Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer e racionalizar o comportamento químico dos elementos e dos seus principais compostos derivados, así como as súas propiedades individuais e posibilidades de combinación, de acordo con modelos e teorías axeitadas, relacionándoo coa súa situación na táboa periódica. |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A12 A14 A16 A21
|
B1 B3 B4
|
C1
|
Coñecer o material e as técnicas habituais no laboratorio de síntese de Química Inorgánica e desenvolver a destreza axeitada para a súa utilización. |
A17 A18 A20 A21 A22 A23 A26
|
B1 B2 B3 B4
|
C1
|
Relacionar de xeito crítico os coñecementos teóricos adquiridos cos feitos experimentais observados. |
A14 A20
|
B1 B3 B4
|
C1
|
Coñecer os medios bibliográficos empregados na Química Inorgánica. |
A16
|
B1 B3 B4
|
C1
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. Metais: Xeralidades. |
1.1. Características xerais dos metais.
1.2. Estrutura e enlace.
1.3. Propiedades físicas e químicas. Química en disolución acuosa. Acuocatións: Formación e comportamento ácido. Diagramas de Pourbaix.
1.4. Métodos xerais de obtención. Diagramas de Ellingham. |
Tema 2. Química da Coordinación. |
2.1. Consideracións xerais: Definición e terminoloxía.
2.2. Tipos de ligandos.
2.3. O enlace nos complexos.
2.4. Números e poliedros de coordinación.
2.5. Isomería na Química da coordinación.
2.6. Topoloxía de ligandos. |
Tema 3. O grupo 14 (C, Si, Ge, Sn, Pb). |
3.1. Estrutura electrónica dos átomos e formas de actuación.
3.2. Estado elemental: Estructura e enlace, propiedades físicas e químicas. Química en disolución acuosa.
3.3. Estado natural, obtención e principais aplicacións.
3.4. Principais compostos. |
Tema 4. O grupo 13 (B, Al, Ga, In, Tl). |
4.1. Estrutura electrónica dos átomos e formas de actuación.
4.2. Estado elemental: Estructura e enlace, propiedades físicas e químicas. Química en disolución acuosa.
4.3. Estado natural, obtención e principais aplicacións.
4.4. Principais compostos.
|
Tema 5. Grupos 1, 2 e 3. |
5.1. Estrutura electrónica dos átomos e formas de actuación. A relación diagonal entre Li e Mg, e entre Be e Al.
5.2. Estado elemental: Estrutura e enlace, propiedades físicas e químicas. Química en disolución acuosa.
5.3. Estado natural, obtención e principais aplicacións.
5.4. Principais compostos. |
Tema 6. Metais de Transición: 1ª Serie. |
6.1. Elementos de Transición: Características xerais e clasificación.
6.2. Estrutura electrónica dos átomos da 1ª Serie e formas de actuación. Estados de oxidación mais habituais.
6.3. Estado elemental: Estrutura e enlace, propiedades físicas e químicas. Química en disolución acuosa.
6.4. Estado natural, obtención e principais aplicacións.
6.5. Principais compostos.
|
Tema 7. Metais de Transición: 2ª e 3ª Series. |
7.1. Estrutura electrónica dos átomos e formas de actuación. Estados de oxidación más habituais.
7.2. Estado elemental: Estrutura e enlace, propiedades físicas e químicas. Química en disolución acuosa.
7.3. Estado natural, obtención e principais aplicacións.
7.4. Principais compostos.
|
Tema 8. Elementos de transición interna. |
8.1. Lantánidos.
8.2. Actínidos.
8.3. Postactínidos. |
Tema 9. Química Inorgánica Experimental. |
Síntese de elementos e compostos inorgánicos |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
|
2 |
0 |
2 |
Sesión maxistral |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A12 A14 A21 B2 C1 |
22 |
44 |
66 |
Solución de problemas |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A12 A14 A21 B2 B4 C1 |
8 |
24 |
32 |
Traballos tutelados |
A14 A16 A21 B1 B2 B3 B4 C1 |
1 |
15 |
16 |
Prácticas de laboratorio |
A14 A17 A18 A20 A21 A22 A23 A26 B1 B2 B3 B4 C1 |
18 |
0 |
18 |
Proba obxectiva |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A12 A14 A21 B2 B3 C1 |
1 |
0 |
1 |
Proba mixta |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A12 A14 A21 B2 B3 C1 |
