Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Recoñecer e analizar problemas asociados á síntese e caracterización estrutural de sólidos inorgánicos e complexos, e planear estratexias para solucionalos. |
A6 A15
|
|
|
Utilizar axeitadamente a terminoloxía e nomenclatura empregada normalmente na Química de Coordinación e na Química do Estado Sólido. |
A1
|
|
|
Coñecer e utilizar as fontes bibliográficas para obter información sobre a estructura, enlace, síntese e reactividade, caracterización, propiedades e aplicacións dos compostos de coordinación e sólidos cristalinos non moleculares. |
A16
|
B1 B4
|
|
Coñecer e levar a cabo procedementos estándares para a síntese de compostos inorgánicos e manexar a instrumentación científica para a súa caracterización. |
A17 A19
|
|
|
Planificar, deseñar e desenvolver a síntese e caracterización de compostos de coordinación e sólidos inorgánicos non moleculares. |
A22
|
B5
|
|
Comprender e explicar os procesos observados nun laboratorio de Química Inorgánica. |
A1 A18 A20 A21 A23 A24
|
B2 B3 B4 B7
|
C1 C7
|
Realizar con soltura, limpeza e seguridade a síntese e caracterización de compostos de coordinación e sólidos cristalinos non moleculares. |
A17 A18 A26
|
|
|
Valorar a importancia que ten a investigación en Química Inorgánica no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
|
|
C8
|
Xestionar adecuadamente os residuos xerados nun laboratorio de síntese e caracterización de compostos inorgánicos. |
A17 A18 A23
|
|
|
Coñecer e saber utilizar material de laboratorio e as instalacións necesarias para levar a cabo a síntese e caracterización de especies inorgánicas. |
A17
|
B7
|
C1
|
Elaborar un diario de laboratorio no que se recolla toda a información relevante realizando os cálculos necesarios. |
A1 A15 A18 A20 A21 A23 A24
|
B3 B4 B7
|
C1
|
Coñecer a estructura de compostos de coordinación e sólidos cristalinos non moleculares e saber aplicar as técnicas de determinación estructural. |
A9
|
B2 B4
|
|
Elaborar e presentar correctamente informes sobre o traballo realizado nun laboratorio de química inorgánica e os resultados obtidos. |
A1 A3 A4 A9 A14 A20
|
B3 B4 B7
|
C1
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Preparación de Compostos de Coordinación |
Principais métodos de preparación de complexos. Efecto do disolvente. Diagramas de especiación. |
Determinación Estrutural de Compostos de Coordinación (I) |
Análise químico. Espectrometría de masas. Conductividade molar. Momentos dipolares. Espectroscopía vibracional. Espectroscopía de RMN. Cuestións e problemas. |
Determinación Estrutural de Compostos de Coordinación (II): Espectroscopía Electrónica de Absorción |
Introdución. Regras de selección. Orixe das bandas: Bandas ligando-ligando, bandas de transferencia de carga, bandas d-d. Termos espectroscópicos e estados electrónicos. Diagramas de Orgell e diagramas de Tanabe-Sugano. Interpretación dos espectros electrónicos e aplicacións na determinación estrutural. Cuestións e problemas. |
Determinación Estrutural de Compostos de Coordinación (III): Propiedades Magnéticas |
Diamagnetismo e paramagnetismo. Momento magnético efectivo. Contribución de espín e contribución orbital. Aplicacións na determinación estrutural. Cuestións e problemas. |
Métodos de Preparación de Sólidos non Moleculares |
Estratexias na preparación de sólidos cristalinos non moleculares. Principais métodos de síntese: Método cerámico, métodos de química suave (coprecipitación, descomposición de nitratos, sol-xel, reaccións de intercalación,...), método solvotermal. |
Métodos de Caracterización de Sólidos non Moleculares |
Presentación xeral das distintas técnicas difractométricas (difracción de RX, de electróns e de neutróns) con énfase na difracción de RX en po cristalino.
Técnicas espectroscópicas
Métodos térmicos.
Microscopía electrónica (de transmisión e de varrido). |
Preparación e Caracterización dun Composto de Coordinación |
Selección das condicións de síntese
Selección dos materiais necesarios (reactivos, material, montaxes...)
