Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes. |
A2 |
Comprender os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa e os seus ámbitos de actuación, valorando as súas implicacións. |
A6 |
Seleccionar diferentes métodos e técnicas para a planificación e avaliación de programas e servizos. |
A8 |
Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificulten a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos |
A9 |
Deseñar e desenvolver proxectos, programas e servizos nos diferentes campos de intervención profesional promovendo a participación e o desenvolvemento comunitario. |
A10 |
Analizar, difundir, orientar e desenvolver procesos de promoción cultural. |
A11 |
Observar, analizar, interpretar procesos de mediación social, cultural e educativa. |
A13 |
Deseñar e levar a cabo proxectos de investigación elementais aplicables aos diferentes campos de intervención. |
A18 |
Dirixir e coordinar planos e proxectos socioeducativos. |
A19 |
Asesorar e supervisar programas, planos, proxectos e centros socioeducativos. |
B1 |
Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información. |
B2 |
Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa. |
B5 |
Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Analizar criticamente procesos, accións e proxectos socioeducativos identificando a súa perspectiva ética e/ou paradigma.
|
A2 A9 A10 A11
|
B5
|
C1 C4
|
Familiarizarse coas metodoloxías participativas descubrindo as posibilidades que ofrecen para empoderar ás persoas e os grupos sociais e transformar a sociedade e o mundo. |
A1 A9 A10 A11 A18 A19
|
B2 B5
|
C1 C4
|
Vincular a acción socioeducativa e concretamente o deseño e desenvolvemento de proxectos socioeducativos coa extensión da democracia participativa, a xustiza social e os Dereitos Humanos |
A1 A9 A10 A11
|
B1 B2 B5
|
C1 C4
|
Aplicar habilidades de reflexión e traballo cooperativo á lectura, interpretación e discusión de fontes primarias de información (documentos impresos, electrónicos, audiovisuais, etc.) e tamén á análise de experiencias de educación social mediante a realización dun traballo de campo. |
A6 A8 A9 A10 A11 A13
|
B1 B2 B5
|
C1 C3 C4
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
NÚCLEO 1. O motor dos proxectos de acción educativa sociocomunitaria no escenario do procomún |
1.1. O proxecto en educación social como construción educativa, sociocomunitaria e política.
1.2. As bases do proxecto: democracia participativa, autoxestión da vida cotiá, dereitos humanos, dereito a cidade e obxectivos de desenvolvemento sostible.
1.2. Prácticas de innovación cidadá, creatividade social e micro utopías
1.3. O proxecto desde diferentes perspectivas epistemolóxicas. A perspectiva adaptativo-conservadora, a perspectiva educativo-reformadora, a perspectiva crítico-transformadora. O interese técnico, o interese práctico e o interese emancipador. Os paradigmas positivista, interpretativo, crítico, postcrítico e desconstrutivista
|
NÚCLEO 2. : Metodoloxías de desenvolvemento comunitario na sociedade da colaboración |
2.1. Metodoloxías participativas
2.2. O ilusionismo social
2.3. O desempoderamiento
2.4. A cartografía social
2.5. Metodoloxía Oásis
|
NÚCLEO 3. Fases e elementos dos proxectos socioeducativos |
3.1. O estudo do contexto e a negociación inicial
3.2. O traballo de campo, a devolución da información e construción de acordos
3.3. A planificación das accións
3.3. O desenvolvemento das accións
3.4. Avaliación do proceso e dos resultados
3.5. Participación cidadá, grupos de traballo e estruturas organizativas e institucionais
3.6. Ferramentas e técnicas relacionadas coa información, coa participación e coa construción de acordos |
Núcleo 4. Procesos participativos en marcha: orzamentos participativos e rede muncial de cidades, pobos, barrios, illas en transición |
4.1. Porta Aberta (A Coruña)
4.2. Decide Madrid
4.3. Orzamentos participativos en Portugal
4.5. Escenarios en transición |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Análise de fontes documentais |
A1 A2 A9 A10 A11 B1 |
8 |
25 |
33 |
Aprendizaxe colaborativa |
A1 A2 A6 A9 A10 A11 A13 C1 |
5 |
20 |
25 |
Estudo de casos |
A1 A6 A8 A9 A10 A11 A18 A19 B1 C3 C4 |
