A materia de Estancias Prácticas II aborda contidos prácticos tales como a observación e valoración inicial, a planificación da intervención sobre o contorno, e o rexistro da información de todo o proceso. Estes contidos traballaranse en grupo e de forma individual, de forma autónoma e tutelada. Polo tanto, distribúsese a materia nun horario de traballo autónomo a realizar polo alumno (de forma individual ou en parella), e nun horario de asistencia á clase cos docentes na materia, no que se abordarán os contidos teóricos, realizarase a práctica planificada, e titorizarase a práctica autónoma do alumno. A avaliación final incluirá tanto o traballo autónomo de campo como o presencial.
Os aspectos e criterios que se terán en consideración ao avaliar as actividades planificadas coa metodoloxía anteriormente proposta son a adquisición de coñecementos teóricos relacionados coa materia, a aplicación deses coñecementos á práctica tutelada, e o desenvolvemento do pensamento lóxico e crítico aplicado a situacións concretas. Por tanto, existirá unha avaliación continua da evolución observada no alumno, e unha avaliación dos traballos finais obrigatorios para a superación da materia.
O alumno deberá entregar un total de tres traballos finais, cada un deles correspondente á parte de docencia de cada profesor. A data de entrega será debidamente notificada aos alumnos coa suficiente antelación (preferiblemente ao inicio do cuadrimestre):
- Elaboración dun informe de análise dun contorno real, a través da observación e búsqueda de información indirecta.
- Realización dun informe de accesibilidade sobre aspectos puntuais do entorno do Campus de Oza.
- Reflexión argumentada e crítica sobre unha saída de campo ou práctica de avaliación do contorno domiciliario (pendente de planificación durante o cuadrimestre).
A entrega destes tres traballos na data proposta é obrigatoria para a superación da materia.
CUALIFICACIÓN FINAL DO ALUMNO
- A asistencia ao horario presencial de clase é obrigatoria; este é un criterio esixible para superar a materia, non valorable. É OBIGATORIA A ASISTENCIA A UN 85% DO HORARIO DE CLASE PRESENCIAL, PERMITÍNDOSE A AUSENCIA A UN 15%.
- A cualificación final da materia, sobre 10 puntos, distribuirase como segue:
a) Informe de análise dun contorno real (profesora Mansilla Barreiro): 3 puntos
b) Informe de accesibilidad Campus de Oza (profesora García Crespo): 3 puntos
c) Reflexión crítica da saída de campo / avaliación de entorno domiciliario (profesor De Rosende Celeiro): 3 puntos
d) Avaliación continua do estudante realizada polos tres profesores (avaliará a iniciativa, interese, participación crítica e evolución na adquisición de competencias da materia do estudante): 1 punto
- Para superar a materia o estudante debe ter presentados os tres documentos esixidos, alcanzada unha cualificación final de 5 puntos e ter cumprido o criterio de asistencia.
- Se o estudante non acada esa cualificación mínima, non ten presentado os tres documentos esixidos na data proposta, ou non ten cumprido o criterio de asistencia mínima obrigatoria, terá dereito a unha proba final escrita que se realizará na data fixada no calendario académico oficial aprobado en Xunta de Facultade.
O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica dacordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable 9-10=Sobresaínte 9-10 Matrícula de Honra (Graciable)