4 |
10 |
14 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Ao comezo das actividades, presentarase a materia, comentando, entre outros aspectos, a metodoloxía de traballo e os criterios que se utilizarán na avaliación do alumno.
|
Sesión maxistral |
Actividade presencial na que se presentan os aspectos máis destacados do programa. Con todo, a pesar de ser clases expositivas, requirirase nelas a participación do alumnado. É desexable que o alumno, con anterioridade ao desenvolvemento de cada clase, teña lido na bibliografía aconsellada as partes relacionadas co tema a tratar. |
Solución de problemas |
Clases en grupos reducidos ou moi reducidos, que están concibidas coma un conxunto de actividades nas que o alumno debe participar activamente. Estarán adicadas á resolución dos boletíns de cuestións e problemas que previamente lles foran entregados. Nestas clases os alumnos discutirán ante seus compañeiros as respostas as distintas cuestións e se establecerá un debate. |
Traballos tutelados |
Previamente ás prácticas de laboratorio o alumno terá que levar a cabo, un estudo inicial que deberá recoller tanto aspectos preparativos como teóricos asociados aos experimentos a realizar, aplicando os seus coñecementos e apoiándose en todo momento na revisión bibliográfica dos textos propostos. Antes de comezar as prácticas de laboratorio, terá que superar unha entrevista co profesor responsable na que presentará os resultados e conclusións do seu traballo autónomo previo, co fin de determinar se o grao de coñecementos adquirido é suficiente como para que poida proceder a realizar con seguridade e aproveitamento o traballo experimental.
|
Prácticas de laboratorio |
Centrarase na síntese e illamento de substancias inorgánicas. O desenvolvemento dos experimentos en sí debe deixar patente unha actitude responsable por parte do alumno no tocante ás normas de seguridade, así como á rigorosidade e a eficiencia características do método científico. O alumno debe de elaborar un caderno de laboratorio que constará de tres partes: resumo da preparación teórica previa (realizada durante os traballos tutelados), descrición detallada da execución e desenvolvemento do experimento (diario de laboratorio), e un comentario final sobre os resultados obtidos e as conclusións que se poden extraer deles. |
Proba obxectiva |
Durante algunhas clases de sesión maxistral ou de solución de problemas realizaranse probas intermedias de respostas curtas ou de tipo test, que axudarán, ao alumno e ao profesor a comprobar que se comprenderon os temas tratados en clases anteriores. |
Proba mixta |
Proba escrita que constará dunha serie de cuestións de diferente natureza:
- de desenvolvemento medio-longo dun tema ou dunha parte do mesmo.
- de desenvolvemento curto sobre aspectos puntuais.
- de resolución de problemas, tanto numéricos como de aplicación lóxica dos coñecementos adquiridos.
- de elección entre respostas múltiples. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Sesión maxistral |
Solución de problemas |
Prácticas de laboratorio |
Proba mixta |
Traballos tutelados |
Proba obxectiva |
|
Descrición |
A atención personalizada ao alumno, entendida coma un apoio no proceso de ensino-aprendizaxe, realizarase no horario máis conveniente para o alumno e o profesor.
Aqueles alumnos que se acollan ao réxime de “recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia” segundo a normativa da UDC, disporán de atención específica que se concretará nos seguintes aspectos:
A petición do alumno proporcionaráselle axuda titorial cando así o solicite.
A petición do alumno e nun horario da súa conveniencia, proporáselle traballo específico en forma de boletíns de problemas representativos das competencias da materia. O alumno resolverá devanditos boletíns de forma individual e, de novo, acudirá a tutoría para resolución de dúbidas e corrección dos mesmos.