5 |
25 |
30 |
Discusión dirixida |
A2 A9 A10 A11 A13 B1 B5 C1 C4 |
12 |
12 |
24 |
Traballos tutelados |
A9 A10 A11 A13 B1 B2 B5 C4 |
12 |
24 |
36 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Análise de fontes documentais |
Presentación comprensiva de documentos multitextuais e análise e reflexión sobre o seu contido en relación con procesos participativos e propostas, perspectivas, experiencias e proxectos estudados. |
Aprendizaxe colaborativa |
Traballo en equipos para contrastar puntos de vista sobre a información extraída dos documentos, realización de resumos analíticos e aplicación a estudos de caso e resolución de problemas. |
Estudo de casos |
Selección de casos (experiencias, proxectos, etc) para analizar e reflexionar sobre a súa vinculación cos contidos da materia. |
Discusión dirixida |
Posta en común do traballo de análise e reflexión realizado polos equipos sobre os documentos multitextuais e os casos estudados formulando argumentos con diferentes perspectivas tendo en conta a diversas propostas estudadas na materia. |
Traballos tutelados |
Traballo en equipo que implica a realización de traballo de campo en escenarios socioeducativos, aplicando a metodoloxia de estudo de caso, en coordinación coa materia de Teoría da Educación. Esixe asistencia obrigatoria ás titorías planificadas para guíar o proceso. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Supervisión nas clases interactivas e nas titorías do traballo en grupo que implica a realización dun estudo de caso. A estrutura e as condicións de realización entregaranse a comenzo de curso.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A9 A10 A11 A13 B1 B2 B5 C4 |
Traballo en equipo: estudo de caso
Criterios de cualificación do estudo de caso:
- Informe: adecuación aos requisitos de estrutura e contido, e elaboración da información.
- Anexos: organización e análise de datos (resúmos).
- Traballo de campo (cantidade e pertinencia da recollida de datos, número de compoñentes do equipo, complexidade/diversidade dos datos).
|
40 |
Análise de fontes documentais |
A1 A2 A9 A10 A11 B1 |
Examen sen material diseñado para examinar ideas procedentes das fontes documentais, establecer conexiónss entre contidos, dar razóns e argumentar.
Criterios de avaliación:
- Definición de conceptos: mencionando aspectos claves.
- Explicación de conceptos: presentación razonada das características ou implicacións relacionadas cos conceptos.
- Relación fundamentada entre contidos de propostas ou proxectos diferentes ofrecendo información sobre as razóns dos vínculos. |
40 |
Aprendizaxe colaborativa |
A1 A2 A6 A9 A10 A11 A13 C1 |
Cartafol do grupo (10%) e asistencia a clase (10%)
Criterios de avaliación do cartafol:
- análise da información
- presentación da información
- número de traballos incluidos |
20 |
|
Observacións avaliación |
Cualificación final: Tanto o exame como o traballo de estudo de caso teñen que ser avaliados con nota mínima de 5 para poder considerse aptos. Integridade académica: Os contidos incluidos nos traballo deben estar
apropiadamente referenciados ao longo do texto e no apartado de
referencias usando as normas APA 6ª edición. O texto literal debe declararse
usando as normas APA 6ª edición. No parafraseo deben figurar as fontes
orixe das ideas que se reelaboran. A presenza de fontes no traballo é un signo de credibilidade que é requisito imprescindible para
demostrar excelencia académica. Recoméndase consultar: www.suagm.edu/umet/biblioteca/pdf/GuiaRevMarzo2012APA6taEd.pdf http://www.ugr.es/~plagio_hum/0401Prevencion.htm Política antiplaxio: As citas e referencias a calquera tipo de texto deben
declararse. O uso de texto literal ou ideas de outros autores ou autoras
parafraseadas sen declarar a fonte supón o suspenso do traballo en
aplicación do artígo 14.4 da normativa académica de avaliacións,
cualificacións e reclamacións, aprobada polo Consello de Goberno do 19 de
decembro de 2013, na que se indica que “na realización de traballos, o plaxio e
a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de
internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso
do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na
