Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer, adquirir e saber aplicar á práctica os fundamentos teóricos básicos e os principais mecanismos de descrición e análise dos compoñentes gramaticais e textuais da lingua inglesa. |
A1 A2 A3 A6 A11 A15 A21
|
B1 B3 B5
|
|
Enfrontarse a problemas, exercicios e traballos académicos relacionados cos contidos da materia. |
A1 A6 A9 A10 A14 A17 A18 A19 A20
|
B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8
|
C2
|
Desenvolver unha actitude critica informada con respecto á gramática da lingua inglesa dentro dun concepto de ciencia da linguaxe. |
A10 A11 A18
|
|
C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Introdución ao concepto de categoría gramatical e repaso de estruturas non canónicas en inglés
|
1.1. Oración, cláusula e palabra
1.2. Categoría vs. Función
1.3. Escala de rango e cambio de rango
1.4. Estrutura de constituintes
1.5. Estruturas canónicas e non-canónicas: repaso |
2. O sintagma verbal |
2.1. Patróns de complementación
2.2. Complementos e adxuntos
2.3. Ambigüedade semántica e sintáctica |
3. O sintagma nominal
|
3.1. A estrutura do sintagma nominal
3.2. Modificación e complementación
3.3. Metáfora gramatical
3.4. Ambigüedade semántica e sintáctica |
4. O sintagma adxectival e adverbial |
4.1. Características de adxectivos e adverbios
4.2. Posición de adxectivos
4.2. A estrutura e función dos sintagmas adxectivais e adverbiais.
|
5. Procesos de formación de palabras |
5.1 Derivación
5.2 Composición
5.3 Conversión
5.4 Outros procesos
|
6. A oración simple |
6.1. Análise sintáctica de oracións simples |
7. Subordinación |
7.1. Cláusulas nominais
7.2. Cláusulas de relativo
7.3. Cláusulas adverbiais
7.4. Cláusulas de infinitivo, xerundio ou participio |
8. Discurso: texto e contexto |
8.1. Xéneros e rexistro
8.2. Procesamento e estrutura da información
8.2. Análise de corpus
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A3 A17 A18 A19 A20 A21 B8 |
17 |
17 |
34 |
Obradoiro |
A2 A6 A9 A10 A11 A15 B4 C2 |
20 |
23 |
43 |
Lecturas |
A2 A10 A14 B6 B7 |
0 |
10 |
10 |
Análise de fontes documentais |
A1 A2 A3 A6 A10 A11 A18 B3 B5 B6 |
3 |
7 |
10 |
Traballos tutelados |
A1 A9 A11 A14 A15 A18 A19 A20 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 C6 |
0 |
20 |
20 |
Presentación oral |
A6 A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 |
3 |
8 |
11 |
Proba mixta |
A1 A2 A3 A6 A9 A10 A11 A15 A18 B6 C2 |
0 |
20 |
20 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral por parte da profesora complementada, se procede, co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
|
Obradoiro |
Constituirá o método de traballo fundamental nas sesións presenciais. No obradoiro combinaranse distintas metodoloxías (estudos de caso, solución de problemas, discusións dirixidas, probas de distinto tipo, etc.) e desenvolveranse tarefas eminentemente prácticas co apoio e supervisión da profesora na maior parte dos casos, co fin de asentar os contidos aprendidos mediante a súa aplicación. |
Lecturas |
Conxunto de referencias bibliográficas concretas (seccións de manuais, capítulos de libros, artigos, etc) seleccionados pola profesora para a preparación dos distintos contidos da materia. |
Análise de fontes documentais |
Nesta materia esta metodoloxía correspóndese co comentario ou análise oracional ou discursivo de textos para ilustrar ou aplicar parte dos contidos da materia. |
Traballos tutelados |
O alumnado terá que presentar por escrito e expoñer oralmente un traballo individual ou en parellas na data que se acorde. Os obxectivos, características, material de apoio e formato de presentación do traballo serán explicados na aula ao comezo do curso. En liñas xerais tratarase de facer un estudo descriptivo sobre un tema específico relacionado cos contidos da materia, no que poderán ter cabida a proposta de actividades prácticas, posibles estudos de lingüística de corpus ou a aplicación dos contidos ao ensino da materia ou a outras materias da titulación. O traballo se levará a cabo baixo a tutela da profesora. |
Presentación oral |
Consistirá na exposición oral do traballo tutelado. Se o traballo se fai en parellas, o alumnado poderá desenvolver a capacidade de traballar de xeito colaborativo. |
Proba mixta |
Probas que integran preguntas abertas e preguntas obxectivas de resposta breve ou múltiple. Poderanse facer ao longo do curso ou nunha única proba final na data oficial proposta pola Facultade (esto último será obrigatorio no caso de que non se superen as probas mixtas feitas durante o curso). |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Presentación oral |
Traballos tutelados |
Obradoiro |
|
Descrición |
Para a realización do traballo tutelado e a presentación oral é fundamental que o estudantado informe a profesora ao longo do trimestre dos avances que vai facendo.
