Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Discursos Críticos e Procesos de Canonización Código 613584123
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Samartin López-Iglesias, Roberto
Correo electrónico
roberto.samartin@udc.es
Profesorado
Samartin López-Iglesias, Roberto
Correo electrónico
roberto.samartin@udc.es
Web http://http://www.udc.es/filo/mlcd
Descrición xeral Estudo dos principais elementos e discursos presentes na construción de comunidades culturais, así como dos medios, estratexias e procesos de construción e naturalización de ideas sobre a cultura, a arte e a propia comunidade no ámbito galego-portugués.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Integrar os estudos literarios nun contexto intercultural máis extenso e que ultrapase os limites dunha única comunidade, atendendo nomeadamente á diversidade cultural do ámbito galego-portugués. AM1
CM4
Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e os seus cambios de paradigma. AM8
Ser capaz de desenvolver un enfoque orixinal e creativo na investigación avanzada no ámbito dos estudos literarios e culturais. AI1
Aplicar as técnicas de análise cultural respectando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos. AM9
Alargar o conceito de literatura e entendela en relación con outros campos culturais, utilizando ferramentas e tecnoloxías apropiadas para o seu estudo. AM2
AM3
CM5
Analisar e interpretar tanto textos como mecanismos e procesos de comunicación aplicando diferentes modelos teóricos e ferramentas de análise. AM5
AI3
Adquirir a capacidade de utilizar ferramentas, tecnoloxías e recursos de investigación interdisciplinares para a súa aplicación á resolución de problemas en entornos diversos no ámbito dos estudos literarios e culturais. BP1
CM2
CM6
Aplicar unha perspectiva comparatista de carácter transnacional e plurilingüístico aos estudos literarios, artísticos e culturais AI2
Asumir a importancia e os beneficios sociais da aprendizaxe e coñecer os medios para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común BP2
BP3
BP4
BP5
CM3
Adquirir a capacidade de concebir e deseñar proxectos de investigación con rigor académico e desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntese, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador. CI1
CI2

Contidos
Temas Subtemas
1. A crítica e (é) a cultura 1.1. Función e posición da crítica nos sistemas culturais
1.2. Crítica, historiografía e teoría literaria/cultural
2. Campo da crítica e procesos de canonización
2.1. Estratexias de atribución de valor e creación de sentido
2.2. Discursos críticos, cánone, conflito e identidade
2.3. Alternativas críticas
3. Procesos de canonización no intersistema cultural galego-portugués 3.1. Criterios canonizadores
3.2. Estudos de caso

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A8 B5 B6 C4 6 6 12
Discusión dirixida A3 A2 B7 B8 C3 C5 5 8 13
Traballos tutelados A14 B4 C2 C6 C8 1 20 21
Lecturas A13 A5 A9 1 20 21
Prácticas a través de TIC A2 1 2 3
Presentación oral A12 C7 2 2 4
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas no seminario.
Discusión dirixida Presentación polo profesor ou polo alumnado dunha serie de casos teórico-práticos para a súa análise conxunta e colaborativa ao longo das sesións presenciais.
Traballos tutelados Realización dun breve estudo relacionado cos asuntos abordados no seminario. Este traballo poderá ser realizado de maneira individual ou colectiva (de acordo coa planificación realizada polo profesor no inicio do seminario).
Lecturas Realización e abordaxe analítica dunha seria de lecturas previamente seleccionadas polo docente relacionadas directamente cos contidos abordados no seminario.
Prácticas a través de TIC Presentación e teste da aplicación de TIC ao estudo da crítica literaria e cultural.
Presentación oral Exposición oral ao conxunto da turma dos resultados do traballo tutelado e/ou dalgunha lectura das atribuídas polo profesor no início das sesións. Durante esas presentacións orais, o alumnado utilizará os recursos tecnolóxicos precisos ao efecto e demostrará a asunción e a aplicación práctica dos contidos, destrezas e competencias abordados durante o seminario.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Lecturas
Presentación oral
Descrición
Ao lado do labor de acompañamento realizado no horario de atendemento marcado polo profesor responsábel polo seminario, a atención personalizada estará dirixida especialmente (que non unicamente) para o apoio á realización do Traballo Tutelado, das Lecturas e da Apresentación Oral. De maneira xeral, recomendase que cada alumno/a asista polo menos a unha sesión de atendemento previa á exposición da leitura e/ou a entrega do traballo.