actividade". Debe consultarse: http://www.ugr.es/~plagio_hum/ http://blogbibliotecas.mecd.gob.es/2015/01/22/plagio-academico Prazo de Admisión de propostas para o traballo tutelado: Non serán admitidas propostas para o traballo de estudo de caso unha vez rematado o prazo de admisión fixado na documentación complementaria que será entregará na clase. Composición dos grupos e traballo: Nas tarefas en grupo, incluído o traballo tutelado, a avaliación de cada membro variará en función da asistencia a clase, as sesións obrigatorias de seguimento e en función da implicación no proceso. Ao longo da realización do traballo e nas diversas convocatorias de avaliación ponde darse variacións na composición dos grupos e no número de compoñentes se, a criterio da profesora, así se asegura a elaboración apropiada do mesmo. Asistencia: Cunha asistencia inferior o 80% das clases presenciais non contará a nota da aprendizaxe colaborativa. É obrigatoria a asistencia do alumnado ao 80% das sesións. Se non alcanza dito porcentaxe e non realiza a proba de exame nin o estudo de caso a cualificación final do estudante na primeira oportunidade será NON PRESENTADO. Se realiza o exame sen superar o requisito de asistencia, a cualificación final del alumnado será de 50% para o exame e 50% para o traballo de estudo de caso. Nestos casos o alumnado ten que falar coa profesorado sobre as condicións de realización do traballo. Dispensa académica de exención de asistencia: Aqueles alumnos/as con dispensa académica de exención de asistencia serán avaliados a través de traballo e exame individual, igual que aqueles que non cumpran a asistencia do 80% das clases. A nota final será de 50% para o exame e 50% para o traballo de estudo de caso. Será necesario unha nota igual ou superior a 5 sobre 10 para aprobar a materia. Nestos casos o alumnado ten que falar coa profesorado sobre as condicións de realización do traballo. Linguaxe non discriminatoria: É obrigatorio o uso dunha linguaxe correto, respectuoso e inclusivo, evitando termos discriminatorios relativos a xénero, a etnia, a procedencia social, a diversidade funcional, a orientación sexual, etc. O non cumplimento deste requisito acarreará consecuencias negativas na nota de ata un punto menos. Transversalidade de xénero e interculturalidade:
Será valorada positivamente a consideración de cuestións inclusivas en materia de xénero e interculturalidade.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Villasante, T. R. (2006). Desbordes creativaos. Estilos y estrategias para la transformación social.. Madrid: La Catarata
Red Cimas (). Biblioteca de la red cimas.. http://www.redcimas.org/index.php/more-about-joomla/biblioteca.htm
Max-Neef, Manfred (). El desarrollo a escala humana. Conceptos, aplicaciones y algunas reflexiones. Barcelona: Icaria
Encina, J. y Ávila, M. A, (2014). El desempoderamiento. Viviendo la construcción de un nuevo mundo sin poder. Sevilla: Edita UNILCO-espacio nómada
Gough, I. (2007). El enfoque de las capacidades de M. Nussbaum: un análisis comparado con nuestra teoría de las necesidades humanas. Papeles de Relaciones Ecosociales y Cambio Global, nº 100, CIP-Ecosocial/Icaria
Encinas, J. y otros (SF). Ilusionismo social. Investigación participativa y culturas populares. http://ilusionismosocial.org/
ENDA América Latina - Colombia (2003). La cartografía social como recurso metodológico para el proyecto barrios del mundo. http://territorioyculturapuj.files.wordpress.com/2010/07/la-cartografia-social-como-recurso-metodolo
García, C. (2005). La cartografía social en la práctica. http://www.quartiersdumonde.org/uploads/documento/archivo/25/Documento_de_sistematizaci_n_de_la_util
VVAA (desconocido) (). la casa creativa. http://www.lacasacreativa.net/
Red Cimas (2015). Metodologías Participativas. http://www.book2look.com/book/wAaFoznPtl
ALBERICH, T. et al. (2009). Metodologías Participativas. Manual. http://www.redcimas.org//archivos/libros/manual_2010.pd
Encina, Javier y Ezeiza, Ainoa (2017). Sin poder. VolapuK
Asociación de proyectos comunitarios Popayán (2005). Territorio y cartografía social. http://www.asoproyectos.org/doc/Modulo_0_Territorio.pdf |
