Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Proponer e elaborar propostas de intervención na aula para os distintos niveis e materias, transformando os curriculums vixentes en programacións de actividades de traballo. |
AP20 AP22 AP25 AP27
|
|
CM3 CM7
|
Coñecer e valorar a importancia de todos os elementos curriculares que deben formar parte da programación do departamento de Tecnoloxía. |
|
|
CM7
|
Valorar a importancia dos contidos procedimentais dentro da área de Tecnoloxía e reflectilo na proposta de unidades de traballo. |
|
|
CM3 CM7
|
Aplicar metodoloxías diversas no deseño de unidades didácticas, afastándose do modelo tradicional de rofesor transmisor de coñecemento, e buscando que o alumno sexa o construtor do seu propio aprendizaxe. |
AP20 AP23 AP27
|
|
CM3 CM7
|
Integrar significativamente o uso das novas tecnoloxías no deseño das unidades didácticas, empregando novas metodoloxías que convirtan ao alumno en construtor do seu propio coñecemento, de xeito que se poda falar de TAC e non só de TIC. |
AP20 AP23
|
|
CM3 CM7
|
Coñecer estratexias e procedementos de avaliación, entendendo esta coma un proceso integrado no proceso de E-A, buscando a avaliación do proceso e non do resultado e integralas nas súas propostas de traballo na aula. |
AP20
|
|
CM7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
O curriculum oficial |
ESO
Bacharelato |
Análise de propostas didácticas xa elaboradas |
a selección de contidos
a formulación e secuencia de obxectivos
a metodoloxía de ensino aprendizaxe
o deseño de actividades
as estratexias de avaliación |
Propostas didácticas para o ensino da Tecnoloxía. |
Deseño
Planificación
Avaliación |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A19 |
2 |
0 |
2 |
Foro virtual |
A23 A25 C3 C7 |
1 |
2 |
3 |
Proba obxectiva |
A18 A20 A21 A22 A24 A25 A27 |
2 |
8 |
10 |
Traballos tutelados |
A15 A18 A20 A21 A22 A23 A24 A25 A27 C3 C7 |
15 |
60 |
75 |
Lecturas |
A15 A18 A19 A24 C7 |
1 |
4 |
5 |
Estudo de casos |
C7 |
1 |
4 |
5 |
|
Atención personalizada |
|
0 |
|
0 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Actividade para levar a cabo na aula en dúas fases diferenciadas:
En primeiro lugar mediante unha discusión guiada polo docente, para coñecer os coñecementos previos, interese e motivación do alumnado cara á asignatura.
Posteriormente daranse a coñecer os obxectivos e forma de traballo na mesma. |
Foro virtual |
Espazo de comunicación entre alumnado e docente, para aclarar dúbidas e propoñer temas a debate para o estudo de casos e compartir artigos sobre os temas de estudo. |
Proba obxectiva |
Para o contraste entre o realizado na aula e os coñecementos adquiridos.
Consistirá no deseño de pequenas propostas de ensino-aprendizaxe. |
Traballos tutelados |
Traballo individual que consistirá no deseño dunha Unidade Didáctica que cumpra os seguintes requisitos:
• A METODOLOXÍA EMPREGADA NON PODERÁ SEGUIR EN NINGÚN CASO O MODELO DE PROFESOR TRANSMISOR DE COÑECEMENTO, SENDO IMPRESCINDIBLE DARLLE AO ALUMNO O PAPEL PROTAGONISTA E CONVERTÍNDOO EN CONSTRUTOR DO SEU PROPIO COÑECEMENTO.
• ADEMAIS DO ÍNDICE PAXINADO INCLUIRÁ OS SEGUINTES APARTADOS:
1. Identificación, introdución, contextualización e xustificación da Unidade.
2. Vinculación co curriculum da materia.
3. Procedementos para realizar a avaliación inicial
4. Deseño de obxectivos.
5. Estandares de aprendizaxe.
5. Contribución ao logro das competencias clave.
6. Secuencia de contidos, estruturada nos eixes: concpetuais, procedimentais e actitudinais.
7. Metodoloxía didáctica especificando e xustificando o rol do docente e do alumnado.
8. Deseño de actividades de ensino-aprendizaxe temporalizadas, incluíndo as de reforzo e de ampliación, e as adaptacións curriculares.
9. Recursos materiais e espazos.
10. Criterios de avaliación en relación ás competencias básicas. Mínimos esixibles.
11. Procedementos e instrumentos e avaliación.
12. Criterios de cualificación
13. Medidas de atención á diversidade.
14. Contribución ao programa de educación en valores (transversais)
15. Referencias bibliográficas e webgrafía
• CADA APARTADO CONTARÁ COA SÚA CORRESPONDENTE INTRODUCIÓN
• REALIZARASE MAIORITARIAMENTE AO LONGO DAS SESIÓNS, DURANTE AS QUE SE COMENTARÁN OS PROBLEMAS E PROGRESOS NA ELABORACIÓN DAS MESMAS. NON SENDO VALORADA NINGUNHA UNIDADE ENTREGADA QUE NON FOSE TITORIZADA DÚAS VECES POLA DOCENTE. DITA TITORIZACIÓN REALIZARASE SOBRE APARTADOS COMPLETOS E NON SOBRE ESQUEMAS DA UD.
