CARGA DE TRABALLO
A realización das tarefas indicadas na guía docente supoñen unha dedicación de 112 horas de traballo fora da aula. Polo tanto é imprescindible unha boa planificación e xestión do tempo.
ACTUALIZACIÓN DO PERFIL PERSOAL
Como máis tardar, na terceira sesión de clase, todo o alumnado ha de pendurar unha foto actual no seu perfil na plataforma de moodel
ASISTENCIA
A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria. O alumnado con asistencia regular que ocasionalmente non acuda a unha aula deberá de facer individualmente a actividade correspondente.
No caso de non acadar o 80% de asistencia, a cualificación será non presentado na primeira oportunidade. Na oportunidade de xullo haberá una proba con preguntas de carácter teórico e práctico. Tamén se poderá acordar a realización e seguimento de actividades que reforzen as aprendizaxes máis vinculadas ó saber facer.
As persoas con matrícula a tempo parcial poderán acollerse a unha modalidade de avaliación específica. Para isto, cómpre solicitar unha titoría, antes ou inmediatamente despois do inicio da materia, co obxecto de establecer as actividades de avaliación e o proceso de supervisón e seguemento necesario para superar a materia.
Na oportunidade de xullo haberá unha proba con preguntas de carácter teórico e práctico relacionadas coas actividades de simulación
REQUIRIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA
A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas actividades de avaliación. Para superar a materia é indispensábel obter a metade da cualificación en cada unha das actividades. Cando non se realice algunha das actividades de avaliación a cualificación será non presentado.
Na segunda oportunidade deberán de facerse as actividades de avaliación non superadas.
É obrigatorio o uso dunha linguaxe inclusiva. O non cumprimento deste requisito terá consecuencias negativas na cualificación, restando un punto.
FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA
Ausencia de citación de fontes
As citas e referencias a calquera tipo de texto deben declararse,o uso de texto literal ou ideas doutros autores ou autoras parafraseadas sendeclarar a fonte supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14.4 da normativa académica de avaliacións, cualificacións e reclamacións,aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013: “na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"
Os contidos incluídos nos traballos deben estar referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias bibliográficas usando as normas APA 6ª edición. O texto literal debe declararse usando as normas APA 6ªedición. No parafraseo deben figurar as fontes orixe das ideas que se re-elaboran .
FALSIFICACIÓN DE SINATURA
Asinar na folla de asistencia por unha compañeira ou compañeiro ausente será penalizado coa
perda de avaliación continua
Copiar nos exames e o uso indebido de información durante os exames tamén será motivo de suspenso.
LECTURAS RECOMENDADAS
Normativa académica de avaliacións, cualificacións e reclamacións: https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf
http://www.ugr.es/~plagio_hum/0401Prevencion.
htm
http://www.ugr.es/~plagio_hum/
http://blogbibliotecas.mecd.gob.es/2015/01/22/plagio-academico/