Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecemento da nomenclatura, a estrutura e a reactividade dos grupos funcionais orgánicos. Coñecemento do equilibrio químico, entropía, enerxía libre, equilibrio ácido-base, equilibrio de formación de complexos, equilibrio de solubilidade, equilibrio redox e electroquímica. |
A1 A4 A5 A6 A7 A12 A21 A25
|
B2 B3
|
C1 C3
|
Resolución e exposición de problemas relativos á química dos grupos funcionais orgánicos, ao equilibrio químico e tipos de reaccións químicas (ácido-base, formación de complexos, solubilidade e redox). |
|
B2 B3
|
C1 C3
|
Destreza na busca bibliográfica de aplicacións reais e de investigación relacionados cos contidos da materia. Dispoñer de coñecementos e habilidades experimentais suficientes para utilizar de maneira correcta e segura os productos e o material habitual nun laboratorio. Interpretar os resultados obtidos no laboratorio. |
A7 A12 A16 A17 A19 A20 A23
|
B3 B4 B5
|
C1 C3
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. - Química dos grupos funcionais orgánicos. |
Introdución aos compostos orgánicos e as súas estruturas. Clasificación, nomenclatura e propiedades dos compostos orgánicos segundo grupo funcional. Reactividade e principais tipos de reaccións orgánicas. Estereoisomería.
|
Tema 2. - O equilibrio químico. |
Condición xeral de equilibrio. Constante de equilibrio. Equilibrios homoxéneos e heteroxéneos. Relación entre cinética e equilibrio químico. O cociente de reacción. Factores que afectan ao equilibrio químico. Principio de Le Chatelier. Equilibrio e enerxía libre de Gibbs. |
Tema 3. - Equilibrio ácido-base. |
Acidez e basicidade: definición de Arrhenius, Brönsted e Lewis. Autoionización da auga. Concepto de pH. Forza de ácidos e bases. Constantes de ionización. Acidos polipróticos. Disolucións de sales: hidrólise. Efecto do ión común. Disolucións amortecedoras. Indicadores ácido-base. Valoracións ácido-base. Equilibrio ácido-base no medio non acuoso. Modelo de Pearson. |
Tema 4. - Equilibrio de formación de complexos. |
Consideracións xerais. Tipos de ligandos. Constantes de formación e disociación. Reaccións ácido-base dos ións complexos. Aspectos cinéticos. Aplicacións dos compostos de coordinación. |
Tema 5. - Equilibrio de solubilidade. |
Solubilidade de sales e produto de solubilidade. Reaccións de precipitación e o cociente de reacción. Precipitación fraccionada. Factores que inflúen na solubilidade dos sales: efecto do ión común, efecto salino, pH e formación de complexos. Solubilidade e análise cualitativa. |
Tema 6. - Equilibrio de oxidación-redución. |
Procesos de oxidación-redución en disolución acuosa. Potenciais normais de electrodo. Constantes de equilibrio dunha reacción redox. Potencial de cela e enerxía libre de Gibbs. Ecuación de Nernst. Equilibrios mixtos: influencia doutros equilibrios. |
Tema 7. - Electroquímica. |
Fundamentos de electroquímica. Condución eléctrica. Electrodos. Celas electroquímicas. Potencial de cela e concentración. Aplicacións electroquímicas. Electrólise. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A4 A5 A6 A7 A12 A16 A21 A25 B2 B3 B4 |
24 |
48 |
72 |
Seminario |
A1 A5 A6 A21 A25 B2 B3 B4 B5 C3 |
8 |
24.8 |
32.8 |
Prácticas de laboratorio |
A7 A12 A16 A17 A19 A20 A23 B3 B4 B5 C1 C3 |
20 |
20 |
40 |
Proba mixta |
A1 A4 A5 A6 A20 A21 A25 B3 C1 |
3 |
0 |
3 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
O profesor expoñerá os contidos fundamentais de cada un dos temas. Para o seu mellor aproveitamento, os alumnos dispoñerán con antelación ao desenvolvemento destas sesións dos materiais docentes axeitados para a súa preparación persoal. Todos os alumnos poderán consultar ao profesor calquer aspecto da materia no horario de tutorías establecido para tal efecto. Impartirase en grupo grande. |
Seminario |
Sesións dedicadas á resolución de problemas e cuestións coa participación activa do alumnado. Impartirase en grupo pequeno. |
Prácticas de laboratorio |
Nas sesións de laboratorio o alumno desenvolverá exemplos experimentais dos contidos teóricos expostos na aula. Será fundamental a realización dos prelaboratorios antes de realizar a práctica correspondente (senón o alumno non poderá realizar a devandita práctica), así como levar ao día a libreta de laboratorio, de acordo coas indicacións do profesor. Impartirase unha sesión inicial na aula en grupo grande para expor aos alumnos os contidos e dinámica das prácticas. |
Proba mixta |
O alumno deberá realizar unha proba mixta que permita comprobar o grao de comprensión que adquiriu da materia. Nela incluiranse cuestións teóricas combinadas, exercicios numéricos e cuestións sobre as prácticas realizadas. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
Seminario |
|
Descrición |
Resolver de forma individualizada posibles dúbidas do alumno e orientalo en relación cos contidos do curso.
O alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será atendido, a petición do alumno, en réxime de horas de titorías (previa cita).
