naturaleza de las cosas. Paraninfo
Angel Franco García (2006). Prácticas de Física. http://www.sc.ehu.es/sbweb/fisica_/
Burbano de Ercilla, Burbano García & Gracia Muñoz (). Problemas de Física. Mira |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Matemáticas 1/610G01001 | Física 1/610G01003 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
É necesario ter coñecementos de física e matemáticas de bacharelato. |
|