Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Analisar e interpretar textos, aplicando diferentes modelos teóricos e xenéricos. |
A1 A2 A3 A4 A10 A11
|
B1 B2 B5 B7
|
C1 C2 C4
|
Coñecer e aplicar diferentes métodos e técnicas de análise á produción literaria e cultural galega do século XX. |
A1 A2 A3 A4 A7 A11 A14 A15 A17 A23
|
B1 B3 B7
|
C1 C4 C6
|
Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e as súas mudanzas de paradigma |
A1 A4 A7 A10 A11 A14 A17 A19 A23 A27
|
B3 B5 B8 B10
|
C1 C4 C7
|
Aplicar as técnicas de análise cultural, considerando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos |
A1 A2 A3 A4 A10 A11 A15 A17
|
B4 B5 B7 B9
|
C1 C7
|
Adquirir as habilidades necesarias para analizar e interpretar os mecanismos da creación literaria. |
A1 A2 A4 A10 A11 A15 A17
|
B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8
|
C1 C6 C8
|
Coñecer e valorizar a diversidade cultural, con especial atención ao ámbito galego-portugués. |
A7 A10 A11 A14 A15 A17 A19 A23 A27
|
B1 B3 B4 B5 B8 B10
|
C1 C4
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1.- Introdución xeral á literatura galega do séc. XX
|
1.1.- Caracterización xeral. Periodización
1.2.- Cuestións metodolóxicas
|
2.- O segundo renacemento
|
2.1.- As liñas de actuación cultural das Irmandades: ampliación e consolidación do sistema literario
2.2.- Da "Xeración do 16" ao grupo Nós: caracterización e problemas.
2.2.1.- Principais autores. Análise de textos representativos
2.3.- Á procura da renovación temática e formal. As vangardas e a súa influencia.
2.3.1.- Principais autores. Análise de textos representativos
|
3.- A literatura de posguerra e o exilio ás dúas beiras do Atlántico: continuidade e ruptura |
3.1 Guerra civil e posguerra na Galiza.
3.2. A literatura e cultura galegas na emigración e no exilio.
3.2.1. Principais autores. Análise de textos representativos
|
4.- A recuperación literaria no interior a partir de 1950 |
4.1. A reconstrución do sistema literario: axentes editoriais e actividade cultural. Grupos, movementos e autores/as.
4.2.- Continuidade e innovación na literatura da década de 60
4.2.1.-Principais autores/as. Análise de textos representativos
4.3.- Renovación da linguaxe poética, narrativa e teatral na década de 70
4.3.1.- Principais autoras/es. Análise de textos representativos
|
5.- Da década de oitenta á actualidade |
5.1 Diversificación xenérica. Grupos, movementos e autoras/es.
5.2 A irrupción das autoras e a apertura a novos discursos.
5.3. Análise de textos representativos |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Análise de fontes documentais |
A1 A2 A3 A4 A10 A11 A14 A15 A17 A23 A27 B1 B2 B3 B7 B8 B9 B10 C1 C2 C4 |
20 |
10 |
30 |
Lecturas |
A3 A4 A7 A10 A11 A14 A15 A17 A19 A23 A27 B1 B3 B5 B7 B8 C4 C6 C8 |
0 |
35 |
35 |
Proba mixta |
A1 A2 A3 A4 A7 A10 A11 A15 A17 A19 A23 A27 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C1 |
2 |
32 |
34 |
Presentación oral |
A2 A4 A7 A10 A11 A15 B1 B3 B4 B6 B7 B9 C1 |
1 |
8 |
9 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
A11 A14 B3 B5 B7 B8 C6 |
2 |
2 |
4 |
Sesión maxistral |
A1 A3 A7 A10 A11 A14 A15 A17 A19 A23 A27 B1 B2 B5 B7 B9 B10 C4 C6 C7 C8 |
20 |
10 |
30 |
|
Atención personalizada |
|
8 |
0 |
8 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Análise de fontes documentais |
A profesora iniciará a análise e o comentario das obras literarias incluídas na programación e solicitará do alumnado a realización de comentarios individualizados segundo as pautas estabelecidas.
