Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Orientación profesional Código 652511217
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Espiñeira Bellon, Eva Maria
Correo electrónico
eva.espineira@udc.es
Profesorado
Espiñeira Bellon, Eva Maria
Correo electrónico
eva.espineira@udc.es
Web http://http://www.educacion.udc.es/index.php?pagina=asignatura&codigo=652511217&grupo=
Descrición xeral A orientación profesional conta con importantes implicacións para a intervención escolar e sociolaboral. Caracterizarase o seu desenvolvemento institucional, planificaranse e avaliaranse intervencións aplicables a diferentes contextos e persoas destinatarias, tendo en conta unha actitude crítica e transformadora ante diferentes enfoques (xénero, TICs,...).

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Comprender as bases teóricas, conceptuais e legais da orientación profesional e valorar as súas implicacións para a intervención. AP6
Caracterizar o desenvolvemento institucional da orientación profesional e analizar a súa situación actual. AP6
BM3
BM4
BM6
BM10
BM11
BM13
CM4
Analizar as funcións sociopolíticas da orientación profesional e reflexionar sobre as posibilidades e características dunha orientación profesional para o cambio que incida nunha práctica non discriminatoria. AP7
AP12
Planificar e avaliar intervencións aplicables a diferentes contextos e destinatarios. AP1
AP4
AP12
BM4
Coñecer os distintos ámbitos de aplicación das TICs na orientación profesional e saber utilizalas. BM10
BM11
CM3
CM6
Comprender a necesidade de incorporar o enfoque de xénero e deseñar propostas de orientación profesional que integren a dimensión de xénero. AP7
AP12
BM3
BM6
BM8
Adquirir unha actitude crítica e transformadora ante as problemáticas da orientación profesional. AP7
CM4
CM6

Contidos
Temas Subtemas
Tema. 1. Delimitación conceptual e bases teóricas da Orientación Profesional. 1.1. Procesos, contextos, persoas destinatarias e denominacións.
1.2. Principios de intervención e ideas forza.
1.3. Modelos de intervención.
1.4. Áreas de intervención.
Tema 2. Orientación profesional con enfoque de xénero: finalidades e pautas para a súa integración. 2.1. A influenza do xénero na toma de decisións académicas e profesionais.
2.2. Radiografía das desigualdades de xénero no sistema educativo e no mercado laboral.
2.3. Normativa legal e enfoque de xénero na OP: evolución e situación actual.
2.4. Finalidades, obxectivos e contidos da OP con enfoque de xénero.
2.5. Análise e deseño de programas e actividades de OP que incorporan a perspectiva de xénero.
Tema 3. A orientación profesional no sistema educativo. 3.1. Desenvolvemento insitucional e situación actual.
3.2. Orientación para a transición da escola ao traballo.
3.2. Análise e deseño de programas e servizos de orientación profesional.
Tema 4. A orientación profesional con persoas desempregadas. 4.1. Principais fitos e tendencias no desenvolvemento institucional da OP no ámbito laboral.
4.2. Colectivos con especiais dificultades de inserción laboral.
4.3. Itinerarios personalizados de inserción como metodoloxía de intervención.
4..4 A OP no proceso de acreditación de competencias.

Tema 5. TICs e Orientación Profesional. 5.1. Ámbitos de utilización de Internet e da web 2.0.
5.2. Posibilidades de utilización dalgunhas ferramentas da web 2.0.
5.3. As competencias dixitais dos profesionais da orientación profesional.


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A1 A6 A7 A12 B3 B4 B6 B10 B13 C6 3 18 21
Análise de fontes documentais A12 B6 B11 B13 C4 C6 3 10.5 13.5
Sesión maxistral A6 B11 B13 C3 C4 C6 3 18 21
Estudo de casos A1 A4 A6 A7 A12 B3 B4 B6 B8 B10 B11 B13 C3 C4 C6 3 12 15
Proba de ensaio A6 B3 B4 B10 B11 3 12 15
Prácticas a través de TIC A4 B3 B4 B6 B10 C6 C3 3 9 12
 
Atención personalizada 15 0 15
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos/das estudantes, baixo a tutela do profesorado e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos/polas estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos/das estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesorado-titor.

O alumnado escollerá unha das tres opcións:
a) Deseño dunha proposta de intervención no campo da orientación profesional que integre a perspectiva de xénero.
b) Selección, almacenaxe e difusión de recursos dixitais para a orientación profesional.
c) Análise e deseño de investigacións no campo da orientación profesional.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.

