Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar. |
A5 |
Saber promover a adquisición de hábitos en torno á autonomía, a liberdade, a curiosidade, a observación, a experimentación, a imitación, a aceptación de normas e de límites, o xogo simbólico e heurístico. |
A24 |
Dominar as técnicas de observación e rexistro. |
A26 |
Saber analizar os datos obtidos, comprender criticamente a realidade e elaborar un informe de conclusións. |
A29 |
Valorar a importancia do traballo en equipo. |
A33 |
Coñecer os fundamentos científicos, matemáticos e tecnolóxicos do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes. |
A36 |
Coñecer a metodoloxía científica e promover o pensamento científico e a experimentación. |
A37 |
Adquirir coñecemento sobre a evolución do pensamento, as costumes, as crenzas e os movementos sociais e políticos ao longo da historia. |
A39 |
Elaborar propostas didácticas en relación coa interacción ciencia, técnica, sociedade e desenvolvemento sustentable. |
A40 |
Promover o interese e o respecto polo medio natural, social e cultural a través de proxectos didácticos adecuados. |
A62 |
Relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro. |
A66 |
Coñecer formas de colaboración cos distintos sectores da comunidade educativa e do contorno social. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo. |
B8 |
Capacidade de adaptación a situacións novidosas. |
B9 |
Autonomía na aprendizaxe. |
B10 |
Capacidade de análise e síntese. |
B11 |
Capacidade de busca e manexo de información. |
B12 |
Capacidade de organización e planificación. |
B15 |
Capacidade para asumir a necesidade dun desenvolvemento profesional continuo, a través da reflexión sobre a propia práctica. |
B17 |
Capacidade para presentar, defender e debater ideas utilizando argumentos sólidos. |
B18 |
Capacidade para relacionarse positivamente con outras persoas. |
B20 |
Coñecemento de outras culturas e de outras costumes. |
B22 |
Creatividade ou capacidade para pensar as cousas desde diferentes perspectivas, ofrecendo novas solucións aos problemas. |
B24 |
Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Adquirir os coñecementos fundamentais e necesarios para a comprensión do medio social e cultural e a metodoloxía propia das ciencias sociais para aplicala ao coñecemento do medio social e cultural. |
A36 A37
|
B3 B10 B11
|
C1 C6 C7
|
Desenvolver a capacidade de análise e síntese, de esquematización e discernir o prioritario do secundario. Desenvolver o pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo. |
A26
|
B1 B3 B10 B12 B17
|
|
Desenvolver estratexias de traballo autónomo e en grupo a fin de potenciar a planificación, organización, a discusión, o diálogo e a negociación na fundamentación do ensino. Presentación de propostas de materiais didácticos, actividades, proxectos unidades didácticas e análises de experiencias. Desenvolver a capacidade para presentar, defender e debater ideas con argumentación sólida. |
A24 A26 A29 A33 A36 A39 A66
|
B1 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B11 B12 B17 B18 B22
|
C1
|
Adquirir a capacidade de transferir os coñecementos teóricos e prácticos da materia aos contextos das aulas de infantil con programacións e proxectos no marco da lexislación. |
A1 A5 A62
|
B8 B10 B12 B15
|
|
Promover o interese, o coñecemento e o respecto polo medio social e cultural propio, valorando o entorno inmediato. Promover o interese, o coñecemento e o respecto por sociedades e culturas diferentes. |
A37 A40
|
B6 B20 B24
|
C4 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Unidade 1: Introdución. |
- Conceptos e interpretacións. Medio social e cultural e a relación coas ciencias sociais.
- Dimensión didáctica das ciencias sociais.
- A transversalidade da área de coñecemento do contorno no curriculum. |
Unidade 2: Fundamentos da didáctica do medio social e cultural.
|
- Traballando coas emocións e a imaxinación.
- A aprendizaxe lúdica.
- As saídas escolares e outras estratexias na didáctica do medio.
- O traballo por proxectos.
|
Unidade 3: As coordenadas espazo e tempo e a formación do pensamento social |
- A comprensión do espazo e do tempo: percepción e conceptualización. O contorno sociocultural nas coordenadas espazo-temporais. A vida en sociedade
- O ensino-aprendizaxe do espazo e do tempo. Pensar e expresar o espazo e a idea de tempo. A representación.
|
Unidade 4: Recursos e materiais didácticos sobre o medio social e cultural |
- Recursos e soportes. Recursos da aula e do centro escolar. Recursos externos.
- Os materiais didácticos: funcións, clasificación, contexto. O deseño de actividades.
|
Unidade 5: Temas formativos para o coñecemento do medio social e cultural |
- O contorno inmediato e o potencial educativo. Elaboración de propostas para a didáctica.
- Patrimonio material e inmaterial, Concepto e potencialidades. Didáctica do patrimonio. Propostas didácticas para o ensino-aprendizaxe.