|
Lecturas |
O alumnado deberá realizar a lectura das obras literarias obrigatorias antes da sesión correspondente. As lecturas representan, xunto ás prácticas de comentario, unha das actividades principais do curso e, como tal, serán avaliadas.
|
Proba mixta |
Proba escrita en que se demostrarán os coñecementos e competencias adquiridos e que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes e de control de lecturas. |
Presentación oral |
Presentación oral individual dunha ou varias obras incluídas nos contidos da materia, seleccionadas entre a profesora e cada estudante no inicio do curso.
Nalgún caso, e previa á exposición na aula, o/a alumno/a terá que ter entregado unha breve ficha de lectura e un esquema da exposición. Esta poderá ser completada coa utilización de material audiovisual de apoio. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Asistencia e participación a eventos relacionados coa materia que se realicen na propia facultade ou noutros lugares accesíbeis para o alumnado. |
Sesión maxistral |
Sesións teóricas presenciais en que se presentarán os puntos principais dos contidos da materia, como punto de partida para o traballo posterior do alumnado. O coñecemento dos contidos desenvolvidos nestas sesións será esixido para a superación do curso. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Lecturas |
Sesión maxistral |
Análise de fontes documentais |
Proba mixta |
Presentación oral |
|
Descrición |
A profesora encargarase de recibir e asesorar o alumnado en todas as cuestións que lle formular; ao tempo tratará en todo momento lle facer as observacións, indicacións puntuais bibliográficas, etc que puideren ser do seu interese.
Esta atención personalizada tamén está contemplada para o alumnado a tempo parcial e con dispensa académica recoñecida, así como para o estudantado matriculado para se examinar na oportunidade adiantada de decembro. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Lecturas |
A3 A4 A7 A10 A11 A14 A15 A17 A19 A23 A27 B1 B3 B5 B7 B8 C4 C6 C8 |
O control das lecturas poderá realizarse mediante a entrega dos resumos ou fichas, mediante exposición oral ou cunha parte específica dentro da proba mixta. |
10 |
Análise de fontes documentais |
A1 A2 A3 A4 A10 A11 A14 A15 A17 A23 A27 B1 B2 B3 B7 B8 B9 B10 C1 C2 C4 |
Os comentarios de textos que se realicen na aula ou na casa polos alumnos/as poderán ser recollidos e avaliados ao longo do curso ou ben serán incluídos como unha parte específica dentro da proba mixta. |
15 |
Proba mixta |
A1 A2 A3 A4 A7 A10 A11 A15 A17 A19 A23 A27 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C1 |
Proba escrita en que se demostrarán os coñecementos e competencias adquiridos e que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes e de control de lecturas.
|
40 |
Presentación oral |
A2 A4 A7 A10 A11 A15 B1 B3 B4 B6 B7 B9 C1 |
A/o estudante exporá na aula, durante un tempo mínimo de 15 minutos e un máximo de 25, un comentario sobre unha das obras propostas no inicio do curso.
A exposición poderá ser completada coa utilización de material audiovisual de apoio. Previamente terá que ter entregado unha breve ficha de lectura e un esquema da exposición. |
30 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
A11 A14 B3 B5 B7 B8 C6 |
Valorarase a participación nestes eventos a través da realización de fichas resumo e/ou comentarios que se entregarán á profesora. |
5 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos no conxunto de actividades que compoñen a avaliación.
O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Asemade, todas as actividades deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal...). As deficiencias lingüístico-expositivas serán penalizadas na cualificación.
SEGUNDA OPORTUNIDADE (XULLO) Aquel alumnado que non superase a materia con anterioridade, terá que presentar/realizar as actividades avaliábeis non superadas ou non presentadas anteriormente. A data limite de entrega será a marcada para o exame do mes de xullo.