Avaliación dos riscos asociados ao experimento e a súa prevención
Procedemento experimental de síntese
Manexo das técnicas instrumentais para a elucidación estrutural
Interpretación dos resultados da elucidación estrutural
Elaboración do caderno de laboratorio
Elaboración e presentación do informe final |
Preparación e Caracterización dun Sólido Cristalino non Molecular |
Selección das condicións de síntese
Selección dos materiais necesarios (reactivos, material, montaxes...)
Avaliación dos riscos asociados ao experimento e a súa prevención
Procedemento experimental de síntese
Manexo de software auxiliar para a elucidación estrutural
Interpretación dos resultados da elucidación estrutural
Elaboración do caderno de laboratorio
Elaboración e presentación do informe final |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A6 A9 A15 A20 A21 A24 B1 B2 B3 B7 C7 C8 |
10 |
30 |
40 |
Prácticas de laboratorio |
A1 A3 A4 A6 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A22 A23 A26 B1 B3 B4 B5 B7 C1 C2 |
34 |
0 |
34 |
Seminario |
A1 A9 A12 A14 A15 A16 A20 A21 A24 B1 B2 B3 B4 B5 B7 C1 C2 |
4 |
20 |
24 |
Traballos tutelados |
A1 A3 A4 A6 A9 A14 A15 A16 A20 A21 A22 A24 B3 B4 B7 C1 C2 |
2 |
28 |
30 |
Presentación oral |
A1 A14 A16 A24 B3 B4 B7 C1 C2 |
2 |
8 |
10 |
Proba mixta |
A1 A6 A9 A14 A20 A21 A24 B2 B3 C1 C2 |
2 |
0 |
2 |
Resumo |
A1 A20 A24 B4 |
0 |
10 |
10 |
|
Atención personalizada |
|
0 |
0 |
0 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposicións orais do profesor, complementadas co uso de medios audiovisuais e coa introducción de preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Trátase de sesións "abertas" con continuo intercambio de ideas entre o profesor e os alumnos. Nestas sesións presentaranse os seis primeiros temas que figuran no apartado "Contidos". |
Prácticas de laboratorio |
Traballo do alumno no laboratorio, baixo a tutela e supervisión do profesor. Levarase a cabo a síntese e caracterización dun composto de coordinación e dun sólido cristalino non molecular. Este traballo comprende os dous últimos temas que se recollen no apartado "Contidos". |
Seminario |
Sesións de traballo en grupos reducidos dirixidas á resolución de problemas e cuestións relacionadas cos temas expostos nas sesións maxistrais. Servirán tamén de "feed-back" para que o profesor valore o progreso do alumnado. |
Traballos tutelados |
Con anterioridade ao inicio das prácticas o alumno realizará un traballo académico dirixido, que consistirá na preparación dos experimentos que se realizarán no laboratorio mediante unha revisión bibliográfica. |
Presentación oral |
Sesións en grupo nas que cada alumno deberá presentar o traballo que realizou ao longo das prácticas de laboratorio. Cada alumno disporá dun tempo reducido (5 minutos aprox.) para resumir o seu traballo. A continuación establecerase un debate coa participación de todos os alumnos do grupo. |
Proba mixta |
Tratarase dunha proba escrita que incluirá cuestións e problemas numéricos relacionados coa materia. |
Resumo |
O alumno deberá entregar ao final das prácticas un caderno de laboratorio e un breve informe de cada unha das prácticas, que serán corrixidos e avaliados polo profesor. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
Seminario |
Traballos tutelados |
Presentación oral |
|
Descrición |
Na fase de prácticas de laboratorio realizaranse varias sesións de atención personalizada, esto é, sesións de atención individualizada na que o alumno será entrevistado polo profesor. Esta atención individualizada incluirá:
i) Dúas sesións de atención personalizada que se realizarán previamente ao comezo do traballo experimental e despois da planificación e revisión bibliográfica que realizará o alumno para cada unha das prácticas. Nestas sesións o alumno discutirá co profesor as conclusións ás que chegou na etapa de preparación do experimento. Se o profesor avalía positivamente o traballo do alumno, éste será autorizado a comezar o traballo experimental.
ii) Unha sesión de atención personalizada ao finalizar as prácticas de laboratorio co fin de avaliar o traballo do alumno e orientalo sobre as posibles carencias na súa formación. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas de laboratorio |
A1 A3 A4 A6 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A22 A23 A26 B1 B3 B4 B5 B7 C1 C2 |
A avaliación da parte experimental da asignatura supón un 75% da calificación final. Inclúe:
1. O traballo experimental do alumno, en particular no que se refire á planificación, organización, destreza e seguridade no traballo práctico. Valoraranse tamén os resultados da síntese e caracterización das especies propostas. (20%)
2. Grao de preparación previa de cada práctica e interpretación dos resultados e as conclusións obtidas na mesma. Serán avaliadas mediante entrevista persoal co alumno (35%).