- Introdución ao coñecemento do medio social e cultural de Galicia. Patrimonio cultural de Galicia. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
B1 |
1 |
0 |
1 |
Análise de fontes documentais |
A24 B11 |
1 |
1 |
2 |
Discusión dirixida |
B7 B17 B18 |
1 |
1 |
2 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
B8 B18 B22 |
1 |
1.75 |
2.75 |
Presentación oral |
B17 C1 |
1 |
10 |
11 |
Saídas de campo |
A40 A66 B6 |
5 |
21.25 |
26.25 |
Seminario |
A33 A36 A39 A62 B1 B3 B4 B7 B8 B12 B18 C6 C8 |
5 |
40 |
45 |
Aprendizaxe colaborativa |
A29 B5 |
2 |
0 |
2 |
Lecturas |
B10 B11 |
1 |
1 |
2 |
Sesión maxistral |
A1 A5 A37 A40 B15 B20 B24 C4 C7 |
21 |
0 |
21 |
Proba mixta |
A26 A37 A39 B9 B10 B20 C1 |
3 |
30 |
33 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Os bloques temáticos iniciaranse con exposicións de ideas que permitan aproximarse aos coñecementos previos do alumnado e á súa motivación e interese polo tema para acadar os obxectivos en cada un e no conxunto da materia.
|
Análise de fontes documentais |
Ao longo do curso, o alumnado terá ocasión de coñecer e manexar diversas fontes de información e documentación: orais, escritas, gráficas, iconográficas, epigráficas... así como artigos en revistas, libros, audiovisuais, páxinas web, etcétera.
O traballo coas fontes servirá para a adquisición de coñecementos sobre das mesmas e para o seu recoñecemento e utilización como recursos didácticos.
|
Discusión dirixida |
Levarase a cabo durante todo o curso, con especial incidencia naqueles temas que requiran unha maior participación na discusión, para traballar a capacidade de expresión oral, diálogo e argumentación principalmente. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Asistencia e participación a un evento formativo que poderá ser en calquera modalidade de interese: conferencia, proxección, representación, exposición, etcétera. As alumnas e alumnos realizarán unha reflexión acerca da actividade. |
Presentación oral |
Os traballos de propostas de accións didácticas que se desenvolvan, serán obxecto de exposicións na aula por parte de todos os membros de cada pequeno grupo diante do grupo completo.
Estas exposicións serán realizadas tanto ao presentar os traballos finalizados como durante a elaboración dos mesmos, algúns deles "in situ" en relación coas saídas de campo.
Promoverase o intercambio de ideas, análise do exposto e suxestións para conseguir o debate construtivo acerca das propostas ou traballos presentados por cada pequeno grupo.
|
Saídas de campo |
Constitúen unha parte moi importante no desenvolvemento da materia e serán saídas programadas a contextos educativos e a contextos do contorno inmediato.
Realizaranse diferentes tipos de saídas a fin de que o alumnado teña un coñecemento dobre: os tipos de saídas e o propio medio ou contorno inmediato.
O alumnado desenvolverá capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a experimentación, a recollida de información e a realización de propostas didácticas.
Preténdese a inmersión no medio para a súa comprensión integral. |
Seminario |
Realización de proxectos ou propostas de acción didáctica, formulado dende o prisma dos seminarios e a súa técnica de discusión, participación, elaboración de documentos e conclusións. Organización en pequenos grupos para traballar conxuntamente en propostas didácticas relacionadas, principalmente, coas saídas de campo e con temas que xurdan da dinámica da propia materia e do grupo e temas propostos pola profesora.
Os traballos en pequenos grupos serán presentados e debatidos no gran grupo conxuntamente. |
Aprendizaxe colaborativa |
Traballo connxunto en pequenos grupos. |
Lecturas |
Realizaranse lecturas críticas de artigos de revistas, capítulos de libros ou calquera outro tipo de texto. Traballarase a comprensión, a capacidade de síntese e a valoración crítica, principalmente. |
Sesión maxistral |
As explicacións teóricas referiranse ós contidos básicos que forman a estrutura de cada tema. Realizaranse co apoio de documentación específica e medios audiovisuais e estará directamente relacionada coas metodoloxías utilizadas na docencia interactiva. |
Proba mixta |
Ao longo do curso iranse realizando diferentes probas e actividades para avaliación continua, en relación cos contidos traballados e coas actividades recollidas nas metodoloxías.
Realizarase unha proba escrita na primeira oportunidade de avaliación que versará tanto sobre aspectos teóricos tratados na docencia expositiva como nos prácticos das sesións interactivas. Teranse en conta aspectos tales como coñecemento dos conceptos fundamentais da materia, corrección e claridade na expresión, capacidade de síntese, capacidade de relación e creatividade. |
Atención personalizada |
|
Descrición |
O alumnado recibirá atención personalizada que o oriente na metodoloxía para a realización dos seminarios, así como no seguimento destes. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Seminario |
A33 A36 A39 A62 B1 B3 B4 B7 B8 B12 B18 C6 C8 |
Os proxectos que se realicen serán avaliados, principalmente, segundo criterios de planificación, corrección nos contidos, idoneidade para o nivel ou ciclo que se deseñen e creatividade nas propostas didácticas. |
30 |
Proba mixta |
A26 A37 A39 B9 B10 B20 C1 |
1. Ao longo do curso iranse realizando diferentes probas e actividades para avaliación continua, en relación cos contidos traballados e con actividades recollidas nas metodoloxías (presentación oral, saídas, recensión, eventos, etc.). Estas probas puntuarán ate 20.