• A EXTENSIÓN DO TRABALLO SERÁ DE 30 PÁXINAS MÁXIMO E 15 PÁXINAS MÍNIMO EN DIN A4, IMPRESAS EN ARIAL 11 A DOBRE ESPAZO E MARXES A 2 CM, EN FORMATO WORD E PDF.
• ENTREGARASE A TRAVÉS DO CURSO MOODLE CORRESPONDENTE Á ASIGNATURA
RECOMÉNDASE BASEARSE NO CONTEXTO DO PRÁCTICUM E INTEGRAR O PROXECTO E ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS NO MÓDULO DE DIDÁCTICA DA TECNOLOXÍA, ASÍ COMO CALQUERA ACTIVIDADE REALIZADA EN MÓDULOS ANTERIORES
|
Lecturas |
Busca de información e lectura de material bibliográfico para a realización dos traballos tutelados. |
Estudo de casos |
Programacións de aula xa elaboradas e postas en práctica en contextos reais. Servirá de información para a realización dos traballos tutelados. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Lecturas |
Estudo de casos |
|
Descrición |
MODALIDADE PRESENCIAL
Seguimento e fomento da participación activa do alumnado na dinámica de aula.
Resolución de dúbidas do, a través de titorías presenciais previamente solicitadas, ou virtualmente, a través do correo eléctronico e foros na aula virtual.
Seguimento da aprendizaxe evolutiva do alumnado en función das súas características persoais.
ALUMNADO CON RECOÑECEMENTO DE DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA
Debido ás características do curso non se plantea esta posibilidade. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Foro virtual |
A23 A25 C3 C7 |
Participación nos foros virtuais establecidos ao longo do curso.
Valorarase, por un lado, a participación individual para:
1. a presentación de dúbidas ou comentarios persoais sobre o deseño da UD ou o curriculum
2. aportación de artigos relacionados coa temática
e por outra banda a colaboración no grupo de cara a axudar aos compañeiros. Tendo cada parte, persoal e cooperativa un 50% de peso na cualificación final. |
10 |
Proba obxectiva |
A18 A20 A21 A22 A24 A25 A27 |
Proba escrita individual na que se avaliará o coñecemento dos distintos elementos curriculares e a súa concreción en propostas de ensino aprendizaxe. |
30 |
Traballos tutelados |
A15 A18 A20 A21 A22 A23 A24 A25 A27 C3 C7 |
Traballo individual tutelado de deseño dunha Unidade Didáctica das materias de Tecnoloxía da ESO ou do Bacharelato. (non se admitirá de ningunha outra materia)
Os requisitos mínimos para obter unha cualificación positiva son:
1. contemplar significativamente os 16 apartados especificados
2. non empregar unha metodoloxía de profesor transmisor do coñecemento
3. integrar significativamente as TIC
4. estar temporalizada para un mínimo de 8 sesión
5. debe estar tutorizada pola docente de xeito que se realicen, alomenos, dúas revisións por esta antes da súa entrega definitiva. Non se avaliarán as UD que non fosen revisadas previamente pola docente. As revisións realizaranse sobre apartados completos, non sobre esquemas da UD.
6. empregar os curriculumns vixentes no momento de realización da mesma
7. os contidos incluídos no traballo deben estar apropiadamente referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias empregando as normas APA 6ª edición. O texto literal debe declarase usando as citadas normas e no parafraseo deben figurar as fontes orixe das ideas que se re-elaboran. A presenza de fontes científicas no traballo é un signo de credibilidade imprescindible para demostrar excelencia académica.
8. seguir o formato establecido
9. ser entregado no plazo acordado na aula |
60 |
|
Observacións avaliación |
A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria.
Na primeira oportunidade a cualificación final será a media ponderada das notas dos tres traallos, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5).
Se o alumno non acada o 80% de asistencia non se avaliará o traballo realizado ao longo do curso e a cualificación será a de non presentado.
O alumnado que na primeira oportunidade non obtivese unha cualificación final positiva (5) ou de non presentado, realizará unha proba escrita sobre os contidos traballados que terá á súa disposición no curso correspondente de MOODLE.
A cualificación final da 2ª oportunidade a media aritmética da nota da proba escrita e as dos traballos presentados, sendo o requisito imprescindible obter o aprobado previo en ámbalas dúas partes.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Baigorri, J., Bachs, X. Cisneros, M.R. e González, L. (1997). Enseñar y aprender Tecnología en la educación secundaria. Barcelona: ICE Horsori
López, R. (1998). La evaluación en el área de Tecnología. Educación Secundaria Obligatoria. Salamanca. Amaru
Salinas, D. (2002). ¡Mañana examen! La evaluación. entre la teoría y la realidad. Barcelona: Graó |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Tecnoloxía para profesorado de educación secundaria obrigatoria/652602211 | Tecnoloxía para profesorado de bacharelato/652602212 | Didáctica da tecnoloxía na educación secundaria/652602221 | Didáctica. currículo e organización escolar/652602001 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Proxectos de innovación e investigación educativa en tecnoloxía/652602E31 |
|
Materias que continúan o temario |
Practicum/652602206 | Traballo fin de Mestrado/652602207 |
|
Observacións |
Recoméndase os envíos dos traballos telemáticamente e de non ser posible, no útilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores.
Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sosenibiliade nos comportamentos persoais e profesionais |
|