O alumno disporá, a petición propia e en horario a convir, de axuda titorial para a preparación dos traballos tutelados previos as prácticas de laboratorio antes da entrevista co profesor (ver metodoloxía de traballos tutelados).
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Solución de problemas |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A12 A14 A21 B2 B4 C1 |
O profesor valorará tanto as respostas ás cuestións do boletín como a participación activa no debate cos outros compañeiros.
|
10 |
Prácticas de laboratorio |
A14 A17 A18 A20 A21 A22 A23 A26 B1 B2 B3 B4 C1 |
O traballo no laboratorio avaliarase dende os puntos de vista de:
- organización e seguridade
- coñecemento do material, técnicas preparativas e o seu uso
- habilidade manual e,
- especialmente, a capacidade para comprender os procesos observados a partir da preparación previa.
Tamén se avaliará a elaboración do Caderno de Laboratorio, que constará de tres partes:
1-Resumo da preparación teórica previa (realizada durante os traballos tutelados).
2- Descrición detallada da execución e desenvolvemento dos experimentos (diario de laboratorio).
3- Comentario final sobre os resultados obtidos e as conclusións que se poidan extraer deles.
|
20 |
Proba mixta |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A12 A14 A21 B2 B3 C1 |
A proba escrita levarase a cabo no horario aprobado na Xunta de Facultade. Constará dunha serie de cuestións e problemas relacionados co programa da materia.
|
50 |
Traballos tutelados |
A14 A16 A21 B1 B2 B3 B4 C1 |
Mediante as tutorías asociadas aos traballos tutelados, o profesor, ademais de orientar ao alumno, avalía todos os aspectos relativos á preparación teórica das prácticas e aspectos experimentais ou de seguridade no traballo.
Dada a súa importancia, o alumno non poderá comezar o traballo no laboratorio ata que realice de forma adecuada esta preparación previa. |
10 |
Proba obxectiva |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A12 A14 A21 B2 B3 C1 |
Periódicamente, realizaranse probas curtas de tipo test ou de resposta breve, de acordo co indicado no apartado de Metodoloxía. |
10 |
|
Observacións avaliación |
Para aprobar a materia será necesario alcanzar un mínimo de 50 puntos, debéndose cumprir ao mesmo tempo a condición de obter un mínimo dun 50% da cualificación da Proba mixta e un mínimo dun 40% da suma das cualificacións dos apartados Traballos Tutelados + Prácticas de laboratorio. No caso de que o alumno non conseguise a puntuación mínima nalgunha delas, se a suma do conxunto é superior ou igual a 50 puntos a materia figurará como suspensa (4,5 sobre 10 puntos). Dado que a cualificación baséase no modelo de avaliación continua, valorarase especificamente a progresión do alumno ao longo de todo o cuadrimestre cun máximo de 1 punto que poderá sumarse á cualificación final. A avaliación non poderá ser positiva se non se asistiu a todas as clases de laboratorio. O alumno terá unha cualificación de non presentado cando participe en actividades que sumen menos do 25% da cualificación final da evaluación continua. A "segunda oportunidade de xullo" enténdese exclusivamente como unha segunda oportunidade de realización da proba mixta. Por tanto, soamente repetirase a proba mixta, a cal suporá, igual que na "primeira oportunidade", o 50% da cualificación. Á devandita nota sumaráse as cualificacións obtidas nas demais actividades realizadas durante o curso Os alumnos que sexan avaliados na "segunda oportunidade" só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo destas para o curso, de acordo coa normativa académica, non fose cuberto na súa totalidade na "primeira oportunidade". Aquelesalumnos