Ao menos dúas veces ao cuadrimestre todo o alumnado debería facer unha titoría coa profesora, ben en persoa nas horas de titoría, ben por correo electrónico. Nesa titoría darase atención personalizada a cada alumno e alumna, aínda que tamén se fará seguimento individual do alumnado para observar o seu progreso nas aulas de DI e TGR.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Presentación oral |
A6 A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 |
Como complemento do traballo tutelado, neste caso, ademáis dos contidos e a orixinalidade do traballo, valorarase a corrección lingüística e expositiva e o manexo de distintas ferramentas para a exposición oral. |
15 |
Traballos tutelados |
A1 A9 A11 A14 A15 A18 A19 A20 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 C6 |
Valorarase tanto os coñecementos adquiridos como a orixinalidade dos enfoques e das aportacións e a corrección da expresión escrita. |
15 |
Obradoiro |
A2 A6 A9 A10 A11 A15 B4 C2 |
Ao longo do curso recolleranse ou avaliaranse na aula exercicios, pequenas actividades ou probas relacionadas co exposto nas sesións maxistrais e traballado nos obradoiros ou en relación coas lecturas recomendadas. Poderanse facer en datas fixadas con antelación ou sen previo aviso. A participación activa nas aulas de DI ou TGR terase en conta tamén na avaliación final deste bloque (5%). |
20 |
Proba mixta |
A1 A2 A3 A6 A9 A10 A11 A15 A18 B6 C2 |
Probas parcias ao longo do curso OU proba final que se fará na data oficial marcada pola Facultade. Será obrigatorio facer a proba final se non se superaron as probas parciais durante o curso. |
50 |
|
Observacións avaliación |
IMPORTANTE: Para superar a materia, a suma da proba final, o traballo tutelado, a presentación oral e demáis actividades avaliables deberá ser 5
sobre 10, tendo en conta que a cualificación mínima de cada unha das partes (actividades do obradoiro/ traballo tutelado e exposición oral do mesmo/proba mixta final) deberá ser de 4 puntos sobre 10. Aplicarase unha penalización sobre a cualificación
final de traballos e actividades se estes son entregados fóra de prazo
sen causa xustificada. Os traballos con evidencia de plaxio serán calificados automáticamente cun 0. A participación dinámica extraordinaria nas diferentes tarefas da clase,
así como todo o material de "extra-credit" que o alumnado realice ao
longo do cuatrimestre, poderá supoñer ata un 5% extra na nota final. Isto inclúe
traballos voluntarios, lecturas alternativas ou calquera outra actividade
proposta polo profesorado, ou proposta polo alumnado e aceptada polo
profesorado. Os alumnos/as que non se presenten o día das
probas obxectivas de xuño ou xullo acadarán a cualificación de NP, se
non entregaron máis do 50% de actividades durante o curso. AVALIACIÓN
XULLO: Os/as estudantes que non teñan acadado un 4 en cada un dos bloques avaliables (aínda que a nota media sexa superior a 5) terán que ir á oportunidade de xullo, na que poderán recuperar as partes suspensas según a seguinte distribución de porcentaxes: entrega dun traballo tutelado escrito, que defenderán cunha exposición oral (30%), entrega de actividades escritas semellantes ás avaliadas ao longo do curso (20%) e proba mixta sobre os contidos do curso (50%). Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de DECEMBRO avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo. Alumnado con dispensa: O alumnado matriculado a tempo parcial e que
teña concedida unha dispensa académica, tal e como establece a Normativa desta
universidade, será avaliado en calquera das dúas oportunidades seguindo os
mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo. Atención á
diversidade: Existe
unha oficina (ADI) na universidade que se especializa en "atender os
membros da comunidade universitaria con necesidades especiais derivadas da
discapacidade ou doutras formas de diferenza fronte á poboación
maioritaria". O alumnado que o desexe pode falar coa profesora Ana Veleiro para
acadar máis información ou poñerse directamente en contacto coa ADI
en http://www.udc.es/cufie/uadi/. Tamén no teléfono 5622 ou na
dirección de email adi@udc.es.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Quirk, R. et al. (1985). A Comprehensive Grammar of the English Language. . Harlow: Longman.
Trask, R.L (1993). A Dictionary of Grammatical Terms in Linguistics. . London and New Yourk: Routledge.
Greenbaum, S.& R. Quirk (1990). A Student’s Grammar of the English Language. . London: Longman.
Huddleston, R. & G. Pullum. (2006). A Student’s Introduction to English Grammar. . Cambridge: C.U.P
Downing, A. & P. Locke (2006). A University Course in English Grammar. Hemel Hempsted: Prentice Hall International.
Depraetere, I., & Langford, C. (2012). Advanced English grammar: a linguistic approach. . London; New York: Continuum International Pub.
Hewings, M. (2005). Advanced Grammar in Use. Cambridge: C.U.P
Burton-Roberts, N. (1997/2010). Analysing Sentences. London and New York: Longman.
Carter, R. & M. McCarthy (2006.). Cambridge Grammar of English. . Cambridge: C.U.P.
Brown, G and Yule, G (1983). Discourse analysis. Cambridge: C.U.P
Bauer, L. (1991). English word-formation . Cambridge: C.U.P
Huddleston, R. & G. Pullum. (1984:). Introduction to the Grammar of English. Cambridge: C.U.P
Biber, Douglas, Susan Conrad and Geoffrey Leech (2002). Longman Student Grammar of Spoken and Written English. London:Longman
Plag, I. (2003). Word-Formation in English.. Cambridge: C.U.P |
|
Bibliografía complementaria
|
|
Biber, D., S. Johansson, G. Leech, S. Conrad, and E. 1999. Longman Grammar of Spoken and Written English. London: Longman Brinton, L and D. Brinton. 2010 (2000). The Linguistic Structure of Modern English. Amsterdam and Philadelphia: John Benjamins Carnie, A. 2006. Syntax. London: Blackwell. Carter, R. & M. McCarthy. 2006. Cambridge Grammar of English. Cambridge: C.U.P. Collins, P. And C. Hollo. 2010. English Grammar. An Introduction. London: Palgrave Macmillan. Crystal, D. 2004. Making Sense of Grammar. London: Longman Elly van. 2010. An Introduction to the Grammar of English. Revised Edition. Amsterdam and Philadelphia: John Benjamins. Halliday, M.A.K. 1985. An Introduction to Functional Grammar. London: Edward Arnold. Huddleston, R. & G. Pullum. 2002. The Cambridge Grammar of the English Language. Cambridge: C.U.P. Huddleston, R. 1988. English Grammar: An Outline. Cambridge: Cambridge University Press. Kolln, M. & Funk, R. 2001. Understanding English Grammar. London: Longman. Kuiper, K. And W.S. Allan. 2010. An Introduction to English Language. 3rd edition. London: Palgrave Macmillan. Mackenzie, J.L. and E. Martínez Caro, 2012. Compare and Contrast: A Grammar of English for Speakers of Spanish. Granada: Comares. Matthews, P.H. 1981. Syntax. Cambridge: CUP. Miller, J. 2002. An Introduction to English Syntax. Edinburgh: E.U.P. Radford, A. 1988. Transformational Grammar. Cambridge: CUP. Saeed, J. 1997. Semantics. Oxford: Blackwell Van Valin, R.D. 2001. An Introduction to Syntax. Cambridge: Cambridge University Press. Wardaugh, Ronald 2008. Understanding English Grammar. A Linguistic Approach. London: Blackwell. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Lingua Inglesa 1/613G03003 | Lingua Inglesa 2/613G03008 | Lingua Inglesa 3/613G03015 | Lingua Inglesa 4/613G03019 | Lingua Inglesa e os seus Usos 1/613G03020 | Gramática Inglesa/613G03025 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Lingua Inglesa e os seus Usos 2/613G03037 |
|
Materias que continúan o temario |
|
|