3. Exposición oral na que se presentarán os experimentos desenvolvidos no laboratorio de xeito breve (15%).
4. Caderno de laboratorio e informes de cada unha das prácticas (30%). |
75 |
Seminario |
A1 A9 A12 A14 A15 A16 A20 A21 A24 B1 B2 B3 B4 B5 B7 C1 C2 |
Avaliarase a participación activa do alumnado nas clases de seminario e nas clases expositivas. |
5 |
Traballos tutelados |
A1 A3 A4 A6 A9 A14 A15 A16 A20 A21 A22 A24 B3 B4 B7 C1 C2 |
Tanto o grao de preparación previa de cada práctica como a interpretación dos resultados e as conclusións obtidas ns mesma serán avaliadas mediante entrevista persoal co alumno. A súa porcentaxe inclúese no apartado "Prácticas de Laboratorio" |
0 |
Presentación oral |
A1 A14 A16 A24 B3 B4 B7 C1 C2 |
Valorarase a análise dos resultados e as conclusións extraídas do traballo experimental que presentará o alumno aos seus compañeiros. Tamén se valorará a súa participación activa nos debates. A súa porcentaxe inclúese no apartado "Prácticas de Laboratorio" |
0 |
Resumo |
A1 A20 A24 B4 |
Valorarase o caderno de laboratorio elaborado por cada alumno, así como os informes de cada unha das prácticas realizadas. A súa porcentaxe inclúese no apartado "Prácticas de Laboratorio" |
0 |
Proba mixta |
A1 A6 A9 A14 A20 A21 A24 B2 B3 C1 C2 |
Tratarase dunha proba escrita que incluirá cuestións e problemas numéricos relacionados coa materia.
Aqueles alumnos que asistan regularmente a todas as actividades programadas durante o curso poderán presentarse a unha proba parcial. Os alumnos que obteñan un mínimo de catro puntos (sobre dez) nesta proba parcial, e sempre que a nota media por curso sexa mínimo de cinco ptos sobre dez, estarán exentos de realizar o exame final. |
20 |
|
Observacións avaliación |
Esta é unha materia eminentemente experimental, polo que a asistencia a todas as actividades presenciais do curso é obrigatoria. Primeira oportunidade: A puntuación máxima é de 10 puntos e a superación da materia requirirá a obtención dun mínimo de 5 puntos en total. En cada unha das partes avaliables requerirase obter un mínimo do 40% da puntuación máxima posible para esa parte. Para que se teñan en conta as calificacións das distintas actividades suxeitas a evaluación é preciso obter a calificación mínima indicada para cada unha delas. Por tanto, de non acadarse dita puntuación mínima nalgunha delas, e no caso de que a media sexa superior ou igual a 5 (sobre 10), a asignatura figurará como "suspenso". No momento en que o alumno comence o traballo presencial de prácticas de laboratorio considerarase que escomezou o proceso de avaliación, e por tanto a súa cualificación non poderá ser "non presentado". Segunda oportunidade: A puntuación máxima é de 10 puntos e a superación da materia requirirá a obtención dun mínimo de 5 puntos en total. O alumno será avaliado mediante unha proba obxectiva (que computará por un máximo de 2.5 puntos), e unha proba práctica de laboratorio (que computará por un máximo de 7.5 puntos). A proba práctica consistirá na preparación e execución dunha práctica de laboratorio seguindo os mesmos criterios detallados no apartado "metodoloxía", coa única salvedade de que a preparación previa non será titorizada. Dada a importancia da preparación previa, se esta se realiza de maneira inadecuada o alumno recibirá a cualificación de suspenso antes de comezar o traballo de laboratorio. O alumno está exento de realizar a proba práctica na segunda oportunidade se obtivo un mínimo de 4 ptos na calificación de "Prácticas de Laboratorio" na primeira oportunidade. Os alumnos evaluados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se esgotasen na