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Sesión maxistral |
A1 A4 A5 A6 A7 A12 A16 A21 A25 B2 B3 B4 |
Valorarase a participación dos alumnos na aula. Tamén realizaranse periodicamente probas curtas nos seminarios e/ou nas sesións maxistrais para avaliar a evolución do alumno. Avaliase de meneira conxunta cos seminarios. |
5 |
Prácticas de laboratorio |
A7 A12 A16 A17 A19 A20 A23 B3 B4 B5 C1 C3 |
Valorarase a realización dos prelaboratorios, as capacidades e destrezas do alumno na realización do traballo experimental, a súa capacidade para interpretar os resultados obtidos, a elaboración do diario de laboratorio, etc.
|
20 |
Seminario |
A1 A5 A6 A21 A25 B2 B3 B4 B5 C3 |
Valorarase a participación do alumno, a resolución de boletíns de cuestións e/ou problemas, cumplimento de datas para a súa entrega ou revisión. Tamén realizaranse periódicamente probas curtas nos seminarios e/ou nas sesións maxistrais para avaliar a evolución do alumno. Avalíase de maneira conxunta cas sesións maxistrais. |
5 |
Proba mixta |
A1 A4 A5 A6 A20 A21 A25 B3 C1 |
Terá dúas partes, nunha valorarase a capacidade do alumno de expresar, resumir e desenvolver aspectos teóricos da materia e a outra consistirá na resolución de problemas ou exercicios numéricos.
|
70 |
|
Observacións avaliación |
-Para superar a materia será necesario: 1) A realización das prácticas de laboratorio 2) Obter unha calificación superior ou igual a 5 puntos (sobre 10) nas prácticas de laboratorio e en cada parte da proba mixta. E no caso de non alcanzar dita puntuación mínima
nalgunha destas actividades avaliables, a materia figurará como suspensa, aínda que a
cualificación media sexa igual ou maior que 5 (nese caso a puntuación asignada
será de 4,5). A proba mixta incluirá un primer parcial para avaliar os contidos dos primeios temas da materia; e ten carácter eliminatorio, de tal forma que o alumno que pase dita proba non terá que examinarse desa parte no exame da convocatoria oficial.
-Na primeira e segunda oportunidade, os alumnos que
fixeran as prácticas e acadaran menos dun 5, tendrán a
oportunidade de realizar, ademáis da proba mixta, unha proba
específica relacionada coas prácticas de laboratorio. A cualificación
desta proba específica sustituírá á cualificación obtida nas
prácticas para a cualificación global. -Os
alumnos que non participen nas actividades avaliables das sesións de seminario e/ou maxistrales obterán unha cualificación de 0 neste
apartado (10 % nota global) nas dúas oportunidades. Na segunda
oportunidade se manterá a cualificación obtida durante eocurso para a nota global. - O alumno obterá a cualificación de non
presentado cando non realice as prácticas de laboratorio e tampouco se
presente á proba mixta. Polo que refírese aos sucesivos cursos académicos, o proceso de
enseñanza-aprendizaxe, incluida a avaliación continua, refírese a un
curso académico, e polo tanto, volvería a comenzar un novo curso,
incluidas todas as actividades e procedimientos de avaliación que se
programe para dicho curso. -Na segunda oportunidade: a cualificación da proba mixta obtida na segunda oportunidade substituirá á da primeira. Os alumnos
avaliados na segunda oportunidade sólo poderán optar á matrícula de
honra se o número máximo destas para o correspondiente curso non se
cubrió na súa totalidade na primeira oportunidade. Alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: A
realización das prácticas de laboratorio será obligatoria e será
facilitada dentro da flexibilidade que permitan os horarios de
coordinación e os recursos materiais e humanos. Consideraránse
exentos das sesións maxistrales e se lles facilitará a
asistencia ao maior número posible de seminarios. De non
poder asistir aos seminarios o alumno fará un traballo titorizado.
Esto aplicarase a ambas oportunidades.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Petrucci, R.H.; Herring, F.G.; Madura, J.D.; Bissonnette, C. (2011). Química General: principios y aplicaciones modernas. 10ª Ed., Prentice Hall, Madrid. |
-Tamén existen edicións anteriores do libro de texto recomendado Petrucci. Por exemplo na biblioteca disponse de exemplares da 8ª Ed., con referencia: QX-240. |
Bibliografía complementaria
|
(). .
Atkins, P.; Jones, L. (2012). Principios de Química. Los caminos del descubrimiento. 5ª Ed., Madrid: Ed. Médica Panamericana.
Reboiras, M.D. (2007). Problemas resueltos de Química. Madrid, Thomson Paraninfo, S.A.
Chang, R. L. (2013). Química. 11ª Ed., México: Mc Graw Hill.
Reboiras, M.D. (2006 ). Química. La ciencia básica . Madrid, Thomson Paraninfo, S.A. |
En xeral calquera libro de texto de química xeral serve como guía de estudo para a materia. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Química Xeral 1/610G01007 | Laboratorio de Química 1/610G01010 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Química Xeral 2/610G01008 |
|
Materias que continúan o temario |
Química Analítica 1/610G01011 | Química Física 1/610G01016 | Química Inorgánica 1/610G01021 | Química Orgánica 1/610G01026 | Laboratorio de Química 2/610G01032 |
|
Observacións |
Co fin de superar con éxito a materia, é imprescindible que o alumno teña unha serie de coñecementos previos de química e de matemáticas, de acordo co nivel esixido en secundaria e bacharelato, como son: nomenclatura e formulación química, axuste de reaccións químicas, cálculos estequiométricos, identificación carácter ácido-base de compostos comúns, obtención de estados de oxidación dos elementos nas especies químicas, manexo de logaritmos, expoñentes, etc. |
|