ALUMNADO A TEMPO PARCIAL OU CON DISPENSA ACADÉMICA O alumnado que estea matriculado a tempo parcial ou que conte con dispensa académica terá condicións especiais de avaliación:
1. Proba mixta: 40%
2. Análise de fontes documentais: 30% (presentación dun comentario escrito e doutro oral)
3. Presentación oral (comentario dunha obra definida no inicio do curso): 20%
Para fixar as datas das presentacións orais o alumnado deberá poñerse en contacto coa profesora (carme@udc.gal) nas dúas primeiras semanas do curso.
AVALIACIÓN DA OPORTUNIDADE ADIANTADA DE DECEMBRO Nesta oportunidade adiantada cada alumno/a será avaliado/a mediante unha "Proba mixta", que suporá o 70 % da cualificación final e que terá lugar na data oficial marcada pola Facultade de Filoloxía, e unha presentación (oral y escrita) puntuábel até un 30%.
NON PRESENTADO/A
Considerarase como NON PRESENTADO/A o/a alumno/a que non entregue o traballo final obrigatorio ou non realice a proba escrita.
ALUMNADO REPETIDOR O alumnado repetidor que non poida asistir ás aulas deberá comunicalo a través dun correo electrónico á profesora (carme@udc.gal) nas dúas primeiras semanas do curso. Neste caso, o seu sistema de avaliación será similar ao do alumnado con dispensa académica.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Vilavedra, D. (coord.) (1995-2000). Diccionario da Literatura Galega. Vigo: Galaxia
Tarrío, Anxo (coord.) (). Galicia. Literatura (vols. XXXII-XXXIV) . A Coruña:Hércules de edicións
Vilavedra, D. (1999). Historia da Literatura Galega. Vigo: Galaxia
Asociación Socio-Pedagóxica Galega (ed.)A.VV. (1996). Historia da Literatura Galega 5 vols.. Vigo: A Nosa Terra
Carballo Calero, R. (1981). Historia da Literatura Galega Comtemporánea. Vigo Xerais
Tato Fontaíña, L. (1999). Historia do Teatro Galego. das orixes a 1936. Vigo: A Nosa Terra
Rodríguez Sánchez, F. (1990 ). Literatura galega contemporánea. Problemas de método e interpretación . Vilaboa: Ed. do Cumio
Bernárdez, C. L. et alii (2001). Literatura galega S. XX. Vigo: A Nosa Terra |
OBRAS DE LECTURA OBRIGADA:
- Ramón Cabanillas: Da terra asoballada
- Ramón Otero Pedrayo: Arredor de si
- Alfonso R. Castelao: Un ollo de vidro / Retrincos
- Manuel Antonio:De catro a catro
- Álvaro Cunqueiro:O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca
- Manuel María:Documentos personais
- Celso Emilio Ferreiro:Longa noite de pedra
- Eduardo Blanco Amor:Xente ao lonxe
- Uxío Novoneyra: Os Eidos
- Xohana Torres: Adiós, María
- Xosé Luis Méndez Ferrín: Con pólvora e magnolias
- Unha obra narrativa publicada despois de 1990 de AUTORÍA FEMININA, elixida por cada alumno/a a partir dunha listaxe fornecida pola profesora no inicio do curso. Sobre esta obra versará o comentario que será desenvolvido na presentación oral.
A profesora facilitará, a través da plataforma Moodle, unha selección de textos poéticos e críticos que os/as estudantes tamén deberán ler. |
Bibliografía complementaria
|
|
A profesora facilitará, a través da plataforma Moodle, a bibliografía e os recursos bibliográficos complementarios pertinentes para cada un dos temas e cada unha das obras obxecto de estudo nesta materia. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Literatura Galega/613G02012 | Literatura Galega Contemporánea 1/613G02024 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Poesía en Lingua Galega e Portuguesa/613G02043 | Narrativa e Ensaio en Lingua Galega e Portuguesa/613G02046 | Teatro en Lingua Galega e Portuguesa/613G02047 |
|
Observacións |
Para calquera dúbida, poden pórse en contacto coa profesora, persoalmente en horario de atención ao alumnado, ou concertando cita previa no enderezo electrónico: carme@udc.gal |
|