BASAGOITI, M., P. BRU y
C. LORENZANA. (2001): IAP (Investigación-acción participativa) “de bolsillo”.
Madrid: ACSUR-Las Segovias. BEAUDOUX, E. Y OTROS
(1992) Guía metodológica de apoyo a proyectos y acciones para el desarrollo.
IEPALA. Madrid. BLANCO, I. y R. GOMÀ
(coords.) (2002): Gobiernos Locales y Redes Participativas. Barcelona: Ariel. BORJA, J. (2003) La
ciudad conquistada. Alianza Editorial: Madrid. BUENO ABAD, J.R. (1991)
Hacia un modelo de servicios sociales de acción comunitaria. Madrid. Popular. ESCUDERO, J. (2004) Análisis
de la realidad local: técnicas y métodos de investigación desde la animación
sociocultural. Madrid. Narcea FONT, J. (coord.)
(2001): Ciudadanos y decisiones públicas. Barcelona: Ariel. LORENZANA, C. (ed.)
(2002): Tomamos la palabra. Experiencias de ciudadanía participativa.
Barcelona: Icaria/ACSUR-Las Segovias. MARÍ SÁEZ, V.M. 2005
“Movimientos sociales y educación popular en tiempos de globalización”, Revista
de Educación, 338, pp.177-192. MARCHIONI, M. (1989)
Planificación social y organización de la comunidad. Popular. Madrid. MARCHIONI, M. (1999):
Comunidad, participación y desarrollo. Teoría y metodología de la intervención
comunitaria. Madrid: Popular. MARCHIONI, M. (coord.)
(2001): Comunidad y cambio social.Teoría y praxis de la
acción comunitaria. Madrid: Popular. VILLASANTE, R.,
MONTAÑÉS,M. y MARTÍ, P. (coords.) (2000): La Investigación social
participativa. Construyendo ciudadanía 1. Barcelona: El Viejo Topo/Red CIMS. VILLASANTE, R.,
MONTAÑÉS,M. y MARTÍ, P. (coords.) (2001): Prácticas locales de creatividad
social. Construyendo ciudadanía 2. Barcelona: El Viejo Topo/Red CIMS. SMALE, G. , TUSON, G. Y
STATHAM, D (2003) Problemas sociales y trabajo social. Madrid. Morata Bibliografía xeral Ander Egg, E. (1988). Formulación de Proyectos
de Acción Social. Buenos Aires: Húmanitas Ander Egg, E. (1990). Repensando la
investigación-acción participativa. Comentarios, Críticas y sugerencias.
Vitoria-Gasteiz: Servicio de Publicaciones, Gobierno Vasco. Ander Egg, E. (1997). Cómo elaborar un
proyecto. (15ª ed.). Albacete: Editorial. Instituto de Ciencias Sociales
Aplicadas. Ander Egg, E. y Aguilar, M. J. (2005). Guía
para diseñar proyectos sociales y culturales. Buenos Aires: Lumen / Humanitas. Feliz, T. (2010). Diseño de Programas de
Educación Social. Madrid: McGraw Hill. Herrero García, G. Y Ramírez Navarro, J.M. (2006).
Manual práctico para elaborar Proyectos sociales. Madrid: Siglo XXI
Parcerisa, A., Ginés, N. Y Forés, A. (Coord).(2010).
La Educación social: una mirada didáctica. Barcelona: Graó |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Teoría da educación/652G03001 |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
O traballo tutelado de estudo de caso en grupo compártese coa materia de Teoría da Educación. Recoméndase os envíos dos trabajos telemáticamente e non utilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, emplear papel reciclado e evitar imprimir borradores. Facer un uso sostible dos recursos e da prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Ter en contaos principios éticos relacionados coa sostenibilidade nos comportamentos personaiss e profesionais. |
|