Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. |
A2 |
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. |
A3 |
Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria. |
A4 |
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega. |
A7 |
Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa. |
A9 |
Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa. |
A10 |
Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións. |
A11 |
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. |
A14 |
Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos. |
A15 |
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. |
A17 |
Ter un coñecemento avanzado da literatura galega. |
A18 |
Ter un coñecemento avanzado da literatura portuguesa. |
A19 |
Coñecer a historia e a cultura das comunidades galegofalantes. |
A20 |
Coñecer a historia e a cultura das comunidades lusófonas. |
B1 |
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
B3 |
Adquirir capacidade de autoformación. |
B4 |
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. |
B5 |
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
B6 |
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. |
B7 |
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
B8 |
Apreciar a diversidade. |
B9 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
B10 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise literaria. |
A1 A2 A3 A10 A15
|
B7
|
C1
|
Saber avaliar, analizar e sintetizar criticamente información relativa á poesía en lingua galega e portuguesa. |
A11 A14
|
B1 B3 B7
|
C6
|
Ser capaz de aplicar os coñecementos literarios á práctica. |
A7 A11 A14 A15
|
B9 B10
|
C1 C6
|
Ter capacidade de análise, valorar e exercer o coñecemento desde un punto de vista crítico. |
A14
|
B7 B8
|
C6
|
Ter un coñecemento amplo da poesía en lingua galega e portuguesa. |
A17 A18 A19 A20
|
B8
|
C6
|
Elaborar textos escritos de diversa tipoloxía (traballos tutelados, fichas de lectura etc.). |
A2 A4 A9 A11 A15
|
B1 B6 B7
|
C6
|
Relacionar os coñecementos adquiridos nesta materia cos de outras disciplinas afíns. |
A11 A14 A15
|
B3 B5
|
C6
|
Ser capaz de realizar unha presentación oral sobre os contidos da materia. |
A4 A9 A15
|
B4
|
C1
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. A poesía en lingua galega e portuguesa |
1.1. Cuestións xerais
1.2. Periodización e caracterización da poesía nas diferentes literaturas (galega, portuguesa e brasileira) |
2. A poesía galega actual |
2.1. Antecedentes e referentes. Caracterización
2.2. Álvaro Cunqueiro
2.3. Pilar Pallarés
2.4. María do Cebreiro
|
3. A poesía portuguesa actual |
3.1. Fases e caracterización
3.2. Adília Lopes
3.3. Valter Hugo Mãe
3.4. Golgona Anghel
|
4. A poesía brasileira actual |
4.1. Panorama actual. A transformación do legado modernista e concretista
4.2. Paulo Leminski
4.3. Ricardo Domeneck
4.4. Angélica Freitas
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A3 B8 B9 |
15 |
22.5 |
37.5 |
Obradoiro |
A1 A2 A11 A14 A15 A19 A20 B1 B3 B4 B7 B10 C1 C6 |
5 |
10 |
15 |
Análise de fontes documentais |
A1 A9 A10 A11 A15 |
8 |
16 |
24 |
Lecturas |
A7 A17 A18 B3 B6 B7 |
1 |
12 |
13 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A4 A9 A11 A14 A15 B1 B3 B5 B6 B7 B8 C1 C6 |
1 |
12 |
13 |
Proba mixta |
A1 A2 A9 A11 A14 A15 A17 A18 B7 C1 |
2 |
5 |
7 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Sesións de traballo en que a profesora explica a contextualización e os elementos necesarios para que o alumnado poda desenvolver o seu traballo posterior. |
Obradoiro |
Nestas sesións o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, así como das destrezas e estratexias relacionadas cos obxectivos da materia.
Entre estas actividades contémplanse as prácticas a través das TIC, o debate crítico, a resolución de problemas etc. |
Análise de fontes documentais |
Lectura, análise e comentario de textos poéticos e paratextos (ensaísticos, xornalísticos etc.) sobre as diversas cuestións tratadas. Eventualmente poderán ser solicitados comentarios poéticos por escrito dos textos analizados nas aulas. |
Lecturas |
Lecturas de carácter obrigatorio que serán seleccionadas e fornecidas pola profesora.
Alén disto, cada estudante deberá escoller e ler unha obra pertencente á poesía galega, portuguesa ou brasileira actual de autoría feminina. |
Traballos tutelados |
Cada estudante deberá elaborar un traballo, dirixido pola profesora, e escollido entre unha serie de propostas presentadas no inicio do curso. Con este traballo preténdese fomentar a aprendizaxe autónoma, a capacidade de análise, o comentario textual e o manexo de fontes de diverso tipo. |
Proba mixta |
Consistirá na realización dunha proba escrita relativa aos contidos do programa, e que combinará exercicios de carácter ensaístico con análise de fontes documentais e comentario de textos. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Lecturas |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
A profesora orientará aos e ás estudantes, ofrecéndolles a axuda necesaria para a a escolla da obra de lectura e para a realización dos traballos, especialmente en cuestións como a procura do tema / corpus textual, a metodoloxía ou a selección das fontes de información. De maneira xeral, cada estudante asistirá polo menos a unha sesión de atendemento previa á exposición do traballo.
A orientación realizarase de forma individualizada e persoalmente, aínda que tamén poderán ser facilitadas indicacións escritas. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Análise de fontes documentais |
A1 A9 A10 A11 A15 |
Valoración do traballo de análise e comentario dos textos e paratextos traballados durante o curso. |
20 |
Lecturas |
A7 A17 A18 B3 B6 B7 |
Terán de realizarse con aproveitamento as lecturas obrigatorias que se irán fornecendo, así como o poemario escollido por cada un/unha dos/das estudantes, sobre o cal realizarán unha ficha de lectura. |
10 |
Proba mixta |
A1 A2 A9 A11 A14 A15 A17 A18 B7 C1 |
Proba escrita baseada fundamentalmente nas actividades de análise e comentario de textos, combinadas con outras de carácter ensaístico. Como no caso dos traballos tutelados, serán valoradas a expresión e o rigor expositivo. |
50 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A4 A9 A11 A14 A15 B1 B3 B5 B6 B7 B8 C1 C6 |
Valorarase fundamentalmente a profundidade analítica e o rigor da pesquisa, así como a correcta organización do traballo, a clareza expositiva e a calidade da expresión. |
20 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Así mesmo, na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliables. O alumnado terá que entregar os traballos e actividades solicitados no prazo fixado. Todas as actividades e probas deberán cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia, ausencia de reiteracións etc.). No caso de se produciren deficiencias deste tipo, estas serán penalizadas na cualificación. As persoas matriculadas a tempo parcial e que obtiveren dispensa académica deberán pórse en contacto coa profesora para fixar os traballos que deberán entregar. Tamén deberán pórse en contacto coa profesora aquelas persoas cuxo horario laboral for incompatíbel co seguimento da materia, mais que non cumpra as condicións para obter a dispensa académica; após as pertinentes comprobacións, poderá ter condicións de avaliación equivalentes á dispensa académica. A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non asistir á proba mixta e/ou cando tiver entregado un número das actividades contempladas inferior ao 50%. As persoas que non superaren a materia deberán entregar, na data marcada pola Facultade de Filoloxía para a segunda oportunidade, os traballos solicitados pola profesora (ficha da obra de lectura obrigada [20%] e traballo tutelado [30%]) e superar a proba mixta [50%]. Estas mesmas condicións serán aplicadas na convocatoria adiantada de decembro.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Mato Fondo, Miguel A. (1991). A Mazá e a cinza. A poesia galega após 1976. Pontevedra: Edicións do Cumio
Guimarães, F. (2002). A poesia contemporânea portuguesa do final dos anos 50 aos anos 90. Lisboa: Quasi Edições
Congílio, M. (1999). Antologia da Poesia Brasileira. Lisboa: Universitária Editora
Casas, A. (ed.) (2003). Antoloxía da poesía consultada (1976-2000). Lugo: TrisTram
Bosi, A. (1994). História Concisa da Literatura Brasileira. São Paulo: Cultrix
Stegagno Picchio, L. (2004). História da Literatura Brasileira. Rio de Janeiro: Editora Nova Aguilar
Vilavedra, D. (1999). Historia da Literatura Galega. Vigo: Galaxia
Lopes, Ó. / Marinho, M. F. (dir.) (2001-2002). História da Literatura Portuguesa. Vol. 7. Lisboa: Alfa
Bernárdez, C. L. / Insua, E. X. / Millán Otero, X. M. / Rei Romeu, M. / Tato Fontaíña, L. (2001). Literatura galega. Século XX. Vigo: A Nosa Terra
Rodríguez, L. / Seara, T. (1997). Para saír do século. Nova proposta poética. Vigo: Xerais |
Proporcionarase unha listaxe de recursos bibliográficos específicos para os temas tratados nesta materia a través da plataforma Moodle. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|