A análise de fontes documentais abrangue distintas temáticas:
- Cuestións teóricas sobre a orientación profesional e integración do enfoque de xénero.
- Programas de orientación profesional non sexistas.
- Investigacións no ámbito da orientación profesional
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Proba de ensaio Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Utilízase para a avaliación diagnóstica, formativa e sumativa. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
Prácticas a través de TIC Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico (demostracións, simulacións, etc.) a teoría dun ámbito de coñecemento, mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. As TIC supoñen un excelente soporte e canal para o tratamento da información e aplicación práctica de coñecementos, facilitando a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Estudo de casos
Proba de ensaio
Prácticas a través de TIC
Descrición
As metodoloxías sinaladas complementaranse con sesións de titorías (atención personalizada) para consulta de dúbidas e axuda na resolución dos traballos propostos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A6 A7 A12 B3 B4 B6 B10 B13 C6 O alumnado escollerá unha das tres opcións:
a) Deseño dunha proposta de intervención no campo da orientación profesional que integre a perspectiva de xénero.
b) Selección, almacenaxe e difusión de recursos dixitais para a orientación profesional.
c) Análise e deseño de investigacións no campo da orientación profesional.
50
Estudo de casos A1 A4 A6 A7 A12 B3 B4 B6 B8 B10 B11 B13 C3 C4 C6 O alumnado enfrontarase ante a descrición de situacións específicas que suscitan un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. 30
Proba de ensaio A6 B3 B4 B10 B11 Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Utilízase para a avaliación diagnóstica, formativa e sumativa. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. 20
 
Observacións avaliación

ALUMNADO ASISTENTE: considerarase alumnado asistente a aquel que
presente, como máximo un 20% de faltas de asistencia durante o curso;
por iso, o profesorado poderá solicitarlle ao alumnado que asine unha
folla tanto á entrada como á saída. Ata un 20% das clases poderán
desenvolverse mediante charlas, conferencias, asistencia a seminarios
que non teñen por que coincidir co horario habitual das clases, pero que
será necesaria a asistencia para alumnado considerado como presencial. O
alumnado poderá xustificar as súas faltas de asistencia.


Os exemplares da realización dos traballos tutelados e do estudo de casos (80% da
cualificación) enviarase telematicamente e de non ser
posible, non utilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara,
empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un
uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o
medio natural. Débese
ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos
valores da sosenibiliade nos comportamentos persoais e profesionais.O
prazo máximo de entrega será a semana seguinte de finalizar as clases.
O alumnado realizará tamén unha proba escrita da
totalidade dos contidos fixados na guía docente da materia (20% da
cualificación).

ALUMNADO NON ASISTENTE: O alumnado que non forme parte de ningún
grupo,
non realice as prácticas correspondentes (traballo tutelado e estudo de casos) ou non
asista regularmente ás clases, considerase alumnado non asistente. O
alumnado que teña un 20% de faltas de asistencia considerarase non
asistente e deberá presentar a resolución de tarefas asignadas para os traballos tutelados e estudo de casos obrigatoriamente de maneira individual (que
deberán ser avaliadas como aptas dentro do 80% da cualificación) e
realizar unha proba escrita da
totalidade dos contidos fixados na guía docente da materia (20% da
cualificación).

NOTA: A UDC regula a matrícula de estudantes a tempo parcial, criterios
que tamén serán tidos en conta polo profesorado, polo que será necesario
que o alumnado con este tipo de réxime de dedicación, o informe ao
profesorado e concerten a maneira na que se desenvolverá o proceso de
ensino-aprendizaxe.


Fontes de información
Bibliografía básica Álvarez González, M. (2013). Bases teórico-prácticas de la orientación profesional. Madrid: UNED
Cobos Cedillo, A. (2012). La orientación profesional y la búsqueda de empleo. Experiencias innovadoras y técnicas de intervención que facilitan la inserción laboral. Barcelona: Editorial Grao
Martínez Clares, P. (2002). La orientación psicopedagógica: modelos y estrategias de intervención. Madrid: EOS
Izquierdo Rus, T. (2010). Los nuevos retos del mercado laboral: una perspectiva desde la orientación profesional. Úbeda: Editorial Amarantos
Echeverría Samanés, B. (2008). Orientación profesional. Barcelona: Editorial UOC
Santana Vega, L.E. (2013). Orientación profesional. Madrid: Síntesis
Rodríguez Moreno, M.L. (2011). Orientación profesional no sexista: teoría y práctica. Saarbrücken: Editorial Académica Española
Sánchez García, M.F. (2013). Orientación profesional y personal (libro electrónico). Madrid: UNED
Sobrado Fernández, L.M. y Cortés Pascual, A. (2009). Orientación profesional: nuevos escenarios y perspectivas. Madrid: Biblioteca Nueva
Manzanares, A. y Sanz C. (2012). Situación actual y desafíos de la orientación: repensando la orientación en el ámbito educativo. Madrid: Walters Kluwer Educacion

Para cada tema proporcionarase bibliografía e webgrafía específica.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías