Requisitos para aprobar a materia:
- É requisito imprescindible realizar as prácticas para poder aprobar a materia.
- Para poder realizar as prácticas da materia é necesario a asistencia regular ás clases maxistrais.
- Para que se teñan en conta todas as actividades que contribúen á avaliación será preciso obter unha cualificación mínima de 2.0 (sobre 5) en cada unha das partes diferenciadas da proba mixta final e unha cualificación mínima de 4.5 (sobre un máximo de 10).
- Considerarase aprobada a materia cando a cualificación final sexa igual ou superior a 5 (sobre un máximo de 10) e se alcanzara a cualificación mínima na proba mixta final.
- De non ter alcanzado a cualificación mínima na proba mixta final a materia figurará como suspensa, aínda que a media das calificaciónes obtidas nas distintas metodoloxías sexa superior a 5 (sobre un máximo de 10), en cuxo caso a cualificación final outorgada será de 4.5.
Cualificación "non presentado":
- A cualificación de non presentado terana aqueles alumnos que non realizaren as prácticas nin a proba mixta final.
Segunda oportunidade:
- A segunda oportunidade de xullo enténdese como unha segunda oportunidade de realización da proba mixta final. Consecuentemente, mantéñenseas cualificacións das prácticas de laboratorio, das probas obxectivas e dos traballos tutelados obtidas ao longo do curso, mentres que a cualificación da proba mixta da segunda oportunidade substituirá a obtida na proba mixta da primeira oportunidade.
-Os alumnos que sexan avaliados na chamada "segunda oportunidade" só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo de estas para o correspondente curso non se cubriu na súa totalidade na"primeira oportunidade".
Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia (de acordo coa normativa da UDC):
Aplícanse os mesmos criterios de avaliación indicados anteriormente, mais están exentos da asistencia regular as clases maxistrales en aula e da realización dos traballos tutelados e as probas obxectivas.
A asistencia ás prácticas é obrigatoria para poder superar a materia. Facilitarase, na medida do posible, a elección do grupo de prácticas co gallo de adaptar as datas á dispoñibilidade do estudante.
A cualificación final será a suma do 10% da cualificación obtida nas prácticas e o 90% da calificación obtida na proba mixta. Estas porcentaxes de cualificación aplicaranse ás dúas oportunidades.
A cualificación de "non presentado" terana aqueles alumnos que non realizaren a proba mixta final.
Sucesivos cursos académicos:
- O proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, refíresea un curso académico e, polo tanto, volta a comezar cun novo curso, incluídas todas as actividades e procedementos de avaliación que se programen para odevandito curso.
Datas proba mixta final:
- As probas mixtas finais correspondentes ás dúas oportunidades realizaranse nas datas oficiais aprobadas pola Xunta de Facultadedo Centro.