primeira oportunidade. Respecto aos sucesivos cursos académicos, o proceso ensinanza-aprendizaxe, incluída a evaluación, refírese a un curso académico e, polo tanto, volve comezar cun novo curso académico, incluindo todas as actividades e procedementos de evaluación que se programen para dito curso. NOTA: "Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia": Primeira e Segunda oportunidades: Están exentos de asistencia as clases de DE y TGR pero deberán realizar a "proba mixta" e obter un mínimo de 5 ptos (sobre 10) para superar esta actividade.As prácticas de laboratorio son obrigatorias e computan como no caso de alumnos con dedicación total.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
-A. R. West, Basic Solid State Chemistry, John Wiley and Sons, Chichester, 1999, Libro,
-D. F. Shriver, P. W. Atkins, C. H. Langford, Química Inorgánica, Editotial Reverté S. A., 1998, Libro,
-J. Rivas Gispert, Química de Coordinación, Ediciones Omega S.A., 2000, Libro,
-L. Smart, E. Moore, Una introducción a la química del estado sólido, Editorial Reverté, Barcelona, 1995, Libro,
-L. Smart, E. Moore, Solid State Chemistry: an Introduction, Taylor & Francis, Third Edition, 2005, Libro,
-M.T. Weller, Inorganic Materials Chemistry, Oxford University Press, Oxford, 1999, Libro,
-S. F. A. Kettle, Physical Inorganic Chemistry. A Coordination Chemistry Approach, Oxford University Press, 1998, Libro,
-D. F. Shriver, P. W. Atkins, C, H. Langford, Química Inorgánica, Editorial Reverté, Barcelona, 1998, Libro,
-Dann, Reactions and Characterization of Solids, Royal Society of Chemistry. Cambridge, 2000, Libro, |
Bibliografía complementaria
|
|
-A. R. West, Solid State Chemistry, John Wiley and Sons, Chichester, 1999, Libro,
-A.F. Wells, Structural Inorganic Chemistry, 5th Ed., Oxford Univesity Press, London, 1984, Libro,
-D. Nicholls, Complexes and First-Row Transition Elements, McMillan Press , 1979, Libro,
-D. Sutton, Espectros Electrónicos de los Complejos de los Metales de Transición, Reverté, Barcelona, 1975, Libro,
-N.N. Greenwood, Cristales iónicos, defectos reticulares y no estequiometría, Alhambra, Madrid, 1970, Libro,
-Angelici e outros, Syntesis and Techniques in Inorganic Chemistry”. 3ª Ed., University Science Books. Sausalito, 1999, Libro,
-Brauer, Química Inorgánica Preparativa, Editorial Reverté, Barcelona, 1958, Libro,
-Lever, Inorganic Electronic Spectroscopy. 2ª Ed., Elsevier. Ámsterdam, 1984, Capítulo de libro,
-Nakamoto, Infrared and Raman Spectra of Inorganic and Coordination Compounds, 5ª Ed., Wiley & Sons, New York, 1997, Libro,
-Schlessinger, Preparación de Compuestos Inorgánicos en el Laboratorio, Continental, México, 1965, Libro,
-W. McCleverty e outros, Comprehensive Coordination Chemistry II, Elsevier-Pergamon, Amsterdam, 2004, Libro,
-Wilkinson e outros, Comprehensive Coordination Chemistry, Pergamon Press, Oxford, 1986, Libro,
-Cotton e Wilkinson, Química Inorgánica Avanzada”, 4ª Ed., Limusa-Wiley. México, 1986, Libro, |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Química Física 1/610G01016 | Química Física 2/610G01017 | Química Inorgánica 1/610G01021 | Química Inorgánica 2/610G01022 | Química Inorgánica 3/610G01023 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Química Inorgánica Avanzada/610G01025 | Ciencia de Materiais/610G01035 |
|
Observacións |
Aconséllase que aqueles alumnos que cursen a "Química Inorgánica 4" teñan superada a "Química Inorgánica 3". Asemade, é preciso que os alumnos que cursen a "Química Inorgánica 4" manexen adecuadamente os coñecementos impartidos nas materias "Química Inorgánica 1 e 2" e "Química Física 1 e 2". |
|