que se acollan ao “recoñecemento de dedicación a tempo parcial edispensa académica de exención de asistencia” de acordo coa normativa da UDC,só deberán asistir de maneira obrigatoria os traballos tutelados e as clasesprácticas de laboratorio. A cualificación final para os devanditos alumnosconstará de dous partes: a cualificación obtida nos traballos tutelados e as prácticas de laboratorio, que contribuiránun 30% á nota final e a proba mixta, que computará polo 70% restante. Estasporcentaxes de cualificación aplicaranse ás dúas oportunidades. No caso de circunstancias excepcionais, obxectivables e adecuadamente xustificadas, o Profesor Responsable podería eximir total ou parcialmente a algún membro do alumnado de concorrer ao proceso de avaliación continuada. O alumando que se atopara nesta circunstancia deberá superar un exame específico que non deixe dúbidas sobre a consecución das competencias propias da materia.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
E.C. Housecroft y A.G. Sharpe (2006). Química Inorgánica. Madrid, Pearson 2ª Ed. (en inglés 4ª Ed 2012)
D.F. Shriver, P.W. Atkins, T.L. Overton, J.P. Rourke, H.T. Weller y F.A. Armstrong (2008). Química Inorgánica. México, McGraw-Hill 4ª Ed. (en inglés 6ª Ed. 2014) |
Bibliográfía de Prácticas:
G. Brauer. "Preparative
Inorganic Chemistry", vols. I y II. Academic Press, Nueva York (1963 y 1965). Versión en
castellano de la 2ª ed. alemana: "Química Inorgánica Preparativa",
Reverté, Barcelona (1958)
G.C.
Schlessinger. "Inorganic Laboratory Preparations". Chemical Pub. Co., Nueva York (1962).
Versión en castellano: "Preparaciones de Compuestos Inorgánicos en el
Laboratorio", Continental, México (1962)
Z. Szafran, R.M. Pike y M.
Singh. "Microscale Inorganic
Chemistry: A Comprensive Laboratory Experience". Wiley & Sons, Nueva
York (1991) |
Bibliografía complementaria
|
S.M. Owen y A.T. Brooken (1991). A Guide to Modern Inorganic Chemistry. Harlow. Longman
F.A. Cotton, G. Wilkinson, C.A. Murillo y M. Bochman (1999). Advanced Inorganic Chemistry. New York, Wiley&Sons 6th Ed. [en castellano: 4ª Ed., 1986]
J.D. Lee (1996). Concise Inorganic Chemistry. London, Chapman&Hall 6th Ed.
G.E. Rodgers (2002). Descriptive Inorganic Coordination and Solid State Chemistry . Melbourne, Thomson Learning 2ª Ed. [en castellano: 1ª Ed., 1995]
E. Gutiérrez Ríos (1984). Química Inorgánica . Barcelona, Reverté 2ª Ed.
G. Rayner-Canham y T. Overton (2000). Química Inorgánica Descriptiva. Mexico, Pearson, 2ª Ed. [en inglés: 6ª Ed., 20014]
N.N. Greenwood y A. Earnshaw (1997). The Chemistry of the Elements. Oxford, Butterworth Heinemann 2nd Ed. |
Bibliografía de teoría e prácticas de laboratorio enfocada cara á Química Inorgánica en xeral, a disposición pública na Biblioteca da Facultade de Ciencias. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Química Xeral 1/610G01007 | Química Xeral 2/610G01008 | Química Xeral 3/610G01009 | Laboratorio de Química 1/610G01010 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Química Inorgánica 1/610G01021 |
|
Materias que continúan o temario |
Química Inorgánica 3/610G01023 | Química Inorgánica 4/610G01024 | Química Inorgánica Avanzada/610G01025 | Química Industrial/610G01039 |
|
Observacións |
Como complemento ás clases presenciais e ao material bibliográfico porase á disposición do alumno (mediante os medios establecidos en cada caso) a documentación relativa aos contidos das sesións maxistrais, boletíns de exercicios e problemas, documentos guía para as prácticas de laboratorio e/ou cuestionarios de diversa natureza. NOTA: Aconséllase a asistencia a todas as clases, así como a participación activa en todas as actividades. |
|