2. Realizarase unha proba escrita na primeira oportunidade de avaliación que versará tanto sobre aspectos teóricos tratados na docencia expositiva como nos prácticos das sesións interactivas. Teranse en conta aspectos tales como coñecemento dos contidos fundamentais da materia, corrección e claridade na expresión, capacidade de síntese, capacidade de relación e creatividade. Esta proba puntuará ate 50. |
70 |
|
Observacións avaliación |
Na avaliación terase en conta a asistencia e a participación activa. O alumnado que non chegue a unha asistencia do 80%, será avaliado pola proba escrita que pasará a ter un valor do 100%. Valoraranse os coñecementos adquiridos, a
comprensión e capacidade de síntese, a claridade expositiva oral e escrita e a
participación e cumprimento nas tarefas que se encomenden tanto individuais
como en grupo. Na planificación das metodoloxías desta Guía Docente non se indica a avaliación das que se
inclúen na proba mixta 1. (presentación oral, etc.) por constituír un proceso de avaliación continua e global.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Rodríguez Lestegás, F. (1995). Didáctica das Ciencias Sociais na Educación Infantil.. Vigo: Ed. Ir Indo.
Coma Quintana, L., Santacana i Mestre, J. (2010). Ciudad educadora y patrimonio. Cookbook of heritage.. Gijón: Nigra
Prats, J. y Santacana, J. (2009). Ciudad, educación y valores patrimoniales. La ciudad educadora, un espacio para aprender a ser ciudadanos.. Íber, 59, pp. 8-21
Cooper, H. (2002). Didáctica de la historia en la educación infantil y primaria. . Madrid: Morata.
Aranda Hernando, A.M. (2016). Didáctica de las ciencias sociales en educación infantil.. Madrid: Síntesis
Rivero Gracia, P. (coord.) (2011). Didáctica de las ciencias sociales para Educación Infantil.. Zaragoza: Mira Editores
Aranda Hernando, A.M. (2003). Didáctica del conocimiento del medio social y cultural en la educación infantil.. Madrid: Ed. Síntesis.
Pérez, E.M., Baeza, M.C., Miralles, P. (2008). El rincón de los tiempos. Un palacio en el aula de Educación Infantil.. Revista Iberoamericana de Educación, 48:1-10.
Pluckrose, H. (1993). Enseñanza y aprendizaje de la Historia. . Madrid: MEC – Ediciones Morata.
Egan, K. (1991). La comprensión de la realidad en la educación infantil y primaria. . Madrid: Morata.
Cuenca, J.M. (2008). La enseñanza y aprendizaje de las ciencias sociales en Educación Infantil.. Jaén: Universidad de Jaén.
Miralles, P., S. Molina y A. Santisteban (eds.) (2011). La evaluación en el proceso de enseñanza y aprendizaje de las ciencias sociales. . Murcia: A.U.P.D.C.S.
Benejam, P. et al. (2002). Las ciencias sociales: concepciones y procedimientos.. Barcelona: Graó.
Escamilla, A. (2009). Las competencias básicas en la programación de aula: infantil y primaria (3-12 años).. Barcelona: Graó. |
A bibliografía básica e as páxinas web iranse ampliando conforme se vaia tratando a materia. Páxinas web: http://innovarteinfantil.wordpress.com http://clio.rediris.es www.edu.xunta.es www.educahistoria.com www.aaviladonga.es www.atapuerca.com www.educabarrie.org www.museobelasartes.coruna.es www.educoruna.es |
Bibliografía complementaria
|
Mariño Ferro, X.R. (2000). Antropoloxía de Galicia.. Vigo: Xerais.
AA.VV. (1991-2008). Galicia. Proxecto Hércules.. A Coruña: Hércules de edicións
Bas, B. (2011). Imaxes do patrimonio cultural para traballar as competencia básicas.. A Coruña: XI Congreso Internacional Galego-Portugués de Psicopedagoxía.
Coma. L. (2009). La evaluación de las actividades patrimoniales.. Íber, 59-22-37. |
A bibliografía complementaria irase ampliando conforme se vaian tratando e traballando os temas e actividades. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Medio histórico e xeográfico de Galicia e a súa didáctica/652G01029 |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Os traballos dos seminarios entregaranse en presentación powerpoint, non impresos, a fin de colaborar nunha facultade respectuosa co medio ambiente e sostible. Poderanse entregar materiais didácticos elaborados complementarios, en caso de estimarse oportuno. |
|