Para a realización das actividades previstas e a fin de obter unha orientación adecuada, é fundamental que o alumnado comunique de maneira fluída e frecuente tanto os seus progresos como as súas eventuais dificultades. Alén diso, cada estudante poderá realizar toda clase de consultas en relación ao desenvolvemento da materia, quer no horario de atendemento quer através do correo electrónico.

Esta atención personalizada tamén está contemplada para o alumnado a tempo parcial e con dispensa académica recoñecida, así como para o estudantado matriculado para se examinar na convocatoria de decembro.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A8 B5 B6 C4 Serán avaliados o nivel de análise e compreensión das materias expostas, así como a resolución dos problemas apresentados durante estas sesións, quer através de estudos de caso ou análise de fontes documentais específicas, quer no trascurso das “discusións dirixidas”, do “traballo tutelado” e/ou da “presentación oral” 10
Discusión dirixida A3 A2 B7 B8 C3 C5 Será avaliado o rigor e a profundide da análise, as cuestións eventualmente levantadas durante as intervencións, a frecuencia destas e, en xeral, todos os contributos relacionados co acompañamento/ desenvolvemento da materia. 20
Traballos tutelados A14 B4 C2 C6 C8 Serán avaliados os conteúdos focados e os resultados do proceso ensino-aprendizaxe en relación á consecución dos obxectivos procurados no seminario. Levarase tamén en conta a calidade lingüística do texto entregado, a capacidade para a aprendizaxe autónoma e/ou o traballo en equipa, a capacidade analítica e crítica, e a adecuación aos obxectivos formulados polo profesor para esta actividade. 30
Lecturas A13 A5 A9 Para alén da eventual presentación oral dalgunha das lecturas propostas, será avaliado o nivel de análise e compreensión das restantes lecturas demostrado no trascurso das outras apresentacións orais e nas discusións dirixidas. 20
Presentación oral A12 C7 Correspóndese com os resultados e procedimentos do traballo tutelado e, eventualmente, coa estrutura e os contidos principais dos textos atribuídos para a leitura analítica por parte do alumno/a.
Será avaliada fundamentalmente a comprensión e o dominio do contido apresentado e a utilidade da presentación para os propósitos da materia. Levarase tamén en conta a calidade lingüística, a organización e a secuencia expositiva, a clareza e precisión na exposición, a interacción co auditorio, o uso do tempo dispoñíbel e a elaboracion e utilización dos recursos tecnolóxicos.
20
 
Observacións avaliación

A avaliación do seminario será feita de forma continua. Nela serán
levados en conta non apenas os elementos referidos no lugar
correspondente deste guía mais tamén, de xeito transversal, as
competencias lingüísticas, argumentativas e para a aprendizaxe
colaborativa demostradas ao longo do proceso de ensino-aprendizaxe.

Todas as actividades deberán ser realizadas e entregadas de acordo cos prazos e os procedementos
fixados no cronograma que o profesor fornecerá ao alumnado no inicio
das sesións e pendurará na plataforma Moodle. As actividades entregadas
fóra do prazo marcado non serán obxecto de avaliación. Non será posíbel
superar o seminario sen a realización satisfactoria do traballo
tutelado.

O estudantado a tempo parcial ou con dispensa académica
realizará ou entregará as actividades indicadas nunha data concertada
previamente co docente. Este alumnado deberá realizar e entregar as
mesmas actividades que o restante e, se non puider asistir ao
atendemento, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo
electrónico no inicio do curso. Aquel alumnado que certifique
imposibilidade de asistir ás aulas debe tamén contactar co profesorado
da materia.

O alumnado que se apresentar á convocatoria adiantada de decembro
terá de contactar previamente co docente responsábel polo seminario e,
para o superar, realizar aqueles traballos tutelados (5 valores) e
aquelas leituras (5 valores) que lle foren encomendados.

Se houver criterios específicos de avaliación
para algunha das tarefas propostas, estes serán oportunamente
disponibilizados polo profesor responsábel através do Moodle e/ou
expostos na sala de aulas. O docente fornecerá, igualmente, as oportunas
instrucións para o correcto desenvolvemento de cada unha das
actividades previstas.

As persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación continuada deberán concorrer á oportunidade de xullo.
Para superaren a materia nesta segunda oportunidade, @s alumn@s deberán
realizar satisfactoriamente todas aquelas tarefas non superadas na
oportunidade anterior xuntamente con aqueles outros traballos que foren
agora solicitados.

Será considerado Non Presentado aquel alumno ou alumna que non apresente ningunha das actividades previstas neste guía.


Fontes de información
Bibliografía básica Thiesse, A. (1999). La Création des identités nationales: Europe XVIIIe XXe siécle. Paris: Éditions du Seuil
Bourdieu, Pierre (1991). “Le champ littéraire. Avant propos”. ctes de la Recherche en sciences sociales, nº 89, pp. 3-46
Lourido Hermida, Isaac (2011). As alternativas sistémicas da Historia literaria en situación de conflito cultural. Desenvolvimentos teóricos e modelos de renovación nos casos galego e quebequense. Departamento de Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Universidade de Santi
Tarrío Varela, Anxo e Abuín González, Anxo (eds.) (2004). Bases metodolóxicas para unha historia comparada das literaturas da Península Ibérica. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións da USC
Figueroa, A.; González-Millán, X. (1997). Communication littéraire et culture en Galice. Paris: L'Harmattan
Lamont, M. & Fournier, M. (1992). Cultivating Differences. Symbolic Boundaries and the Making of Inequalitiy. Chicago and London: The University of Chicago Press
Bourdieu, Pierre (1985). La distinction: critique sociale du jugement. Paris: Éditions de Minuit
Castells, Miguel (2003). La era de la información. El poder de la Identidad. Madrid: Alianza Editorial
Bourdieu, Pierre (1992). Les règles de l’art. Genèse et structure du champ littéraire. Paris: Éditions du Seuil
Pageaux, D. H. (2007). Littératures et Cultures en dialogue. Paris: L'Harmattan
Figueroa, Antón (2001). Nación, literatura, identidade: comunicación literaria e campos sociais en Galicia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia
Samartim, Roberto L.I. (2010). O processo de construçom do sistema literário galego entre o franquismo e a transiçom (1974-1978): margens, relaçons, estrutura e estratégias de planificaçom cultural. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións da USC
Even-Zohar, Itamar (2010). Papers in Culture Research. Tel Aviv: Unit of Culture Research, Tel Aviv University (acesíbel en http://www.tau.ac.il/~itamarez/
Fowler, B. (1997). Pierre Bourdieu and Cultural Theory. Critical Investigation. London: Sage
Even-Zohar, Itamar (2007). Polisistemas de cultura. Tel Aviv: Unit of Culture Research, Tel Aviv University (acesíbel en http://www.tau.ac.il/~itamarez/
González-Millán, X. (2000). Resistencia cultural e diferencia histórica: a experiencia da subalternidade. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco
Casas, Arturo (2002). “A Teoría crítica da cultura e a planificación dos estudos socioculturais (para ler González-Millán)”. Anuario de estudios literarios galegos, 29-38
Rees, C. van (1983). “Advances in the Empirical Sociology of Literature and the Arts: The Institutional Approach”. Poetics 12, 285-310
Sela-Sheffy, R. (2002). “Canon Formation Revisited: Canon and Cultural Production”. Neohelicon XXIX(2), 141-159
Nooy, W. de (2005). “Culture in networks”. The Collection and Analysis of Network Data. Summer School of the Quantitative Methods, the Social S
Sapiro, G. (2007). “Pour une approche sociologique des relations entre littérature et idéologie”. COnTEXTES 2 (acesíbel en http://contextes.revues.org/index165.html)
Torres Feijó, Elias J. (2004). “Roma locuta causa finita? Sobre docência e crítica da literatura e da cultura”. Aurora Marco et al. (eds.), Actas del VII Congreso Internacional de la Sociedad Española de Didáctic
Casas, Arturo (2007). “Xoán González-Millán: itinerarios teóricos”. Helena González Fernández & María Xesús Lama (eds.), Actas do VII Congreso Internacional

Bibliografía complementaria

1.Angenot, Marc (1979). Glossaire pratique de la critique contemporaine. Quebec: Éditions Hurtubise HMM

2.Cabral, Amilcar (1999). Nacionalismo e cultura. Compostela: Laiovento

3.Capra, Dominick La (2006). Historia en tránsito: experiencia, identidad, teoría crítica. Buenos Aires: Fondo de Cultura Económica

4.Casas, Arturo (coord.) (2004). Elementos de crítica literaria. Vigo: Xerais

5.Claval, Paul (2003). Géographie culturelle: une nouvelle aproche des sociétés et des milieux. Paris: Armand Colin

6.Cochón Otero, Iris & Rábade Villar, María do Cebreiro (2004). "A crítica no campo literario. Teorías críticas e identidades emerxentes". Elementos de crítica literaria, Vigo: Xerais, pp.161-204

7.Cunha, Carlos Manuel Ferreira da (2002). A construção do discurso da história literária na literatura portuguesa do século XX. Braga: Centro de Estudos Humanísticos/ Universidade do Minho

8.Edgardo Lander (comp.) (2000). La colonialidad del saber: eurocentrismo y ciencias sociales. Perspectivas Latinoamericanas. Buenos Aires: Consejo Latinoamericano de Ciencias Sociales

9.Fortin, N. (1994). Une littérature inventée. Littérature québécoise et critique universitaire (1965-75). Presses de l'Université Laval: Sainte Foy

10.Gaard, Greta; Murphy, Patrick (1998). Ecofeminist Literary Criticism: Theory, Interpretation, Pedagogy. Urbana and Chicago: University of Illinois Press

11.Godzich, Wlad (1998). Teoría literaria y crítica de la cultura. Madrid: Cátedra-Universitat de València

12.Gutiérrez García, Santiago (2007). “La lírica gallegoportuguesa en los procesos de hegemonización y canonización de la literatura gallega”. Anuario de Estudios Medievales, 37/1: 245-265

13.Harlow, B. (1987). Resistance literature. Methuen: New York

14.Hooper, Kirsty (2005). “Novas cartografías nos estudos galegos: nacionalismo literario, literatura nacional, lecturas posnacionais”. Anuario de Estudos Literarios Galegos: 64-73

15.Jameson, Fredric; Žižek, Slavoj (1998). Estudios culturales. Reflexiones sobre el multiculturalismo. Buenos Aires: Paidós

16.López Silva, Inmaculada (2004). Teatro e canonización. A crítica teatral na prensa periódica galega (1990-2000). Lugo: Tris Tram

17.Mata, Inocência (1992). Emergência e existência de uma literatura (O caso santomense). Linda-a-Velha

18.Moi, Toril (1985). Sexual/Textual Politics. Feminist Literary Theory. London and New York: Routledge

19.Moisan, Clément; Saint-Jacques, Denis (dirs.) (1987). “L’Autonomisation de la littérature”. Études littéraires, 20, 1.

20.Nooy, Wouter de (1991). “Social Networks and Classification in Literature”. Poetics, 20: 507-537

21.Rees, K. van (1983). “How a Literary Work Becomes a Masterpiece: On the Threefold Selection Practised by Literary Criticism”. Poetics, 12: 397-417

22.Reis, Carlos (coord.) (1991-1996). História crítica da literatura portuguesa. 9 vol, Lisboa: Verbo

23.Saraiva, António José (2000). História da cultura em Portugal. Lisboa: Gradiva

24.Schmidt, Siegfried J. (1983). “The Empirical Science of Literature ESL: A New Paradigm”. Poetics, 12: 19-34

25.Torres Feijó, E. J. (2004). “Potencialidades na indústria de ideias na Galiza actual para o relacionamento galego-luso-afro-brasileiro”. [Actas do] VIII Congresso Luso Afro Brasileiro de Ciências Sociais, Coimbra: Centro de Estudos Sociais


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Todas as cuestións non contempladas explicitamente neste guía ou as eventuais dúbidas en relación co desenvolvemento do seminario serán resolvidas polo profesor no seu horario de atendemento, nas sesións presenciais ou no correo electrónico que figura no lugar correspondente deste documento.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías