Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Economía Española Código 611G01016
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Lopez Martinez, Ivan
Correo electrónico
ivan.lopezm@udc.es
Profesorado
Lopez Martinez, Ivan
Sanchez Quinza-Torroja, Juan Manuel
Correo electrónico
ivan.lopezm@udc.es
j.quinza-torroja@udc.es
Web
Descrición xeral A materia presenta, desde unha perspectiva estrutural, os trazos básicos da economía española, con especial referencia aos aspectos sectoriais, xeográficos (principalmente, a integración na Unión Europea) e institucionais.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Identificar, describir e analizar con rigor a realidade socioeconómica española, os seus principais aspectos estruturais, as súas fortalezas e as súas debilidades. A1
A2
A3
A8
Interesarse e reflexionar de modo crítico pola situación da economía española, as súas causas, consecuencias e alternativas. A2
A3
A4
B1
B2
B5
B7
B8
B9
C4
C6
Coñecer o contido e empregar as fontes de información económica relevantes sobre a economía española. A7
A9
C1
C2
C3
C5
C6
C7
Coñecer, saber interpretar e empregar as fontes de información estatística e os indicadores macroeconómicos relativos á economía española A9
A10
A12
A13
B3
B4
B6
C1
C3
C6
Transmitir e comunicarse con fluidez, tanto de forma oral como escrita, nun contorno profesional económico, usando a terminoloxía científica e técnica adecuada. A10
A13
C1
C3
C8
Comprender e realizar informes e diagnósticos sobre a situación da economía española. A3
A4
A5
A6
A9
A12
A13
B3
B4
C1
C3
C8
Enmarcar a economía española nas dimensións das economías mundial e europea, coñecendo as relacións daquela con estas. A8
A11
C2

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1: UNHA PERSPECTIVA A LONGO PRAZO DA ECONOMÍA ESPAÑOLA 1) Da autarquía ao Plan de estabilización
2) O desarrollismo dos anos sesenta
3) Transición e crise internacional
4) Integración na UE e recuperación
5) Dos noventa á actualidade
TEMA 2: OS FACTORES PRODUCTIVOS. 1) O territorio español e os seus recursos naturais
2) Evolución demográfica e movementos migratorios en España
3) Capital físico, capital humano e capital tecnolóxico da economía española
TEMA 3: A ORIXE SECTORIAL DO PIB. 1) Análise sectorial da oferta
2) A transformación estrutural no ámbito produtivo
3) Emprego e produtividade dos sectores económicos
TEMA 4: O DESTINO DO PIB. 1) Análise desde a óptica da demanda
2) O consumo privado e o consumo público
3) A formación bruta de capital
4) O saldo neto externo e a apertura ao exterior da economía española
TEMA 5: A DISTRIBUCIÓN DA RENDA. 1) A distribución factorial da renda
2) Distribución persoal da renda e desigualdades sociais
3) As disparidades rexionais e os eixes de crecemento en España e en Europa
TEMA 6: O SECTOR PRIMARIO. 1) Ámbito e características do sector
2) Explotacións agrarias, poboación activa e capitalización
3) Producións, prezos e rendas agrarias
4) A regulación do sector: a política agraria común (PAC)
5) As particularidades dos subsectores pesqueiro e forestal
TEMA 7: O SECTOR SECUNDARIO. 1) Ámbito e características do sector
2) Especialización produtiva e comercial
3) Custos laborais, emprego e eficiencia
4) O subsector enerxético
5) O subsector da construción

TEMA 8: O SECTOR SERVICIOS. 1) Ámbito e características do sector
2) Especialización produtiva e comercial
3) Factores produtivos e prezos do sector
4) Servizos de mercado e de non mercado: ramas de actividade
TEMA 9: O MERCADO DE TRABALLO. 1) Enfoques teóricos sobre o mercado de traballo
2) A poboación española e a actividade económica
3) Emprego e desemprego: etapas e factores explicativos
4) A política de emprego e as reformas do mercado laboral

TEMA 10: O SECTOR EXTERIOR E OS ASPECTOS MONETARIOS. 1) A balanza de pagamentos e o mecanismo de equilibrio externo da economía española
2) As operacións por conta corrente
3) As operacións por conta de capital e financeira
4) A articulación da economía española na Unión Europea
5) Os aspectos monetarios no marco da Unión Económica e Monetaria
TEMA 11: O SECTOR EMPRESARIAL E A INNOVACIÓN TECNOLÓXICA. 1) A función empresarial
2) Dimensión e concentración espacial e sectorial da empresa española
3) Propiedade, xestión e organización da empresa española
4) Procesos, axentes e vías de acceso tecnolóxicos
TEMA 12: O SISTEMA FINANCEIRO Y O SECTOR PÚBLICO. 1) Estrutura, organización e funcións do sector financeiro
2) Instrumentos, intermediarios e mercados financeiros
3) As administracións públicas en España: estrutura e dimensión
4) A política fiscal e a sostibilidade do Estado do benestar

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A13 2 0 2
Sesión maxistral A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 B7 B9 C8 15 30 45
Presentación oral A7 A8 A9 A10 A13 B2 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 3 5 8
Lecturas A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 B2 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 0 30 30
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A12 A13 B2 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 19 0 19
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A12 A13 B2 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C1 2 40 42
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais O profesor presentará a materia ao estudante e, se fose ocaso, avaliará os seus coñecementos previos
Sesión maxistral O profesor explicará contidos básicos da materia
Presentación oral O/a estudante deberá presentar oralmente 1 ou 2 temas de actualidade sobre a economía española.
Lecturas O/a estudante realizaraas sobre aspectos do temario da materia. O profesor poderá seleccionar as lecturas máis oportunas de entre a bibliografía da materia.
Obradoiro O/a estudante traballará sobre as lecturas programadas. Poderá consistir en dar solución a problemas, ensaios, respostas a preguntas, resumos etc. Poderá ser obxecto de seminarios, debates ou postas en común.
Proba mixta Proba escrita sobre os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos sobre a economía española. Trátase dos exames oficiais da materia, durante os períodos de exames. Avaliarase o coñecemento dos contidos teóricos e prácticos da materia. Conterá cando menos unha pregunta onde o/a alumno/a deba expoñer un tema co apoio de datos sobre variable/s relevante/s do programa. Tamén poderá haber preguntas de resposta breve, de resposta múltiple, prácticas etc.

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Obradoiro
Descrición
O estudante pode recibir atención personalizada para resolver as súas dúbidas sobre a materia, principalmente nas titorías no despacho.

As titorías en grupo reducido planificaranse ao longo do curso. Estarán destinadas a reforzar a aprendizaxe autónoma do alumno a través do seguimento e a supervisión das distintas actividades programadas (busca de datos económicos, fontes bibliográficas, resolución de problemas, exposición de traballos, seminarios etc.)

Para os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A12 A13 B2 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C1 Unha ao final do curso. Realizarase en período de exames. Esíxese unha cualificación igual ou superior a 3/10 nela para superar a materia. Poderá incluír cando menos unha pregunta onde o alumno deba expoñer un tema co apoio de datos sobre variable/s relevante/s do programa. Ademais do coñecemento dos contidos da materia, valoraranse:
- a capacidade de expresión
- as capacidades analítica e sintética
- a capacidade para argumentar
- a capacidade para elaborar un discurso coherente
- o dominio da linguaxe técnica e científica
60
Presentación oral A7 A8 A9 A10 A13 B2 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Valorarase a adecuación do tema exposto á materia, o seu grao de dificultade, o dominio do tema e a habilidade na comunicación oral. Unha ou dúas ao longo do curso. 5
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A12 A13 B2 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Varios ao longo do curso, sobre as lecturas programadas. Valorarase en gran medida o esforzo persoal e a aprendizaxe continua. A súa avaliación comprende a lectura previa correspondente. 35
 
Observacións avaliación




O sistema de avaliación principal e recomendable é o de avaliación
continua
, que inclue todos os elementos descritos anteriormente. Este
sistema está pensado para unha aprendizaxe continua, e esixe do estudante unha
implicación ao longo do curso, tanto na asistencia e participación na aula,
como fora dela. Algunhas aclaracións sobre este tipo de avaliación:



  • Cada obradoiro terá unha
    avaliación única para cada estudante que a realice. O conxunto deste tipo
    de actividades pondera o 35% na cualificación final.
  • Para obter a cualificación de
    "Non presentado", os estudantes non poderán realizar actividades
    que ponderen o 20% ou máis na avaliación do curso, independentemente da
    cualificación obtida nelas.
  • Mínimos das partes da materia:
    para superar a materia, cómpre unha cualificación igual ou superior a 3
    sobre 10 na proba mixta.
  • Todas as oportunidades de
    avaliación se realizarán cos mesmos criterios, manténdose, por tanto, as
    cualificacións da avaliación continua (obradoiros, presentación oral)
    realizadas durante o curso.


Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
exención de asistencia
: deberán comunicarse co profesor nas dúas primeiras
semanas de curso e poderán elixir entre: a) o sistema de avaliación do
resto de estudantes adaptado ás súas circunstancias (por exemplo, realizando os
obradoiros fóra de horario de clase e enviándoos por correo electrónico) ou b)
unha avaliación só con proba mixta que represente o 100% da cualificación;
sería aplicable o descrito para esta proba para o resto de estudantes, salvo
que, neste caso, habería que ter 5 ou máis sobre 10 para superar a materia.
Esta elección manteríase para todas as súas oportunidades de avaliación. 



Condicións de realización da avaliación final. Está prohibido
acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co
exterior e/ou o almacenamento de información.



En calqueira caso, a materia
está suxeita e supeditada ás normas e directrices emitidas pola Xunta de
Centro, pola Reitoría e outras de nivel superior.
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Principios de Microeconomía/611G01001
Principios de Macroeconomía/611G01005
Estatística I/611G01006
Economía Mundial/611G01011
Historia Económica de España/611G01015

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Macroeconomía/611G01017

Materias que continúan o temario

Observacións

É importante a lectura de prensa e revistas económicas. Porase ao dispor do/a estudante materiais varios na fotocopiadora e/ou en Moodle.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías