Prácticas a través de TIC |
A7 A10 A11 A24 A37 A38 A47 A48 A53 A55 B1 B3 C2 C3 C6 C8 |
[Módulo I] As prácticas TIC dos temas 1 a 4 do epígrafe "Paso 3: Contidos" serán avaliadas mediante unha proba escrita que terá un peso de 2 puntos sobre 10 na nota final do módulo. Na primera oportunidade, a data que inicialmente se propón para a proba é o martes 31 de octubre de 2017 durante as horas de clase de teoría. Na segunda oportunidade, a data será posterior á do exame de teoría.
[Módulo II] As prácticas do módulo II, de carácter obrigatorio, sumarán 2 puntos sobre 10 na nota final do módulo e serán avaliadas antes do exame teórico, mediante a defensa do traballo realizado diante do profesor de prácticas.
|
20 |
A nota de cada módulo é o resultado da suma das notas obtidas nos exames de teoría e práctica (non existindo un mínimo para cada un dos apartados) e debe ser en ambos módulos igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para poder superar a materia. En caso de non aprobar algún dos dous módulos, a nota máxima que será reflexada nas actas é dun 4.0. Tanto na primeira oportunidade, como na segunda (xullo), o alumno poderá examinarse de calquera dos apartados teóricos ou prácticos de cada un dos módulos. Se o alumno, na primeira oportunidade, non obtén unha cualificación igual ou superior a 5 sobre 10 puntos nalgún dos módulos (incluindo teoría e práctica), será necesario que volva a examinarse (teoría, prácticas ou ambalas dúas) na segunda oportunidade (xullo). Os estudantes con matrícula a tempo parcial non require presencialidade e a avaliación dos contidos teóricos pode realizarse cunha única asistencia para realizar a proba obxectiva na data indicada no calendario de exames.
|